Vietnam

Coordenadas: 16°N 108°L / 16, -108

República Socialista de Vietnam
Cộng hòa Xã hội Chủ nghĩa Việt Nam
Bandeira de Vietnam
Emblema de Vietnam
BandeiraEmblema
Vietnam on the globe (Vietnam centered)
Lema: Ðộc lập, tự do, hạnh phúc
(Vietnamita: Independencia, Liberdade, Felicidade)
Himno: Tien Quan Ca
Capital
 • Poboación
Hanoi
3 083 800 (2004)
Cidade máis poboadaCidade Ho Chi Minh
Linguas oficiaisVietnamita
Forma de gobernoEstado socialista
Nguyễn Phú Trọng
Nguyễn Xuân Phúc
 · declaración
 · recoñecida
2 de setembro de 1945
1954
SuperficiePosto 65º
 • Total331 210 km²
 • % auga6,4
Fronteiras4 639 km
Costas3 444 km
PoboaciónPosto 13º
 • Total92 477 857 hab.
 • Densidade272 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 38º
 • Total (2013)358 889 000 000 $
 • per cápita4 001,287 $
MoedaDong (VND)
IDHn/d
Xentiliciovietnamita[1]
Fuso horarioUTC+7
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.vn
Prefixo telefónico+84
Prefixo radiofónicoXVA-XVZ / 3WA-3WZ
Código ISO704 / VNM / VN

Vietnam[1] (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ( listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste.[2] A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.

Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun século, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.

Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico.[3] No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo,[3] e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías.[4] As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.

Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.[5][6][7][8][9]

Historia

Artigo principal: Historia de Vietnam.

Introdución

A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do Imperio Chinés e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do século X e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado por Francia. Durante a segunda guerra mundial, o Xapón ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o Goberno de Vichy colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, Ho Chi Minh proclamou a República Democrática de Vietnam.

Ó rematar a guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a guerra de Indochina que finalmente perdeu. A Conferencia de Xenebra de 1954 dividiu o país en dous: Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Durante a guerra fría, o norte recibiu o apoio da República Popular de China e a Unión Soviética, mentres que o Sur obtivo o apoio dos Estados Unidos. Axiña as tensións levaron á guerra de Vietnam, que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de 1973 e a toma de Saigón en abril de 1975. En 1976, Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de República Socialista de Vietnam.

En 1978, Vietnam invadiu a Kampuchea Democrática de Pol Pot e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comenzaron as negociacións para restablecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".

Era predinástica

Trong dong Dong Son Guimet
Un tambor de bronce Dong Song, feito arredor do -800 durante a Idade de Bronce. Museo Guimet, París.

De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino Áu Lac (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - Van Lang), no norte de Vietnam.

Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do Sueste asiático. No 208 a.C., a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba localizado ó sur de China e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o -111 a.C. ata o século X Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.

Era dinástica

Main hall, Văn Miếu (Hanoi, Vietnam - 2006)
O templo da literatura en Hanoi, construído no século XI.

En 938, Ngô Quyền logrou derrotar ás forzas chinesas na Batalla do río Bạch Đằng e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada Đại Việt, a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos mongois en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola dinastía Ming de China, pero foi restaurada por Lê Lợi, o fundador da dinastía Lê.

Territorial expansion of Vietnam from Lý dynasty to Nguyễn dynasty (1009–1834)
Mapa da expansión do pobo vietnamita cara o sur, Nam Tien, dende 1069 a 1757.

No século XV, o feudalismo acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador Lê Thánh Tông. Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (expansión sur e que os levou a conquistar o Reino de Champa (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do imperio khmer (Kampuchea Krom).

A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos franceses, quen estableceron a Dinastía Nguyễn.

Dominio francés (1887 — 1954)

Artigo principal: Guerra de Indochina.
Indochine française (1913)
Mapa da Indochina Francesa en 1913.

A independencia de Vietnam rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o cristianismo, desenvolveuse o cultivo de tabaco, e café. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como Phan Boi Chau, Phan Chu Trinh, o Emperador Ham Nghi e Ho Chi Minh. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a segunda guerra mundial, cando os xaponeses invadiron a Península Indochina. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados polo Xapón para as súas campañas militares en Myanmar, Malaisia e India.

Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de Ho Chi Minh desafiou ós franceses. Despois da derrota do Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a primeira guerra de Indochina (1945 - 1954). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en Vietnam do Norte e Vietnam do Sur.

Política

Vietnam é unha república socialista. O dereito de voto é dado aos cidadáns de mais de 18 anos. O presidente é o xefe do estado, mentres que o primeiro ministro é o xefe do goberno. O presidente é nomeado polo parlamento. Nguyễn Phú Trọng é o presidente de Vietnam desde o ano 2016.

O sistema xudicial baséase sobre o dereito francés e sobre as teorías comunistas. O poder lexislativo é exercido por unha soa cámara composta de 450 asentos renovados cada 5 anos.

Vietnam é membro da ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do sueste).

Linguas

Vietnam ten unha gran diversidade lingüística, pois conta con 55 linguas, repartidas en 6 a 7 grupos etnolingüísticos. A lingua oficial é o vietnamita, que se escribe con caracteres latinos. O vietnamita é unha das poucas linguas de Extremo Oriente que pasou dun sistema ideográfico (próximo á grafía chinesa) ao alfabeto latino. A utilización desta transcrición latina está en vigor no ensino dende 1918 e oficialízase a partir da independencia.

Provincias

Vietnam está dividido en 58 provincias (tinh) e 5 municipalidades controladas polo goberno central ao mesmo nivel que as provincias (thành phố trực thuộc trung ương).

As provincias divídense en distritos (huyện), cidades provinciais (thành phố trực thuộc tỉnh), e cidades (thị xã), que se subdividen en cidades (thị trấn) ou concellos (xã).

