Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Coordenadas: 42°46′36″N 8°19′58″O / 42.77667, -8.33278

Vila de Cruces
Bandeira de Vila de Cruces
---
Escudo de Vila de Cruces
Vila de Cruces - Galiza - 070325 074
Casa do Concello.
Situacion Vila de Cruces
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación5.273 hab. (2018)
Área155,0 km²
Densidade34,02 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias
Capital do concelloVila de Cruces
Política (2019[2])
AlcaldeLuís Taboada Sánchez (XPC[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: XPC3
Eleccións municipais en Vila de Cruces
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes84,89%
Na rede
http://www.viladecruces.gal
concello@viladecruces.es

Historia

O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.

Poboación

Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2015 era de 5.556 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é crucés ou carbiao[5].

Censo total 5.556 (2015)
Menores de 15 anos 452 (8.14 %)
Entre 15 e 64 anos 3.269 (58.84 %)
Maiores de 65 anos 1.835 (33.03 %)
Evolución da poboación de Vila de Cruces   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9.924 9.284 11.068 9.041 6.779 6.475 6.325 6.085 5.934 5.676 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Festas e celebracións

A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).

  • Entroido

Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.

  • Gastronomía

Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.

Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vila de Cruces.
Vila de Cruces - Galiza - 070325 075

Igrexa

Vila de Cruces - Galiza - 070325 088

Galería

Vila de Cruces - Galiza - 070325 077

Cruceiro

Viladecruces

Rúa de Vila de Cruces

Nados en Vila de Cruces

Véxase tamén: Categoría:Nados en Vila de Cruces.

Lugares de Vila de Cruces

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vila de Cruces". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 63. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arnego, Vila de Cruces

Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.

As Cruces, Vila de Cruces

A Nosa Señora da Piedade das Cruces é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2014 tiña 1223 habitantes (597 homes e 626 mulleres), 153 máis ca en 2004 (566 homes e 504 mulleres) e 276 máis ca en 1999.

O único lugar da parroquia é Vila de Cruces, capital do concello ao que dá nome.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música das Cruces.

Asorei, Vila de Cruces

Santa María de Asorei é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 51 habitantes (28 homes e 23 mulleres), nunha sóa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 71 habitantes.

Añobre, Vila de Cruces

San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.

Bascuas, Vila de Cruces

Santa Mariña de Bascuas é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (57 mulleres e 57 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Besexos, Vila de Cruces

San Fiz de Besexos é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 128 habitantes (71 mulleres e 57 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 88 habitantes, sendo 42 homes e 46 mulleres.

Bodaño, Vila de Cruces

San Mamede de Bodaño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 162 habitantes (85 mulleres e 77 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Brandariz, Vila de Cruces

San Miguel de Brandariz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 263 habitantes (135 homes e 128 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Camanzo, Vila de Cruces

San Salvador de Camanzo é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 533 habitantes (269 mulleres e 264 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 614 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 454 habitantes, sendo 234 homes e 220 mulleres.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Camanzo.

Ferreirós, Vila de Cruces

San Xes de Ferreirós é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 73 habitantes (40 mulleres e 33 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 98 habitantes.

Fontao, Vila de Cruces

Santiago de Fontao é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 218 habitantes (105 mulleres e 113 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Gres, Vila de Cruces

Santiago de Gres é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 172 habitantes (88 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 146 habitantes, sendo 69 homes e 77 mulleres.

Cabe destacar a contorna coñecida como as Illas de Gres, no río Ulla na fronteira coa parroquia de Ponte Ledesma.

Desta parroquia é natural o escritor Xosé Neira Vilas e nela ten a súa sede a Unión Musical Ponteledesma

Loño, Vila de Cruces

San Mamede de Loño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2012 tiña 111 habitantes (61 mulleres e 50 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Merza, Vila de Cruces

Santa María de Merza é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 524 habitantes (272 homes e 252 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 549 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 403 habitantes, sendo 199 homes e 204 mulleres.

Ollares, Vila de Cruces

Santa María de Ollares é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 104 habitantes (50 mulleres e 54 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 154 habitantes.

Piloño, Vila de Cruces

Santa María de Piloño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 334 habitantes (168 mulleres e 166 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 446 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Piloño.

Salgueiros, Vila de Cruces

San Pedro de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2011 tiña 195 habitantes (114 mulleres e 81 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 251 habitantes.

San Pedro de Losón, Vila de Cruces

San Pedro de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (69 mulleres e 62 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 102 habitantes, sendo 53 homes e 49 mulleres.

Toiriz, Vila de Cruces

San Xoán de Toiriz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 270 habitantes (145 homes e 125 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 208 habitantes, sendo 112 homes e 96 mulleres.

Nesta parroquia naceron o médico Avelino Barrio López e o político Primo Castro Vila.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.