Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1500 habitantes (1963 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «barriés».

Coordenadas: 42°09′39.9″N 07°36′37.8″O / 42.161083, -7.610500

Vilar de Barrio
Escudo de Vilar de Barrio
Capilla de San Lorenzo
Capela de San Lourenzo en Arnuíde.
Situacion Vilar de Barrio
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.317 hab. (2018)
Área106,7 km²
Densidade12,34 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Conde Gómez (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: C'S 1
Eleccións municipais en Vilar de Barrio
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes89,70%
Na rede
vilardebarrio.gal

Poboación

Censo total 1500 (2014)
Menores de 15 anos 74 (4,93 %)
Entre 15 e 64 anos 733 (48,87 %)
Maiores de 65 anos 693 (46,2 %)
Evolución da poboación de Vilar de Barrio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3220 3499 3713 3952 1914 1686 1602 1572 1528 1500 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Hai restos de poboados castrexos en Bóveda e Padreda e restos de lápidas funerarias. Consérvase unha antiga ponte sobre o río Arnoia en Arnuíde e parte da vía romana que ía de Chaves ata Verín. Casa do marqués de Bóveda en Padreda e Casa dos Gaiosos na parroquia de Bóveda, do século XVIII.

Festas

No mes de outubro ten lugar a festa gastronómica da pataca.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilar de Barrio.
Pedra Alta de Antela (6064622700)

Pedra Alta de Antela.

Casa concello Vilar de Barrio

Casa do concello.

Cartel Vilar de Barrio

Cartel coas rutas de sendeirismo do concello.

Cartel San Pedro, As Maus, Vilar de Barrio

Cartel de montes comunais do concello.

Vilar de Barrio, Vilar de Barrio

Vista de Vilar de Barrio.

Lugares de Vilar de Barrio

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Barrio vexa: Lugares de Vilar de Barrio.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilar de Barrio". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Alberguería, Vilar de Barrio

Santa María da Alberguería é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 2 habitantes (2 mulleres) nunha única entidade de poboación, os mesmos ca no ano 2000. É limítrofe da parroquia homónima A Alberguería, Laza.

Arnuíde, Vilar de Barrio

Santa María de Arnuíde é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 501 habitantes (247 homes e 254 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

As Maus, Vilar de Barrio

San Pedro das Maus é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o INE, no 2008 tiña 267 habitantes (130 homes e 137 mulleres), 73 menos ca no ano 2000.

Bóveda, Vilar de Barrio

Santa María de Bóveda é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 300 habitantes (147 homes e 153 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Eleccións municipais en Vilar de Barrio

Corporacións democráticas en Vilar de Barrio desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Claudio Blas Rodríguez — UCD

1983 Alcalde: Julio Pérez Carballo — CP

1987 Alcalde: Julio Pérez Carballo — AP

1991 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeG

1995 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeG

1999 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeG

2003 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeGModelo:Vilar de Barrio 2003

2007 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeGModelo:Vilar de Barrio 2007

2011 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPdeG

2015 Alcalde: Julio Pérez Carballo — PPCandidaturas: Julio Pérez Carballo (PP), Soraya Briz Cid (PSdeG-PSOE), María Jesús Rodríguez Pazos (Xuntos por Vilar de Barrio) e Samuel Formoso Salgado (BNG).

2019 Alcalde: Manuel Conde Gómez — BNG

Estación da Alberguería-Prado

A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado entre A Alberguería e Prado, no concello de Vilar de Barrio, provincia de Ourense.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Estación de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Lagoa de Antela

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Lugares de Vilar de Barrio

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vilar de Barrio

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Padreda, Vilar de Barrio

San Miguel de Padreda é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 113 habitantes (52 homes e 61 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 37 habitantes en relación ao ano 2000.

Prado, Vilar de Barrio

Santa Cruz de Prado é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 90 habitantes (50 homes e 40 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Rebordechau, Vilar de Barrio

Santa María de Rebordechau é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. No ano 2007 tiña 88 habitantes (47 homes e 41 mulleres). Nesta aldea tiveron lugar os asasinatos do coñecido Lobo da Xente, un asasino en serie que asolou con asasinatos as serras desta e doutras vilas achegadas.

Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Seiró, Vilar de Barrio

San Salvador de Seiró é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 43 habitantes (19 homes e 24 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra de San Mamede

A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.

Vilar de Barrio, Vilar de Barrio

San Pedro Fiz de Vilar de Barrio é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 501 habitantes (247 homes e 254 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.