Vitamina B2

Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidaciones tisulares e na síntese de ácidos graxos. É necesaria para a integridade da pel e das mucosas e pola súa actividade osixenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta.

As súas fontes naturais son as carnes e produtos lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes.

As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo se elimina por vía urinaria.

A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Máis que á unha inxesta insuficiente pode ser debida a réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, tensión, calor intensa ou ó uso dalgunhas drogas.

Esta vitamina é sensible á luz solar e a certos tratamentos, como a pasteurización, proceso que fai perder o 20% do seu contido. Por exemplo, a exposición á luz solar dun vaso de leite durante dúas horas fai perder o 50% do seu contido de vitamina B.

É un aditivo alimentario permitido pola Unión Europea, identificado polo código E101.

Riboflavina
Riboflavina, tamén coñecida como vitamina B2
Archer John Porter Martin

Archer John Porter Martin, nado o 1 de marzo de 1910 en Londres (Inglaterra) e finado o 28 de xullo de 2002 en Londres, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.

Cenoria

A cenoria (Daucus carota', L., subespecie sativus) , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas apiáceas. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia. É a forma domesticada da cenoria silvestre Daucus carota, oriúnda de Europa e Asia sudoccidental. Cultívase pola súa raíz moito máis grande, saborosa e de textura menos fibrosa, mais continúa sendo a mesma especie. Entre as hortalizas, pertence ao grupo das verduras.

Cinta (algas)

A cinta (Himanthalia elongata) é unha alga parda comestible orixinaria do Océano Atlántico, tamén coñecida como correa ou correola e comercializada para o seu consumo como alimento humano, co nome de espaguetes de mar.

Coenzima

Os coenzimas son cofactores orgánicos non proteicos, termoestables, que unidos a un apoenzima constitúen o holoenzima ou forma cataliticamente activa do enzima. Teñen en xeral baixa masa molecular. Son claves no mecanismo de catálise, por exemplo, aceptando ou doando electróns ou grupos funcionais, que transportan dun enzima a outro. A diferenza dos enzimas, os coenzimas modifícanse e consómense durante a reacción química.

Dinucleótido de flavina e adenina

En bioquímica o dinucleótido de flavina e adenina ou flavín adenín dinucleótido, abreviado como FAD (forma oxidada) e FADH2 (forma reducida), é un coencima que intervén como cofactor en reaccións de oxidación-redución moi importante no metabolismo. Pode existir en dúas diferentes formas redox, nas que se reconverte ao aceptar ou ceder electróns. A forma oxidada é o FAD (neutra), e a forma reducida captou dous hidróxenos é o FADH2 (os dous H están unidos á molécula e ningún se desprende como H+, como sucedía no coencima similar NADH).

A molécula está formada por:

un residuo de riboflavina (vitamina B2), que consta do sistema de tres aneis da isoaloxazina unido por enlace carbono-nitróxeno ao azucre-alcohol ribitol, polo cal se une ao resto da molécula.

unha molécula do nucleótido ADP, que se une polo seu último fosfato ao ribitol da riboflavina.En realidade a riboflavina non é tecnicamente un nucleótido, polo que o nome flavín adenín dinucleótido (ou dinucleótido de flavina e adenina) pode considerarse pouco exacto, aínda que é o usado correntemente.

Espinaca

A espinaca (Spinacia oleracea) é unha planta cultivada da familia Amaranthaceae, anteriormente incluída na familia Chenopodiaceae.

Trátase dunha planta anual cultivada como verdura polas súas follas comestíbeis, grandes e de cor verde moi escura. Semella que a súa orixe é asiática, persiana, foi introducida na península ibérica polos árabes no século XI, espallándose por toda Europa no século XV.

Cultívase durante todo o ano e se pode consumir fresca, cocida ou frixida. Ten un elevado valor nutricional e carácter regulador, polo seu alto contido en auga e riqueza en vitaminas e minerais.

O cultivo desenvólvese fundamentalmente ao ar libre en regadío. Non necesita de coidados excesivos para gozarmos de todas as súas propiedades.

A espinaca pódese clasificar segundo dous criterios:

-Segundo a época de recolección atoparemos variedades de verán e de inverno.

-Segundo a forma da folla, poden ser rizadas ou lisas.

