Vila Real

Vila Real é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Vila Real, na rexión Norte e subrexión do Douro, con cerca de 19.000 habitantes (37.000 no seu perímetro urbano). Sitúase nun planalto cercado por varias montañas, de onde se destacan a serra do Marão e a do Alvão. Encóntrase a preto de 460 metros de altitude, estando a cidade vella situada nun promontorio, delimitado polos ríos Corgo e Cabril.

Torre de Quintela
Vila Real. A Torre de Quintela (torre do século XIII).

É sede dun municipio con 377,67 km² de área e 49.957 habitantes (2001), subdividido en 30 freguesías. O municipio limitado ao norte cos concellos de Ribeira de Pena e de Vila Pouca de Aguiar, ao leste con Sabrosa, ao sur con Peso da Régua, ao suroeste con Santa Marta de Penaguião, ao oeste con Amarante, e ao noroeste con Mondim de Basto.

Vila Real é tamén a sede da Universidade dos Tras-os-Montes.

Coordenadas: 41°17′45″N 07°44′46″O / 41.29583, -7.74611

Vila Real
Flag of Vila Real
VRL
Localización
LocalVilaReal
PaísPortugal
RexiónRexión Norte
SubrexiónDouro
DistritoVila Real
Xeografía
Superficie377,67 km²
Demografía
Poboación49.957 hab. (2001)
Densidade132,3 hab/km²
Outros datos
Código postal5000 Vila Real
AlcaldeManuel Martins
www.cm-vilareal.pt
Afonso Sanchez

Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Algarve

O Algarve é unha rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, constituída dende 2003 como Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional (CCDR). Ten unha superficie de 5.412 km² e 451.005 habitantes (2011). A actual rexión do Algarve correspóndese na súa totalidade coa antiga provincia do mesmo nome e co distrito de Faro.

O Algarve divídese en 16 concellos, e a súa capital é a localidade de Faro. A principal actividade económica da rexión é o turismo, atraído polas praias e o patrimonio cultural.

Chaves, Portugal

Chaves é unha cidade portuguesa do Distrito de Vila Real, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, cunha poboación de cerca de 19.300 habitantes. É sede dun municipio con 590,42 km² de área e 44.186 habitantes (2006), subdividido en 51 freguesías.

Distrito

O termo distrito (do latín medieval districtus), designa unha división dun determinado territorio, que pode ser de natureza política, administrativa, militar, xudicial, fiscal, policial ou sanitaria.

Entendida como entidade local é parte da visión anarquista de distrito (autónomo e federalista), onde sería o carácter ideal do réxime de autogoberno.

Distrito de Braga

O distrito de Braga é un distrito portugués, pertencente á provincia tradicional do Miño. Limita ao norte co distrito de Viana do Castelo e con Galiza, ao leste co distrito de Vila Real, ao sur co distrito do Porto e ao oeste co océano Atlántico. Ten unha área de 2.673 km² (15º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 831.368. Capital do distrito: Braga.

Distrito de Vila Real

Vila Real é un distrito de Portugal, pertencente á provincia tradicional de Tras-os-Montes e Alto Douro. En 2009 a poboación residente era de 213 775 habitantes, e a súa capital é Vila Real.

Limita ao norte con Galiza, ao sur co distrito de Viseu, ao leste co distrito de Braganza e ao oeste cos distritos do Porto e Braga. Ten unha área de 4.328 km², sendo o 11º maior distrito portugués.

Endovelico

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus, Endovellicus ou Vaelico, é un dos deuses galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. O seu nome é de orixe celta e significa 'deus moi bo'.

Deus da saúde, protector da terra e da natureza, e vinculado ás forestas, aparece asociado ós animais (de feito, outra proposta respecto á etimoloxía do seu nome é que procede de *uailo, 'lobo', co superlativo *andei-, aínda que tamén se lle fai orixinario de *uell, 'bo'). A consideración de Endovélico como céltico ou lusitano non céltico provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vettons da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. Logo foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron á Esculapio ou a Serapis pola súa vertente sandadora, que segundo o arqueólogo portugués Vasconcellos era unha característica parcial procedente do seu aspecto ctónico (deus do interior da terra, do subterráneo, do Inframundo, do Hades ou infernal). Este aspecto tamén o relaciona coas minas, sobre todo no santuario de Postoloboso, Ávila, xa que o mesmo santuario era un lugar de extracción de ferro. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.

En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal) e nas Minas de Río Tinto (Huelva), debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .

Estadio de la Cerámica

O Estadio de la Cerámica (en valenciano: Estadi de la Ceràmica), coñecido ata 2017 como El Madrigal, é un estadio da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Atópase na Plaça del Llaurador e a bancada de tribuna é paralela á rúa Blasco Ibáñez. É de propiedade municipal e nel xoga os seus partidos o Villarreal Club de Fútbol.

Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores, tras a construción dun novo anfiteatro para a afección visitante para a disputa da Liga de Campións da UEFA, xa que antes era de 22.000 espectadores.

Fernão de Magalhães

Fernão de Magalhães, nado en Sabrosa (distrito de Vila Real) na primavera de 1480 e finado en Filipinas o 27 de abril de 1521, foi un navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do Océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

Montalegre

Montalegre é unha vila portuguesa no distrito de Vila Real, rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, cunha poboación de aproximadamente 1 800 habitantes.

É sede dun concello arraiano de 806,19 km² e 12.762 habitantes (2001), subdividido en 36 freguesías. O concello linda ao norte cos concellos ourensáns de Lobios, Muíños, Calvos de Randín, Baltar, Cualedro e Oímbra (cos terreos do antigo Couto Mixto), ao leste con Chaves, ao sueste con Boticas, ao sur con Cabeceiras de Basto, ao suroeste con Vieira do Minho e ao oeste coas Terras de Bouro.

O concello forma, xunto con Boticas, a rexión das Terras do Barroso. O 26,26 % da superficie do concello forma parte do Parque Nacional de Peneda-Gerês, sendo con 211,74 km² os concello con máis territorio do parque.

Plana Baixa

A Plana Baixa é unha comarca situada na costa da provincia de Castelló, no País Valenciano. A súa capital é Borriana e o concello máis poboado é Vila-real.

Provincia de Castelló

A provincia de Castelló (en valenciano: Castelló; en castelán: Castellón) é unha provincia do norte da Comunidade Valenciana, con capital en Castelló de la Plana. Limita polo norte con Cataluña, ao noroeste e oeste con Aragón, e polo leste co mar Mediterráneo. Castelló de la Plana é a única localidade que supera os 50.000 habitantes pois conta con 160.714 habitantes. Despois a segue Vila-real con 44.685 habitantes.

Reserva da biosfera Gerês-Xurés

A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xerés, do Quinxo e da Santa Eufemia. Parte súa está en concellos galegos da Limia e Baixa Limia e en autarquías de Viana do Castelo, Braga e Vila Real das provincias portuguesas do Minho e Trás-os-Montes. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.

Rexión Norte, Portugal

A Rexión Norte de Portugal é unha rexión que comprende os distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto, Vila Real e Braganza, así como parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Guarda.

Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24 % do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37 % do Portugal continental).

Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.

Río Guadiana

O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das linguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio o Vello na súa obra Historia Natural.

Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

Tras os Montes e Alto Douro

Tras os Montes e Alto Douro, ortografado en portugués Trás-os-Montes e Alto Douro era unha antiga provincia portuguesa creada pola reforma administrativa de 1936, en conformidade coa Constitución portuguesa de 1933 (Estado Novo). As novas provincias da reforma baseábanse nun estudo xeográfico que identificaba 13 "rexións naturais" portuguesas. A rexión natural de Trás-os-Montes e a rexión natural do Alto Douro, foron agrupadas na provincia de Tras os Montes e Alto Douro. A provincia continuaba xeográficamente a antiga provincia de Tras os Montes, englobaba tamén algúns concellos da marxe esquerda do Douro.

As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976. Segundo a división en distritos, a antiga provincia quedaría distribuída nos distritos de Vila Real e Braganza.

A proposta de rexionalización suxeita a Referendo en 1998 (sendo rexeitada) prevía a creación da rexión de Tras os Montes, idéntica á provincia de 1936, coa excepción de incluír un concello máis (Mêda).

Vila-real

Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.

Durante a primeira metade do século XX adicouse ó cultivo da laranxa. Na actualidade, posúe unha importante industria de azulexos. É tamén coñecida internacionalmente polo Villarreal Club de Fútbol.

Villarreal Club de Fútbol

O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol), tamén coñecido coma o Submarino amarelo, é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División.

Un dos seus maiores logros internacionais, e da súa historia, foi na tempada 2005-06, na Liga de Campións da UEFA, onde chegou ata as semifinais, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén conseguíu ser subcampión de Liga en 2008.

Villarreal Club de Fútbol B

O Villarreal Club de Fútbol B é o equipo filial do Villarreal Club de Fútbol, club de fútbol da cidade española de Vila-real (Castelló). Foi fundado en 1999 e actualmente xoga na Segunda División B.

Disputa os seus partidos na Cidade Deportiva do Villarreal, pero en ocasións disputou partidos no Estadio de la Cerámica, onde xoga o primeiro equipo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.