Vilar de Infesta, Redondela

San Martiño de Vilar de Infesta é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.270 habitantes (635 mulleres e 635 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.217 habitantes. No ano 2018 a poboación, segundo o INE, estaba formada por 1226 persoas, (614 mulleres e 612 homes).

Vilar de Infesta
Vilar de Infesta, Redondela, igrexa
Igrexa de San Martiño de Vilar de Infesta.
ConcelloRedondela
Poboación1.270 hab. (2013)
Entidades de poboación2

Equipo de fútbol

A parroquia de Vilar de Infesta conta cun equipo de fútbol 11, denominado "Atlético de Vilar". As súas cores son o negro e o amarelo, con motivo das cores da súa bandeira.

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Galería de imaxes

Vilar de Infesta, igrexa, Redondela

Acceso á igrexa.

Véxase tamén

Outros artigos

A Igrexa, Vilar de Infesta, Redondela

A Igrexa é un lugar da parroquia de Vilar de Infesta, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 659 habitantes (333 homes e 326 mulleres).

Jesús Lago Fernández

Jesús Lago Fernández, Petrillas, nado no antigo concello de Lavadores (Vigo) e finado o 25 de outubro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José García Morales

José García Morales, Maletas, nado en Vigo e finado no Porriño o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Millarada, Vilar de Infesta, Redondela

Millarada é un lugar da parroquia de Vilar de Infesta, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 602 habitantes (292 homes e 310 mulleres).

Rogelio García Morales

Rogelio García Morales, Maletas, nado Vigo e finado en Redondela o 15 de outubro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Río Lagares

O río Lagares, ou río Gandariña, tamén chamado antigamente río Sárdoma, é o principal curso fluvial do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Serra do Galleiro

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.