Vortigern

Vortigern (pronunciado en inglés ˈvɔrtɨɡɝːn; tamén escrito Vortiger e Vortigen, e en galés Gwrtheyrn) foi un caudillo do século V na Britania posromana, un gobernante entre os britanos. A súa existencia é considerada probábel, aínda que a información sobre el está cuberta pola lenda. Dise que convidou os anglosaxóns a se instalaren en Gran Bretaña como mercenarios, só para velos sublevarse e establecer os seus propios reinos. Isto gañoulle unha mala reputación; co tempo, foi lembrado como un dos peores reis dos britanos en posteriores lendas.

Вортигерн (Гуртеирн, Гуортигерн)
Vortigern presenciando a loita de dous dragóns:Iluminación do manuscrito Historia Regnum Britanniae.

Traxectoria

Segundo Godofredo de Monmouth na súa Historia Regum Britanniae, converteuse en rei despois de asasinar ao fillo do rei Constantino (III, en realidade coemperador) e aliouse cos saxóns, xutos e anglos dos caudillos Hengest e Horsa para combater aos pictos provenientes do norte. Esta alianza cos xermanos conferiulle unha reputación de traidor no mundo celta. Posibelmente foi destituído polo seu pobo en beneficio do seu fillo Vortimer (en galés Gwerthefyr) e refuxiouse en Gales ou, segundo a lenda, atopouse con Merlín. Logo, asasinaría ao seu fillo para recuperar o trono.

Etimoloxía

O seu nome é indiscutibelmente britónico: composto de Uor-, gwr-, grande, superior e tigern, traducido como príncipe; por tanto, o seu nome significa «Gran Soberano»[1]. A palabra tigern non implica necesariamente unha orixe real, nin sequera aristocrática, dado que o elemento -tigern foi tamén empregado en Irlanda nos nomes do común; con todo, atópase nos nomes de dous reis Tigernach Tetbannach Mac Luchta e Tigernmas.

A orixe presuntamente romana non ten fundamento. No século VIII, Beda menciónao baixo o nome de «Vurtigirnus». A latinización do seu nome catro séculos máis tarde non é suficiente para lle conceder unha orixe romana, como podía selo en Ambrosio Aureliano.

Vortigern na literatura

William Henry Ireland, un falsificador coñecido de manuscritos shakespeareanos, dixo que atopara unha obra de teatro perdida de Shakespeare titulada Vortigern and Rowena, a cal foi presentada en Drury Lane o 2 de abril de 1796. Pronto quedou claro pola súa escritura basta que non era unha obra do famoso dramaturgo e provocou risa tanto da repartición como da audiencia na súa primeira presentación[2]. Este incidente aparece reflectido no ano 2004 en The Lambs of London, unha novela de Peter Ackroyd.

Notas

  1. Christian-J. Guyonvarc'h, Les Druides, p. 424.
  2. William Henry Ireland's Shakespeare Forgeries

Véxase tamén

Bibliografía

  • Myles Dillon, Nora Kershaw Chadwick, Christian-Joseph Guyonvarc'h e Françoise Le Roux, Les Royaumes celtiques, Éditions Armeline, Crozon, 2001, ISBN 2-910878-13-9
  • Christian E. M. Kerboul, Les Royaumes brittoniques au Très Haut Moyen Âge, Éditions du Pontig / Coop Breizh, Spézet, 1997, ISBN 2-84346-030-1

Outros artigos

Ligazóns externas

Annales Cambriae

Os Annales Cambriae ou Os Anais de Gales é o nome que se lle outorga a un conxunto de crónicas cambro-latinas procedentes dun texto compilado de diversas fontes en St David's, Dyfed (Gales), nunha data incerta, aínda que anterior ao século X. malia o seu nome, os Annales Cambriae rexistra non só eventos en Gales, senón tamén sucesos en Irlanda, Cornualles, Inglaterra, Escocia e ás veces en lugares máis afastados.

Batalla de Aylesford

A Batalla de Aylesford ou Epsford (anglosaxón: Æȝelesford) foi unha batalla entre os britanos e os anglosaxóns rexistrada na Crónica anglosaxoa e a Historia Brittonum. Ambas as fontes coinciden en que involucrou aos caudillos Hengest e Horsa por unha banda e á familia de Vortigern pola outra, pero ningunha menciona quen gañou a batalla. Esta ocorreu preto de Aylesford en Kent.

Batalla de Camlann

A Batalla de Camlann foi a batalla final do rei Arturo contra Sir Mordred, e nela o monarca foi ferido mortalmente.

Batalla de Mercredesburne

A Batalla de Mercredesburne foi unha batalla entre o exército do líder saxón Aelle e os britanos, no ano 485.

Batalla de Wippedesfleot

A batalla de Wippedesfleot foi unha batalla de 466 entre os anglosaxóns (ou xutos), dirixidos por Hengest, e os britanos. Descríbese na Crónica anglosaxoa así:

465: Her Henᵹest 7 Æsc ᵹefuhton uuiþ Ƿalas neah Ƿippedesfleote 7 þær .xii. ƿilisce aldormenn ofsloᵹon, 7 fira þeᵹn an þær ƿearþ ofslæᵹen, þam ƿæs noma Ƿipped.