Fariña

A fariña é un po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais (especialmente trigo, millo etc). É o principal ingrediente do pan, o alimento básico en moitas partes do mundo. Tamén se obtén fariña dalgúns legumes e de froitos secos, como a soia e a améndoa.

A fariña é rica en amidón, que é un hidrato de carbono complexo. Cando a fariña se mestura con auga, o glute, unha proteína, actúa dándolle unha estrutura elástica á masa que permite "traballala" e que reteña burbullas de gas, o que resulta nunha textura final esponxosa. Este é un efecto buscado no pan, pasteis etc.

Algúns individuos padecen dunha intolerancia ao glute denominada celiaquía ou enfermidade celíaca, o que lles impide comer pan, pastas, pasteis ou calquera produto derivado do trigo, avea ou cebada, cereais que conteñen glute, pero hoxe pódense atopar no mercado produtos derivados de fariña sen glute.

Figo

O figo é un froito obtido da figueira (Ficus carica).

Dende o punto de vista botánico o figo non é un froito senón unha infrutescencia (ou sexa un conxunto de froitos).

Existen máis de 750 especies de figos diferentes entre as que hai comestíbeis e non comestíbeis.

Esta froita podería provir de Asia Occidental, aínda que posteriormente se distribuíu por todo o Mediterráneo, chegando a Galiza. Sábese que o ser humano xa o coñecía e recollía antes do ano 9000 a. C.

Os figos miden 6 ou 7 cm de longo e 4,5 a 5,5 cm de diámetro. Son moi estacionais e pódense atopar doadamente nos meses de agosto e setembro no hemisferio norte, coma no caso de Galiza; e de febreiro a marzo no hemisferio sur. Algunhas figueiras producen dúas colleitas ao ano.

É un cultivo común en Galiza dende hai séculos, especialmente no sur, que deu lugar a infinidade de topónimos: A Figueira, Figueiras, Figueiredo, Figueiró, Figueiroa, Figueiroá etc.

Flavina

A flavina (7,8-dimetil-isoaloxazina) é unha base nitroxenada derivada da substancia heterocíclica nitroxenada de tres aneis e dous grupos oxo, chamada isoaloxazina, baseada na pteridina. O seu nome procede do latín flavus (amarelo), xa que a súa forma oxidade é amarela (e a súa forma reducida é incolora).

Da flavina deriva o grupo flavina ou grupo flavínico que aparece en moitos compostos orgánicos importantes. A fonte bioquímica deste grupo é a vitamina riboflavina (vitamina B2). Na riboflavina, a flavina está unida a unha unidade de (1,2,3,4,5-pentanopentol), o cal se obtén da modificacion do grupo aldehido dunua ribosa liñal. O grupo flavínico pode unirse á adenosina difosfato (ADP) para formar o coencima flavín adenín dinucleótido (FAD), ou pode formar unha forma fosforilada da riboflavina, que é o coencima flavín mononucleótido (FMN), os cales interveñen en deshidroxenacións. Estes dous coencimas poden ser grupos prostéticos de proteínas chamadas flavoproteínas.

O grupo flavina pode sufrir reaccións de oxidación-redución, xa que pode aceptar dous electróns (un electrón á vez nun proceso en dous pasos ou dous electróns á vez). A súa redución realízase coa adición de átomos de hidróxeno a átomos específicos de nitróxeno dos aneis de isoaloxazina:

As formas oxidadas e reducidas están en rápido equilibrio coa forma semiquinona (radical), xa que o radical dura moi pouco:

Flox + FlredH2 FlH•onde Flox é a flavina oxidada, FlredH2 é a flavina reducida (ao captar dous hidróxenos) e FlH• é a forma semiquinona (adición dun só hidróxeno).

En 1937, Paul Karrer recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os carotenoides, flavinas e as vitaminas A e B2.

Mononucleótido de flavina

O mononucleótido de flavina ou flavín mononucleótido ou riboflavina-5′-fosfato, abreviado como FMN (forma oxidada) e FMNH2 (forma reducida), é un coencima derivado da vitamina B2.

A molécula consta dos seguintes compoñentes:

A molécula cíclica isoaloxazina, que é a parte reactiva nas oxidorreducións.

O ribitol, que se une á isoaloxazina e en conxunto forman a riboflavina (vitamina B2).

