Vitoria

Vitoria ou Gasteiz[1] (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz)[2] é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.

Coordenadas: 42°51′N 2°41′O / 42.850, -2.683

Vitoria–Gasteiz
Flag of Vitoria
Escudo de Vitoria
Vitoria vista desde Berrosteguieta
Catedral de Vitoria Palacio de Zulueta
Praza da Virxe Branca Praza de España
Salburua
Localización
Bilbao en País Vasco

Bilbao
Bilbao
Vitoria en Áraba

Vitoria
Vitoria
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaFlag of the Basque Country.svg País Vasco
ProvinciaÁraba
CuadrillaVitoria
Xeografía
Altitude525 msnm
Superficie276.81 km²
Demografía
Poboación229.483 hab. (2007)
Densidade372,4 hab/km²
Xentiliciovitoriano
Outros datos
Código postal01001–01015
AlcaldeGorka Urtaran (PNV-EAJ)
www.vitoria-gasteiz.org

Evolución urbana

As edificacións da cidade foron recibindo os diferentes estilos arquitectónicos: gótico, renacemento, barroco, neoclasicismo e romanticismo. A planificación foi unha constante no seu devir histórico, desde o seu primeiro ensanche medieval a comezos do século XIII, ata os seus modernos barrios e parques periféricos. o seu casco vello mantén íntegro o trazado gótico e as súas rúas elípticas e estreitas, con empinados cantóns e antigos e recobrados pazos.

Vitoria foi refundada polo rei navarro Sancho VI a partir da cidade fundada no 581 por Leovixildo para celebrar a vitoria visigoda sobre os vascóns. Pasou a depender de Castela en 1200, converténdose nunha das prazas comerciais máis importantes do País Vasco durante séculos. O trazado da améndoa urbana foi deseñado entre os séculos XII e XIV. Os nomes das rúas conservan os das actividades gremiais daquela época: Coitelaría, Zapatería, Ferrería, Pintorería... O renacemento tamén deixou pegada na cidade en forma de elegantes pazos construídos por familias nobiliarias.

Fóra do casco medieval existen outros espazos emblemáticos, como a Praza de España e os Arquillos, do neoclasicismo. Foron ideados polo arquitecto local Justo Antonio de Olaguíbel para salvar o forte desnivel que separaba a antiga cidade da zona cara a que se estendeu no século XVIII.

Historia

Torre Doña Ochanda
Torre medieval de Doña Ochanda

Fundación e Idade Media

No ano 581 o rei visigodo Leovixildo fundou a cidade de Victoriacum, tratando de emular as fundacións romanas, como celebración da vitoria contra os vascóns, sobre o que, por razóns etimolóxicas, suponse o outeiro ocupado polo primitivo poboado de Gasteiz. Algúns historiadores opinan que Victoriacum non estaba na actual Vitoria-Gasteiz ou na antiga Gasteiz, senón nunha zona próxima, probablemente ós pés do monte Gorbeia, onde na actualidade está a vila de Vitoriano.

Ó parecer Vitoria xa tiña unha muralla defensiva no século X. En 1181 o rei navarro Sancho VI refundou a vila como Nueva Victoria. En 1200 Vitoria incorporouse á Coroa de Castela ó ser tomada polas tropas do rei Afonso VIII, que a dotou do seu primeiro ensanche gótico na ladeira oeste. Afonso X o Sabio estendeuna en 1256 cara o leste con novas rúas gremiais. Foi importante a súa xudería, antes da expulsión dos hebreos ordenada polos Reis Católicos. O vello camposanto xudeu aínda se conserva en forma de parque cun monumento conmemorativo do seu pasado. En 1431 o rei Xoán II de Castela outorgoulle o título de cidade. En 1463 foi unha das cinco vilas fundadoras da Irmandade de Áraba xunto con Sajazarra, Miranda de Ebro, Pancorbo e Agurain.

Século XIX

O 21 de xuño de 1813 tivo lugar a Batalla de Vitoria, onde as tropas francesas, movéndose en retirada, foron derrotadas polo Duque de Wellington, perdendo de camiño a Alsasua gran parte do botín roubado. Con esta batalla practicamente se puxo fin á Guerra da Independencia Española. Cando chegou a noticia a Viena a finais de xullo dese mesmo ano, Johann Nepomuk Mälzel encargou a Ludwig van Beethoven a composición dunha sinfonía con motivo do feito. Trátase do op. 91 Wellingtons Sieg, tamén coñecida como Die Schlacht bei Vitoria ou Siegessymphonie.

