Vilaboa, Rutis, Culleredo

Vilaboa é un lugar da parroquia de Rutis no concello coruñés de Culleredo na Comarca da Coruña. Vilaboa é o núcleo principal da parroquia de Rutis. Tiña 3152 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 1509 eran homes e 1643 mulleres.

Vilaboa3
Vilaboa, Culleredo.

Esténdese ao longo do percorrido da estrada N-550 desde o núcleo da Corveira até o aeroporto de Alvedro.Existen probas do seu poboamento desde a época romana. Actualmente experimenta un acusado desenvolvemento urbano.

Vilaboa
P1210367 Vilaboa, Rutis, Culleredo
Vista de Vilaboa en 2013.
ParroquiaRutis
ConcelloCulleredo
Poboación3152 hab. (2016)

Topónimo

Un escrito de 1186 cita ao lugar como Villam Bonam[1]:

Lugares e parroquias

Parroquias de Culleredo

Notas

  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. Na páxina 143 recolle a cita do documento que fai A. del Castillo en «Notas a la historia antigua de La Coruña» en 1948, páx. 48. dun documento histórico.
Eladio Freire García

Eladio Freire García, coñecido como Andarín, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) o 19 de xaneiro de 1902, foi un político e sindicalista galego.

Ramón Seoane Suárez

Ramón Seoane Suárez, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.