Volt

Volt, ou menos recomendable voltio[1], é a unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. O seu nome vénlle polo físico italiano Alessandro Volta, e o seu símbolo é V.

Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente eléctrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a 1 watt.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voltio.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A.M. (álbum)

A.M. é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Wilco, publicado o 28 de marzo de 1995. O disco foi editado poucos meses despois da separación de Uncle Tupelo, un grupo de country alternativo que foi o predecesor de Wilco. Antes do lanzamento do álbum houbo un debate sobre se sería mellor que fose o disco de estrea de Son Volt, a nova banda do anttigo vocalista de Uncle Tupelo, Jay Farrar.

Aínda que A.M. foi publicado antes do Trace de Son Volt', as reseñas dos críticos foron modestas e as vendas baixas. Posteriormente os membros da banda considerárono un "fracaso", xaque Trace converteuse nun gran éxito comercial. Foi o derradeiro disco da banda en ser gravado cun estio principalmente country alternativo, xa que nos seguintes traballos comezaron a expandir o seu son cara distintos xéneros.

Atco Records

Atco Records é un selo discográfico fundado nos Estados Unidos en 1955. É propiedade de Warner Bros. Records e na actualidade está operado por Rhino Entertainment.

Campo magnético

Un campo magnético é o campo producido por cargas en movemento, que resulta no exercicio dunha forza sobre outras cargas en movemento non paralelo. Esta forza é proporcional ao campo magnético xerado, isto é, ao valor de indución magnética (B) que é unha magnitude vectorial empregada para caracterizar un campo magnético; proporcional á carga que sofre a acción do campo, á velocidade desta carga e ao seno do ángulo que forman a velocidade da carga e o vector indución magnética.

Os campos magnéticos son producidos por calquera carga eléctrica en movemento e o momento magnético intrínseco das partículas elementais asociadas cunha propiedade cuántica fundamental, o seu spin. Na relatividade especial, os campos eléctricos e magnéticos son dous aspectos interrelacionados dun obxecto, chamado tensor electromagnético. As forzas magnéticas dan información sobre a carga que leva un material a través do efecto Hall. A interacción dos campos magnéticos en dispositivos eléctricos tales como os transformadores estúdase na disciplina dos circuítos magnéticos.

Cinto de Van Allen

O Cinto de Van Allen son dous cintos de radiación onde ocorren varios fenómenos atmosféricos debidos a concentracións de partículas no campo xeomagnético da Terra, descubertas en 1958 por James Van Allen. As radiacións de Van Allen non ocorren, salvo raras excepcións, nos polos e si na rexión ecuatorial, e forman dous cintos en forma de aneis, con centro no ecuador.

O máis interno esténdese entre as altitudes de mil e cinco mil quilómetros, a súa intensidade máxima ocorre de media aos tres mil quilómetros e consiste en protóns altamente enerxéticos e de igual intensidade en todas as direccións, e electróns igualmente enerxéticos pero co máximo de intensidade nunha dirección determinada, que se orixinan polo decaemento de neutróns producidos cando raios cósmicos vidos do espazo exterior chocan cos átomos e moléculas da atmosfera terrestre, parte dos neutróns é expulsada da atmosfera e desintégranse en protóns e electróns ao atravesar esta rexión do Cinto. Esas partículas móvense en traxectorias espirais ao longo de liñas de forza do campo magnético terrestre.

O segundo Cinto fica situado entre 15.000 e 25.000 km, contén tamén partículas electricamente cargadas de orixe tanto atmosférica como solar, e son principalmente ións de helio traídos polo vento solar. As partículas máis enerxéticas deste son electróns cuxa enerxía atinxe varios centos de millares de electróns-volt. Os protóns son moito menos enerxéticos que os do primeiro Cinto, non obstante o seu fluxo é máis intenso.

Non existe entre os dous cintos unha delimitación e fúndense en altitudes variables. Durante os períodos de intensa actividade solar, gran parte das partículas electricamente cargadas vidas do Sol conseguen romper a barreira formada polos cintos de radiación de Van Allen, que ao alcanzar a alta atmosfera producen os fenómenos de auroras polares e as tempestades magnéticas.

Electrón-volt

Un electrón-volt ou electronvolt (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt.

É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).

1 eV = 1.602 176 53 (14) × 10−19 J.

