Vidreira

As vidreiras son elementos arquitectónicos constituídos por anacos de vidro, xeralmente de cores, combinados para formar deseños.

Eyneburg 7
Detalle dunha vidreira, capela de Eyneburg, Bélxica
Rosetón catedral Sevilla 001
Rosetón, catedral de Sevilla

Historia

O vitral orixinouse no Oriente ao redor do século X, florecendo en Europa durante a Idade Media. Amplamente empregados na ornamentación de igrexas e catedrais, o efecto da luz solar que por eles penetraba, engadía unha maior imponencia e espiritualidade ao ambiente, efecto reforzado polas imaxes retratadas, na súa maioría escenas relixiosas.

Adicionalmente, servían como recurso didáctico para a instrución do catolicismo a unha poboación inculta e analfabeta.

Técnicas

A técnica clásica de fabricación de vitrais empregaba chumbo nas xuncións e soldaduras. A cor nas pezas de vidro era obtida pola adición de substancias como o bismuto, o cadmio, o cobalto, o ouro, o cobre entre outros, á masa de vidro en fusión. De peso elevado, os vitrais así construídos presentaban problemas de estrutura, estanquidade, fraxilidade, deformación, corrosión electrolítica, mantemento difícil, alén do elevado custo.

Dado o perigo do chumbo e dos metais pesados para a saúde e para o ambiente[1], foron feitos esforzos internacionais[2] para proscribir o seu uso. Ese cadro estimulou o desenvolvemento de novos materiais e tecnoloxías para a fabricación de vitrais. Hoxe existen técnicas máis avanzadas, con gran valor estético, máis baratas e inocuas para a saúde e para o medio ambiente.

Notas

  1. [1][Ligazón morta]
  2. "a%20atmosfera%22%20nacional%3As%20comunitaria%3As%20internacional%3As%20jurisprudencia%3As%20doutrina%3As%20outro%3As%20legislacao%3As". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 03 de decembro de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Laxe, Chantada

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Tiña 176 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 86 mulleres. O que supón unha diminución de 90 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 266 habitantes.

Adro

O adro, ou adral, é o patio principal ou o terreo arredor das igrexas e a súa orixe está no atrium das casas romanas.

Nas parroquias galegas o adro era o lugar tradicional de reunión semanal dos veciños para tratar os asuntos da parroquia. Nas igrexas máis antigas é común a existencia de cemiterios situados no adro.

Arquivolta

Unna arquivolta é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das portadas medievais no seu paramento exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na imposta. Adoitan arrincar dunha xamba do pórtico e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na arquitectura románica e na arquitectura gótica.

É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axadrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de medio vulto (Santos, Apóstolos etc.). O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo magnífico de arquivoltas.

Dous exemplos do arranque de arquivoltas do románico e outros dous de arquivoltas do gótico

Baixorrelevo

O baixorrelevo é unha técnica escultórica para confeccionar imaxes ou inscricións nos muros que se consegue remarcando os bordos do debuxo e tallando as figuras, rebaixando lixeiramente o muro, sobresaíndo o "fondo" ao redor da figura, obténdose un efecto tridimensional.

Esta técnica, foi concibida e profusamente utilizada con mestría no Antigo Exipto, onde unha vez erixidos os muros e pilonos dos templos, un artista, bo coñecedor do canon de perfil e as proporcións sacras, procedía a debuxar o perímetro das figuras e os trazos principais, ata os xeroglíficos que describían a escena; unha vez rebaixado o contorno, e tallado o interior das figuras, pintábase todo o conxunto en vivas cores.

Campanario

Un campanario ou campanil é un edificio ou torre construída xunto a unha basílica, catedral, igrexa ou capela onde se colocan as campás, coa finalidade de convocar a asistencia dos fregueses ao servizo relixioso.

Ao referirse aos campanarios de igrexas italianas, úsase moitas veces as palabras campanil ou campanile. O campanil (ou campanario) máis coñecido é probablemente a Torre de Pisa, famosa pola súa inclinación. Tamén é coñecido o campanario da Basílica de San Marcos, en Venecia.

