Vilaboa, Vilaboa

San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.775 habitantes.

San Martiño de Vilaboa
Vilaboa
igrexa parroquial
ConcelloVilaboa
Área13,44 km²
Poboación1.688 hab. (2013)
Densidade125,6 hab./km²
Entidades de poboación17

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un lintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela contigua á sancristía. A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.imaxe requirida

Vilaboa-Hórreo de la rectoral (13421332635)
Hórreo da reitoral.

A casa reitoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun canastro do século XVIII de 36 pés.

En Acuña hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.
O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de granito, data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

Vilaboa, peto ánimas 02-03a
Peto de ánimas do Toural

O peto de ánimas do Toural está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).

Petróglifo de Chan dos Areeiros
Petróglifo de Chan dos Areeiros.

No límite coa parroquia de Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[1], con inscricións medievais.

Notas

  1. "Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros", artigo en Pontevedra Viva, 3 de setembro de 2015.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vilaboa

Véxase tamén

Outros artigos

Acuña, Vilaboa, Vilaboa

Acuña é un lugar da parroquia de San Martiño de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2014 tiña 367 habitantes (177 homes e 190 mulleres).

Cimadevila, Vilaboa, Vilaboa

Cimadevila é un lugar da parroquia de San Martiño de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2014 tiña 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).

O Toural, Vilaboa, Vilaboa

O Toural é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2014 tiña 99 habitantes (49 homes e 50 mulleres).

Outeiro do Gato, Vilaboa, Vilaboa

Outeiro do Gato é un lugar da parroquia de San Martiño de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2014 tiña 25 habitantes (14 homes e 11 mulleres).

Paredes, Vilaboa, Vilaboa

Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 631 habitantes (314 homes e 317 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

Península do Morrazo

O Morrazo é unha península situada no oeste da provincia de Pontevedra, na zona das rías Baixas. Mide uns 40 km. de lonxitude por 10 de ancho, e separa as rías de Vigo e Pontevedra.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.