Vieira

A vieira (Pecten maximus, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo, moi apreciado comercialmente, caracterizado pola súa cuncha redonda de gran tamaño.

Vieira
Dúas valvas superiores de vieira

Dúas valvas superiores de vieira
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Ostreoida
Suborde: Pectinina
Superfamilia: Pectinoidea
Familia: Pectinidae
Xénero: ''Pecten''
Especie: P. maximus
Nome binomial
'Pecten maximus'
(Linnaeus, 1758)

Morfoloxía

Coquilles Saint-Jacques
Vieiras á venda.

A cuncha é redondeada (apuntada no vértice) e de valvas desiguais: a inferior ou dereita é cóncava e a superior ou esquerda plana. Ámbalas valvas están percorridas por costelas ben marcadas, en disposición radial, dando a imaxe dun abano. As costelas, á súa vez, están percorridas por finas liñas tamén radiais. O bordo é fino e ondulado.

Poden se apreciar tamén unhas marcas ou rugosidades finas, concéntricas, que corresponden co rexistro do crecemento do animal.

No vértice mostra dúas prolongacións (orellas) simétricas. Estas formacións permiten diferenciar a vieira doutras especies de pectínidos, como a zamburiña ou a volandeira.

A cor da cuncha é moi variable, normalmente castaña, laranxa ou abrancazada; a valva cóncava é máis clara que a valva plana.

Hábitat e bioloxía

Viven en augas profundas da maior parte dos mares, sobre bancos de area limpa e firme preto da costa, até 100 metros de profundidade. Son organismos nadadores e xeralmente atópanse repousando no fondo sobre a súa valva inferior.

Aliméntanse por filtración, polo que ante fenómenos de afloracións masivas de dinoflaxelados (marea vermella) é recomendable evitar o seu consumo.

Son hermafroditas, e maduran primeiro as gónadas masculinas. As gónadas están ben desenvolvidas e son claramente visibles ó abrir a cuncha: a parte laranxa corresponde á gónada feminina e a abrancazada á masculina.

Aproveitamento pesqueiro e comercial

As vieiras son de grande importancia comercial, debido ao saboroso da súa carne, que pode ser consumida en diferentes preparacións culinarias (en empanadas, ó forno etc.).

Captúranse mediante o rastro da vieira desde a embarcación na superficie pero tamén se cultiva en batea. A pesca da vieira adquire principal importancia na ría de Arousa, concretamente en Cambados.

No mercado pódense atopar en fresco ou conxeladas. Cando é en fresco adoita ser de orixe galega, aínda que non sempre, mentres que a vieira conxelada é normalmente de orixe foránea. especialmente inglesa.

A vieira en Galicia

Camiño de Santiago, Fisterra
Fito do comezo do Camiño de Santiago desde Fisterra.

A cuncha da vieira é o símbolo por excelencia do peregrino no Camiño de Santiago. A razón é que, ao ser típica das costas de Galicia, os peregrinos levábana ós seus lugares de orixe como proba de que chegaran até o final da viaxe. En realidade, Linneo deu o nome de Pecten jacobeus, ou cuncha de Santiago, á vieira do Mediterráneo, non á especie propia das costas atlánticas

En Galicia, a vieira recibe tamén os nomes de aviñeira, peregrina, cuncha de pelegrín, xacobea [1] e cascarrón.

Notas

  1. Eladio Rodríguez puntualiza que este nome se aplica propiamente á cuncha que levaban os peregrinos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA: Vieira, zamburiña e volandeira, 1990.
  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.

Outros artigos

Ligazóns externas

13 de xuño

O 13 de xuño é o 164º día do ano do calendario gregoriano e o 165º nos anos bisestos. Quedan 201 días para finalizar o ano.

17 de marzo

O 17 de marzo é o 76º día do ano do calendario gregoriano e o 77º nos anos bisestos. Quedan 289 días para finalizar o ano.

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

19 de agosto

O 19 de agosto é o 231º día do ano do calendario gregoriano e o 232º nos anos bisestos. Quedan 134 días para finalizar o ano.

