Vieiros (xornal)

Vieiros foi un portal galego de internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996 e pechou o 24 de xullo de 2010[1]. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede.[Cómpre referencia]

Historia

Na primavera de 1995 comezou o traballo de deseño e preparación e Vieiros, que tomou o nome da desaparecida revista do Padroado da Cultura Galega en México, viu a luz o 24 de febreiro de 1996, data que coincidía co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega.

Nun comezo era un índice de recursos de interese para Galicia, o que o converteu no primeiro directorio da rede galega. O directorio de rexistros deu o salto a Buscador en 1997, nacendo deste xeito o primeiro buscador galego.

Nun principio os recursos organizábanse de forma temática e tamén contiña a sección A Galería, na que se daba a coñecer a obra e biografía dos artistas galegos. Ademais realizáronse especiais como o do Día das letras galegas. No Nadal de 1996 comezou a súa andaina a sección informativa semanal Cousas, que en 1997 se converteu na páxina principal e xa con periodicidade diaria e incorpora un motor de busca, que foi o primeiro buscador galego e posteriormente aparecen edicións locais, charlas en liña.

Foi dirixido por Rocío Castro, Anxo Quintela (durante tres anos), María Yáñez (durante 10 meses en 2006) e Ramón Vilar Landeira (dende finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010).

Dende a súa creación o editor e propietario foi Lois Rodríguez.

O 24 de xullo de 2010, véspera do Día Nacional de Galicia a través dun editorial anúnciase o peche do portal debido a motivos económicos.

Vieiros é importante na historia da comunicación en Galicia por ser fundamentalmente un medio pioneiro en múltiplas iniciativas que logo se habían de espallar a outros medios. Entre elas salientan:

Notas

  1. Até sempre, Vieiros.com.

Véxase tamén

Ligazóns externas

José Luis Sucasas

José Luis Sucasas Fernández, nado en Cadrón (Lalín) o 24 de xuño de 1959 e finado na illa da Toxa o 1 de abril de 2017, foi un escritor e político galego.

Natasha Vázquez Ruiz

Natasha Vázquez Ruiz, nada en Moscova o 30 de abril de 1967 é unha xornalista e cineasta cubana de orixe galega.Ten dirixido e producido diversos documentais, a maioría relacionados coa emigración galega a Cuba, cos que gañou numerosos premios, entre eles a Medalla Castelao.

Rafael Cuíña

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Vieiros

Vieiros pode referirse a:

Vieiros, lugar da parroquia da Seara, no concello de Quiroga;

Vieiros, libro de poesía de Ricardo Carvalho Calero (1931);

Vieiros, revista galega creada en México (1959-1968);

Vieiros, xornal electrónico (1996-2010);

Vieiros, documental sobre Carlos Velo dirixido por Laura Gárdos Velo (1999).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.