Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[5].

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[6], o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba[7] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Coordenadas: 43°17′52.48″N 7°40′52.82″O / 43.2979111, -7.6813389

Vilalba
Bandeira de Vilalba
---
Escudo de Vilalba
Casa do Concello.
Torre da homenaxe. Igrexa de Santa María.
Casa do Concello, Torre dos Andrade e Igrexa de Santa María
Situacion Vilalba
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación14.226 hab. (2018)
Área379,0 km²
Densidade37,54 hab./km²
Entidades de poboación30 parroquias
Capital do concelloVilalba
Política (2019[2])
AlcaldesaElba Veleiro (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 8
Outros: Vilalba Aberta-SC 2
Eleccións municipais en Vilalba
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,29%
Na rede
www.vilalba.gal

Poboación

Censo total 2014 14.788 habitantes
Menores de 15 anos 1.529 (10.34 %)
Entre 15 e 64 anos 9.065 (61.3 %)
Maiores de 65 anos 4.194 (28.36 %)
Fonte IGE[8]; 1857-2015

Historia

Segundo o historiador Manuel Mato Vizoso, as primeiras referencias á vila actual datan do século VI, nuns documentos nos que se alude á vila de Santa María de Montenegro baixo a protección da familia do mesmo nome. No século VIII sufriu un incendio que a destruíu completamente.

Posteriormente, no século XII, aparece citada co nome de Vilarente e vincúlase coa dinastía dos Andrade. No século XV, no ano 1431, destruíuse o castelo durante a primeira revolta irmandiña. Foi Nuno Freire de Andrade, o Mao, quen despois obrigou ós veciños a reconstruílo.

Posteriormente, en 1467, se efectuaría a segunda e verdadeira revolta irmandiña, na que Afonso de Lanzós, Pedro Osorio e Diego de Lemos dirixiron un auténtico exército popular que acabou con todas as fortificacións dos Andrade, con excepción da de Moeche.

Actualmente, a torre da homenaxe do castelo dos Andrade, de planta octogonal, serve como Parador de Turismo, mandado restaurar polo ex-Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne.

Xornalismo vilalbés

Vilalba ten contado ao longo do século XX cunha ampla tradición xornalística, que se inicia en 1902 co Ideal Villalbés, xornal manuscrito do poeta e xornalista Antonio García Hermida. A esta primeira tentativa seguirá, xa de forma máis profesional, a edición de El Eco de Villalba (1908) da man de Manuel Mato Vizoso e José Novo Pardo. Tras este virán: El Ratón (1910), El Vigía Villalbés (1913), Azul y Blanco (1914), Villalba y su Comarca (1915), Galicia Pintoresca (1916) ou Heraldo de Villalba (1916) que suporá a consagración definitiva de García Hermida no mundo do periodismo.

Pero a proliferación de prensa escrita non termina aí, senón que continuará nese mesmo ano e os seguintes co primeiro xornal escrito integramente en galego na vila, A Xusticia (1917), ó que seguirán: Aurora (1918), El Gato (1919), La Voz Villalbesa (1921), El Progreso Villalbés (1922), fundado por Enríquez Chanot, El Villalbés (1925) ou La Unión Ciudadana (1929). En Buenos Aires publicouse tamén El Villalbés a partir de 1927. Nos anos da II República editouse Ariete (1931), Luz (1931), e como continuación deste un periódico abertamente militante: Faro Villalbés (1932), que contaría entre os seus colaboradores coa poetisa Carmiña Prieto Rouco, autora do "Himno da Terra Cha". Nos anos da ditadura só dous xornais viron a luz, ambos de carácter netamente deportivo: Stadium (1949) e El Castillo (1950). Haberá que esperar ata a democracia para que un novo xornal saia á luz alcanzando entón unha ampla repercusión: A Voz de Vilalba (1983).[Cómpre referencia]

Cultura

Patrimonio

O monumento máis emblemático da vila é a torre dos Andrade, reconstruída a finais do século XV e da que se conserva a torre da homenaxe, que na actualidade forma parte do remodelado Parador de Turismo[9]. En todo o concello existen diversos exemplos de arquitectura civil e militar. En canto á arte relixiosa destacan as igrexas de Belesar, Distriz, Goiriz ou Ladra entre outras.

