Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Coordenadas: 42°35′49.50″N 8°45′49.30″O / 42.5970833, -8.7636944

Vilagarcía de Arousa
Bandeira de Vilagarcía de Arousa
---
Escudo de Vilagarcía de Arousa
AVillagarcía de Arosa.pav
Vista xeral de Vilagarcía de Arousa.
Situacion Vilagarcía de Arousa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación37.519 hab. (2018)
Área44,2 km²
Densidade848,85 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloVilagarcía
Política (2019[3])
AlcaldeAlberto Varela Paz (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 12
Outros: En Común 1, MDV 1, C's1
Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes24,05%
Na rede
vilagarcia.es
info@ivilagarcia.com, alcaldia@ivilagarcia.com

Xeografía

Situación

Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.

Demografía

Segundo o padrón municipal (IGE), a súa poboación no ano 2016 era de 37.283 persoas, das que 19.389 eran mulleres e 17.894 homes. É a novena cidade galega en poboación e a terceira da provincia tras Vigo e Pontevedra.

Fonte INE; 1857-2011

Evolución da poboación de Vilagarcía de Arousa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.814 17.342 21.335 30.199 35.053 37.576 37.903 37.621 37.741 37.712 37.482 37.283 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Ballotes 2
Calco do panel nº1 dos Ballotes

A primeira pegada dos poboadores desta zona está representada polos restos arqueolóxicos atopados no Salgueiral (Bamio), datados no 2000 a.C., e polos petróglifos dos Ballotes, tamén en Bamio. Hai tamén restos da época castrexa: O Carril, Castro de Agudín, Monte Lobeira) e, especialmente, no castro Alobre.

En 1812 consituíronse os concellos de Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e O Carril, que se reduciron a tres coa reforma de 1835: Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril. Vilagarcía foi medrando de acordo co desenvolvemento do seu porto, especialmente a raíz da construción dos peiraos en 1866, e en detrimento dos concellos estremeiros, ata que o 1º de marzo de 1913 se produce a fusión dos tres nun único concello, que nace baixo o nome de Vilagarcía de Arousa e con Valeriano Deza como único alcalde (Suevia 1913, 2, 11).

Cultura

Toponimia

O topónimo está composto por un elemento orixinario do latín Villam, 'explotación agropecuaria', e polo nome do seu fundador, García de Caamaño[5]

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Pazos
Igrexas

Patrimonio natural

Etnografía

Festas e celebracións

O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un grande número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe[Cómpre referencia], para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.

O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo dende a igrexa parroquial do centro ata a capela do santo, ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo unha festa que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais da década de 1970, cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescasen con auga desde os balcóns. As festas patronais duran 10 días arredor desta data e rematan cun espectáculo pirotécnico chamado Combate Naval.

Outras festas populares son o Entroido, a Festa dos maios (o primeiro día do mes das flores) e As Uvas, celebrada o 31 de decembro ás 12 do mediodía. O último sábado de agosto celebrase a Noite Meiga, onde as meigas toman as rúas e reparten queimada e alimentos típicos.

Entre as festas gastronómicas destacan a Festa da ameixa do Carril, na segunda quincena de agosto, a Mostra do Albariño a mediado de agosto, que empezou chamándose AlbArousa, pero dende 2012 recibe o nove de ViñaGarcía e a Semana Micolóxica na segunda quincena de novembro.

En canto a música, Vilagarcía conta co festival de As Revenidas, celebrado en Vilaxóan no mes de xullo; e ata o ano 2013 contaba co Festival do Norte no mes de maio, que pasou a ser organizado na Illa de Arousa[6].