VietnameseProvincesMap
Provincias de Vietnam
Vietnamese wooden ceiling
Teito vietnamita.
Nome Capital Poboación
(1 Xul 2006)
Superficie
(1 Xan 2006)
Rexión
Bắc Ninh Bắc Ninh 1,009,800 823.1 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Nam Phủ Lý 826,600 859.7 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải Dương Hải Dương 1,722,500 1,652.8 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hưng Yên Hưng Yên 1,142,700 923.5 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Nam Định Nam Định 1,974,300 1,650.8 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Ninh Bình Ninh Bình 922,600 1,392.4 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Thái Bình Thái Bình 1,865,400 1,546.5 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Vĩnh Phúc Vĩnh Yên 1,180,400 1,373.2 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Nội (concello) 5,760,200 3,119 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải Phòng (concello) 1,803,400 1,520.7 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Tĩnh Hà Tĩnh 1,306,400 6,026.5 km² Bắc Trung Bộ
Nghệ An Vinh 3,064,300 16,498.5 km² Bắc Trung Bộ
Quảng Bình Đồng Hới 847,900 8,065.3 km² Bắc Trung Bộ
Quảng Trị Đông Hà 625,800 4,760.1 km² Bắc Trung Bộ
Thanh Hoá Thanh Hoá 3,680,400 11,136.3 km² Bắc Trung Bộ
Thừa Thiên-Huế Huế 1,143,500 5,065.3 km² Bắc Trung Bộ
Bắc Giang Bắc Giang 1,594,300 3,827.4 km² Dong Bac
Bắc Kạn Bắc Kạn 301,500 4,868.4 km² Dong Bac
Cao Bằng Cao Bằng 518,900 6,724.6 km² Dong Bac
Hà Giang Hà Giang 683,500 7,945.8 km² Dong Bac
Lạng Sơn Lạng Sơn 746,400 8,331.2 km² Dong Bac
Lào Cai Lào Cai 585,800 6,383.9 km² Dong Bac
Phú Thọ Việt Trì 1,336,600 3,528.4 km² Dong Bac
Quảng Ninh Hạ Long 1,091,300 6,099.0 km² Dong Bac
Thái Nguyên Thái Nguyên 1,127,200 3.546.6 km² Dong Bac
Tuyên Quang Tuyên Quang 723,300 5,870.4 km² Dong Bac
Yên Bái Yên Bái 740,700 6,899.5 km² Dong Bac
Điện Biên Điện Biên 459,100 9,562.5 km² Tây Bắc
Hoà Bình Hoà Bình 820,400 4,684.2 km² Tây Bắc
Lai Châu Lai Châu 319,900 9,112.3 km² Tây Bắc
Sơn La Sơn La 1,007,500 14,174.4 km² Tây Bắc
Daklak Buôn Ma Thuột 1,737,600 13,139.2 km² Tây Nguyên
Dak Nông Gia Nghĩa 407,300 6,516.9 km² Tây Nguyên
Gia Lai Pleiku 1,161,700 15,536.9 km² Tây Nguyên
Kontum Kontum 383,100 9,690.5 km² Tây Nguyên
Lâm Đồng Đà Lạt 1,179,200 9,776.1 km² Tây Nguyên
Bình Định Quy Nhơn 1,566,300 6,039.6 km² Nam Trung Bộ
Khánh Hòa Nha Trang 1,135,000 5,217.6 km² Nam Trung Bộ
Phú Yên Tuy Hòa 873,300 5,060.6 km² Nam Trung Bộ
Quảng Nam Tam Kỳ 1,472,700 10,438.3 km² Nam Trung Bộ
Quảng Ngãi Quảng Ngãi 1,295,600 5,152.7 km² Nam Trung Bộ
Đà Nẵng (concello) 788,500 1,257.3 km² Nam Trung Bộ
Bà Rịa-Vũng Tàu Vũng Tàu 926,300 1,989.6 km² Dong Nam Bo
Bình Dương Thủ Dầu Một 964,000 2,696.2 km² Dong Nam Bo
Bình Phước Đồng Xoài 809,500 6,883.4 km² Dong Nam Bo
Bình Thuận Phan Thiết 1,163,700 7,836.9 km² Dong Nam Bo
Đồng Nai Biên Hòa 2,214,800 5,903.9 km² Dong Nam Bo
Ninh Thuận Phan Rang-Tháp Chàm 567,900 3,363.1 km² Dong Nam Bo
Tây Ninh Tây Ninh 1,047,100 4,035.9 km² Dong Nam Bo
Cidade Ho Chi Minh (concello) 6,105,800 2,098.7 km² Dong Nam Bo
An Giang Long Xuyên 2,210,400 3,536.8 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bạc Liêu Bạc Liêu 820,100 2,584.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bến Tre Bến Tre 1,353,300 2,360.2 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cà Mau Cà Mau 1,232,000 5,331.7 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Đồng Tháp Cao Lãnh 1,667,800 3,376.4 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Hậu Giang Vị Thanh 796,900 1,601.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Kiên Giang Rạch Giá 1,684,600 6,348.3 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Long An Tân An 1,423,100 4,493.8 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Sóc Trăng Sóc Trăng 1,276,200 3,312.3 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Tiền Giang Mỹ Tho 1,717,400 2,484.2 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Trà Vinh Trà Vinh 1,036,800 2,295.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Vĩnh Long Vĩnh Long 1,057,000 1,479.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cần Thơ (concello) 1,139,900 1,401.6 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Vm-map
Mapa do Vietnam.

Municipalidades

Can Tho, Da Nang, Haifong, Hanoi, Cidade Ho Chi Minh (antes chamada Saigon), Nha Trang.

Xeografía

Vietnam é un país do sueste de Asia. Rodeado polo golfo de Tailandia, o golfo de Tonkín, o mar de China, China, Laos e Camboxa. Ocupa unha superficie de 329.560 km², con 4.200 km² de augas territoriais.

No sur, o clima é tropical mentres que no norte é un clima de monzón. Ngoc Linh, con 3.143 m, é o punto cumio do país.

Economía

Artigo principal: Economía do Vietnam.

Demografía

No ano 2007, Vietnam tiña unha poboación de 85.262.000 habitantes. A esperanza de vida é de 71 anos. O 94.3% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 1,89.

A etnia Kihn representa o 87 por cento da poboación e é a principal habitante das cidades e das terras chairas, deixando ao resto dos grupos étnicos o predominio das áreas montañosas.

O 50 % da poboación é menor de 25 anos.