En 1843 chegou a autorización para reformar o Convento de Santa Clara nun Instituto de Ensino Medio, actualmente sede do Parlamento Vasco. En 1853 comezaron as clases, culminando así un vello soño da cidade. O vello Instituto de Ensino Medio foi testemuña de boa parte da vida cultural da cidade.

En 1969, a partir da revolución de 1868, creouse a Universidad Libre, truncándose antes de empezar o curso 1873-1874 en boa parte por culpa da segunda guerra carlista. Nela estiveron xente como Ricardo Becerro de Bengoa, Julián Apraiz ou Federico Baraibar. Este último, gran helenista, foi un das primeiras persoas que impartiu clases de éuscaro en Vitoria (extraoficiais).

Século XX

O 3 de marzo de 1976, en plena transición Española tiveron lugar os sucesos de Vitoria, con graves enfrontamentos entre a policía e traballadores en folga. O desaloxo da igrexa, na que se celebraba unha asemblea, acabou co ametrallamento dos asemblearios por parte da policía, causando a morte de 5 deles e feridas de bala a máis dun centenar.

O 20 de maio de 1980, por decisión do Parlamento Vasco mediante a Lei de Sedes, Vitoria converteuse na capital da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Demografía

Vitoria triplicou a súa poboación nas últimas décadas. A partir dos anos 60 e 70 do século XX, atraída polo crecemento experimentado polo sector industrial, moita man de obra comezou a emigrar á urbe desde o resto de España. Na actualidade, mercede á súa condición de capital vasca, o sector dos servizos continúa alentando un aumento da poboación.

Fonte: INE. Elaboración gráfica de Wikipedia.

Economía

Vitoria ten fábricas de empresas multinacionais como Mercedes Benz, Michelin, Gamesa ou Daewoo, así como con empresas locais que proven de subministracións a aquelas. A esta actividade industrial hai que engadir a dos servizos, centrada no comercio e as actividades administrativas.

El Caminante - Vitoria 1
O Camiñante, na rúa Dato

Idiosincrasia e cultura

A cidade recibiu a influencia de diferentes culturas, que se foron sumando ó substrato nativo vasco. Na segunda metade do século XX chegaron a ela gran número de emigrantes procedentes do resto de España, ós que se sumaron nos últimos anos persoas chegadas de Latinoamérica e do norte de África. Como consecuencia, Vitoria é unha cidade activa e multicultural. Segundo un estudo, é a segunda cidade de España con mellor calidade de vida despois de Xirona[Cómpre referencia]. É ademais a cidade española con máis zonas verdes, con 42 m² por persoa contando o Anel Verde da cidade[3], e a segunda contando só as áreas verdes dentro da cidade con 23,4 m² por persoa[4].

A capital vasca ten varios museos de primeira orde. O novo Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea (ARTIUM) ofrece unha colección de arte vasca e española desde os comezos do século XX ata a actualidade. Na casa-hotel do Conde de Dávila (de 1912), en pleno paseo de Frai Francisco (famoso polos seus suntuosos e en ocasións excéntricos pazos de principios do século XX), está o Museo de Belas Artes de Vitoria. Este centro ofrece unha brillante selección de costumismo vasco, tallas románicas e góticas, trípticos flamengos e cadros dos séculos XVIII e XIX. Xunto co Mueso de Arqueoloxía, situado na Praza da Burullería, forma parte dunha rede museística que completan o Museo de Armería (tamén no Paseo de Frai Francisco, xunto a Ajuria Enea), o Museo de Ciencias Naturais (na impoñente Torre de Doña Otxanda, do século XV) e o Museo Fournier de Naipes (coa maior colección de naipes do mundo mercede á contribución da empresa local Heraclio Fournier, fundada en 1868). Por outra parte, numerosas galerías de arte distribúense pola cidade, acollendo exposicións de todo tipo.

Na terceira semana de xullo ten lugar anualmente o Festival de Jazz de Vitoria, polo que pasaron músicos como Ella Fitzgerald, Dizzy Gillespie, Miles Davis, Chick Corea, Bobby McFerrin ou Wynton Marsalis, quen compuxo un álbum de homenaxe ó festival.

