Vilardevós

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilarexo ou vilarense [5].

Coordenadas: 41°54′25″N 7°18′45″O / 41.90694, -7.31250

Vilardevós
Bandeira de Vilardevós
---
Escudo de Vilardevós
Casa consistorial de Vilardevós
Casa consistorial.
Situacion Vilardevós
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación1.912 hab. (2018)
Área152,1 km²
Densidade12,57 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Cardoso Pérez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Vilardevós
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,76%
Na rede
http://www.vilardevos.info/

Poboación

Censo total 2024
Menores de 15 anos 92 (4,55 %)
Entre 15 e 64 anos 1002 (49,51 %)
Maiores de 65 anos 930 (45,94 %)
Evolución da poboación de Vilardevós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4695 5639 6645 5932 2633 2324 2182 2131 2062 2024 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 152,7 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sueste da provincia de Ourense, limitando á súa vez ao sueste con Portugal. Limita ao norte con Castrelo do Val e Riós, ao sur con Chaves, ao leste con Vinhais, e ao oeste con Verín.

Ten unha orografía de montaña, sendo os maiores cumios os da serra de Penas Ceibes. Está atravesado polo río Támega e o río Mente.

Historia

As mámoas de Vilardevós, o castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, mostran o poboamento destas terras desde época antiga. Como territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países; en 1569 os exércitos portugueses invadiron e devastaron estas terras chegando ata A Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei.

Galería de Imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilardevós.

Lugares de Vilardevós

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilardevós vexa: Lugares de Vilardevós.

Galería de imaxes

Vilardevós Ourense.
Vilardevós Ourense.[6] 

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilardevós". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 61. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arzádegos, Vilardevós

Santa Baia de Arzádegos é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 300 habitantes (153 homes e 147 mulleres), 5 máis ca no ano anterior.

Berrande, Vilardevós

San Bartolomeu de Berrande é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 279 habitantes, deles 143 eran homes e 136 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Eleccións municipais en Vilardevós

Corporacións democráticas en Vilardevós desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Herminio Rodríguez Domínguez — UCD

1983 Alcalde: Manuel Machado Vivián — PSdeG-PSOE. Finado en agosto de 1985.

1987 Alcalde: PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Digno González Diéguez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Digno González Diéguez — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: José Luis Pérez García — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: José Luis Pérez García — PSdeG-PSOEModelo:Vilardevós 2003

2007 Alcalde: José Luis Pérez García — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Manuel Cardoso Pérez — PPdeG

2015 Alcalde: Manuel Cardoso Pérez — PPCandidaturas: Manuel Cardoso Pérez (PP), José Luis Pérez García (PSdeG-PSOE) e Marcos Rosas Gallardo (BNG).

Enxames, Vilardevós

San Xoán de Enxames é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 169 habitantes, deles 92 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Fumaces e A Trepa, Vilardevós

Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres) distribuídos nunha única entidade de poboación.

Formaba parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polo lugar desta parroquia civil, máis os tres lugares da parroquia homónima do concello de Riós. Desde 1951 pertence á parroquia eclesiástica da Trepa, resultado da división da anterior parroquia eclesiástica en dúas.

Jacinto Santiago

Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.

Lugares de Vilardevós

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vilardevós

Manuel Cortés

Manuel Cortés Tallón, nado en Vilardevós en 1966, é un actor galego.

Moialde, Vilardevós

Santa María de Moialde é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2016 según o INE tiña 85 habitantes, deles 45 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2006.

Osoño, Vilardevós

San Pedro de Osoño é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 308 habitantes, deles 140 eran homes e 168 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É a parroquia máis poboada do concello de Vilardevós.

Santa María de Traseirexa, Vilardevós

Santa María de Traseirexa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 237 habitantes, deles 114 eran homes e 123 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Serra das Penas Libres

A serra das Penas Libres é unhas das serras do sur de Galiza, está orientada con sentido NO-SO, na comarca de Vilardevós, e limita con Portugal ao sur. Nesta cadea nacen polo sur afluentes do río Mente, e polo oeste afluentes do río Támega.

Está conformada por pedra de gra e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios como xistos cara ao sur.

O punto de maior altura é o Mairos, con 1.083 metros sobre o nivel do mar, así como tamén o Salto do Cabalo, con 1.061 m.

Silvio Santiago

Silvio Santiago García, nado en Vilardevós o 18 de outubro de 1903 e finado en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1974, foi un escritor galego.

Soutochao, Vilardevós

Santa María de Soutochao é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes (84 homes e 68 mulleres), un máis ca en 2006.

Terroso, Vilardevós

Santa Cruz do Terroso é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 250 habitantes (133 homes e 117 mulleres), tres menos ca en 2006. Ten dúas entidades de poboación.

Vilar de Cervos, Vilardevós

San Vicente de Vilar de Cervos é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 153 habitantes, deles 78 eran homes e 75 eran mulleres, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilardevós, Vilardevós

San Miguel de Vilardevós é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 265 habitantes, deles 124 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilarello da Cota, Vilardevós

Santa María de Vilarello da Cota é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 158 habitantes, deles 73 eran homes e 85 eran mulleres, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.