Enerxía de ionización

A enerxía de ionización, tamén chamada, impropiamente, potencial de ionización é a enerxía que hai que subministrar a un átomo neutro, gasoso e en estado fundamental, para arrincarlle o electrón máis debilmente retido.

Podemos expresalo así:

Átomo neutro gasoso + Enerxía -----> Ión positivo gasoso + e -

Sendo esta enerxía a correspondente á primeira ionización.

A segunda enerxía de ionización representa a enerxía que se precisa para arrincar o segundo electrón; esta segundo enerxía de ionización é sempre maior que a primeira, pois o volume dun ión positivo é menor que o do átomo e a forza electrostática sobre o electrón que queremos arrincar é maior no ión positivo que no átomo, xa que se conserva a mesma carga nuclear.

A enerxía de ionización expresase en electrón-volt ou en jouls (ou kilojouls) por cada mol de átomos (kJ/mol).

1 eV = 1,6 . 10 -19 coulombs . 1 volt = 1,6 . 10-19jouls

Se a enerxía dun átomo fose de 1 eV, para ionizar un mol deses átomos (6.22x1023 átomos) serían necesarios 96,5 kJ.

Como norma xeral, na táboa periódica, nos elementos dunha mesma familia ou grupo, a enerxía de ionización diminúe a medida que aumenta o número atómico, é dicir, de arriba a abaixo, tal como se representan habitualmente as táboas periódicas.

Nos metais alcalinos , por exemplo, o elemento de maior enerxía de ionización é o litio e o de menor o cesio. Isto é fácil de explicar, pois o último electrón sitúase en orbitais situados cada vez máis lonxe do núcleo e, a súa vez, os electróns das capas interiores exercen un efecto de pantalla sobre a atracción nuclear sobre os electróns periféricos. Esta norma deixa de cumprirse para o francio.

Nos elementos dun mesmo período da táboa periódica, a enerxía de ionización aumenta a medida que aumenta o número atómico, é dicir, de esquerda a dereita.

Isto debese a que o electrón diferenciador (o último en enerxía) dos elementos dun período está situado no mesmo nivel enerxético, mentres que a carga do núcleo aumenta, polo que será maior a forza de atracción, e, a súa vez, o número de capas interiores non varía e o efecto pantalla non aumenta.

Isto último non é unha regra, senón unha orientación, xa que o aumento non é continuo, pois no caso do berilio e do nitróxeno, por exemplo, téñense valores máis altos do que nun principio sería de esperar por comparación cos outros elementos do mesmo período. Este aumento debese a estabilidade que presentan as configuracións s2 e s2 p3 , respectivamente.

A enerxía de ionización máis elevada correspóndelle ós gases nobres, xa que a súa configuración electrónica é a máis estable, e polo tanto haberá que proporcionar máis enerxía para arrincarlles electróns.

Táboa periódica de enerxías de ionización, en kJ/mol

Farad

O farad (símbolo F), ás veces galeguizado como faradio, é a unidade do SI de capacitancia (capacidade). O seu nome foi dado en homenaxe á Michael Faraday. Un capacitor ten a capacitancia de 1 farad se 1 coulomb de carga eléctrica causa unha diferenza de potencial de 1 volt nos seus bornes (extremos). A súa expresión equivalente noutras unidades SI é:

Xa que o farad é unha unidade moi grande, valores de capacitores son xeralmente expresados en microfarads (μF), nanofarads (nF), ou picofarads (pF). O milifarad é raramente usado na práctica, entón unha capacitancia de 4,7×10−3 F, por exemplo, escríbese xeralmente como 4 700 μF.

O farad non debe ser confundido co faraday, unha unidade de carga antiga que hoxe foi substituída polo coulomb.

God Forbid

God Forbid é un grupo de heavy metal estadounidense formado no 1996 en Nova Jersey.

Henry

Un henrio ou henry é a unidade do Sistema Internacional de Unidades da indutancia eléctrica, nome dado en homenaxe ao científico estadounidense Joseph Henry (1797-1878), que realizou importantes avances no eido do electromagnetismo, especialmente o descubrimento da autoindución. O seu símbolo é H.

Cando a taxa de variación da corrente eléctrica nun circuíto pechado é dun ampere por segundo (1A/s) e a forza electromotriz resultante é dun volt (1V), a indutancia do circuíto é dun henrio (1H).

Ten como dimensión en unidades SI.