465: Aquí Hengest e Oisc loitaron xuntos contra os galeses (= britanos) preto de Wippedesfleot e alí deron morte a 12 caudillos galeses, e un dos seus thanes foi asasinado, cuxo nome era Wipped.Dise que esta batalla acabou en derramamento de sangue e masacre para os dous lados, até o punto de que despois as hostilidades cesaron por un tempo. Algúns historiadores cren nunha vitoria saxoa, pero iso non se menciona no texto. O limitado número de baixas é indicativo de que a batalla foi de pequeno tamaño. O número de guerreiros involucrados non debeu alcanzar os 200.

Pénsase que Wippedesfleot é Ebbsfleet en Kent, preto de Ramsgate. A súa localización fixo pensar ao autor da Historia Brittonum que todos os saxóns foran xa expulsados de Gran Bretaña. Ramsgate é o lugar principal da entón península de Thanet, «que foi dada aos saxóns por Vortigern». Foi de feito o sitio onde, segundo a Historia Brittonum, os saxóns desembarcaron primeiro.

Cunedda

Cunedda ap Edern (século V) (en latín Cunetacius, en inglés Kenneth), coñecido tamén como Cunedda Wledig, foi un importante líder no Gales antigo e o proxenitor da dinastía real do Reino de Gwynedd.

Godofredo de Monmouth

Godofredo de Monmouth (Geoffrey of Monmouth en inglés, e Gruffudd ap Arthur ou Sieffre o Fynwy en galés) (c. 1100 - 1155) foi un crego da Idade Media, e un dos máis importantes historiadores, contribuínte ao estudo da historia británica e ao desenvolvemento das lendas do rei Arturo.

Hengest

Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés Hnæf. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de Finnsburg.

Historia Brittonum

A Historia Brittonum ou A Historia dos Britanos é un libro histórico que foi escrito nalgún momento pouco despois do ano 833, do que existen varias versións con certas diferenzas. Pretende relatar a historia dos habitantes britanos de Gran Bretaña desde os tempos máis temperáns, polo que este texto foi usado para escribir unha historia tanto de Gales como de Inglaterra. Tradicionalmente, sinálase a Nennio como o autor deste texto, aínda que esta interpretación é cuestionada.

Horsa

Horsa foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V), que conxuntamente co seu irmán Hengest protagonizaron a primeira colonización xermánica na illa de Gran Bretaña. Algúns historiadores citan a ambos os irmáns como saxóns, oriúndos de Xutlandia, que lideraron a anglos, saxóns e xutos na invasión e protagonizaron un asentamento no reino de Kent..

Lista de personaxes artúricos

Nas lendas do Rei Artur aparecen moitos personaxes, entre os que se inclúen os Cabaleiros da Táboa Redonda e os membros da familia do Rei Artur. Os seus nomes adoitan diferir dunha versión a outra e dun idioma a outro. A seguinte é unha listaxe deles coas súas descricións. (Nota: O símbolo "†" indica un cabaleiro da Táboa Redonda.)

Materia de Bretaña

A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. A Materia de Bretaña, xunto coa Materia de Francia (que se refire ás lendas de Carlomagno) e a Materia de Roma (que inclúe materiais da mitoloxía clásica), era un dos tres grandes ciclos literarios da literatura medieval. O poeta francés do século XII Jean Bodel creou o nome segundo as liñas do seu poema épico Chanson de Saisnes:

Ne sont que III matières à nul homme atandant,

De France et de Bretaigne, et de Rome la grant.Hai soamente tres materias que ninguén debería esquecer,

a da Francia, a da Bretaña, e a da grande Roma.

Materiana de Gwent

Materiana nada cara ao 440 no Reino de Gwent e finada posiblemente a comezos do século VI en Mister (Cornualles), é unha santa galesa. Hai dúas igrexas en Cornualles e outra en Gales consagradas a ela.

Merlin (filme)

Merlin é un telefilme estadounidense dirixido por Steve Barron que foi estreado en 1998.

Merlín

O mago e adiviño Merlín é un dos personaxes centrais do ciclo bretón e da literatura en torno ao Rei Artur. Foi o artífice da Táboa Redonda; mercé un dos seus encantamentos foi concibido Artur, a quen educaría e guiaría ao seu ascenso ao trono. Discípula súa (e rival segundo interpretacións recentes) foi Morgana, outro personaxe máxico da tradición artúrica.

Octa de Kent

Octa (ou Octha), nado c. 500 e finado en 543, foi un rei anglosaxón de Kent durante o século VI.

Reino de Powys

O reino de Powys emerxeu durante a Idade Media, despois da retirada romana de Britania. Baseada na tribo dos ordovicos no oeste e os cornovios no leste, as súas fronteiras orixinais estendíanse desde os montes Cámbricos no oeste ata a moderna rexión de West Midlands no leste. Posuía as fértiles ribeiras dos vales do Severn e do Tern, rexión que aparece denominada na literatura galesa posterior como o paraíso de Powys. O nome deriva do latín pagus, que significa campo, aínda que tamén ten connotacións de pagán, pois tardou en se en cristianizar. Esta rexión formaba parte dunha provincia do Imperio romano, con capital en Viroconium Cornoviorum (a moderna Wroxeter), a cuarta maior cidade romana en Britania. Abarcaba, máis ou menos, o territorio do actual condado de Powys.

Vortimer

Vortimer (galés: Gwerthefyr) é unha figura da tradición británica, un fillo do gobernante britano do século V Vortigern. É lembrado pola súa fera oposición cara aos aliados saxóns do seu pai. Na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, derroca ao seu pai e goberna como un dos reis de Britania durante un breve período de tempo antes de que a súa morte devolva a Vortigern ao poder.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.