Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Coordenadas: 42°33′43.40″N 08°49′36″O / 42.5620556, -8.82667

Vilanova de Arousa
Escudo de Vilanova de Arousa
Ayuntamiento 001. Villanueva de Arosa
Casa do concello.
Situacion Vilanova de Arousa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación10.352 hab. (2018)
Área33,7 km²
Densidade307,18 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeGonzalo Durán (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 5
Outros: Gañemos Vilanova de Arousa 1
Eleccións municipais en Vilanova de Arousa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes57,05%
Na rede
http://www.vilanovadearousa.com (en castelán)

Poboación


Timeline generation failed: 1 error found
Line 42: bar:2018 at: 10352 fontsize:s text: 10.352 shift:(-15,5)

- PlotData invalid. Bar '2018' not (properly) defined.


Fonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011

Evolución da poboación de Vilanova de Arousa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.817 8.614 11.277 15.282 10.421 10.719 10.614 10.590 10.502 10.459 10.422 10.406 10.352
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Vilanova Julio Camba 2008 03
Estatua de Julio Camba.

Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.

A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conservan as torres do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.

No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.

Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.

Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.

No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.

Recursos

Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas [Cómpre referencia]. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.

Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.

Cultura

Arquitectura

  • Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
  • Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
  • Pazo da rúa Nova en András.
  • Torre de Miranda, en Caleiro.
  • Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).

Vilanova na literatura popular

  • Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira [5].
  • As mozas de Vilanova/ dicen que non beben viño/ e debaixo do mantelo/ levan o xarro escondido [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilanova de Arousa.
Vilanova de Arousa.Galicia.02

Igrexa.

Vilanova de Arousa.Desembocadura do río Currás.Galicia.02

Desembocadura do río Currás.

Lugar de Lobeira, Vilanova de Arousa

Monte de Lobeira.

Vilanova de Arousa.Galicia.18

Vista xeral.

Lugares de Vilanova de Arousa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilanova de Arousa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.
  6. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Abelleira, Baión, Vilanova de Arousa

A Abelleira é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 63 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 37 eran mulleres e 26 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 69 veciños, e 2005, cando eran 77.

A Fontenla, Baión, Vilanova de Arousa

A Fontenla é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 97 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 53 eran mulleres e 44 homes, o que representa un forte descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 120 veciños, e 2005, cando eran 126.

András, Vilanova de Arousa

San Lourenzo de András é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 448 habitantes, dos cales 223 eran homes e 225 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2007 cando tiña 490.

Baión, Vilanova de Arousa

San Xoán de Baión é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 315 habitantes, dos cales 633 eran homes e 682 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2007 cando tiña 1 511.

Barcia, Baión, Vilanova de Arousa

Barcia é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 126 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 54 eran mulleres e 72 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 123 veciños, e 2005, cando eran 131.

Caleiro, Vilanova de Arousa

Santa María de Caleiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2 946 habitantes, dos cales 1 445 eran homes e 1 501 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2007 cando tiña 3 072.

Castelo de Lobeira

O castelo de Lobeira era unha fortificación medieval situada no monte Lobeira, nun enclave natural que proporciona un miradoiro cara á ría de Arousa, no concello de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Deiro, Vilanova de Arousa

San Miguel de Deiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 750 habitantes distribuídos en 5 entidades de poboación, dos cales 883 mulleres e 867 homes. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto aos anos 2010, cando tiña 1 759, e 2005, cando tiña 1 795.

Fonsín, Baión, Vilanova de Arousa

Fonsín é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 69 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 35 eran mulleres e 34 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 66 veciños, pero un descenso respecto a 2005, cando eran 76.

Framil, Baión, Vilanova de Arousa

Framil é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 58 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 29 eran mulleres e 29 homes, o que representa un mínimo aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 57 veciños, pero un descenso respecto a 2005, cando eran 66.

Julio Camba

Para o futbolista vilalbés véxase: Julio Camba Machado.Julio Camba Andreu, nado en Vilanova de Arousa o 16 de decembro de 1884 e finado en Madrid o 28 de febreiro de 1962, foi un cronista galego de comezos do século XX.

O Rodo, Baión, Vilanova de Arousa

O Rodo é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 113 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 53 eran mulleres e 60 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 128 veciños, e 2005, cando eran 132.

Ponte Arnelas, Baión, Vilanova de Arousa

Ponte Arnelas é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 37 habitantes (22 mulleres e 15 homes), once menos ca en 2010 e 7 menos ca en 2005.

Forma, xunto a Ponte Arnelas, do concello limítrofe de Ribadumia, un mesmo núcleo urbano, dividido polo río Umia. A Ponte dos Padriños, que une os dous lugares, foi unha das pontes senlleiras onde se practicaba o ritual do bautismo anticipado.

Romarís, Baión, Vilanova de Arousa

Romarís é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 87 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 47 eran mulleres e 40 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 107 veciños, pero un descenso respecto a 2005, cando eran 114.

Serantes, Baión, Vilanova de Arousa

Serantes é un lugar da parroquia de Baión, no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 156 habitantes, dos que 86 eran mulleres e 70 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 146 veciños, pero un descenso respecto a 2005, cando eran 158.

Tras do Río, Baión, Vilanova de Arousa

Tras do Río é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Tremoedo, Vilanova de Arousa

Santo Estevo de Tremoedo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 886 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación, dos cales 447 eran homes e 439 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ós anos 2010, cando tiña 962 veciños, e 2005, cando eran 982.

Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa

San Cibrán de Vilanova de Arousa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 3 061 habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, dos cales 1 487 eran homes e 1 574 mulleres. Isto supón un aumento de habitantes con respecto ó ano 2010, cando tiña 3 021, e sobre todo respecto a 2005, cando eran 2 633.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.