Vilarmaior

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Coordenadas: 43°21′18.51″N 8°7′46.47″O / 43.3551417, -8.1295750

Vilarmaior
Escudo de Vilarmaior
Casa do concello de Vilarmaior
Situacion Vilarmaior
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.231 hab. (2018)
Área30,3 km²
Densidade40,63 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Vázquez Quintián (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 9

Eleccións municipais en Vilarmaior
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes71,23%
Na rede
www.vilarmaior.org
correo@vilasantar.dicoruna.es

Demografía

Censo Total (Habitantes) 1.236 (2014)
Menores de 15 anos 100 (8.09 %)
Entre 15 e 64 anos 744 (60.19 %)
Maiores de 65 anos 392 (31.71 %)
Evolución da poboación de Vilarmaior   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.062 3.124 2.830 1.929 1.362 1.294 1.273 1.261 1.247 1.236 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 30,1 km², abrangue seis parroquias. Limita ao norte co concello de Irixoa a través do río Lambre e os seus afluentes Caudelo e Mondariz. Os cumios máis elevados son o Catasol (440 m), Monte Grande (374 m) e Lagarín (309 m), na parroquia de San Pedro de Grandal, no límite co concello de Monfero. Ten clima oceánico, cunha media anual de 11,8 °C e unha oscilación lixeiramente superior aos 12 °C.

Historia

Na zona hai diversos petróglifos. Consérvanse topónimos que fan referencia a poboados castrexos como Castro, Castrillón, Castrelo ou As Croas. Do período da romanización de Galiza consérvase unha estela funeraria atopada na parroquia de Grandal en 1938, conservada no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña.

As terras da zona foron doadas no século IX polo rei Afonso II de Oviedo ao bispo de Mondoñedo Sabarico, segundo se recolle nun documento do ano 866. En 1185 foille concedido ao mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña. Este templo é románico, do século XII. Durante a idade media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos.

Galería de imaxes

Igrexa de Santa María de Doroña, Vilarmaior

Igrexa de Doroña.

Igrexa de Goimil

Igrexa de Goimil.

Igrexa de Grandal

Igrexa de Grandal.

Igrexa de Torres

Igrexa de Torres.

Igrexa de Vilamateo

Igrexa de Vilamateo.

Muíño no río Baxoi

Muíño en Sucamiño.

Área recreativa de Torres

Área recreativa de Torres.

Pazo da Cruz

Pazo da Cruz no lugar da Viaxe.

O Tres, Vilarmaior

Lugar do Tres.

Cine Radio no Tres

Cine Radio no Tres.

Estatua de San Pedro en Grandal

Estatua de San Pedro en Grandal.

Sepulcro en Vilamateo

Tumba antiga en Vilamateo.

Lugares de Vilarmaior

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilarmaior vexa: Lugares de Vilarmaior.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Rocha, Doroña, Vilarmaior

A Rocha é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 29 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 16 eran homes e 13 eran mulleres.

A Viaxe, Doroña, Vilarmaior

A Viaxe é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 12 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 6 eran homes e 6 eran mulleres.

Adolfo Allegue Allegue

Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 10 de marzo de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Arnelas, Doroña, Vilarmaior

Arnelas é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 6 eran homes e 7 eran mulleres.

Breanca, Doroña, Vilarmaior

Breanca é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 46 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 22 eran homes e 24 eran mulleres.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Doroña, Vilarmaior

Santa María de Doroña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 363 habitantes.

Goimil, Vilarmaior

San Cristovo de Goimil é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 42 habitantes (23 homes e 19 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, O Cabo da Aldea, O Casal, Gulfín, O Nogueirido, A Pena Grande e O Penedo; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.

Grandal, Vilarmaior

San Pedro de Grandal é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior. Segundo IGE en 2013 tiña 212 habitantes (109 homes e 103 mulleres), 74 menos ca en 1999. Ten 21 entidades de poboación.

José María Díaz Pan

José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Oleiros e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Juan Pérez Dopico

Juan Pérez Dopico, alcumado Xan de Xenaro, nado en Grandal (Vilarmaior) en 1917 e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Pousada, Doroña, Vilarmaior

Pousada é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o INE en 2010 tiña 23 habitantes (once homes e doce mulleres).

Rieiro, Doroña, Vilarmaior

Rieiro é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 19 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 5 eran homes e 14 eran mulleres.

Sucamiño, Doroña, Vilarmaior

Sucamiño é un lugar da parroquia de Doroña no concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Tiña 20 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 8 eran homes e 12 eran mulleres.

Taboada, Monfero

Santa Mariña de Taboada é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Monfero limitando có concello de Pontedeume mailo có de Vilarmaior. Segundo IGE en 2013 tiña 85 habitantes (46 homes e 39 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, 15 menos ca en 1999.

Torres, Vilarmaior

San Xorxe de Torres é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vilarmaior. Segundo o IGE en 2010 tiña 173 habitantes (91 homes e 82 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

Vilamateo, Vilarmaior

Santiago de Vilamateo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2011 tiña 126 habitantes (68 homes e 58 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Vilarmaior, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

Vilarmaior é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

Vilarmaior, Vilarmaior

San Pedro de Vilarmaior é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Vilarmaior. Segundo o IGE en 2013 tiña 393 habitantes (210 homes e 183 mulleres) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 388 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.