Fonte de Wallace en Vitoria
Fonte de Wallace no centro de Vitoria

O festival de rock independente Azkena Rock Festival converteuse nun dos máis importantes do estado, traendo a bandas como Pearl Jam, Iggy Pop & The Stooges, Wilco, Queens of the Stone Age, Bad Religion, Deep Purple ou Fun Lovin Criminals.

Pero a manifestación festiva máis importante da cidade son as festas da Virxe Branca, entre o 4 e o 9 de agosto, así como o Día do Blusa (celebrado o 25 de xullo desde 1926), coa súa tradicional mercado de allos, a Romaría de Olarizu (o primeiro luns despois da Virxe de setembro) e a festividade de San Prudencio, o patrón da provincia (28 de abril), coa celebración da Romaría nas campas de Armentia.

Monumentos e lugares de interese

  • Catedral de Santa María (Catedral Vella). É un edificio gótico do século XIV cunha torre do XVII. Baixo o pórtico ábrense tres portadas decoradas con estatuas e releves. No interior, as capelas conteñen imaxes góticas, flamengas e renacentistas italianas. Nas capelas da esquerda pódense ver pinturas de Rubens e van Dyck. A catedral está en período de restauración e foi estudada por expertos de todo o mundo polas súas curiosidades arquitectónicas, entre elas as deformacións que sufriu debido a reformas e restauracións anteriores.
Vitoria - Catedra Nueva 0001
Interior da Catedral Nova
  • Catedral de María Inmaculada (Catedral Nova). É un templo catedralicio construído e consagrado no século XX, de estilo neogótico.
  • Igrexa de San Pedro Apóstolo. Templo gótico do século XIV. Destaca o Pórtico Vello, cun conxunto de releves con escenas das vidas de San Pedro e a Virxe María, baixo os que discorren as imaxes da Virxe e os apóstolos. No seu interior, na cabeceira, hai varios sepulcros de valor.
  • Igrexa de San Miguel Arcanxo. É un templo gótico-renacentista dos séculos XIV a XVI. No seu pórtico sitúase a imaxe da Virxe Branca, patroa da cidade. O retablo maior foi feito por Gregorio Fernández.
  • Igrexa de San Vicente Mártir. Templo gótico tardío dos séculos XV e XVI.
  • Igrexa do Carme. Templo neoclásico construído entre 1897 e 1900 como parte do Convento dos Pais Carmelitas Descalzos.
  • Basílica de San Prudencio. Desde o Parque da Florida unha longa sucesión de paseos conducen a Armentia, onde se pode contemplar unha das xoias do románico vasco: a Basílica de San Prudencio. A súa construción é do século XII, reformada no XVIII. O templo alberga mostras escultóricas de distintas épocas e mestres.
  • Convento de San Antonio. Convento de monxas Clarisas do século XVII.
  • Convento de Santa Cruz. Convento de monxas dominicas do século XVI.
  • Casa del Cordón. Situada na rúa da Coitelaría, é un fermoso exemplo de arquitectura gótica civil. Construíuse no século XV, conservando unha torre do XIII. Nesta casa aloxáronse os Reis Católicos, e Hadrián VI foi nomeado Papa mentres se encontraba na mesma.
Artium Gasteiz 2006-12-31
ARTIUM
  • Museo Vasco de Arte Contemporánea (ARTIUM). A súa colección permanente está considerada como unha das mellores e máis importantes en arte contemporánea vasca e española. Foi inaugurado o 26 de abril de 2002 e é un museo aberto e dinámico.
  • Museo Diocesano de Arte Sacra de Álava. Situado no deambulatorio da Catedral Nova, ofrece mostras do patrimonio artístico relixioso da provincia, dividida en seccións de talla en pedra, talla en madeira, pintura sobre táboa, pintura sobre lenzo, ourivería e mobiliario litúrxico.
Vitoria - San Pedro 17
Pórtico Vello, igrexa de San Pedro
  • Museo das Ciencias Naturais. Está instalado na Torre de Doña Otxanda, un exemplo de arquitectura medieval. É ademais un centro de investigación e divulgación das Ciencias Naturais.
  • Museo de Arqueoloxía. Aloxado nunha casa de entramado de madeira do século XVI, expón dolmens, esculturas romanas atopadas en Áraba e pezas medievais.
  • Museo Fournier de Naipes. Ten como sede o pazo de Bendaña. A fabricación de naipes foi unha das actividades máis características de Vitoria. No museo expóñense máis de 6.000 barallas, algunhas delas moi antigas.
  • Museo de Belas Artes. Nunha mansión renacentista, o museo mostra tallas do século XIV, trípticos flamengos do XVI, cadros de mestres españois como Ribera, e pintura moderna española, con obras de Picasso ou Zuloaga entre outros. O museo presta especial atención á pintura costumista vasca.
  • Museo de Armería de Álava. Moi cerca do anterior, nel pódense ver armas de tódalas épocas, desde hachas prehistóricas ata pistolas do século XX. Hai unha gran colección de armamento medieval e a reconstrución da batalla de Vitoria, librada en 1813 durante a guerra da Independencia.
  • Centro Cultural Montehermoso. Edificio do século XVI, na actualidade moi reformado. Historicamente tivo varios usos. En 1994 deixou de ser a sede da Diocese de Vitoria, e en 1997, coa anexión do antigo Depósito de Augas, converteuse no Centro Cultural Montehermoso, concibido como espazo de exposicións artísticas e representacións musicais.
  • Praza da Virxe Branca. É o centro neurálxico da cidade. Alí conflúen algunhas das rúas máis típicas do casco antigo e do Ensanche. Está rodeada de casas antigas con miradores acristalados. No seu centro érguese un monumento conmemorativo da batalla de Vitoria.
  • Praza Nova. É unha gran praza porticada concibida polo arquitecto Antonio de Olaguibel en 1781 para unir o casco antigo co novo Ensanche, daquela en construción. Un dos elementos máis importantes do conxunto é a Casa Consistorial, de decoración neoclásica.
  • Los Arquillos. Esta rúa asoportalada construíuse entre os séculos XVIII e XIX. Por medio dunha serie de edificios escalonados sálvase o desnivel existente entre a cidade antiga e o ensanche. Descende desde a praza do Machete ata a parte traseira da praza de España.
  • Pazo de Ajuria Enea. Desde 1980 é a sede do goberno vasco e residencia oficial do Lehendakari. Foi construído en 1918 como residencia da familia de Serafín Ajuria, e é un exemplo da arquitectura vasca da época.

