Vincent Auriol

Jules-Vincent Auriol, avogado e político, foi o presidente de Francia entre 28 de novembro e 16 de decembro de 1946, e de 1947 ata o 1954.

Presidente de Francia

Segue a:
Georges Bidault
Vincent Auriol
Precede a:
Léon Blum
Section Française de l'Internationale Ouvrière - SFIO
Presidente de Francia

Segue a:
Léon Blum
Vincent Auriol
Precede a:
René Coty
Section Française de l'Internationale Ouvrière - SFIO
Vincent Auriol
VincentAuriol
Vincent Jules Auriol
Presidente de Francia
Período28 de novembro de 1946 - 16 de decembro de 1946
AntecesorGeorges Bidault
SucesorLéon Blum
Presidente de Francia
Período16 de xaneiro de 1947 - 16 de xaneiro de 1954
AntecesorLéon Blum
SucesorRené Coty
Datos persoais
Nacemento27 de agosto de 1884
 Revel, Alto Garona
Falecemento1 de xaneiro de 1966
 Muret, Alto Garona
OrganizaciónSection Française de l'Internationale Ouvrière - SFIO
CónxuxeMichelle Aucouturier
FillosPaul Auriol
Alma máterUniversidade de Toulouse
Profesiónavogado e político
Relixiónateísmo

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Copríncipes de Andorra

Os copríncipes de Andorra representan a xefatura do estado independente do Principado de Andorra, segundo establece a súa Constitución aprobada o 14 de marzo de 1993 e promulgada o 28 de abril do mesmo ano. Esta representación compártese en igualdade e a título persoal, entre o bispo de La Seu d'Urgell e o presidente da República francesa.

Dakar

Dakar ou Dacar é unha cidade africana, capital do Senegal. No ano 2005 s súa área metropolitana tiña 2 452 656 habitantes. Está situada na península de Cabo Verde, na costa Atlántica de África. A súa situación xeográfica no extremo oeste de África resulta vantaxosa para o tráfico marítimo con América e Europa, razón pola cal se desenvolveu alí o maior porto marítimo da rexión.

A cidade de Dakar formouse no contorno dun forte Francés, substituíndo a cidade de San Luís como capital da colonia francesa do oeste en 1902. Foi a capital da federación Malí entre 1959 e 1960, converténdose despois na capital do Senegal.

Entre os séculos XVI e XIX, Dakar foi o maior centro para o tráfico de escravos cara a toda América. O goberno senegalés restaurou e transformou en museo o forte de Estrées na illa de Gorée, onde levaban os escravos para ser vendidos en poxa e enviados en barco.

Na actualidade Dakar ten os servizos de Universidade, porto, escala aérea, industrias etc.

Dakar foi até 2007 o punto de chegada do Rally Dakar que se corre a principios de cada ano. A cidade acolle tamén a bienal de arte africana Dak'Art. A última edición celebrada foi no ano 2006.

Max Aub

Max Aub Mohrenwitz, nado en París o 2 de xuño de 1903 e finado en Ciudad de México o 22 de xullo de 1972, foi un escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá.

A súa obra céntrase sobre todo na novela e no teatro. Foi un dos representantes senlleiros dos narradores españois no exilio, ó que marchou en 1939 obrigado polo seu apoio á Segunda República Española. A súa obra máis coñedida é a serie de novelas El laberinto mágico, no que se recrean os antedentes e o desenvolvemento da guerra civil española.

Revolución de Asturias de 1934

A Revolución de Asturias foi unha insurrección obreira ocorrida en Asturias no mes de outubro de 1934 que formaba parte da folga xeral revolucionaria e o movemento armado organizado polos socialistas en toda España coñecido co nome de Revolución de Outubro de 1934 e que só arraigou en Asturias, debido fundamentalmente a que alí a anarquista CNT si que se integrou na Alianza Obreira proposta polos socialistas da UXT e o PSOE, a diferenza do sucedido no resto de España. Por iso é polo que a forma de organización social e política da Comuna Asturiana —nome co que tamén se coñece á Revolución de Asturias, polas súas similitudes coa Comuna de París de 1871— fose a instauración dun réxime socialista nas localidades onde predominaban os socialistas (ou os comunistas), como Mieres, onde se proclamou a República Socialista, ou como Sama de Langreo; ou o comunista libertario onde predominaran os anarcosindicalistas da CNT, como en Xixón e sobre todo en La Felguera.Foi duramente reprimida polo goberno radical-cedista de Alejandro Lerroux, contra o que se lanzou a insurrección por dar entrada no goberno a tres ministros do partido non republicano CEDA, recorrendo, por decisión do xeneral Franco que dirixiu as operacións militares desde Madrid, ás tropas coloniais marroquís —os regulares do Exército de África— e á Lexión procedentes do Marrocos español. A pesar de ser derrotada, a Revolución de Asturias converteuse en case un mito para a esquerda obreira española e europea, á altura da Comuna de París ou o Soviet de Petrogrado de 1917, xa que foi a «última revolución social, aínda que fracasada, do occidente europeo».

Restauración
Reinado de Luís Filipe I
Segunda República
Segundo Imperio
Goberno provisional
Terceira República
Francia de Vichy
Goberno provisional
Cuarta República
Quinta República

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.