Vietnam-demography
Evolución da demografia entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Turismo

Festas

Festas
Data Nome galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo solar Tết dương lịch
entre xaneiro e o comezo de febreiro Ano Novo Lunar Tết Nguyên Đán 4 días. Dura do último do ano precedente ao 3º día do ano seguinte segundo o calendario lunar
30 de abril Aniversario da liberación de Vietnam Sur Ngày giải phóng Caída de Saigon en 1975
1 de maio Xornada internacional do traballo Ngày Quốc tế Lao động
2 de setembro Festa nacional da República socialista de Vietnam Quốc khánh Discurso de Ho Chi Minh en 1945

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.
  2. The South China Sea is referred to in Vietnam as the East Sea (Biển Đông). VietNamNet News, ed. (10 de decembro de 2012). "China continues its plot in the East Sea". Consultado o 16 de febreiro de 2013.
  3. 3,0 3,1 "Vietnam's new-look economy". BBC News. 18 de outubro de 2004.
  4. Weisenthal, Joe (22 de febreiro de 2011). "3G Countries". Businessinsider.com. Consultado o 6 de agosto de 2011.
  5. "Vietnam Inequality Report" (PDF). Mekong Economics. 2005. Consultado o 7 de novembro de 2010.
  6. "Distribution of Family Income – Gini Index". CIA World Factbook, 2008 data. Consultado o 27 de novembro de 2011.
  7. Adam Wagstaffa; Eddy van Doorslaerc; Naoko Watanabea (2003). "On decomposing the causes of health sector inequalities with an application to malnutrition inequalities in Vietnam". Journal of Econometrics (en inglés) 112 (1): 207–223. doi:10.1016/S0304-4076(02)00161-6.
  8. Daniel Goodkind (1995). "Rising Gender Inequality in Vietnam Since Reunification". Pacific Affairs (en inglés) 68 (3): 342–359. JSTOR 2761129. doi:10.2307/2761129.
  9. Gallup, John Luke (2002). "The wage labor market and inequality in Viet Nam in the 1990s". Ideas.repec.org. Consultado o 7 de novembro de 2010.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Herring, George C. (2001). America's Longest War: The United States and Vietnam, 1950–1975 (4th edition).
  • Jahn, G.C. (2006). "The dream is not yet over". In Fredenburg P., Hill B. (eds.): Sharing rice for peace and prosperity in the Greater Mekong Subregion. Victoria, Australia: Sid Harta Publishers. p. 237–240.
  • Karrnow, Stanley (1997). Vietnam: A History (2nd edition). Penguin. ISBN 0-14-026547-3.
  • McMahon, Robert J. (1995). Major Problems in the History of the Vietnam War: Documents and Essays.
  • Tucker, Spencer (ed.) (1998). Encyclopedia of the Vietnam War. 3-volume reference set; also one-volume abridged edition (2001).

Ligazóns externas

.vn

.vn é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Vietnam.

14 de xaneiro

O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.

22 de outubro

O 22 de outubro é o 295º día do ano do calendario gregoriano (296ºnos anos bisestos). Quedan 70 días para finalizar o ano.

30 de decembro

O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.

Bandeira de Vietnam

A bandeira de Vietnam, tamén coñecida como "bandeira vermella coa estrela amarela" (cờ đỏ sao vàng), foi deseñada en 1940 por Nguyễn Hữu Tiến, un revolucionario contrario a colonización francesa, durante a o goberno francés da Cochinchina. A bandeira foi empregada polo Việt Minh, unha organización comunista creada en 1941 como resposta á ocupación xaponesa. Ó fin da Segunda Guerra Mundial, o líder Việt Minh Hồ Chí Minh proclamou un Vietnam independente e asinou un decreto o 5 de setembro de 1945, polo cal a bandeira converteuse na oficial da República Democrática de Vietnam.

Camboxa

Camboxa, ou Cambodia oficialmente Reino de Camboxa (khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur con Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.

Golfo de Tailandia

O Golfo de Tailandia (en tailandés: อ่าวไทย, Ao Thai) ou Golfo de Siam está localizado no mar da China Meridional (Océano Pacífico) e está rodeado por Malaisia, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No extremo norte do golfo atópase a desembocadura do río Chao Phraya, no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².

Guerra de Vietnam

A guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina e guerra dos Estados Unidos, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría.

As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF, polas súas siglas en inglés) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia e Tailandia, mentres que Alemaña, Irán, Marrocos, Reino Unido e Suíza contribuíron con subministracións materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos EUA foron enviados por Taiwan e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitaria.

