Virxe das Dores

A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.

A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.

En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:

  1. A profecía de Simeón.
  2. A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
  3. Xesús perdido no Templo durante tres días.
  4. María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
  5. A Crucifixión e Morte de Xesús.
  6. María recibe a Xesús baixado da Cruz.
  7. A sepultura de Xesús.
Virxe das Dores
P4060032-Soledad
Virxe da Soidade, na Semana Santa de Zamora
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónc. 1240 en Toscana, Italia, por Orde dos Servos de María (Servitas)
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade15 de setembro
AtributosCorazón traspasado por unha espada, en alusión á profecía de Simeón
Patroa deEslovaquia, Mississippi

Veneración

A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.

É patroa de Ecuador,[1] Eslovaquia,[2][1] do estado de Mississippi[3].

Notas

  1. 1,0 1,1 Ruiz Scaperlanda, Maria (2002). The Seeker's Guide to Mary. Loyola Press. ISBN 9780829414899.
  2. Guiley, Rosemary (2001). The Encyclopedia of Saints. Infobase Publishing. p. 368. ISBN 9781438130262.
  3. Espinoza, Cholene (2006). Through the Eye of the Storm: A Book Dedicated to Rebuilding what Katrina Washed Away. Chelsea Green Publishing. p. 189. ISBN 9781933392189. It's no wonder the Mississippi state patron saint is Our Lady of Sorrows.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María das Dores
A Marcha do Paso

A Marcha do Paso é unha das tradicións máis arraigadas de Pontedeume. Ten lugar na madrugada do Venres Santo e consiste nun percorrido polas rúas da vila dun grupo de veciños acompañados por un improvisado grupo musical composto por diversos intrumentos que van interpretando unha e outra vez ata a madrugada, a mesma peza musical triste e sentida. O percorrido remata ao amencer na Praza Real, noutro dos momentos álxidos da Semana Santa: O Encontro das imaxes da Verónica, San Xoán, A Virxe das Dores e Cristo.

Esta peza musical só se toca esta noite do ano e hai dúas versións: Unha máis sobria para clarinete, tambor, trompeta e baixo (monocorde), e outra na que teñen cabida un maior número de instrumentos como o violín e a guitarra, que é a que se interpreta na actualidade.

A súa orixe é incerta e son moitas as hipóteses que se barallan sen terse escrarecido o misterio. Hai quen di que procede da veciña vila de Ares, outros opinan que a trouxo do sur de España un familiar dos Bellas, coñecida familia eumesa afecionada á música, e finalmente hai quen sostén que se trata dun fragmento dunha obra de Brahms.

Areas, Ponteareas

Santa María de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.059 habitantes (533 mulleres e 526 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.091 habitantes.

Bemil, Caldas de Reis

Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.

Campañó, Pontevedra

San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.024 habitantes.

Sitúase ao pé do monte Castrove, a 3 quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.

Couxela, Ribadeo

Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (69 homes e 63 mulleres), agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 165 habitantes.

Iconografía

A iconografía (palabra composta de icono e grafe -descrición-) é a descrición das temáticas das imaxes e tamén o tratado ou colección destas.

Os trazos da súa diferenza conceptual coa iconoloxía son ás veces pouco precisos.

Les Borges Blanques

Les Borges Blanques é un municipio da provincia de Lleida, en España. É a capital da comarca das Garrigues. Sitúase entre a zona regada polo canle de Urgell e as zonas da depresión central. O cultivo de oliveiras, almendros, cereal e árbores froiteiras é a ocupación principal das xentes deste municipio, así como a industria e os servizos.

Miranda, Castroverde

Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Nebra, Porto do Son

Santa María de Nebra é unha parroquia situada ao norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 725 habitantes (364 homes e 361 mulleres) distribuídos en 33 entidades de poboación.

Goza dunha superficie total considerable de campo e monte, sendo unha das de máis extensión do concello xunto con Xuño.

O Viso, Redondela

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso, onde convivían 1.504 veciños en 2014 (735 homes e 769 mulleres).

Prado, Lalín

San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.

Punxín

Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 749 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é punxinés.

Remesar, Bóveda

San Xoán de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 53 habitantes (33 mulleres e 20 homes), distribuídos nas entidades de Augalevada, A Fontaíña, Ourille, Penacova, A Portaxe e Remesar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 69 habitantes.

Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos ao noroeste, Vilarbuxán ao nordés e leste, Rubián, Teilán e Martín ao sur, e A Broza ao oeste.

Robra, Outeiro de Rei

San Pedro Fiz de Robra é unha parroquia do concello lugués de Outeiro de Rei na comarca de Lugo. No ano 2015 contaba segundo o IGE con 401 habitantes, deles 195 eran homes e 206 eran mulleres, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2007.

San Tomé de Insua, Vila de Cruces

San Tomé de Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 131 habitantes (71 mulleres e 60 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Semana Santa de Cangas

A Semana Santa de Cangas é a celebración católica da Semana Santa que ten lugar de xeito anual na vila galega de Cangas. Declarada de interese turístico galego, é a máis importante da provincia de Pontevedra.As procesións teñen lugar entre o Venres de Dores, día festivo local, e o Sábado Santo.

Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Tinajo

Tinajo é un concello español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no oeste da illa de Lanzarote. A súa poboación, segundo o censo do INE de 2011 é de 5.728, o que supón unha densidade de 42,34 hab/km².

As principais industrias son a agricultura (vide, froiteiras, cebolas) e o turismo (deportivo e surf) localizado no barrio da Santa e o Parque Nacional de Timanfaya, que comparte co municipio de Yaiza. En Mancha Blanca atópase a ermida da Nosa Señora das Dores ou dos Volcáns (Patroa de Lanzarote).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.