Vilariño de Conso

Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña unha poboación de 535 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.

Coordenadas: 42°09′57″N 07°10′54.9″O / 42.16583, -7.181917

Vilariño de Conso
Escudo de Vilariño de Conso
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso, Ourense
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso.
Situacion Vilariño de Conso
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación535 hab. (2018)
Área200,2 km²
Densidade2,67 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaMelisa Macía Domínguez (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 4

Outros: AIVIC 3
Eleccións municipais en Vilariño de Conso
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes88,11%
Na rede
http://www.vilarinodeconso.es

Xeografía

O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.

Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³[4], e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1345 metros de altitude. A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxística.

Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.

Demografía

Evolución da poboación de Vilariño de Conso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.256 2.252 2.172 1.222 749 700 673 632 660 633 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 535 (2018)
Menores de 15 anos 27 (5.05 %)
Entre 15 e 64 anos 309 (57.76 %)
Maiores de 65 anos 199 (37.2 %)

Patrimonio

Vilariño de C., Encoro das Portas 01
Encoro das Portas.

Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.

O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros[5].

En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.

O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica. No ano 2018 creouse tamén a ruta de sendeirismo PR-G 146 Ruta Castelo de Cerveira, que parte de Pradoalbar, pasa pola ponte de Pradoalbar[6] e remata próxima á corga do Berganzo. Dende alí, por un camiño sinalizado pero non homologado ascéndese ata o castelo de Cerveira.

Gastronomía

Dentro da gastronomía local destacan as troitas e anguías dos ríos Cenza e Conso, amais dos chourizos, androllas e xamóns. O domingo de entroido celébrase unha festa de exaltación do cabrito. Entre as sobremesas sobresaen a bica e o montonico. O museo etnográfico de Vilariño de Conso conta cun centro de interpretación do cogumelo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilariño de Conso.
Concello de Vilariño de Conso

Casa do concello.

Placa altimétrica de Vilariño de Conso

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Vilariño de Conso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilariño de Conso vexa: Lugares de Vilariño de Conso.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "Embalse: Las Portas". Embalses (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2010.
  5. Castelo de Cerveira na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  6. Ponte de Pradoalbar na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Venda do Bolaño, Veigas de Camba, Vilariño de Conso

A Venda do Bolaño é unha pequena aldea da parroquia da Veigas de Camba no concello de Vilariño de Conso, provincia de Ourense. En 2010 contaba cun só veciño, aínda que é un lugar moi visitado por turistas, descendentes do lugar e peregrinos.

É un lugar de paso da Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Boteiro

O boteiro é un personaxe do folclore de Galiza vinculado ás festas de entroido da comarca vianesa; está presente nos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña.

Castiñeira, Vilariño de Conso

San Lourenzo de Castiñeira é unha parroquia do concello ourensán de Vilariño de Conso na comarca de Viana. No ano 2007 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres).

Nela está a fervenza do Cenza, cunha caída duns 100 metros.

Chaguazoso, Vilariño de Conso

San Bernabé de Chaguazoso é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 36 eran homes e 23 eran mulleres.

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Conso, Vilariño de Conso

Santiago de Conso é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 29 eran homes e 26 eran mulleres.

Eleccións municipais en Vilariño de Conso

Corporacións democráticas en Vilariño de Conso desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PSdeG-PSOE

1983 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PSdeG-PSOE

1995 Alcaldesa: Manuela González Losada — BNG. Unha moción de censura arrebatoulle a alcaldía en abril de 1996 en favor de Ventura Sierra.

1999 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PPdeG

2003 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PPdeGModelo:Vilariño de Conso 2003

2007 Alcalde: Arcadio González Rodríguez — PSdeG-PSOE. Dimitiu en xuño de 2009, sendo elixido alcalde Ventura Sierra.

2011 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PPdeG

2015 Alcalde: Ventura Sierra Vázquez — PP. En xullo de 2017 é substituído pola súa compañeira de partido Melisa Macía Domínguez tras ser inhabilitado por sete anos para cargo público.Candidaturas: Ventura Sierra Vázquez (PP), María Esther Alonso García (Agrupación Independiente de Vilariño de Conso) e Carlos Luís Rodríguez Calvente (BNG).

Estación de Castrelo de Vilariño de Conso

Castrelo de Vilariño do Conso é un apeadoiro de Adif, situado no concello de Vilariño de Conso, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Vilariño de Conso-A Capela

Vilariño de Conso - A Capela é unha estación de tren de Adif, situada na Venda da Capela, no concello de Vilariño de Conso, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Lugares de Vilariño de Conso

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vilariño de Conso

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

Mormentelos, Vilariño de Conso

Nosa Señora da O de Mormentelos é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 78 habitantes, deles 44 eran homes e 34 eran mulleres.

Pradoalbar, Vilariño de Conso

Santo André de Pradoalbar é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 36 eran homes e 19 eran mulleres.

Sabuguido, Vilariño de Conso

Santa María de Sabuguido é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o INE, no 2008 tiña 144 habitantes (79 homes e 65 mulleres), o que supón unha dimunución de 24 habitante con respecto ao ano 2000. Está formada por catro núcleos de poboación: Sabuguido, Soutogrande, Entrecinsa e Soutelo. Esta parroquia conta cun abundante, rico e variado patrimonio histórico-artístico, etnográfíco e arqueolóxico.

San Cristovo, Vilariño de Conso

San Cristovo é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 35 habitantes, deles 18 eran homes e 17 eran mulleres.

San Mamede de Hedrada, Vilariño de Conso

San Mamede de Hedrada é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 25 habitantes, deles 16 eran homes e 9 eran mulleres.

Veigas de Camba, Vilariño de Conso

Veigas de Camba é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Non ten habitantes. A vila desapareceu baixo as augas do Encoro das Portas no ano 1974.

Ventura Sierra

Ventura Sierra Vázquez, nado en Vilariño de Conso o 13 de outubro de 1942, é un político galego do PPdeG.

Vilariño de Conso, Vilariño de Conso

San Martiño de Vilariño de Conso é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 155 habitantes, deles 84 eran homes e 71 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.