A guerra distinguiuse na súa vertente militar por transcorrer sen a formación das tradicionais liñas de fronte, salvo as que se establecían ao redor dos perímetros das bases ou campos militares, de xeito que as operacións se sucederon en zonas non delimitadas, proliferando as misións de guerra de guerrillas ou de "procura e destrución", xunto con accións de sabotaxe nas retagardas das áreas urbanas, o uso da forza aérea para bombardeos masivos e o emprego extensivo de axentes e armas químicas, constituíndo estas últimas operacións flagrantes violacións a diversas convencións internacionais de guerra que prohiben a utilización de armas químicas e biolóxicas.

A cobertura do conflito realizada polos medios de comunicación permitiu a denuncia dos frecuentes abusos dos dereitos humanos e a brutalidade sobre a poboación civil por parte dos contendentes, alimentando a crecente oposición da opinión pública internacional cara á intervención norteamericana en particular.

Ante a contestación e división da sociedade norteamericana, os acordos de paz de París en 1973 supuxeron a retirada das tropas estadounidenses e o cesamento da súa intervención directa, pero non lograron pór fin ao conflito que proseguiu até que en 1975, tras a toma de Saigón, se forzou a rendición incondicional das tropas survietnamitas e a unificación do país, baixo o control do goberno comunista de Vietnam do Norte, co nome da República Socialista de Vietnam, o 2 de xullo de 1976.

A guerra causou a morte, segundo as distintas fontes, de entre 2 e 5,7 millóns de persoas , a meirande parte delas civís, e graves danos medioambientais.

Para os EUA, o conflito resultou ser a confrontación máis longa na que participou o país dende a súa creación e alimentou o sentimento de derrota ou "Síndrome de Vietnam" en moitos cidadáns que se viu reflectido no mundo cultural e a industria cinematográfica, así como un repregamento na política exterior até a chegada de Ronald Reagan en 1980.

Hanoi

Hanoi (en vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3 145 300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun independente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyễn como capital do Vietnam, mais volveu selo durante o período colonial como capital da Indochina Francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.

A cidade está situada na beira dereita do río Vermello. Hanoi sitúase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1.760 km de Cidade Ho Chi Minh, a antiga Saigon, no extremo sur do país.

Ho Chi Minh

Ho Chi Minh (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado o 19 de maio de 1890 e morto o 2 de setembro de 1969, foi un político e revolucionario vietnamita, e Presidente (1954 - 1969) de Vietnam do Norte.

Indochina

Indochina é a península situada no sueste asiático, situada entre a India e China. Actualmente está formada por Camboxa, Vietnam, Laos, Myanmar e Tailandia. No sentido máis estrito só se denomina Indochina ás colonias francesas de Asia (Laos, Camboxa, Annam, Tonkín e Cochinchina). Ás veces tamén se consideran parte desta rexión a Malaisia peninsular e Singapur.

Conta con máis dun millón e medio de km² de territorio e unha poboación que supera os 200 millóns de habitantes.

Laos

Laos (en lao: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Lingua vietnamita

O vietnamita (tiếng Việt, tiếng Việt Nam, ou Việt ngữ), unha lingua tonal, é a lingua oficial de Vietnam (Việt Nam). É a lingua do pobo vietnamita (người Việt ou người kinh), que constitúe arredor do 87% da poboación de Vietnam (e segundo idioma do resto da poboación vietnamita), ademais de selo de 2 millóns de emigrantes vietnamitas, a metade nos Estados Unidos . Aínda que contén moito vocabulario proveniente do chinés, e que foi no pasado escrito usando os ideogramas chineses, non é considerado como emparentado ao chinés senón como unha lingua austroasiática. Antigamente foi coñecido, baixo a dominación francesa, como Annamita (ver Annam)

O vietnamita actualmente usa o alfabeto latino, complementado cunha chea de acentos diacríticos.

Pena de morte

A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.

Segundo o informe anual de execucións xudiciais de Amnistía Internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1.146 persoas en 28 países. O 84% das mortes documentadas ocorreron en catro países: a República Popular China levou a cabo 726 execucións, Irán matou 108 persoas, Estados Unidos 65 e Vietnam 64.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 18 de decembro de 2007 unha resolución chamando a tódolos países a suspender a pena de morte en todo o mundo. 104 Estados votaron a favor, 54 en contra e 29 abstivéronse. No 2008, 137 países xa aboliran este castigo pero 60 aínda o manteñen e o aplican. Durante o 2007 foron condenadas a morte 3.347 persoas e executadas 1.252 (42 delas nos Estados Unidos).