Interacción nuclear forte

En física de partículas, a interacción nuclear forte, tamén chamada forza forte, forza nuclear forte ou interacción forte é un dos catro tipos de forzas fundamentais que o modelo estándar da Física establece para explicar o universo. As outras tres son a gravidade, o electromagnetismo e a interacción nuclear feble. A escala atómica, é unhas 100 veces máis forte que o electromagnetismo, que á súa vez é varias ordes de magnitude máis forte que a forza nuclear feble e a gravidade.

A forza nuclear forte actúa sobre todos os hadróns, mesóns e barións, as partículas compostas formadas por quarks e antiquarks. A interacción desta forza é levada por uns bosóns chamados gluóns, de xeito equivalente á forza electromagnética que é levada polos fotóns. Esta forza é a responsable de que os quarks se manteñan unidos para formar os barións (como os protóns ou os neutróns) e os mesóns (como os pións ou os kaóns), e tamén é a responsable de que os protóns e os neutróns se manteñan unidos ó núcleo. A forza nuclear forte ten un alcance de arredor dun femtómetro (ás veces chamado fermi na honra de Enrico Fermi), uns 10-15 metreo, e debe ser forte abondo como para contrarrestar a intensa forza repulsiva que hai entre os protóns; a enerxía da forza nuclear forte entre dous protóns é da orde de MeV (megaelectrón-volt). A forza nuclear forte non está afectada pola carga eléctrica das partículas: afecta por igual protóns e neutróns. A teoría que explica esta forza é a cromodinámica cuántica (QCD do inglés quantum chromodynamics), que foi proposta en 1973 por Harald Fritzsch, Heinrich Leutwyler e Murray Gell-Mann.

Lenny Williams

Leonard Charles "Lenny" Williams, nado o 16 de febreiro de 1945 en Little Rock é un cantante estadounidense coñecido pola súa música de xénero R&B e soul. Durante a década de 1970, foi o líder vocalista de Tower of Power. Como solista, tivo varios éxitos, incluíndo "Choosing You" (1977) e "Cause I Love You" (1978).

Ohm

O ohm, de símbolo Ω, galeguizado ás veces como ohmio, é unha unidade de medida de resistencia eléctrica. Corresponde á resistencia eléctrica que presenta un condutor percorrido por unha corrente de 1 amperio baixo unha tensión de 1 volt.

O nome desta unidade é unha homenaxe a Georg Simon Ohm (1787-1854), que descubriu relacións matemáticas extremamente simples que comprenden as dimensións dos condutores, definindo o concepto de resistencia eléctrica e formulando a que pasou a ser chamada Lei de Ohm.

Potencial eléctrico

O potencial eléctrico (V) nun punto é o traballo que se debe realizar para mover unha carga eléctrica unitaria q desde ese punto até o infinito, onde o potencial é cero. Dito doutra forma é o traballo que debe realizar unha forza externa para traer unha carga unitaria q desde o infinito ata o punto considerado en contra da forza eléctrica.

Matematicamente exprésase por:

onde V é o potencial en Volts, W o traballo en Joules e q a carga en Coulombs

Raios X

Os raios X son emisións electromagnéticas de natureza semellante á luz visíbel. A súa lonxitude de onda vai de 0,05 ángstrom ata centeas de ángstroms.

O espectro de lonxitudes de onda utilizábel é o correspondente a aproximadamente entre 5 picómetros e 10 nanómetros. A enerxía dos fotóns é da orde do keV (quilo electrón-volt), entre algúns keV e algunhas centenas de keV. A xeración desta enerxía electromagnética débese á transición de electróns nos átomos, ou da desaceleración de partículas cargadas.

Como toda enerxía electromagnética de natureza ondulatoria, os raios X sofren interferencia, polarización, refracción, difracción e reflexión, entre outros efectos. Aínda que de lonxitude de onda moito maior, a súa natureza electromagnética é idéntica á da luz.

Sistema Internacional de Unidades

O Sistema Internacional de unidades (en inglés: International System of Units e en francés: Le Système international d'unités), abreviado como SI ou SIU, é o nome adoptado pola XI Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (celebrada en París en 1960) para un sistema de unidades de medida universal, unificado e coherente, baseado no sistema MKS (metro-quilogramo-segundo). Na conferencia de 1960 definíronse os patróns para seis unidades básicas ou fundamentais e dúas unidades suplementarias (radián e estereorradián); en 1971 engadiuse unha sétima unidade fundamental, o mol. As dúas unidades suplementarias suprimíronse como clase independente dentro do Sistema Internacional na XX Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1995); estas dúas unidades quedaron incorporadas ó SI como unidades derivadas sen dimensións. As sete unidades fundamentais enuméranse na táboa 1. Os símbolos da última columna son os mesmos en todos os idiomas.