No seu centro está unha das Árbores senlleiras de Galicia (A Pravia, cód. 3A[10], un pradairo)

Camiño de Santiago

A Ruta da Costa do Camiño de Santiago entra no concello vilalbés dende Abadín e pasa pola ponte vella de Martiñán, Goiriz, e sae do concello dirección Baamonde por San Xoán de Alba, Torre Pedrouzos e de aí a Guitiriz.

Festividades e eventos

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilalba.
MuinhoVilalbaOsPasos

Muíño no lugar dos Pasos

PonteSaa Vilalba

A Ponte de Saa

ConfluenzaMadanelaFabilos

Vista da confluencia dos ríos Madanela e Trimaz, no lugar dos Pasos.

Lugares de Vilalba

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilalba véxase Lugares de Vilalba.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. "Elba Veleiro al llegar a la Alcaldía de Vilalba, tierra de Fraga: "Es un día histórico para la democracia"". El Correo Gallego. 15 de xuño de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Xeografía do Concello de Vilalba". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2008.
  6. Queixo de San Simon da Costa
  7. "Capóns de Vilalba". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2008.
  8. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
  9. Parador Nacional Condes de Vilalba en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
  10. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-01-17.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carlos Díaz Martínez, José-Luís Novo Cazón (2006). A memoria de Vilalba. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-470-9.

Ligazóns externas

A Torre, Vilalba

Santa María da Torre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 184 habitantes (87 homes e 97 mulleres) repartidos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 232 habitantes.

Alba, Vilalba

San Xoán de Alba é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 336 habitantes (167 mulleres e 169 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 478 habitantes.

Belesar, Vilalba

San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 398 habitantes (196 mulleres e 202 homes), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.

Carballido, Vilalba

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 300 habitantes (144 mulleres e 156 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 368 habitantes.

Codesido, Vilalba

San Martiño de Codesido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 339 habitantes (162 mulleres e 177 homes), distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 378 habitantes.

Corvelle, Vilalba

San Bartolomeu de Corvelle é unha parroquia do concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 278 habitantes (138 mulleres e 140 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 399 habitantes.

Distriz, Vilalba

San Martiño de Distriz é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 171 habitantes (91 mulleres e 80 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 187 habitantes.

Goiriz, Vilalba

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

Ladra, Vilalba

San Salvador de Ladra é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 140 habitantes (60 mulleres e 80 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 167 habitantes.

Mourence, Vilalba

San Xián de Mourence é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 303 habitantes (151 mulleres e 152 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1991 cando tiña 283 habitantes.

Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Román, Vilalba

Santalla de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011, segundo o IGE, tiña 441 habitantes (234 homes e 207 mulleres).

Samarugo, Vilalba

Santiago de Samarugo é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 166 habitantes (81 homes e 85 mulleres) repartidos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 217 habitantes.

San Simón da Costa, Vilalba

San Simón da Costa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 448 habitantes (229 homes e 219 mulleres) repartidos en 82 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 651 habitantes.

Sancovade, Vilalba

Santiago de Sancobade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 1.130 habitantes (541 homes e 589 mulleres) repartidos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación a 1991 cando tiña 846 habitantes.

Santaballa, Vilalba

San Pedro de Santaballa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 576 habitantes (258 homes e 318 mulleres) repartidos en 50 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 695 habitantes.

Vilalba, Vilalba

Santa María de Vilalba é unha parroquia metropolitana do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2015 tiña 5924 habitantes (2827 homes e 3097 mulleres), 1238 máis ca en 1991.

O único lugar da parroquia é a vila de Vilalba, capital do concello ao que dá nome.

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.