Deportes

O principal equipo da cidade é o Baskonia, finalista da Euroliga de baloncesto en varias ocasións, gañador da Recopa de Europa en 1996 e campión en varias ocasións da liga ACB. No fútbol o Deportivo Alavés milita na Segunda división B e xoga no Estadio de Mendizorrotza. O equipo foi subcampión da copa da UEFA en 2001, tras perder a final ante o Liverpool FC. Tamén destacan os éxitos doutros grandes deportistas a nivel individual, como Martín Fiz, Iker Romero ou Almudena Cid. Tamén son vitorianos os escaladores Juanito Oiarzabal, cuarto home en ascender os 14 oitomiles sen osíxeno, e Iker Pou, un dos máximos expoñentes mundiais en escalada en roca.

A cidade conta co pavillón Fernando Buesa Arena, un recinto multiusos con capacidade de entre 8.700 e 10.400 espectadores en función do acontecemento. É usado como feudo local polo Tau Baskonia. Acolleu tamén acontecementos como concertos, espectáculos de trial e tres Copas do Rei de baloncesto (2004, 2006 e 2008). O número de abonados á rede deportiva da cidade ronda os 80.000, cifra moi alta para unha urbe de 230.000 habitantes.

Urbanismo

Panorámica Vitoria-Gasteiz
Vista panorámica da cidade desde Olárizu, no 2007

Desde o punto de vista urbanístico Vitoria é unha cidade de tamaño medio, cun trazado adaptado ás tradicións de cada momento histórico. O casco medieval desenvólvese en forma de améndoa en torno ó outeiro fundacional, que pola súa situación privilexiada como única elevación na planicie alavesa, converteuse nun bastión defensivo cobizado polos reinos de Navarra e Castela durante os séculos XI e XII. O recinto amurallado é anterior a esta guerra entre navarros e casteláns, e débese á labor emprendida polo Conde de Áraba, fillo bastardo do rei Ramiro I de Aragón, no século XI, para a defensa da aldea. Os muros defensivos da vella Gasteiz foron construídos entre 1050 e 1100. Debido a esa primeira función defensiva, as súas rúas estreitas e sombrías rodean o óvalo orixinario, en compactas ringleiras de vivendas paralelas entre si e con respecto ás murallas medievais (das que só se conservan algúns tramos e portóns). Entre 1854 e 1856 tivo lugar unha epidemia de cólera que mudou a fisionomía da cidade. Derribáronse os portais, que eran casas fortes, que daban acceso ás rúas Correría (casa forte dos Nanclares), Zapatería (casa forte dos Soto) e Ferrería (casa forte dos Abendaño) e que servían para protexer a cada gremio barrial. Á entrada da actual praza da Virxe Branca encontrábase o portal de Santa Clara, que estaba unido pola muralla ó Convento de San Antonio. No século XIX, e ante a evidencia de que a cidade estaba a quedarse pequena, planificouse un ensanche en estilo neoclásico, e pouco a pouco a planificación da cidade foi dando a Vitoria a súa forma actual.

