Vilar de Santos

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Coordenadas: 42°5′8″N 7°47′48″O / 42.08556, -7.79667

Vilar de Santos
Escudo de Vilar de Santos
Concello de Vilar de Santos
Casa do Concello.
Situacion Vilar de Santos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación829 hab. (2018)
Área20,7 km²
Densidade40,05 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeXoán Xardón (XUNTOSVILARDESANTOS[3])
Concelleiros
PPdeG: 0
PSdeG-PSOE: 0
Outros: Xuntos Vilar de Santos 7
Eleccións municipais en Vilar de Santos
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes88,90%
Na rede
vilardesantos.gal

Poboación

Censo total 850 (2017)
Menores de 15 anos 64 (7.53 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (54 %)
Maiores de 65 anos 327 (38.47 %)
Evolución da poboación de Vilar de Santos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1514 1592 1792 1967 1004 991 942 922 923 922 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá[5]. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.[6] A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha vila romana.

Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.

En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da Limia[7], na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola[8].

O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.

Política

Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilar de Santos.
Igrexa de Santa María de Parada de Outeiro, Parada de Outeiro, Vilar de Santos

Igrexa de Santa María de Parada de Outeiro.

Lugares de Vilar de Santos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilar de Santos". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Historia, na web do concello de Vilar de Santos.
  6. Rodríguez González, X. (2004):, Arracada de Vilar de Santos, peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense.
  7. Museo da Limia, web oficial.
  8. Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, na web do concello de Vilar de Santos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Barrio (homónimos)

Un barrio é unha parte dunha cidade que reúne unhas características construtivas, funcionais etc. que a identifican. Como topónimo pode referirse a:

Vilar de Barrio, concello da provincia de Ourense;

Vilar de Barrio, parroquia de dito concello;

Vilar de Barrio, lugar de dita parroquia;

Barrio, parroquia do concello da Pobra de Trives;

Barrio, lugar de dita parroquia;

O Barrio de Cascallá, parroquia do concello de Rubiá;

O Barrio de Cascallá, lugar de dita parroquia;

Barrio, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Abegondo;

Barrio, lugar da parroquia de Berredo, no concello de Agolada;

Barrio, lugar da parroquia de Brocos, no concello de Agolada;

Barrio, lugar da parroquia de Bóveda de Amoeiro, no concello de Amoeiro;

Barrio, lugar da parroquia do Ribeiro, no concello de Bande;

Barrio, lugar da parroquia de Dormeá, no concello de Boimorto;

Barrio, lugar da parroquia de Pardavedra, no concello da Bola;

Barrio, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova;

Barrio, lugar da parroquia de Bobadela, no concello de Celanova;

Barrio, lugar da parroquia de Muradelle, no concello de Chantada;

Barrio, lugar da parroquia de Sueiro, no concello de Culleredo;

Barrio, lugar da parroquia do Sisto, no concello de Dozón;

Barrio, lugar da parroquia de Anzo, no concello de Lalín;

Barrio, lugar da parroquia de Catasós, no concello de Lalín;

Barrio, lugar da parroquia de Sello, no concello de Lalín;

Barrio, lugar da parroquia de Parderrubias, no concello da Merca;

Barrio, lugar da parroquia de Cados, no concello de Muíños;

Barrio, lugar da parroquia de Untes, no concello de Ourense;

Barrio, lugar da parroquia de Carteire, no concello de Palas de Rei;

Barrio, lugar da parroquia de Carracedo, no concello da Peroxa;

Barrio, lugar da parroquia de San Martiño de Asperelo, no concello de Rodeiro;

Barrio, lugar da parroquia de Santa Baia de Camba, no concello de Rodeiro;

Barrio, lugar da parroquia de Navío, no concello de San Amaro;

Barrio, lugar da parroquia de Salamonde, no concello de San Amaro;

Barrio, lugar da parroquia de Mourelos, no concello do Saviñao;

Barrio, lugar da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado;

Barrio, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Vila de Cruces;

Barrio, lugar da parroquia de Besexos, no concello de Vila de Cruces;

Barrio, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces;

O Barrio, lugar da parroquia de Felmil, no concello de Begonte;

O Barrio, lugar da parroquia de Buciños, no concello de Carballedo;

O Barrio, lugar da parroquia de Fonteita, no concello do Corgo;

O Barrio, lugar da parroquia de Meavía, no concello de Forcarei;

O Barrio, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Guntín;

O Barrio, lugar da parroquia de Toldaos, no concello do Incio;

O Barrio, lugar da parroquia de Vila de Mouros, no concello do Incio;

O Barrio, lugar da parroquia de Ronfe, no concello de Láncara;

O Barrio, lugar da parroquia de Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos;

O Barrio, lugar da parroquia de Barxés, no concello de Muíños;

O Barrio, lugar da parroquia de Cantoña, no concello de Paderne de Allariz;

O Barrio, lugar da parroquia de Cangas, no concello de Pantón;

O Barrio, lugar da parroquia de Castillón, no concello de Pantón;

O Barrio, lugar da parroquia de Eiré, no concello de Pantón;

O Barrio, lugar da parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón;

O Barrio, lugar da parroquia de Santalla de Toiriz, no concello de Pantón;

O Barrio, lugar da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón;

O Barrio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil;

O Barrio, lugar da parroquia de Betote, no concello de Sarria;

O Barrio, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Sarria;

O Barrio, lugar da parroquia de Louseiro, no concello de Sarria;

