Villablino

Villablino é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 10.353 habitantes (INE 2011).

Villablino, é a capital da comarca leonesa de Laciana; atópase entre as comarcas de Babia, Omaña, O Bierzo e o Principado de Asturias. Constitúe o maior centro comercial, económico e social do noroeste de León. O seu concello é o 6º da provincia no que refire a poboación. A poboación do municipio, que é de 10.860 habitantes, diminuíu case nun 25% (ao redor de 3.700 habitantes) entre 1996 e 2006.

Coordenadas: 42°55′59″N 6°19′0″O / 42.93306, -6.31667

Villablino
Bandera de Villablino
Escudo Villablino
Street in Villablino
Rúa de Villablino
Localización
Villablino en Provincia de León

Villablino
Villablino
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaLeón
ComarcaLaciana
Xeografía
Altitude1020 msnm
Superficie228,23 km²
Demografía
Poboación9 342 hab. (2016)
Densidade40,93 hab./km²
XentilicioLacianiego/a
Outros datos
AlcaldeMario Rivas López (PSOE)
Ayuntamiento de Villablino

Véxase tamén

Ligazóns externas

Asociación Club Xeitu de la Montaña Occidental Astur-Leonesa

A Asociación Cultural Club Xeitu de la Montaña Asturleonesa é unha asociación cultural dedicada ao estudo, a protección e a divulgación da cultura e o patrimonio histórico, documental, antropolóxico, gráfico, folclórico e natural dos vales occidentais da montaña leonesa e asturiana, especialmente o val de Laciana en León. A presidenta honorífica da asociación é María Luisa Jorissen García e a asociación ten a súa sede no concello de Villablino (León).

Caldas de Luna

Caldas de Luna é unha vila pertencente ao municipio de Sena de Luna, na provincia de León e á comarca de Luna, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Segundo o INE do 2009, conta cunha poboación de 65 habitantes.

Coalición por el Bierzo

Coalición por el Bierzo (Coalición polo Bierzo en galego) é unha coalición de ideoloxía bercianista formada por partidos políticos e candidatos independentes que se presentou ás eleccións municipais de maio do 2015.

Esta coalición está formada polo Partido de el Bierzo, o Partido de la Tierra 7, e antigos militantes do MASS, o PSOE e o PP, que se uniron a esta candidatura.

Esta coalición bateu un récord na historia do bercianismo político ao ser a ocasión na que se presenta o numero máis grande de candidaturas na práctica totalidade dos concellos do Bierzo e máis Villablino, un fito que non acontecera antes. A coalición presenta 700 candidaturas en 39 concellos e 11 pedanías.

Como curiosidade a coalición ten entre os seus candidatos unha octoxenaria, que é a candidata máis lonxeva da provincia de León nestas eleccións.

Os seus líderes máis visibles son Pedro Muñoz Férnandez, candidato á alcaldía no concello de Ponferrada,Iván Alonso, secretario xeral do PB e segunda na lista á alcaldía de Ponferrada, e a súa voceira Raquel Díaz.

Os resultados de Coalición por el Bierzo nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron os mellores resultados electorais que o bercianismo obtivo ata a data dende a súa fundación. A nivel municipal, CB obtivo 7.847 votos e 39 concelleiros, dúas alcaldías, presenza en 23 concellos bercianos, dous concelleiros no Consello Comarcal do Bierzo, e ademais obtivo un deputado provincial na Deputación de León. Nas eleccións autonómicas, malia os 5.026 votos, o partido non obtivo representación nas Cortes de Castela e León.

Nas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, Coalición por el Bierzo obtivo 5.587 votos (2,12% do voto provincial) e 25 concelleiros, o cal significa que os resultados do partido foron máis baixos que aquilos que logrou catro anos antes en 2015 .

Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia

A Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia foi un proxecto de empresa ferroviaria galega, creado en 1920. A sociedade naceu co obxecto de promover, construír e administrar os ferrocarrís pendentes de adxudicar ou xa adxudicados pero sen materializar na xeografía galega.

Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Francisco Giner de los Ríos

Francisco Giner de los Ríos, nado en Ronda (provincia de Málaga) o 10 de outubro de 1839 e finado en Madrid o 17 de febreiro de 1915, foi un filósofo, pedagogo e ensaísta español. Foi discípulo de Julián Sanz del Río e fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.

Francisco Mayán

Francisco Mayán Fernández, nado en Cee o 30 de setembro de 1916 e finado en Lugo o 5 de setembro de 2010, foi un historiador e político galego.

José Almoina

José Almoina Mateos, nado en Lugo o 21 de xuño de 1903 e finado en Cidade de México o 5 de maio de 1960, foi un escritor e político galego.

Lista de autoestradas e autovías de España

A rede de vías de calzadas separadas en España divídese en autoestradas e autovías. As primeiras son xeralmente de concesión con peaxe, mentres que as segundas son gratuítas e están mantidas polo Estado ou as comunidades.

A 31 de decembro de 2013 a rede de vías de alta capacidade estaba composta por 16.583 km, o que supón o 10% do total de estradas de España, converténdose así no terceiro país do mundo tras os Estados Unidos e China por número de quilómetros.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Narciso Escobar Rodríguez

Narciso Escobar Rodríguez, nado o 9 de xaneiro de 1937 en Villablino (León) é un ex-futbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Oso pardo europeo

O oso pardo europeo (Ursus arctos arctos) é unha subespecie do oso pardo (Ursus arctos) propia de Europa, dende a Península Ibérica até Escandinavia e Rusia. En Galicia está catalogado como en perigo de extinción.

Partido Regionalista de El Bierzo

O Partido Regionalista de El Bierzo (Partido Rexionalista do Bierzo en galego) ou PRB xurdiu no ano 2001 como unha escisión do Partido de El Bierzo liderada por Tarsicio Carballo, un feito paradoxal, se temos en conta que foi él quen fundara o Partido de El Bierzo no ano 1979.

É un partido de ideoloxía bercianista que avoga pola creación dunha rexión autónoma para o Bierzo debido ao seu pasado coma provincia no século XIX e as características particulares da rexión. O partido defende a integración no Bierzo de todas aquelas bisbarras que foron parte da antiga provincia do Bierzo e que hoxe non o son como Valdeorras, Villablino e algunhas aldeas adxacentes da bisbarra da Cepeda en León. O partido defende a promoción e o uso da lingua galega no Bierzo.

Partido de El Bierzo

O Partido de El Bierzo (PB) é un partido político que actúa na comarca do Bierzo, fundado o 23 de abril de 1979 conta na actualidade con arredor de 1000 afiliados, dos cales 400 pertencen ás Juventudes Regionalistas de El Bierzo. O PB defende a lingua galega como parte do patrimonio cultural de Bierzo e mantén acordos de cooperación co BNG.

Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Ángel Sobral

Ángel García Sobral, coñecido como Ángel Sobral ou O León de Xeve, nado en Xeve (Pontevedra) en 1908 e falecido o 2 de agosto de 1986 na Piolla (tamén Pontevedra), foi un boxeador galego.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.