Vilelos, O Saviñao

San Martiño de Vilelos é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 193 habitantes (90 homes e 103 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Vilelos
VilelosPrincipal
Igrexa parroquial de Vilelos
ConcelloO Saviñao
Poboación151 hab. (2017)
Entidades de poboación10

Festas

O Folión de Fachas celébrase no castro da Besta no último venres de setembro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de O Saviñao.
VilelosVistas

Vistas de Vilelos

VilelosVistaNorte

Igrexa

VilelosSantaCruz

Capela de Santa Cruz

VilelosCruceiro

Cruceiro

Lugares e parroquias

Parroquias do Saviñao

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abrótega

A abrótega ou abrótea (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.

Na parroquia de Vilelos (O Saviñao), os agucios (polo seu nome local) arríncanse durante o último mes do verán para facer fachas ás que se prende lume na derradeira semana de setembro.Asphodelus albus foi descrita por Philip Miller e publicado en Gard. Dict. ed. 8 3 1768.En Galicia foi descrita por Baltasar Merino na súa obra Flora descriptiva é ilustrada de Galicia no ano 1909.

Festa dos Fachós

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia, na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.

Folión de Fachas

O Folión de Fachas é unha festa que se celebra o último venres de setembro no lugar da Besta (Vilelos, O Saviñao). Está na liña do Folión de Castelo, tamén coñecido como Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, e coa Festa dos Fachós de Castro Caldelas.

Os folións de fachas eran comúns nas vésperas de festa na Ribeira Sacra, ademais de outras celebracións como Os Remedios na cidade de Ourense, por Allariz e na Merca . Destaca o Folión de Vilelos por ser o que mellor conserva a tradición de subir, en procesión, con fachas con lume o castro do lugar.

Nas semanas previas os veciños percorren os soutos á procura de agucios secos, destinados á elaboración das fachas. Estas lévanse o día indicado ao campo da festa. Á media noite préndenlles lume e ascenden con elas ata a croa do castro.

Vilaseco, Vilelos, O Saviñao

Vilaseco é un lugar da parroquia de Vilelos no concello lugués do Saviñao na comarca da Terra de Lemos. Segundo o IGE en 2010 tiña quince habitantes (oito mulleres e sete homes), tres menos ca en 1999.

Está enclavada nunha ladeira de Vilelos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.