Virxe do Pilar

A Virxe do Pilar é unha advocación mariana católica, patroa da Hispanidade, venerada na Basílica de Zaragoza (España) á que dá nome.

Virgen del Pilar sin manto
Virxe do Pilar sen manto.
Virxe do Pilar
La Virgen del Pilar (Bayeu)
A Virxe do Pilar segundo un cadro de Ramón Bayeu (1780)
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónen Zaragoza
Veneración
Venerada enIgrexa católica
Festividade12 de outubro
Calendario litúrxico12 de outubro, Festa (en España)
Santuario principalBasílica da Nosa Señora do Pilar
AtributosColumna de xaspe
Patroa deHispanidade, Zaragoza, Aragón

Historia

Segundo a tradición, descrita por vez primeira no século XIII nun códice das Moralia in Job de Gregorio Magno, a aparición da Virxe María en Zaragoza produciuse o 2 de xaneiro do ano 39 ou 40, cando esta vivía xunto ao Apóstolo San Xoán en Éfeso. Neste códice, que se conserva no arquivo pilarista, noméase por vez primeira á Virxe co apelativo «do Pilar». O protagonista do suceso foi o Apóstolo Santiago o Maior, de predicación na Hispania Citerior, quen decidiría o seu retorno ante o fracaso do seu predicación entre os pagáns. Levantada sobre unha columna, que se di é a que hoxe sustenta a talla da Virxe, esta pediu ao Apóstolo a erección dun templo polo que se concederían diversas grazas, asegurando a súa permanencia ata o fin do mundo.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora do Pilar
Andorra, Teruel

Andorra é un concello da provincia de Teruel, na comunidade de Aragón (España). É a capital da comarca de Andorra-Sierra de Arcos. Ten unha poboación de 8.290 habitantes (2008).

Arenas de San Pedro

Arenas de San Pedro (coñecida como A Andalucía de Ávila) é unha cidade e municipio de España situada no sur da provincia de Ávila, comunidade autónoma de Castela e León. Trátase da capital da comarca do Valle del Tiétar, pertencente ás antigas Tierras de Talavera. A altitude do municipio alcanza os 2 343 m no pico de La Mira, na serra de Gredos. O municipio conta cunha poboación de 6 556 habitantes (INE 2017), o que o converte na terceira poboación en número de habitantes da provincia, por detrás de Ávila e Arévalo. Os núcleos de poboación de Ramacastañas, La Parra e Hontanares pertencen ao municipio baixo a forma de pedanías. Boa parte do municipio pertence ao espazo protexido do parque rexional da Serra de Gredos, sendo o municipio máis poboado da contorna do parque. As festas patronais da localidade celébranse en honor á Virxe do Pilar (8 de setembro) e a San Pedro de Alcántara (19 de outubro).

As orixes do municipio remóntanse á Idade Media, cando un grupo de poboadores dun núcleo anterior fundou a poboación na localización actual. Recibiu o título de vila en 1393, baixo o reinado de Henrique III de Castela. Durante o resto da Idade Media e a Idade Moderna foi cabeza dun señorío que agrupaba a Arenas de San Pedro e ás aldeas de El Arenal, Guisando, Hontanares, El Hornillo, La Parra, Poyales del Hoyo e Ramacastañas. No século XVIII a vila foi testemuña da presenza da familia do infante Luis Antonio de Borbón e Farnesio e a súa pequena corte de artistas (Francisco de Goya, Luigi Boccherini e Ventura Rodríguez entre outros) que o acompañaron durante un tempo no palacio neoclásico que o infante mandou construír na localidade.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza

A Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza é un importante templo barroco situado na cidade de Zaragoza, en Aragón, xunto ao río Ebro.

