Vitsentzos Kornaros

Vitsentzos Kornaros (en grego Βιτσέντζος Κορνάρος), nado en Trapezonda, Creta, en 1553 e finado en Candia, Creta, en 1613/1614, foi un poeta grego. Escribiu o poema épico-amoroso Erotókritos, obra mestra do Renacemento grego, e quizais o maior logro da literatura grega moderna. Consta de 10.012 versos escritos no dialecto cretense. Tamén compuxo o poema O sacrificio de Abraham (Η Θυσία του Αβραάμ).

Vitsentzos Kornaros
Thysia tou Abraam exwfyllo
Nacemento29 de marzo de 1553
 Siteía
Falecemento1616
 Heraclião
EtniaGregos
Ocupaciónpoeta e escritor

Traxectoria

Existen poucas fontes biográficas escritas por el, fóra dos últimos versos do Erotókritos. Crese que naceu no seo dunha familia acomodada de Trapezonda, nas inmediaciones de Sitia, no leste de Creta, e viviu alí ata cumprir ao redor de corenta anos. Logo foi vivir a Candia (hoxe Heraclión), onde contraeu nupcias con Marietta Zeno. Tiveron dúas fillas, ás que chamaron Helena e Catalina.

En 1591 recibe o posto de administrador, e durante a praga de dous anos iniciada en 1591, traballou como supervisor de Sanidade. O seu interese pola literatura levouno a se converter en membro da Accademia degli Stravaganti, fundada polo seu irmán e colega nas letras Andreas Kornaros. Morreu en Candia sen que se puidese esclarecer a causa, e foi enterrado na igrexa de San Francisco.

Foi unha fonte de inspiración para Dionisos Solomos (quen entre outras cousas escribiu o himno nacional grego), e exerceu influencia sobre a obra de Kostis Palamas, Kostas Krystallis e Giorgos Seferis, quen foi galardoado co Premio Nobel.

Foi bautizado co seu nome o transbordador que conecta as Illas Xónicas de Citerea e Anticiterea

Véxase tamén

Bibliografía

  • D. Holton, Λογοτεχνία και κοινωνία στην Κρήτη της Αναγέννησης "Literatura e Sociedade na Creta do Renacemento", p. 369
  • L. Politis, Ιστορία της Νεοελληνικής λογοτεχνίας "Historia da literatura grega moderna", ed. Μ.Ι.Ε.Τ. (Fundación Cultural do Banco Nacional de Grecia), Atenas 1978, p. 78
  • K. Th. Dimaras, Ιστορία της νεοελληνικής λογοτεχνίας "Historia da literatura grega moderna", ed. Ίκαρος, Atenas 1975 (6η έκδοση), p. 81
  • St. Alexiou, «Εισαγωγή» Introdución de Βιτσέντζος Κορνάρος, Ερωτόκριτος "Vitsentzos Kornaros, Erotokritos", ed. Ερμής, Atenas 1995, p. ιστ΄-ιζ΄
Antikythira

Antikythera ou Anticythera (tamén escrito como Anticitera ou Antiquitera, grego antigo: Ἀντικύθηρα grego: Αντικύθηρα, literalmente, "xunto a Citera") é unha illa grega situada no bordo do mar Exeo, entre o noroeste de Creta e o sur do Peloponeso. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte do municipio da illa de Citera.Anticitera tamén pode referirse ao estreito de Antikythera, a través do cal a auga do Mediterráneo entra no Mar de Creta.A súa superficie é de 20´43 km², e atópase a 38 km ao sueste de Citera. É a parte máis distante da rexión da Ática do seu corazón na área metropolitana de Atenas. Ten forma de rombo, 10´5 km de NNO a SSE por 3´4 km LNL a OSO. É famosa por ser descuberto alí o mecanismo de Anticitera e do histórico naufraxio de Antikythera.

O seu principal asentamiento e porto é Potamós (pob. 18 habitantes no censo de 2001). Os únicos outros asentamentos son Galanianá (pob. 17), e Charchalianá (pob. 9). Anticitera é visitada esporádicamente polas liñas do transbordador Vitsentzos Kornaros na súa ruta entre Pireo (Atenas) e Kissamos-Kastelli en Creta.

Erotókritos

Erotókritos (en grego moderno, Ερωτόκριτος) é unha epopea de corte romántico, composta polo poeta cretense Vitsentzos Kornaros a principios do século XVII. Componse de 10.012 versos de quince sílabas. Narra os amores de dous mozos: Erotócrito (que na obra aparece como Rotokritos ou Rokritos) e Aretusa (en grego Αρετούσα). Os temas tratados son o honor, a amizade, o rango social e a valentía. O poema está escrito en dialecto cretense segundo o ritmo tradicional das mantinadas.

Erotókritos, do mesmo xeito que o Erophile de Georgios Hortatzis, constitúe un exemplo paradigmático da literatura renacentista grega. Algúns extractos do Erotókritos quedaron como clásicos da canción popular grega. Os nomes de certos lugares, como a cova de Aretusa en Muniquia fan referencia aos personaxes da obra.

Illa de Creta

A illa de Creta (Grego Κρήτη / Kriti) é unha illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas, sendo a súa situación xeográfica o punto máis meridional de Europa.

Reincorporada á Grecia no 1913, é unha das trece periferias (rexión administrativa).

Forma unha parte importante da economía e o patrimonio cultural de Grecia, mentres que mantén o seu propios trazos culturais locais (como o seu propio dialecto, poesía e música).

Creta é o berce da civilización minoica, da cal Cnossos é o corazón e o sitio arqueolóxico máis importante.

Literatura grega

A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega. Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.