A améndoa medieval, como adoita ser coñecida, ten multitude de xoias arquitectónicas, como o Pazo de Bendaña, sede do Museo Fournier de naipes (erixido en 1525 por Juan López de Arrieta no soar ocupado antes pola torre defensiva erixida polos Maeztu). O Pazo Escoriaza-Esquivel, do século XV, construído por Claudio de Arziniega. O Pazo de Vila Suso, do século XVI, no que habitou Martín de Salinas, embaixador de Carlos I. Pero o maior tesouro medieval de Vitoria é a Catedral Vella de Santa María.

Vitoria -Monumento a la batalla de Vitoria
Praza da Virxe Branca e Monumento á Batalla de Vitoria

A historia da Catedral Vella é en si mesma unha síntese da historia de Vitoria. Edificada sobre o camposanto da primitiva aldea vascoa de Gasteiz (hoxe visitable mercede ás escavacións), a igrexa de Santa María derrubouse co incendio de 1202, e Afonso VIII de Castela (que conquistara a praza apenas 2 anos antes), ordenou reconstruír a cidade e levantar no lugar do anterior templo unha nova igrexa que cumpriría dous propósitos ben distintos: salvar almas e gardar armas. Así naceu a Catedral de Santa María, aínda igrexa, como un templo-fortaleza que servía de entrada á cidade. O proxecto foi cambiando cos séculos, de tal forma que cada modificación se fixo sen ter en conta as anteriores. Isto aconteceu no século XV (cando a igrexa se converteu en colexiata), e finalmente nos anos sesenta do século XX, cando se decidiu reverter as obras de fortalecemento dos muros exteriores e ampliar as ventás por motivos puramente estéticos. Isto acabou obrigando a pechar o templo por temor a que se colapsase durante as misas. Na actualidade volve estar aberta, e permite ir vendo os diferentes estilos arquitectónicos da construción. Desde os vestixios da aldea orixinaria, raíz da Vitoria actual, ata o redeseño gótico de mediados do século XX, pasando por alicerces de máis dun milenio de antigüidade, e plans románicos e góticos, todos perfectamente discernibles pola cor dos materiais utilizados en cada etapa. Ken Follett, autor de The pillars of the Earth, dixo trala súa estancia na cidade que Santa María era unha das tres catedrais máis interesantes do mundo[Cómpre referencia].

Vitoria - Paseo Fray Francisco
Paseo de Frai Francisco

Desde a Idade Media ata o século XVIII a poboación de Vitoria e o trazado das súas rúas mantívose case sen variacións. Pero a finais do século XVIII o aumento do número de habitantes fixo necesaria a ampliación da cidade extramuros. Para solucionar o problema da diferenza de altura entre o núcleo orixinal sobre o outeiro, e a chaira debaixo, erixíronse os Arcos e a Praza Nova, que suavizan a transición cara o tan necesario ensanche neoclásico (século XIX), de amplas rúas e xardíns, tendo como maior expoñente na rúa Dato, o Parque da Florida, e a Praza da Virxe Branca, coas súas fachadas repletas de miradores.

Finalmente, os novos barrios de Vitoria foron construídos conforme a un Plan Urbanístico que privilexia os parques, as zonas de lecer e a calidade de vida, compaxinando o mantemento da identidade da cidade coa necesidade de aloxar á crecente poboación. Tomando como referencia o barrio de San Martín, primeiro barrio novo planificado desta forma, a cidade aumentou a súa extensión a unha gran velocidade, crecemento concentrado nos últimos anos nos barrios de Lakua, Salburua e Zabalgana.