Deporte

Clubs deportivos

Cidades irmandadas

Vilagarcía na literatura popular

Cantigueiro
  • As mociñas de Carril,/ non son unha que son todas,/ poñen tres pares de medias/ para ter as pernas gordas [7].
  • Cando pases pola Laxe/ leva o sombreiro na man,/ elas son medias señoras/ non sei se che falarán [8].
  • En Carril hai boas mozas/ e na Torre a flor de elas,/ en chegando a Trabanca/ clavixas para cancelas [9].
  • En Vistalegre dixín/ baixando a Vilagarcía:/ Eu monxa non quero ser,/ casada non sei que diga [10].
  • Estas mociñas da Laxe/ téñense por que alabar,/ teñen o Santo San Roque/ na entrada do lugar [11].
  • Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada [12].
  • Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o sol/ nunha mazán colorada [13].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [14].
  • Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo [15].
  • Ó alcalde de Trabanca/ haino que mandar prender/ que non dou unha peseta/ pra a festa de San Miguel [16].
  • O lugarciño da Laxe/ de lonxe parece vila,/ ten unha rosa na entrada/ e un caravel na saída [17].
  • O pino do Pousadoiro/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [18].
  • Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [19].
  • Os mozos de Bamio/ prendelos, prendelos;/ van polos camiños,/ parecen carneiros [20].
  • Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro [21][22].
  • Se che preguntan mañán/ de quen era a parranda,/ era das mozas da Torre/ porque elas levan a palma [23].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [24].
  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.
  • Vale máis unha da Laxe/ cunha chaqueta de liño/ que tódalas de Cornazo/ vestidas de pano fino [25].
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro,/ Vilagarcía tamén [26].

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía Porto 030417 006

Vilagarcía.

Vilagarcía 131111 72

Vilagarcía.

Vilagarcía 051008 39GDFL

Solpor en Vilagarcía.

Ayuntamiento 001. Villagarcia de Arosa

Casa do concello.

Vilagarcía Larsa 01-02

Central leiteira Larsa.

Vilagarcía fonte praza España 01-01

Fonte na Praza de España.

Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.

Notas

  1. Un documento de grande interese
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Resultado eleccións 2019
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. LA FAMILIA DE D. GARCÍA DE CAAMAÑO, FUNDADOR DE LA VILLA, DESDE SU ORIGEN. en Turvilagarcia.
  6. El Festival do Norte anuncia su traslado a A Illa de Arousa
  7. Fermín Bouza Brey 1929, 170.
  8. Fermín Bouza Brey 1929, 173. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía.
  9. Fermín Bouza Brey 1929, 172). Carril é parroquia de Vilagarcía; A Torre é lugar de Arealonga, tamén parroquia de Vilagarcía. Hai un Trabanca Sardiñeira en Carril e un Trabanca Badiña en Arealonga.
  10. Alude a un convento que existiu en Vistalegre, chegando a Vilagarcía desde Cambados. Fermín Bouza-Brey 1929, 169.
  11. Fermín Bouza Brey 1929, 202. No orixinal: ô Santo. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía. San Roque é lugar da parroquia de Santa Baia de Vilagarcía.
  12. Bouza Brey engade que se trata dunha adaptación doutra cantiga popular (non viches beilar o sol...) co gallo da visita de Afonso XIII a Cortegada, en 1909. Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: ô Rei.
  13. Fermín Bouza-Brey 1929, 203. No orixinal: n-unha.
  14. Fermín Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxía.
  15. A Torre é un lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía. Fermín Bouza-Brey 1929, 160.
  16. Fermín Bouza Brey 1929, 174. Hai un Trabanca Sardiñeira en Carril e un Trabanca Badiña en Arealonga, Vilagarcía.
  17. Fermín Bouza Brey 1929, 203.
  18. O Pousadoiro é un monte entre Vilagarcía e Caldas de Reis. Fermín Bouza-Brey 1929, 162.
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 190. No orixinal: Vilaxohán, lle deran.
  20. Fermín Bouza Brey 1929, 170. No orixinal: pol-os.
  21. Fermín Bouza Brey 1929, 186. No orixinal: mail-a, e a miña nai.
  22. Fermín Xaquín Lorenzo Fernández, 266. Recollida na ría de Arousa.
  23. Fermín Bouza-Brey 1929, 163.
  24. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: de unha, de outra.
  25. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía; Cornazo é outra parroquia de Vilagarcía.
  26. Fermín Bouza-Brey 1929, 200.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Apeadoiro de Rubiáns