6 de marzo

6 de marzo é o 65º día do ano no calendario gregoriano e o 66º nos anos bisestos. Quedan 300 días para acabar o ano.

Cabo Verde

Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos. O arquipélago, que forma parte da rexión de Macaronesia, está composto por dez illas grandes e cinco menores.

Enxebre orde da vieira

A Enxebre Orde da Vieira é un grupo asociado ao Centro Gallego de Madrid fundado en 1967 coa finalidade de reunir os galegos que vivían en Madrid para defender e apoiar todo o relacionado con Galicia. Non poñen limitacións ideolóxicas, mais o grupo en si podería considerarse elitista; o amor a Galicia é a razón de existencia da Orde, máis non é o único tema tratado polos representantes da mesma. Normalmente xúntanse unha vez ao ano nunha comida na época do Entroido

Guinea-Bissau

Guinea-Bissau ou Guiné-Bissau é un estado de África Occidental, sitúase na costa do continente dende o Cabo Vermello ata a punta Cagete. con 36.125 km² de superficie, limita ao norte con Senegal, ao leste e sueste con Guinea, e ao sur e oeste co Océano Atlántico. Alén do territorio continental, o país ten tamén unhas 40 illas que constitúen o Arquipélago dos Bixagós, separado do continente polas canles de Geba, Pedro Álvares, Bolama e Canhabaque.

Marcelo Vieira

Marcelo Vieira da Silva Júnior (nacido o 12 de Mallo de 1988) é un futbolista brasileiro que xoga no Real Madrid e na selección brasileira. De Marcelo dise que esta dotado dunha grande capacidade técnica, dun tiro feroz, e un bo pase. Principalmente é un lateral esquerdo que tamén pode xogar coma un centrocampista.

Moitas veces é comparado co futbolista Roberto Carlos, Marcelo foi nomeado por Roberto Carlos como o seu heredeiro e dixo "Marcelo posúe unha capacidade técnica mellor ca miña," e de Marcelo tamén se di que é o mellor xogador do mundo na súa posición.Ao longo da tempada, Marcelo foi eloxiado por lendas do fútbol como Paolo Maldini e Diego Maradona, que tamén o chamou coma o mellor xogador na súa posición.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Miguel Santalices

Miguel Ángel Santalices Vieira, nado en Bande o 17 de marzo de 1955, é médico, milita no Partido Popular e é o actual presidente do Parlamento de Galicia.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Pectínidos

Vieira redirixe aquí. Para o futbolista francés, faga clic en Patrick Vieira.

Os pectínidos (Pectinidae), coñecidos popularmente como vieiras, son unha familia de moluscos bivalvos, emparentados de preto coas ameixas e as ostras. Viven en augas profundas da maior parte dos mares, sobre bancos de area limpa e firme preto da costa, até 100 metros de profundidade. Son hermafroditas, e maduran primeiro as gónadas masculinas.

A vieira endémica do Mediterráneo é a (Pecten jacobaeus) e a das costas galegas denomínase (Pecten maximus).

Ramiro Vieira

Ramiro Vieira Durán, finado en Vigo o 16 de abril de 1920, foi un xornalista e escritor galego.

Vieira do Minho

Vieira do Minho é un concello e vila portuguesa no Distrito de Braga, Rexión do Norte e na subrexión do Ave.

É a sede dun concello de 218,05 km² de área e 12 997 habitantes (censo de 2011), subdividido en 16 freguesías. O concello está limitado polo norte co concello de Terras de Bouro, ao norte e leste por Montalegre, ao sueste por Cabeceiras de Basto, ao sur por Fafe, ao suroeste con Póvoa de Lanhoso e ao nordés por Amares.

O punto máis elevado do concello atópase no Alto do Talefe, cunha altitude de 1262 metros.

O concello sitúase a aproximadamente a 30 km da fronteira con Galiza.

Álvaro Siza

Álvaro Joaquim de Melo Siza Vieira, nado o 25 de xuño de 1933 en Matosinhos e coñecido como Álvaro Siza Vieira, é un arquitecto contemporáneo portugués.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.