Un grupo fosfato, que fosforila a posición 5' do ribitol.O FMN funciona como grupo prostético de varias oxidorredutases, como a NADH deshidroxenase da cadea de transporte electrónico, e como cofactor noutras deshidroxenases e en certos fotorreceptores biolóxicos da luz azul (interveñen no fototropismo das plantas e na bioloxía de microorganismos).

Durante o seu ciclo catalítico prodúcese unha conversión entre a súa forma oxidada (FMN), a forma semiquinona (FMNH•) e a forma reducida (FMNH2), que ocorre en diversas oxidorredutases. O FMN é un oxidante máis forte ca o NAD+ e é especialmente útil porque pode tomar parte tanto en transferencias dun electrón coma de dous. Os nitróxenos dos aneis da isoaloxazina da molécula son os que recollen os hidróxenos, como se ve na imaxe.

Outro coencima flavínico da célula é o dinucleótido de flavina e adenina (FAD).

O FMN é a forma principal na cal se atopa na célula a riboflavina. Require máis enerxía para producirse, pero é máis soluble ca a riboflavina. Un encima chamado riboflavina quinase fosforila a riboflavina e orixina a riboflavina-5'-fosfato ou FMN.

Noz (froito)

En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.

Atópanse exemplos de noces na orde das Fagais, por exemplo:

Castañas

Landras

AbelásContrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.

Números E

Esta lista contén todos os aditivos para os alimentos permitidos pola UE. Dentro da lista menciónase o número E que os identifica.

Pataca doce

A pataca doce (Ipomoea batatas), é unha planta da familia das convolvuláceas, da orde das Solanales (a mesma da pataca, do tomate, das pementas etc.). Orixinaria dos Andes, espallouse polos trópicos e subtrópicos de todo o mundo. A súa raíz tuberosa é comestíbel, aínda que non é popular o seu consumo en Galicia.

Paul Karrer

Paul Karrer, nado o 21 de abril de 1889 en Moscova (Rusia) e finado o 18 de xuño de 1971 en Zúric (Suíza), foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

Pera

A pera (do latín pira, plural de pirum, -i) é unha froita carnosa (realmente, sobre o plano botánico, un falso froito), con pebidas, da pereira común, unha árbore da familia das rosáceas.

Richard Johann Kuhn

Richard Johann Kuhn, nado o 3 de decembro de 1900 en Viena (Imperio austrohúngaro) e finado o 1 de agosto de 1967 en Heidelberg (Alemaña), foi un bioquímico alemán que recibiu o Premio Nobel de Química de 1938 polas súas experiencias con compostos aromáticos e hidrocarburos alifáticos, así como traballos con carotenoides e vitaminas, especialmente a vitamina B2 e a B6.

Té verde

O té verde é un té verdadeiro (feito con Camellia sinensis) que sofre pouca oxidación durante o seu procesamento.

Moi popular na China e no Xapón, hai pouco tempo comezou a consumirse con maior frecuencia no occidente, tradicional consumidor de té negro, debido tanto a unha tendencia orientalista, como ás propiedades antioxidantes que se lle atribúen.

Vitamina

As vitaminas (termo chegado dende o inglés, creación da lingua científica que combina o latín vita ‘vida’ e amine ‘amina’, porque se pensou que as vitaminas contiñan aminoácidos) son compostos heteroxéneos que non poden ser sintetizados polo organismo, polo que este non pode obtelos máis ca a través da inxestión directa. As vitaminas son nutrientes esenciais, imprescindibles para a vida.

Actúan como coenzimas e grupos prostéticos dos enzimas. Os seus requirimentos non son moi altos, pero tanto o seu defecto coma o seu exceso poden producir enfermidades (respectivamente, avitaminoses e hipervitaminoses).

As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:

Hidrosolubles:

Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica)

Complexo B

Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica

Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q

Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP

Vitamina B5 ou ácido pantoténico

Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina

Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw

Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M

Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle

Vitamina B15* ou ácido pangámico

Vitamina B17*, laetril ou amigdalina

Vitamina BT ou carnitinaNota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.

Liposolubles:

Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa

Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica)

Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade

Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica

Vitamina B

Coñécese como vitamina B un tipo de vitaminas relacionadas co metabolismo. Ao principio críase que só era unha pero logo descubriuse que eran varias con funcións parecidas. Son hidrosolubles, polos que se poden perder na auga de cocción e en caso de tomar exceso elimínanse polos ouriños (ata un límite).[Cómpre referencia]

Liposolubles
Hidrosolubles

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.