Tensión eléctrica

A tensión eléctrica, tamén denominada diferenza de potencial ou voltaxe, é a diferenza de potencial eléctrico entre dous puntos. A súa unidade de medida é o Volt, en homenaxe ao físico italiano Alessandro Volta.

É, pois, unha magnitude física. Tamén se pode definir como o traballo por unidade de carga exercido polo campo eléctrico sobre unha partícula cargada para movela entre dúas posicións determinadas. Pódese medir cun voltímetro.A tensión é independente do camiño percorrido pola carga e depende exclusivamente do potencial eléctrico dos puntos A e B no campo eléctrico, que é un campo conservativo.

Se dous puntos que teñen unha diferenza de potencial se unen mediante un condutor, producirase un fluxo de electróns. Parte da carga que crea o punto de maior potencial trasladarase a través do condutor ao punto de menor potencial e, en ausencia dunha fonte externa (xerador), esta corrente cesará cando ambos puntos igualen o seu potencial eléctrico (lei de Henry). Este traslado de cargas é o que se coñece como corrente eléctrica.

Cando se fala sobre unha diferenza de potencial nun só punto, ou potencial, refírese á diferenza de potencial entre este punto e algún outro onde o potencial se defina como cero.

Uncle Tupelo

Uncle Tupelo foi unha banda de rock alternativo proveniente de Belleville, Illinois, activa desde 1987 a 1994. Jay Farrar, Jeff Tweedy e Mike Heidorn formaron o grupo despois de que o cantante da súa agrupación previa, The Primitives, abandonase para comezar os seus estudos universitarios. O trío gravou tres álbums con Rockville Records antes de asinar un contrato con Sire Records e converterse nun quinteto. Pouco tempo despois do lanzamento do seu cuarto álbum de estudio Anodyne, Farrar anunciou a súa decisión de abandonar a banda debido ás agres relacións que mantiña con quen compuña as cancións conxuntamente, Tweedy. Uncle Tupelo disolveuse o 1 de maio de 1994, tras unha xira de despedida. Tras isto, Farrar formou Son Volt xunto a Heidorn, mentres que os membros restantes continuaron xuntos, renomeándose Wilco.

A pesar de que Uncle Tupelo se disolveu antes de lograr éxito comercial, a banda é recoñecida polo seu impacto na música country alternativa. O primeiro álbum do grupo, Non Depression, converteuse nun prototipo do xénero e foi amplamente influente. O son de Uncle Tupelo diferénciase da música country da época debido a que estaba influída por estilos tan diversos como o hardcore punk de Minutemen e o tipo de instrumentación e harmonías country de The Carter Family e Hank Williams. As letras de Farrar e Tweedy refírense frecuentemente á clase media e a clase obreira de Belleville.

Voltampere

O voltampere (símbolo VA) é a unidade utilizada na medida de potencia aparente en sistemas eléctricos de corrente alterna. En inglés chámase root-mean-square (RMS). Un circuíto de corrente alterna dise que transporta unha potencia aparente (S) de 1 VA cando nel circula unha corrente eficaz de 1 Ampere com unha diferenza de potencial eficaz de 1 Volt.

En sistemas de corrente continua e en sistemas de corrente alterna en fase, a potencia aparente é igual á potencia activa. Nestes casos, o voltampere pode tamén ser aplicado para potencia activa (P), como equivalente ao watt.

O voltampere reactivo (símbolo VAr) é a unidade utilizada na medida de potencia reactiva (Q) en sistemas eléctricos de corrente alterna.

Watt

O watt ou tamén vatio, de símbolo: W, é a unidade do SI para potencia. É equivalente a un joule por segundo−1 (1 J/s), ou en unidades eléctricas, 1 volt-ampere (1 V · A). Na industria adóitase utilizar o cabalo de vapor (1 CV = 735,49875 W).

Ecuacións :

A unidade do watt recibiu o nome de James Watt polas súas contribucións ao desenvolvemento do motor a vapor, e foi adoptada polo II congreso da asociación británica para o avance da ciencia en 1889.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.