Segundo a tradición, trátase do primeiro templo mariano da cristiandade, posto que nel se conserva e venera o piar -en realidade, unha columna de xaspe- que foi posto pola Virxe María quen, vivindo aínda en Xerusalén, se tería aparecido en carne mortal ao apóstolo Santiago o 2 de xaneiro do ano 40. Documentalmente non hai probas do consignado na tradición, cuxos pormenores datan de 1297 (nunha bula do papa Bonifacio VIII) e 1299 (nunha declaración dos Xurados de Zaragoza), onde por primeira vez se testemuña a advocación de «Santa María do Pilar», tras emprender en 1293 o bispo Hugo de Mataplana unha rehabilitación do edificio que ameazaba ruína, grazas ás doazóns propiciadas pola mencionada bula papal.

A historia documentada do templo remóntase ao século IX, cando segundo a Historia do traslado de San Vicente de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa mozárabe en Saraqusta dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.

Arquitectonicamente, o templo articúlase en tres naves, de igual altura, cubertas con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato, que descansan sobre robustos piares. O exterior é de ladrillo, seguindo a tradición de construción en ladrillo aragonesa, e o interior revogado en estuco. A nave central áchase dividida pola presenza do altar maior baixo a cúpula central. O altar está presidido polo gran retablo maior da Asunción, pertencente á Igrexa anterior, realizado polo escultor Damián Forment no século XVI, seguindo os modelos impostos do retablo gótico da veciña catedral zaragozana do Salvador (A Seo). Baixo as outras dúas cúpulas elípticas da nave central, dispúxose a Santa Capela da Virxe do Pilar, e o coro e órgano, que tamén procedían da igrexa gótica predecesora. Actualmente encóntranse desprazados ao tramo dos pés do templo, para dotar de maior espazo os fieis que ocupan a nave dende o altar maior.

O Pilar ostenta o rango de catedral dende a Bula de Unión de 1676, compartindo dende entón a sede do arcebispo de Zaragoza coa veciña catedral do Salvador. En 1948, o Papa Pío XII concedeulle o título de Basílica. É ademais dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.[Cómpre referencia]

Basílica de San Pedro

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Calanda

Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Bajo Aragón.

Camaleño

Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do oruxo lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

Caminomorisco

Caminomorisco (en estremeño Caminomoriscu) é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes.

O concello ten a súa capital na localidade de Caminomorisco, chamada antigamente Las Calabazas.

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Festa Nacional de España

A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. Antigamente era coñecido como Día da Raza ou Día da Hispanidade.

Garda Civil

A Garda Civil, popularmente coñecida como A Benemérita, é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Maluenda

Maluenda é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A súa poboación era de 1.075 habitantes en 2007. A localidade de Maluenda dista 80 km da capital provincial, Zaragoza.

Os nabos na cultura popular galega

Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento , o que explica a súa presenca na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.

O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.

Outubro

Outubro é o décimo mes do ano no Calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome vén de ter sido o oitavo mes do calendario romano.

En Galicia recibe tamén o nome de outono.

Outubro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .

San Martiño de Ozón, Muxía

San Martiño de Ozón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 947 habitantes (509 mulleres e 438 homes) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999 cando tiña 1080 habitantes.

Santuario da Virxe da Barca

O Santuario da Virxe da Barca é un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. Nel celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España.

O día de nadal de 2013 foi destruído por un incendio causado por un raio. En 2015 rematou a restauración.

Santuario de Torreciudad

O Santuario de Torreciudad está adicado á Virxe María, e situado no municipio de Secastilla, comarca de Ribagorza, no Alto Aragón. Atópase na marxe esquerda do río Cinca moi preto do pantano de El Grado. A súa distancia a Huesca é de 75 km.

O nome provén dunha vella torre de vixilancia da época árabe, cuxas ruínas atopar a uns metros da antiga ermida. A construción do Santuario actual foi promovida pola Prelatura do Opus Dei.

O santuario de Torreciudad xunto cos santuarios de O Pilar, Montserrat e Lourdes conforman a Ruta mariana

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.