Actualmente moitos campanarios no canto de campá teñen un carrillón, instrumento musical conformado por varias campás.

Outra modalidade esencial dos campanarios atopámolas coas espadanas que son macizos de pedra, a maioría deles con remates mixtilíneos onde se colocan unha serie de campás desde as máis grandes ata as máis pequenas; estes espazos ou aberturas para colocar as campás coñécense como claros. Unha espadana pode ter significativo número de campás de diferentes tamaños.

Cruceiro (arquitectura)

Nas igrexas cuxa planta posúe forma de cruz latina ou grega, denomínase cruceiro ao espazo definido pola intersección da nave principal e a transversal ou transepto. Este espazo adóitase cubrir mediante unha bóveda ou cúpula alzada sobre un ciborio ou tambor que se sustenta nos arcos torais. Deste xeito obtéñense dous efectos: resaltar ao exterior o punto de encontro das naves con esa especie de torre que se encumbra sobre el, chamada tiburio, e favorecer a iluminación a través dos ocos abertos no propio ciborio ou na lanterna que en ocasións se intercala entre este e a cúpula.

Non é raro ver o termo cruceiro utilizado para referirse ao transepto (do latín Transeptum), é dicir, á propia nave que cruza á principal no canto do lugar onde se cruzan.

Espadana

A espadana é un muro vertical ou falsa parede cun ou máis vans ou ocos onde vai situada a campá ou campás, especialmente é utilizado na construción de igrexas. A denominación campanario ou campanil denomina construcións máis complexas.

De bonita, é coma os anxos,

de airosa, como a espadana,

¿qué máis ha ter a santiña

que seu santiño me chama?

Fachada

Denomínase fachada ao exterior dun edificio, especialmente a fronte, pero tamén algunhas veces os laterais e o contrafrente.

En arquitectura, a fachada dun edificio é a miúdo a máis importante dun deseño, e marca o carácter do resto da construción. Moitas fachadas teñen valor histórico, e atópanse protexidas por un marco legal que impide a súa alteración.

Igrexa de Gerum

A igrexa de Gerum (sueco: Gerum kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gerum, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Nave (arquitectura)

Nave, en arquitectura, denomínase ao espazo comprendido entre dous muros ou filas de columnas.

Este termo adoita utilizarse habitualmente ao referirse aos templos.

A nave principal é a que ocupa o centro do templo desde a porta de ingreso ata o cruceiro ou o presbiterio, xeralmente con maior elevación e máis anchura que as laterais a ela paralelas.

Nicho (arquitectura)

En arquitectura chámase nicho ou fornela ao oco de planta semicircular aberto nun muro para colocar nel unha urna ou estatua. Colócase orientada tanto ao exterior como ao interior dos edificios e cumpre unha función principalmente ornamental.

O nicho leva xeralmente na parte superior unha especie de pendente ou cuncha (semibóveda) que tamén se chama de vieira cando efectivamente presenta a forma dunha cuncha mariña.

Nártice

O nártice nas basílicas románicas, é o adro separado do resto das naves por divisións fixas, destinado aos penitentes e aos catecúmenos (non bautizados). Cando se atopa no exterior das fachadas, como pórtico aberto, chámase exonártex

Piar

En enxeñería e arquitectura un piar ou esteo é un elemento vertical (normalmente de sección cadrada) sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que, a diferenza da columna, ten sección poligonal. O máis frecuente é que sexa cadrado ou rectangular, pero pode ser tamén octogonal. Prioriza a súa capacidade portante, polo cal proxéctanse con liberdade de formas.

Na construción contemporánea é o elemento predominante para transmitir cargas verticais, podendo estar realizado en diversos materiais: bloques de fábrica, formigón armado, aceiro, madeira etc.

Os piares reciben ás trabes que compoñen os forxados transmitindo a través destas as cargas que afectan a toda a área de influencia do piar. En forxados sen vigas a transmisión prodúcese a través dun ábaco.