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial contra a Pena de Morte para sensibilizar a poboación.

Platoon

Platoon é unha película bélica de 1986, ambientada na guerra do Vietnam. Foi dirixida por Oliver Stone e protagonizada por Tom Berenger, Willem Dafoe e Charlie Sheen. Trátase da primeira película da triloxía de Stone sobre a guerra do Vietnam, seguida por Born on the Fourth of July (1989) e Heaven & Earth (1993).

Stone escribiu a historia baseada na súa experiencia como soldado estadounidense en Vietnam, para contrastar a visión da guerra que aparecía en The Green Berets de John Wayne. O filme gañou o Óscar ó mellor filme no ano 1986.

Vietnam Airlines

Vietnam Airlines (vietnamita: Hãng Hàng không Quốc gia Việt Nam) é a aeroliña nacional de Vietnam. Fundada en 1956 co nome Vietnam Civil Aviation, a compañía estableceuse como unha empresa estatal en abril de 1989. Vietnam Airlines ten a súa sede no distrito Long Biên de Hanoi, e ten centros de conexións no aeroporto de Nội Bài e no aeroporto de Tân Sơn Nhất. A aeroliña voa a 64 destinos en 17 países, sen contar os códigos compartidos.

Dende o seu nacemento ata principios dos 90, Vietnam Airlines era unha aeroliña menor dentro da industria aeronáutica xa que foi obstaculizada por unha variedade de factores, incluíndo a situación socioeconómica e política do país. Coa normalización das relacións do goberno cos Estados Unidos, a aeroliña foi capaz de medrar, mellorou os seus produtos e servizos e modernizou a súa anticuada frota. En 1996 o goberno vietnamita mercou 20 compañías de servizos para formar Vietnam Airlines Corporation, sendo a aeroliña a súa peza central. En 2010 a corporación reestruturouse nunha sociedade de responsabilidade limitada e pasou a chamarse Vietnam Airlines Company Limited. Un consello de administración de sete persoas, nomeadas polo primeiro ministro vietnamita, supervisa a compañía.

Como o transporte de pasaxeiros constitúe a súa actividade principal, Vietnam Airlines xoga un rol crucial no desenvolvemento económico do país. Posúe o 100% de Vietnam Air Service Company, unha aeroliña rexional do sur do país, o 70% da low-cost Jetstar Pacific Airlines, e o 49% da aeroliña nacional camboxana Cambodia Angkor Air. Ademais, a corporación ten ingresos procedentes do catering e do mantemento e revisións de avións a través de varias subsidiarias, como Vietnam Airlines Engineering Company e Vietnam Airlines Caterers. A compañía tamén diversificou os seus investimentos na industrias do alugueiro de aeronaves e servizos aeroportuarios, e está buscando fabricar compoñentes de aeronaves. A compañía tamén controla e opera unha división de carga, Vietnam Airlines Cargo.

Vietnam Airlines converteuse en membro de SkyTeam en xuño de 2010, sendo a primeira aeroliña do Sueste Asiático en unirse a esa alianza.

Vietnam do Sur

A República de Vietnam (Việt Nam Cộng Hòa, en lingua vietnamita) ou Vietnam do Sur foi un estado localizado no sueste asiático que ocupaba o que hoxe en día é o sur de Vietnam entre 1955 e 1975, como resultado da división do país na Conferencia de Xenebra. Trala derrota dos franceses, produciuse unha chegada de asesores militares dos Estados Unidos para evitar que os comunistas de Vietnam do Norte se apropiaran do sur, actuando de acordo á doutrina Truman. Estados Unidos deulle grande importancia á supervivencia do estado survietnamita debido a que se cría que unha vitoria sobre os comunistas podería propiciar a sucesiva caída na esfera soviética dos países da zona, seguindo o que se coñecía como a teoría do dominó. Despois da retirada americana en 1973, Vietnam do Norte acabaría conquistando Vietnam do Sur o 2 de xullo de 1976.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.