O Anel Verde está conformado por unha rede de parques e espazos verdes que rodea a cidade, destinado a ser o pulmón da futura Vitoria, e enlazar a cidade co espazo rural. O anel inclúe os parques de Salburua, Zabalgana, Armentia, Río Alegría, Gamarra, Abetxuko, e Atxa-Landaberde, se ben aínda faltan zonas en integrarse a el.

A cidade de Vitoria recibiu varios premios internacionais polo seu desarrollo urbano.

Comunicacións

  • Por estrada: Vitoria está comunicada tanto co resto de capitais vascas como coa meseta castelá, xa que é cidade de paso da autoestrada AP-1, e ten dúas autovías no seu término municipal. Tamén conta coa estrada A-620 Vitoria-Altube e o seu enlace coa A-68 Logroño-Bilbao.
  • Por ferrocarril: A liña Madrid-Irún ten en Vitoria unha das súas paradas máis importantes. Media ducia de trens unen cada día a cidade con Madrid, destacando o servizo Alvia, que, vía Valladolid, utiliza a infraestrutura do AVE para chegar en 3 horas e 43 minutos a Madrid. Tamén hai conexións con Castela e León, Galicia, Cataluña, Alacant, Asturias, Lisboa e París. Porén, non hai ningún comboi directo a Andalucía, nin conexión ferroviaria con Bilbao. A chegada do AVE á cidade, comunicándoa con Madrid, Bilbao e Donostia, as dúas últimas mediante o Y vasco, está prevista para o ano 2013.
  • Por avión: O aeroporto de Vitoria foi construído para ser o gran aeroporto do norte de España [Cómpre referencia] e substituír ó de Bilbao, pero non conseguiu consolidarse como tal. O escaso número de vos de pasaxeiros contrasta coa súa consolidación como aeroporto de carga, sendo o cuarto aeroporto con maior transporte de mercancías de España.[5]

Festividades e eventos

  • 28 de abril: San Prudencio, patrón da provincia;
  • 1 de maio: A Nosa Señora de Estíbaliz, Patroa da provincia;
  • Última semana de xuño e primeira de xullo: Festival Internacional de Xogos.
  • 15 ó 21 de xullo: Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz;
  • 25 de xullo: Día do Blusa (os blusas son mozos ataviados con blusóns típicos dos aldeáns organizados en cuadrillas;
  • Finais de xullo: Mercado do Camiño. Exposición e venda de produtos típicos, especialidades gastronómicas artesás de distintas Comunidades;
  • 4 ó 9 de agosto: Festas da Virxe Branca;
  • Primeira semana de setembro: FesTVal, Festival de Televisión e Radio;
  • Luns seguinte á virxe de setembro: romaría de Olárizu;
  • tódolos xoves e sábados: mercado agrícola na Praza de Abastos e na Praza de Simón Bolívar.

Vida nocturna

A vida nocturna de Vitoria está considerada como unha das máis concorridas do norte peninsular[Cómpre referencia]. Isto débese principalmente a que máis do 80% dos pubs, clubs e discotecas da cidade están concentrados en tan só media ducia de rúas, habendo nalgúns casos varios locais de marcha no casco vello uns a carón dos outros, o que non está permitido segundo a normativa vixente. Os xoves adoitan saír os universitarios.

Un dos déficits de Vitoria-Gasteiz respecto á vida nocturna céntrase na escasa oferta que ten a cidade a partir das 3 da madrugada, xa que aínda que o número de discotecas é bastante amplo e están todas no centro da cidade, trátase de locais de reducidas dimensións, que nalgúns casos deben pechar os seus accesos a unha hora determinada ó ter a capacidade completa. Actualmente debátese a posibilidade de abrir macro-discotecas no arrabalde da cidade, pero a idea non gusta no sector hostaleiro da cidade.

Transporte urbano

Bus MB Citaro G Tuvisa 64
Autobús articulado de TUVISA esperando na parada da Catedral Nova

Debido ó crecemento da cidade con macro-distritos tanto polo norte (Lakua), como polo leste (Salburua e Santo Tomás) e o oeste (Zabalgana e Mariturri) Vitoria viuse obrigada a afrontar importantes retos respecto á xestión da mobilidade interna do tráfico. Un dos vértices desta xestión é a empresa TUVISA (Transportes Urbanos de Vitoria Sociedad Anónima), que nos últimos tres anos e medio ampliou a rede de liñas de autobuses urbanos de 13 a 18, así como as súas frecuencias de paso.