A área da súa sección vén dada principalmente pola carga de pandeo e o momento flector que o piar deba soportar. Ás veces, e a imitación da columna, pode presentar tamén tres partes: base, fuste e capitel. Se en lugar de exento vai acaroado ao muro denomínase pilastra. Tamén se poden presentar agrupados, xunto con columnas, conformando o chamado piar composto.

Os esteos empréganse en construcións coma as viñas, as casas ou os hórreos para permitir vans maiores e tabiques que non sexan de carga.

Pináculo

Pináculo é o punto máis alto dun determinado lugar, un edifício ou unha torre, por exemplo. O pináculo en albanelaría emprégase como peso no cume dun contraforte ou como motivo decorativo como remate. Foi moi empregado na arquitectura gótica na procura dunha maior sensación de altitude dos edificios.

Portada (arquitectura)

En arquitectura, unha portada é a entrada principal que xeralmente se presenta profusamente ornamentada, principalmente nunha igrexa, catedral ou nun grande edificio. As portadas evolucionaron desde os antigos portais da antiga Grecia.

A portada nas igrexas cristiás, ao orientárense cara o leste, adoita situarse na fachada occidental aos pés do edificio, pero algúns templos tamén presentan a súa portada nunha fachada lateral. Son a parte exterior máis coidadosamente decorada, aínda que na arquitectura románica a cabeceira adoita tamén ser igualmente considerada.

Retablo

O retablo é unha construción de madeira, de mármore, ou doutro material, labrada, que queda por tras ou por riba do altar e que, normalmente, inclúe un ou máis paneis, pintados ou en baixorrelevo.

Rosetón

Un rosetón é unha fiestra circular calada, dotada de vidreiras, cuxa trazaría disponse xeralmente de forma radial.

O rosetón utilizouse na arquitectura románica e con maior profusión na gótica. Inicialmente adoitaban ser de pequeno diámetro e dispúñase a modo de óculo nos laterais das naves. Pero a partir do século XIII os rosetóns foron aumentando en tamaño e en complexidade de decoración, ata chegar a incribles graos de filigrana pétrea. Pasaron a situarse nas fachadas, por encima das portadas, e en cada un das frontes do transepto. As vidreiras decorábanse normalmente con escenas bíblicas en vivas cores.

Ao rosetón atribuíuselle un dobre simbolismo: un mariano, pola aparencia que ten da estrutura dunha rosa; outro que suxire a Cristo, como remedo dos raios do sol.

A súa misión tamén é dobre: por unha banda, a máis simple de iluminar o interior dos templos; por outro, o conseguir un ambiente misterioso ao incidir no altar os raios filtrados polas multicolores vidreiras cando os rosetones ábrense no imafronte da nave central.

Como un dos exemplos máis representativos dun rosetón adóitase citar a parella que adorna o transepto de Notre Dáme de París. En España existen magníficas e variadas mostras, por exemplo o maior do mundo, coñecido popularmente como o ollo do gótico na Catedral de Santa María de Palma de Mallorca ou tamén o da Catedral de Burgos entre tantos outros.

Vidreira gótica

O desenvolvemento da Arquitectura gótica coa progresiva substitución do muro por grandes xanelas con vidreiras de cores que permiten o paso cara ó espazo interior dunha luz polícroma e matizada, implicou, nas grandes catedrais Góticas de Francia, á práctica desaparición da pintura mural que se desenvolvera amplamente nos muros das igrexas románicas.

Díxose que a pintura gótica ten o seu espazo propio nas grandes vidreiras das catedrais e nas miniaturas polícromas dos libros, pero atendendo á pintura propiamente dita, esta subsistiu nos retablos, nas táboas pintadas que forman os frontais ou os laterais dos altares e nos muros das capelas laterais.

Na Toscana, as escola sienesa e florentina, co Giotto como o máis grande dos pintores do Trecento, continuaron a tradición da gran pintura mural, xa que a arquitectura gótica non chegou a botar raíces en Italia como en Francia. Esta pintura toscana do Trecento, sendo plenamente gótica, anticipa xa o Renacemento.

Ábsida

A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.

As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.