Villoldo

Villoldo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 398 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°14′42″N 4°35′45″O / 42.24500, -4.59583

Villoldo
Escudo de Villoldo (Palencia)
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaTerra de Campos
Xeografía
Altitude790 msnm
Superficie40,60 km²
Demografía
Poboación398 hab. (2012)
Densidade9,8 hab./km²
Xentiliciovilloldense
Outros datos
Código postal34131
AlcaldeFlorentina Vela Prieto (PP)
villoldo.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Che Guevara

Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.

En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense.

Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Tango

O tango é un estilo musical e unha danza riopratense, propia das cidades de Buenos Aires e Montevideo de natureza netamente urbana e renome internacional. Musicalmente ten forma binaria e compás de dous por catro. É clasicamente interpretado mediante orquestra típica ou sexteto e ten o bandoneón como instrumento esencial. A coreografía, deseñada a partir do abrazo da parella, é sumamente sensual e complexa. As letras están compostas con base nun argot local chamado lunfardo e adoitan expresar as tristezas, especialmente «nas cousas do amor», que senten os homes e as mulleres da vila, circunstancia que o emparenta en certo modo co blues. Enrique Santos Discépolo, un dos seus máximos poetas, definiu o tango como «un pensamento triste que se baila».

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.