Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Coordenadas: 43°38′53″N 7°35′24″O / 43.64806, -7.59000

Viveiro
Bandeira de Viveiro
---
Escudo de Viveiro
LandroViveiro
Viveiro, visto dende o Monte San Roque
Situacion Viveiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación15.510 hab. (2018)
Área109,3 km²
Densidade141,9 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría Loureiro García (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 8
Outros: Son Viveiro-SC 1, xViveiro 2
Eleccións municipais en Viveiro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes52,19%
Na rede
www.viveiro.es

Xeografía

Demografía

Con 15 932 habitantes, segundo o censo do IGE no 2014, Viveiro é o terceiro concello con máis poboación da provincia, por detrás de Lugo e de Monforte de Lemos. O mesmo tempo, é o termo municipal máis poboado da comarca, así como o centro de influencia dos concellos limítrofes. A poboación concentrase en tres núcleos principais: Viveiro, Covas e Celeiro, aínda que o crecemento urbanístico tende a unificación dos tres núcleos.

Censo total 2014 15 932 habitantes
Menores de 15 anos 1933 (12,13 %)
Entre 15 e 64 anos 10 219 (64,14 %)
Maiores de 65 anos 3780 (23,72 %)
  • Fonte: Instituto Nacional de Estadística

Historia

Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de Zoela. Durante a romanización foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos Países Baixos (liño) e Gran Bretaña (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.

No século XIX afúndese na ría a Fragata Santa María Magdalena, cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.

Na actualidade, Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de Celeiro. Cun total de 90[5] buques censados, é na actualidade un dos portos máis importantes de Galiza. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, cerco, arrastre de litoral, volanta e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada.

É capital da comarca administrativa da Mariña Occidental (Ver Mariña Luguesa)

Cultura

Toponimia

O nome Viveiro procede do idioma latín, Vivarium. Dende un punto de vista etimolóxico, Vivarium significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde se manteñen ou se crían dentro da auga peixes, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.

Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das linguas célticas, sendo unha composición das palabras Bi (montaña) e Ber (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na saia de montañas empinadas.[6]

Xentilicio

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «viveirés», «viveirense» ou «vivariense».

Existen varias formas de referirse os habitantes de Viveiro. A forma vivariense é a forma culta, que procede do latín, Vivarium. A forma oficial é viveirense (no Dicionario da Real Academia Galega). E por último, existe unha terceira forma, viveirés.

Patrimonio

Porta CarlosV 11103TM
Porta de Carlos V, desde a Ponte da Misericordia

A Porta Maior, Porta de Carlos V ou Porta do Castelo, foi construída no ano 1548 para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo plateresco e foi declarada Monumento Nacional en 1942. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo correxedor o licenciado Canosa de Tordesillas"; a ambos os lados da porta ten os escudos da cidade; no corpo superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no frontón triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de San Roque, do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.

As outras dúas portas aínda existentes son a Porta do Valado, que conserva restos da primitiva muralla, e a Porta da Vila, en cuxo arco se garda unha imaxe de Cristo do século XVIII entre outras dúas da Virxe e San Xoán, do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.

A ponte da Misericordia, ou Ponte Maior, cruza a ría até Covas. Construíuse entre 1462 e 1544 e recibe o nome pola capela da Misericordia, construción renacentista (s. XVII) que se atopa no extremo sur. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.

Viverosanfrancisco
Igrexa de San Francisco.

A Praza Maior está presidida polo monumento a Pastor Díaz, recentemente desprazada cara unha esquina.

A igrexa románica de Santa María do Campo (s. XII) ten na portada principal tres pares de columnas co tímpano liso. A torre das campás rematouse no século XVIII e a do reloxo no XIX. No século XV engadíuselle unha capela lateral, no XVI a sancristía e no XVIII a capela do Rosario.

A Igrexa conventual de San Francisco tamén é Monumento Nacional. É gótica (s. XIV mais claustro do XVII). A ábsida ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de Santo Ildefonso hai un retablo do século XIV. No muro esquerdo da nave atópase o sartego oxival da beata Constanza de Castro, filla de Pardo de Cela.

Etnografía

Festas e celebracións

Símbolos

Títulos

Viveiro ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi nobre e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do 18 de xuño de 1891, solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de cidade e o tratamento de «Excelencia» para o concello, baseando esta súplica:

O 30 de xuño de 1891, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en Aranjuez, títulos que aínda conserva hoxe en día.

Escudo
Escudo de Viveiro
Artigo principal: Escudo de Viveiro.

O escudo heráldico municipal de Viveiro está composto dos seguintes elementos:

Bandeira
Flag of Viveiro

A bandeira municipal de Viveiro está composta de seis franxas horizontais de igual ancho entre sí. As súas cores son o azul e o branco, sendo la primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que no da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes coñecíase como a Provincia marítima de Viveiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Viveiro.
PortoDeportivoViveiro050731

Vista do porto deportivo, tomada co fondo de Celeiro

RiaViveiro050731

A canle de saída da zona interna da ría de Viveiro. Ao fondo, Celeiro. Á esquerda, Covas

GaleriasViveiro2 050731

Galerías

Viveiro - Concello - 01

Casa do concello.

Viveiro - Placa altitud sobre el nivel del mar - 01

Placa altimétrica.

Lugares de Viveiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Viveiro vexa: Lugares de Viveiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Viveiro". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 07 de marzo de 2008.
  6. de Saralegui y Medina, Leandro (1867). Estudios sobre la época céltica en Galicia.
  7. Actas de 1891 - Arquivo municipal de Viveiro
  8. Enrique Chao Espina (1973). Libro y Guía de Vivero.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Villar Ponte

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1977.Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da ORGA (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, se ben non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Covas, Viveiro

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 3.684 habitantes (1.806 homes e 1.878 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Enrique Chao Espina

Enrique Chao Espina, nado en Viveiro o 7 de xullo de 1908 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego.

Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997, foi un escritor e xornalista galego.

Galdo, Viveiro

Santa María de Galdo é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 578 habitantes (274 homes e 304 mulleres) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

José Antonio Parga Sanjurjo

José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.

Maruxa Mallo

Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega.

Montes de Buio

Os montes de Buio son unha prolongación en dirección nordeste da serra do Xistral. Están situados nos concellos de Viveiro e Xove. Teñen forma arredondada e están conformados por granito de dúas micas con algúns xistos.

Nicolás Taboada Leal

Nicolás Taboada Leal, nado en Viveiro en 1798 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1883 foi un médico, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo.

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ramón Villar Ponte

Ramón Villar Ponte,

(tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Souto da Retorta

O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.O 25 de febreiro de 2000 foi incluído entre os espazos naturais baixo a figura de monumento natural e en 2007 no "catálogo galego de árbores senlleiras" pola idade e grosor das árbores.

O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.

Ademais dos eucaliptos centenarios, o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Viveiro, Celanova

San Xoán de Viveiro é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 160 habitantes (71 homes e 89 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Viveiro Club de Fútbol

O Viveiro Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1966 no concello de Viveiro. Na actualidade xoga no grupo norte de Preferente.

Lugares de interese de Viveiro
Edificios relixiosos
Muralla
Outros edificios
Pontes
Castros
Espazos naturais
Praias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.