O Barrio, lugar da parroquia de Figueiroá, no concello de Sober;

O Barrio, lugar da parroquia de Soutomaior, no concello de Taboadela;

O Barrio, lugar da parroquia de Cristosende, no concello da Teixeira;

O Barrio, lugar da parroquia de Lobaces, no concello de Trasmiras;

O Barrio, lugar da parroquia de Vilamarín, no concello de Vilamarín;

O Barrio, lugar da parroquia de Vilar de Santos, no concello de Vilar de Santos;

O Barrio, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior;

O Barrio, lugar da parroquia de Landrove, no concello de Viveiro;

O Barrio, lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo, no concello de Xunqueira de Espadanedo;

A Barrio da Campana, lugar da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo;

Barrio da Eirexa, lugar da parroquia de Mormentelos, no concello de Vilariño de Conso;

Barrio da Liberdade, lugar da parroquia de Alongos, no concello de Toén;

Barrio de Cima, lugar da parroquia de Lamalonga, no concello da Veiga;

O Barrio de Puga, lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Carballedo;

O Barrio de Pías, lugar da parroquia da Ramallosa, no concello de Nigrán;

O Barrio de Triana, lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño;

O Barrio de Vilas, lugar da parroquia de Loureza, no concello de Oia;

Barrio do Fondo, lugar da parroquia de Lamalonga, no concello da Veiga;

O Barrio do Galo, lugar da parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños;

Barrio do Pacio, lugar da parroquia de Lamalonga, no concello da Veiga;

O Barrio do Rei, lugar da parroquia de Candia, no concello de Abadín;

A Casa do Barrio, lugar da parroquia de Cartelos, no concello de Carballedo;Amais, como apelido pode referirse a:

Diego Martínez Barrio, político andaluz (1883-1962);

Julián Barrio, relixioso galego (n. 1946);

Xavier Rodríguez Barrio, escritor galego (n. 1956);

José Viqueira Barrio, médico galego.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Bréixome de Abaixo, Parada de Outeiro, Vilar de Santos

Bréixome de Abaixo é un lugar da parroquia de Parada de Outeiro, no concello ourensán de Vilar de Santos na comarca da Limia. Tiña 10 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 5 eran mulleres.

Bréixome de Arriba, Parada de Outeiro, Vilar de Santos

Bréixome de Arriba é un lugar da parroquia de Parada de Outeiro, no concello ourensán de Vilar de Santos na comarca da Limia. Tiña 10 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 5 eran mulleres.

Coedo, Allariz

Santiago de Coedo é unha parroquia situada no sur do concello de Allariz. Limita coa parroquia allaricense de Torneiros e cos concellos de Sandiás e Vilar de Santos.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Eleccións municipais en Vilar de Santos

Corporacións democráticas en Vilar de Santos desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Arturo Casas Cabrera — Independentes. Substituído en 1982 por Henrique Martínez Pérez.

1983 Alcalde: Manuel Morales Cao — Candidatura Galega Progresista

1987 Alcalde: Xosé Antón Jardón Dacal — APG

1991 Alcalde: Xosé Antón Jardón Dacal — BNG

1995 Alcalde: Xosé Antón Jardón Dacal — BNG

1999 Alcalde: Xosé Antón Jardón Dacal — BNG

2003 Alcalde: Xosé Antón Jardón Dacal — BNG. Substituído en setembro de 2005 por Xoán Xosé Jardón Pedras.Modelo:Vilar de Santos 2003

2007 Alcalde: Xoán Xosé Jardón Pedras — BNG

2011 Alcalde: Xoán Xosé Jardón Pedras — BNG

2015 Alcalde: Xoán Xosé Jardón Pedras — CxG-CCTTCandidatos: Xoán Xardón (CxG-CCTT), Alberto Fernández Dacal (PP) e Susana Abadín Cid (PSdeG-PSOE).

Galería de imaxes da comarca da Limia

Galería de imaxes da comarca da Limia.

A comarca da Limia comprende os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín,Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia..

Galería de imaxes de Vilar de Santos

Galería de imaxes de Vilar de Santos na provincia de Ourense.

Lugares de Galicia

Segundo o Nomenclátor de Galicia do ano 2019, existen 37.308 lugares de Galicia, con 21.169 formas toponímicas diferentes[Cómpre referencia]. Nesta páxina aparecen organizados por concello.

Lugares de Vilar de Santos

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vilar de Santos

O Mosqueiro, Parada de Outeiro, Vilar de Santos

O Mosqueiro é un lugar da parroquia de Parada de Outeiro, no concello ourensán de Vilar de Santos na comarca da Limia. Tiña 39 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 16 eran homes e 23 eran mulleres.

Parada de Outeiro, Vilar de Santos

Santa María de Parada de Outeiro é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 506 habitantes (250 homes e 256 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

Torneiros, Allariz

San Miguel de Torneiros é unha parroquia situada no sueste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Allariz (Santiago), Allariz (Santo Estevo), Coedo e Seoane, e cos concellos de Sandiás, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga.

Vilar de Santos, Vilar de Santos

San Xoán de Vilar de Santos é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos. Segundo os datos do IGE, no ano 2007 tiña 496 habitantes (242 homes e 254 mulleres), o que supón un descenso de 18 persoas respecto ó ano anterior.

Xoán Xardón

Xoán Xosé Xardón Pedras, nado en Vilar de Santos en 1968, é un político galego de CxG-CCTT, previamente do BNG.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.