Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Coordenadas: 42°21′35″N 08°38′18″O / 42.35972, -8.63833

Vilaboa
Bandeira de Vilaboa
---
Escudo de Vilaboa
Casa consistorial de Vilaboa
Casa do Concello.
Situacion Vilaboa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación5.954 hab. (2018)
Área37,54 km²
Densidade158,6 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloSan Martiño de Vilaboa
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco Costa Fernández (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Vilaboa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes66,11%
Na rede
http://www.vilaboa.org/
info@vilaboa.org

Xeografía

O concello, de 37,54 km², atópase no interior da ría de Vigo, na enseada de San Simón. Abrangue 5 parroquias, e ten 61 lugares. Limita ao noroeste con Marín, ao norte e o leste con Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao suroeste con Moaña. No concello está a lagoa de Castiñeiras, e en Figueirido nace o río dos Gafos. Outros cursos menores son o río Maior e o rego de Tuimil.

Demografía

Os seus 6043 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, cunha forte dispersión da poboación. Ademais, o concello conta cunha das colonias musulmás máis grandes de Galicia, que ronda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural, na parroquia de Vilaboa.

Censo total (datos 2016) 6043
Menores de 15 anos 808 (13,37 %)
Entre 15 e 64 anos 3747 (62,01 %)
Maiores de 65 anos 1488 (24,62 %)

Comunicacións

O concello está atravesado de norte a sur pola N-550 e de leste a oeste pola N-554. Amais, crúzao a AP-9, partindo do concello a ponte de Rande. Tamén pasa por Vilaboa o eixe atlántico de alta velocidade; antigamente funcionaba a estación de Figueirido. A capital municipal (O Toural), dista uns 10 km da Praza da Ferrería, centro da cidade de Pontevedra, e uns 19 km da Porta do Sol, centro da cidade de Vigo. Outras localidades próximas son Arcade (Soutomaior), a 6 km, Redondela, (14 km), ou Moaña (16 km).

Historia e patrimonio

Os restos máis antigos de asentamentos humanos datan da época dos megálitos. A mámoa do Rei está situada no camiño que rodea o lago de Castiñeiras. Conta con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos diferenciados. Ten uns 5000 anos, e foi restaurado no 2003. Preto del hai 8 mámoas do neolítico. As mámoas da Chan da Cruz foron escavadas en 1972, 1983 e 1984.

Do período castrexo consérvanse os restos dun castro no lugar de Acuña, coñecido como castro de Monte da Croa. Conta con murallas, e nel foron atopados utensilios de uso caseiro. Hai outro castro, sen escavar, no monte de Coto Loureiro, entre as parroquias de Figueirido e A Canicouva (Pontevedra).

Da época da romanización é a Vía XIX do itinerario de Antonino, da que se atoparon no concello catro miliarios, conservados no Museo de Pontevedra. Desde o medievo, por esa vía discorre a vía portuguesa do camiño de Santiago. O topónimo de Vilaboa ten orixe latina, de Villam Bonam, "Casa de campo boa".

Da Idade Media consérvanse os alicerces do castelo de Santo Adrián de Cobres, ademais de vestixios románicos na igrexa de San Martiño de Vilaboa. O castelo de Uveiras foi construído cara aos séculos XIV e XV e foi destruído pola armada anglo-holandesa en 1702 na batalla de Rande. Atópase a uns 100 m de altitude, e na actualidade consérvanse os alicerces e parte dos muros, cunha altura máxima de 5 m e unha anchura de 1,5 m. A forma adáptase á topografía do terreo, con esquinas en ángulo e un pequeno bastión no lado nordés. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao sueste, e en pendente suave cara o nordés. Na zona localizáronse restos de ánforas e cerámica romana.

Petróglifo de Chan dos Areeiros
Petróglifo de Chan dos Areeiros.

Entre as parroquias de Vilaboa e Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[5], con inscricións medievais.

As salinas do Ulló foron explotadas desde 1694 polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra, sendo privatizadas trala desamortización de Mendizábal. No mesmo lugar construíuse a finais do século XIX un muíño de mareas, do que apenas quedan restos.

Durante o antigo réxime as terras do concello pertencían á xurisdición de Pontevedra, señorío do arcebispado de Compostela. En 1821 constituíronse como concellos Cobres e Vilaboa, que se fusionaron en 1835. En 1925 a parroquia de Domaio (do concello de Moaña) pediu unirse a Vilaboa, mais a proposta non foi adiante ao non xustificarse administrativamente. En 1960 o concello de Pontevedra solicitou a anexión do de Vilaboa, mais o pleno municipal non o aceptou.

Recentemente, vivíronse dous conflitos sociais de certa importancia no concello. Houbo unha forte mobilización veciñal ante a construción do tramo da AP-9 entre a ponte de Rande e Pontevedra. Entre 1997 e 1999 houbo fortes protestas ante o proxecto de construción dunha empacadora de residuos da empresa Sogama en Bértola e Figueirido.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaboa.
Iglesia de Santo André de Figueirido - Vilaboa - Pontevedra

Igrexa de Santo André de Figueirido

A Casa dos Druidas - Noite dos Calacús, Vilaboa, provincia de Pontevedra, Galiza

A Casa dos Druídas. Noite dos Calacús

Igrexa bértola

Igrexa Parroquial de Santa Comba de Bértola

Madamas e galáns de Cobres

Lugares de Vilaboa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Vilaboa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilaboa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros", artigo en Pontevedra Viva, 3 de setembro de 2015.
Apeadoiro de Figueirido

Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. O antigo predio de viaxeiros consérvase na beira da liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cobres, Vilaboa

Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.

O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Comarca de Pontevedra

A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2012 tiña 124.094 habitantes.

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Figueirido, Vilaboa

Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 760 habitantes (391 mulleres e 369 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, 79 menos ca en 1999. É a parroquia menos poboada do concello.

Fonteita, O Corgo

Santiago de Fonteita é unha parroquia do concello do Corgo, na comarca de Lugo.

A parroquia ten 7,5 quilómetros cadrados; limita ao norte ca parroquia de Queizán, ao sur coa de Castrillón, ao leste coa de San Martiño de Folgosa e ao oeste coa de Campelo e pertence ao arciprestado de Maestrescolia.

Os seus 217 habitantes (112 homes e 105 mulleres) repártense entre os lugares do Barrio, Chavín, Rubial, San Lorenzo, Sotolubián, Vilaboa e Vilamarín.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

N-554

A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e o CG-4.1.

Adoptou esta denominación en 1988 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009.

Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).

PO-264

A PO-264 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada N-550 en Paredes (Vilaboa) até a mesma estrada en Arcade (Soutomaior).

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Santa Comba de Bértola, Vilaboa

Santa Comba de Bértola é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa e pertence a diocese de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 764 habitantes (445 mulleres e 319 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 610 habitantes.

Linda co concello de Pontevedra (concretamente coas parroquias da Canicouva, Tomeza e Salcedo), e coa parroquia de Figueirido do propio concello de Vilaboa. Por Bértola pasa a Vía romana XIX, recentemente sinalizada, e o Camiño Xacobeo Portugués.

Santa Cristina de Cobres, Vilaboa

Santa Cristina de Cobres é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.220 habitantes (613 mulleres e 6007 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.132 habitantes.

Vilaboa, A Pontenova

San Xulián de Vilaboa é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 260 habitantes (123 homes e 137 mulleres).

Vilaboa, A Veiga

Santa Lucía de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 14 habitantes (8 mulleres e 6 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 16 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 7 habitantes, sendo 3 homes e 4 mulleres.

Vilaboa, Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilaboa, Vilaboa

San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.775 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.