Actualmente un dos retos da compañía é dar servizo ós novos distritos do leste e do oeste da cidade, así como amoldarse á nova realidade que xorderá trala implantación do Tranvía de Vitoria, prevista para decembro de 2008.

Ademais do servizo de taxis, a cidade conta cun servizo de alugueiro gratuíto de bicicletas nos seus centros cívicos.

Barrios

Gasteizko kontzejuak
Concejos e cidade de Vitoria

Dentro do concello de Vitoria cómpre distinguir entre a cidade e os numerosos núcleos rurais que foron agregados ó concello en diferentes momentos históricos e que seguen conservando certa autonomía administrativa baixo a denominación de concejos.

A efectos administrativos e estadísticos estes núcleos rurais agrúpanse en tres zonas: zona leste, zona noroeste e zona suroeste.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Vitoriano.
  2. Gasteiz, que é o nome en éuscaro, é o nome da primitiva aldea que coroaba o outeiro. Vitoria é o nome en castelán e Vitoria-Gasteiz é a única forma oficial, bilingüe. En galego, a RAG admite indistintamente Vitoria e Gasteiz.
  3. "zonas verdes de Vitoria". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2008.
  4. zonas verdes de Vitoria
  5. "La carga se consolida, con un incremento del 30% en marzo de 2007". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

24 de maio

O 24 de maio é o 144º día do ano do calendario gregoriano e o 145º nos anos bisestos. Quedan (221) días para finalizar o ano.

9 de xuño

O 9 de xuño é o 160º día do ano do calendario gregoriano e o 161º nos anos bisestos. Quedan 205 días para finalizar o ano.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Fernando Alonso

Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo.

Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte. Disputou 17 tempadas de Fórmula Un.

Fóra da Fórmula Un, Alonso prclamouse campión do Campionato Mundial de Resistencia 2018-2019 con Toyota Gazoo Racing. Gañou as 24 Horas de Le Mans de 2018 no seu primeiro intento cos co-pilotos Kazuki Nakajima e Sébastien Buemi e repetiu vitoria o ano seguinte. Participou nas 500 Millas de Indianápolis de 2017 e gañou as 24 Horas de Daytona de 2019, despois do seu debut en 2018.

Gerhard Berger

Gerhard Berger, nado o 27 de agosto de 1959 en Wörgl, é un expiloto de carreiras austríaco de Fórmula Un, que anteriormente posuía o 50% do equipo de Fórmula Un Scuderia Toro Rosso ata que vendeu a súa parte ao novo propietario da bebida enerxética Dietrich Mateschitz en novembro de 2008.

Berger competiu na Fórmula Un durante 14 tempadas, terminando dúas veces terceiro na xeral do campionato. Durante este tempo gañou dez Grandes Premios, logrou 48 podios, 12 poles e 21 voltas rápidas (dúas máis có seu ex compañeiro de equipo, rival e amigo Ayrton Senna). Con 210 carreiras é un dos pilotos máis experimentados da F1 de todos os tempos. Liderou 33 das 210 carreiras nas que competiu e retirouse de 95 delas. Berger tamén ten a distinción única de lograr a primeira e última vitoria para Benetton, cunha separación de once anos. É coñecido polo seu sentido do humor e estilo de condución agresivo.

John Watson

John Marshall "Wattie" Watson, MBE, nado en Belfast o 4 de maio de 1946 é un ex piloto de carreiras de Irlanda do Norte. Competiu en Fórmula Un, gañando cinco grandes premios e tamén o Campionato Mundial de Resistencia.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Melbourne

Melbourne (/ˈmɛlbərn/) é unha cidade australiana, a segunda cidade do país en poboación, despois de Sydney, con aproximadamente 3,6 millóns de habitantes na súa área metropolitana. O centro histórico, a Cidade de Melbourne, ten tan só 69.670 habitantes (segundo datos do censo de 2001).

A cidade é a capital e a maior cidade do estado australiano de Victoria. Foi capital de Australia entre 1901 e 1927. Melbourne foi votada varios veces en estudos internacionais como a cidade con mellor calidade de vida no mundo.

Michele Alboreto

Michele Alboreto, nado en Milán o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz (Brandeburgo) o 25 de abril de 2001, foi un piloto italiano de Fórmula 1. É famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Fórmula Un de 1985 así como por gañar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001. Alboreto competiu en Fórmula Un de 1981 ata 1994, con varios equipos, destacando sobre todo as súas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari.

