Villarejo de Órbigo

Villarejo de Órbigo é un concello español da provincia de León, en Castela e León. Tiña unha poboación de 3.112 habitantes en 2015.

Limita ao norte con Villares de Órbigo, Hospital de Órbigo e Bustillo del Páramo, ao leste con Villazala, ao sur con San Cristóbal de la Polantera e ao oeste con Valderrey e San Justo de la Vega.

Coordenadas: 42°26′46″N 5°54′15″O / 42.44611, -5.90417

Villarejo de Orbigo1 Leon Spain
Vista de Villarejo de Órbigo

Localidades

Véxase tamén

Ligazóns externas

Asociación Faceira

A Asociación Faceira é unha asociación formada por estudosos e persoas interesadas na cultura leonesa das provincias de León e Zamora adicada ao estudo e á divulgación da lingua e da cultura leonesa e as súas manifestacións culturais e folclóricas.

A sede da Asociación atópase na vila de Veguellina de Órbigo (Veguellina d'Órbigu en leonés), que pertence ao concello de Villarejo de Órbigo (Villareyu d'Órbigu en leonés) na provincia de León.

Estación de Veguellina

A estación de Veguellina é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Veguellina de Órbigo, no concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Ten servizos de media e longa distancia operados por Renfe.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Veguellina de Órbigo

Veguellina de Órbigo é unha localidade española pertencente ao concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Tiña unha poboación de 2.113 habitantes en 2015, sendo a localidade máis poboada do concello.

Atópase na estrada que une León e La Bañeza e tamén conta cunha saída da autoestrada León-Astorga. Ademais pasa pola pedanía a liña férrea entre León e A Coruña, aberta en 1866, data na que tamén foi inaugurada a estación de Veguellina.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.