Rubiáns foi un apeadoiro de Adif, situado en Rubiáns, no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. Estaba situado na liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Arealonga, Vilagarcía de Arousa

Santa Baia de Arealonga é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 2 326 habitantes (1 225 mulleres e 1 101 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ó ano 2010, cando tiña 2 369 habitantes, pero un aumento respecto a 2005, cando eran 2 244.

Bamio, Vilagarcía de Arousa

San Xens de Bamio é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 269 habitantes (671 mulleres e 598 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 375 habitantes, e 2005, cando eran 1 423.

Cea, Vilagarcía de Arousa

San Pedro de Cea é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o INE en 2016 tiña 1 199 habitantes (620 mulleres e 579 homes), distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 248 habitantes, e 2005, cando eran 1 317.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Cornazo, Vilagarcía de Arousa

San Pedro de Cornazo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 389 habitantes (716 mulleres e 673 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 416 habitantes, e 2005, cando eran 1 479.

Estación de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara o que parte un pequeno ramal.

Estación do Carril

O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertiva en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocaril.O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.

Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa

San Pedro de Fontecarmoa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016, tiña 507 habitantes (262 mulleres e 245 homes), distribuídos en 3 entidade de poboación, o que supón un aumento considerable respecto ós anos 2010, cando tiña 457 veciños, e 2005, cando eran 348.

Isabel Aguirre

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

O Carril, Vilagarcía de Arousa

Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación era de 1 757 habitantes (901 mulleres e 856 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1 607 veciños, e 2005, cando eran 1 568.

O primeiro ferrocarril de Galiza foi inaugurado o 15 de setembro de 1873, entre esta localidade e Cornes (Conxo).

O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

Santa María de Rubiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 240 habitantes (647 mulleres e 593 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 285 veciños, e 2005, cando eran 1 325.

Cunha extensión de 5,6 km2, constitúe o 12% do territorio total do concello.

O código postal é 36619.

Sobradelo, Vilagarcía de Arousa

San Salvador de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 3 412 habitantes (1 738 mulleres e 1 674 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 3 569 habitantes, e 2005, cando eran 3 612.

Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

San Martiño de Sobrán é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1 354 habitantes (697 mulleres e 657 homes), todos eles no lugar de Vilaxoán, único lugar desta parroquia que recollen tanto o Nomenclátor de Galicia como o IGE . Os censos do IGE reflicten un descenso poboacional respecto ós anos 2010, cando tiña 1 428 veciños, e 2005, cando eran 1 447.

Atópase á beira esquerda da ría de Arousa. Nela atópase a igrexa de San Martiño de Sobrán.

Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa

San Martiño de Fóra de Sobrán é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 830 habitantes (957 mulleres e 873 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 973 veciños, e 2005, cando eran 1 957.

Solobeira, Vilagarcía de Arousa

San Fins de Solobeira é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 217 habitantes (120 mulleres e 97 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 210 veciños, pero un descenso respecto a 2005, cando eran 231.

Está nos pés do Monte Lobeira.

Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa

Santa Baia de Vilagarcía é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa, na Comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 19 465 habitantes (10 164 mulleres e 9 301 homes), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó ano 2010, cando tiña 19 510 veciños, pero un aumento notable respecto a 2005, cando eran 17 456 habitantes.

Nesta parroquia sitúase a capital do concello. O Nomenclátor de Galicia contempla catro lugares nesta parroquia, se ben o IGE só rexistra poboación nun deles, Vilagarcía, no que se supón anexionados os outros tres .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.