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

País Vasco

O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro: Euskal Herria ou Euskadi, en castelán: País Vasco ou Euskadi), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte.

Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria. A capital e sede do Parlamento e Goberno autonómicos é Vitoria, mentres que a cidade máis poboada é Bilbao.

Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o éuscaro, é a lingua máis antiga de Europa falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas.

Río Nilo

O río Nilo (النيل en árabe) é un dos dous ríos máis longos do mundo (o outro é o Amazonas). Situado no nordeste de África, o río Nilo flúe desde a súa principal fonte, o lago Vitoria na parte leste da África central, ata o mar Mediterráneo a través de Uganda, o Sudán e Exipto unha distancia de aproximadamente 6650 quilómetros até desembocar no delta do Nilo.

A bacía do Nilo cobre 3.254.555 km², preto do 10% da superficie de África.

O Nilo ten dous tributarios claros, o Nilo Branco e o Nilo Azul, dos cales o primeiro é máis longo. O Nilo Branco nace nos Grandes Lagos de África, coa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E) e flúe cara o norte a través de Tanzania, o Lago Vitoria, Uganda e o sur do Sudán; o Nilo Azul nace no Lago Tana, Etiopía, e flúe cara o oeste desde o Sudán. As dúas seccións atópanse preto de Khartún.

A sección norte do río flúe case enteiramente a través do deserto, desde o Sudán até Exipto, un país cuxa civilización dependeu sempre do río. A maioría da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das costeiras, reside nas zonas do val do Nilo ao norte de Asuán; e practicamente todos os lugares arqueolóxicos e culturais do Exipto Antigo se atoan nas súas ribeiras.

En exipcio, os xeróglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran como iteru. A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río".

Saski Baskonia

O Saski Baskonia S.A.D., coñecido tamén como Kirolbet Baskonia por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 9.900 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Scuderia Ferrari

Scuderia Ferrari S.p.A. coñecida como Scuderia Ferrari é a división deportiva da compañía automobilística Ferrari. O equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula Un, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de autos deportivos. Comezou na Fórmula 1 en 1950. Leva ás súas costas 16 títulos de construtores e 15 de pilotos.

Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Mike Hawthorn, Phil Hill, John Surtees, Niki Lauda, Jody Scheckter, Michael Schumacher e Kimi Räikkönen gañaron campionatos do mundo de pilotos conducindo para o equipo. os pilotos actuais do equipo son Sebastian Vettel e Charles Leclerc.

En sport prototipos e gran turismo, Ferrari conseguiu nove vitorias absolutas nas 24 Horas de Le Mans, oito na Mille Miglia e sete na Targa Florio. Tamén gañou varios títulos de construtor no Campeonato Mundial de Resistencia da FIA.

Século XIX

século XVIII < século XIX > século XX

Enténdese referido á era cristiá. Tempo entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 31 de decembro de 1900. Considérase o século da "era moderna".

Vitoria do Reino Unido

Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso.

Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.

Casou co seu curmán, o príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casáronse con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberto en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o republicanismo gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de ouro e de diamante foron moi celebrados.

O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do Reino Unido e coñecéuselle como época vitoriana. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do Imperio británico. Vitoria foi a última monarca da casa de Hannover. O seu fillo e sucesor, Eduardo VII, pertencía á nova casa de Saxonia-Coburgo e Gotha.

WilliamsF1

Non confundir con Frank Williams Racing Cars, formado por Frank Williams en 1967. Williams Grand Prix Engineering Limited (FWB: WGF1 WGF1), que compite na Fórmula Un como "Williams Martini Racing", é un equipo e construtor británico de Fórmula Un. Fundado e dirixido polo propietario Sir Frank Williams e o enxeñeiro de automoción Patrick Head. O equipo formouse en 1977 logo de dous intentos fracasados de Frank Williams de dirixir dous equipos anteriormente: Frank Williams Racing Cars (1969 a 1975) e Wolf-Williams Racing (1976). Todos os chasis Williams F1 chámanse "FW" e logo un número, sendo o FW as iniciais do dono do equipo, Frank Williams. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.

Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.

As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas temporadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte de esa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.

A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e súa morte no Gran Premio de San Marino, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, máis non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.

A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.

Áraba

Áraba, segundo outras fontes Araba ou Álava (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.