Viqueira

Viqueira é un apelido galego. Segundo o censo do ano 2000 tiña 1.960 ocorrencias en Galicia, destacando no concello de Ordes (344 ocorrencias, 1,41 % da poboación), Oroso (1,18 %) e Trazo (1,1 % da poboación)[1]. Pode referirse a:

Notas

  1. Acuña, en Cartografía dos apelidos de Galicia (Instituto da Lingua Galega).

Véxase tamén

  • Biqueira
2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

22 de outubro

O 22 de outubro é o 295º día do ano do calendario gregoriano (296ºnos anos bisestos). Quedan 70 días para finalizar o ano.

29 de agosto

O 29 de agosto é o 241º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 124 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Ana Viqueira

Ana Viqueira Amor, nada na Coruña en 1957 e finada en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 2016, foi unha xornalista galega.

Carmen López-Cortón

Carmen López-Cortón nada en Vixoi (Bergondo) o 9 de xullo de 1866 e finada en Madrid o 19 de marzo de 1938, foi unha mestra galega.

Donato Gama da Silva

Donato Gama da Silva, nado en Río de Xaneiro o 30 de decembro de 1962, é un ex-futbolista español de orixe brasileira. Xogaba de posición centrocampista ou defensa central e foi internacional coa selección española.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Emilio Viqueira

Emilio José Viqueira Moure, nado en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1974, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez Club Deportivo.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Francisco Javier González Pérez

Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado en Carreira (Ribeira) o 14 de xullo de 1969, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Foi posiblemente o xogador galego máis destacado desde Luis Suárez[Cómpre referencia]. Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destaca sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. É irmán do tamén futbolista José Ramón.

Actualmente é o seleccionador, xunto con Míchel Salgado, da selección galega.

Luísa Viqueira Landa

María Luísa Viqueira Landa, nada na Coruña en marzo de 1918 e finada en México en 2014, foi unha bióloga e activista galega.

Manuel Oliveira Viqueira

Manuel Oliveira Viqueira, nado en Trobe (Vedra) en 1870 e finado en Buenos Aires en 1949, foi un xornalista e político galego.

Manuel Viqueira Verea

Manuel Viqueira Verea, nado en Ordes en 1955, é un político galego.

Mauro Silva

Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un ex-futbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección brasileira.

Valentín Viqueira Torrente

Valentín Viqueira Torrente, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en agosto de 1934, foi un médico e político galego.

Xoán Vicente Viqueira

Xoán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.