Vida silvestre

Vida silvestre refírese a todos os vexetais, animais e outros organismos non domesticados. Organismos domesticados son aqueles que foron adaptados para sobrevivir coa axuda de (ou baixo o control de) os humanos, despois de moitas xeracións. Especies de plantas e animais foron domesticadas moitas veces para o beneficio humano en todo o planeta, o que acarrexou un grande impacto sobre o ambiente, tanto positivo como negativo.[Cómpre referencia]

A vida silvestre ou vida salvaxe pode ser atopada en todos os ecosistemas. Desertos, bosques tropicais, chairas e outras áreas -incluíndo as cidades máis desenvolvidas- todas teñen distintas formas de vida silvestre. Aínda que na cultura popular a expresión xeralmente refírase a animais aínda sen contacto coa presenza humana, a maioría dos científicos concordan que a vida silvestre ao redor do planeta sofre, dun modo ou outro, do impacto das actividades humanas.

Destrución e fragmentación de hábitats

Artigo principal: Destrución de hábitat.

O hábitat dunha especie dada é a área ou territorio preferido da mesma. Moitos procesos asociados cos humanos resultan na diminución deses territorios o cal reduce a capacidade de carga da área para esa especie. En moitos casos os cambios no uso da terra provocan unha fragmentación da paisaxe silvestre. A terra de uso agrario frecuentemente mostra ese aspecto altamente fragmentado de hábitats relictuais. Trátase de granxas que alternan con bosques aínda non tallados.

Os exemplos de destrución de hábitat inclúen terras de pastura que eran orixinariamente monte, cambios no réxime de incendios, tallado de bosques para uso da leña e drenaxe de zonas humidas para a construción de cidades. Todos estes cambios afectan as poboacións de plantas e animais silvestres.

Impacto de especies introducidas

Artigo principal: Especie invasora.

Os exemplos de especies que se volveron invasoras e que ameazan á vida silvestre en moitos lugares do mundo inclúen aos ratos, gatos, cabras, mexacáns, certos nenúfares etc. A miúdo certas especies que non son moi abondosas no seu lugar de orixe vólvense invasoras fóra de control noutros lugares de climas semellantes. A razón aínda non está moi clara; algúns, incluso Charles Darwin pensaban que non sería moi probable para unha especie exótica o reproducirse en abundancia fóra do seu ambiente habitual. A verdade é que isto é certo para a gran maioría das especies introducidas noutros hábitats. Pero ocasionalmente algunhas especies teñen grande éxito despois dun período de aclimatación e poden chegar a converterse en pragas. Unha das razóns é que deixaron atrás aos inimigos naturais que limitaban as súas poboacións no lugar de orixe. En tal caso poden competir e desprazar á vida silvestre nativa.

Cadeas de extinción

Este grupo trata de efectos secundarios. Todas as poboacións silvestres de seres vivos teñen numerosas interrelacións cos demais seres vivos. Os animais herbívoros, como o hipopótamo, conviven con poboacións de paxaros insectívoros que se alimentan dos seus parasitos. Se o herbívoro desaparece algunhas destas aves tamén serían afectadas. Certas plantas dependen de polinizadores específicos. Se o polinizador desaparece a planta tamén pode chegar a desaparecer. Á súa vez os herbívoros que dependen desa planta tamén sufrirían as consecuencias. É o que se adoita chamar o efecto dominó, unha cadea de reaccións con efectos afastados. Estes procesos repercuten máis aló das especies inmediatamente afectadas e poden pór en risco á comunidade ecolóxica enteira.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • [1] Fundación Vida Silvestre Arxentina
  • [2] Vida Silvestre Ibérica
  • [3] Fundación Vida Silvestre Uruguai
Atol Johnston

O Johnston Atoll, en galego: Atol Johnston, é un atol de 2´8 km² no Océano Pacífico Norte a un terzo de distancia entre Hawai e as Illas Marshall. A illa de Johnston e a illa Sand son illas naturais, que creceron pola sedimentación do coral. A illa de Akau (norte) e a de Hikina (leste) son illas artificiais formadas pola sedimentación do coral.

Johnston é un territorio non incorporado dos Estados Unidos, o cal ten como poboación a 1.100 militares, administrado desde Washington, DC polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre do Departamento do Interior dos Estados Unidos, como parte do sistema do Refuxio Nacional de Vida Silvestre. A defensa do atol é controlada pola Armada dos Estados Unidos. As illas non son accesibles para o público.

O clima é tropical pero xeralmente seco. Ventos consistentes do nordés dan unha pequena variación na temperatura. Coa elevación máxima de 5 m en Summit Peak, as illas conteñen pouca vexetación nun terreo plano e non hai fontes de auga.

Atol de Midway

O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai.

A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Tokio.

O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area. As dúas illas máis importantes en canto a tamaño, Sand Island e Eastern Island, son o hábitat de miles de aves mariñas.

As Illas Midway non teñen habitantes aboríxenes, e son un territorio non incorporado dos Estados Unidos, sendo o seu status o de área insular a cargo do Departamento do Interior. A economía susténtase con fondos gobernamentais na súa totalidade, e tanto alimentos como bens de manufactura deben ser importados.

A área de Midway é recoñecida especialmente pola Batalla de Midway, que se levou a cabo durante a Segunda Guerra Mundial. A Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un importante cambio no escenario da guerra no Pacífico.

Baía de Baffin

A baía de Baffin (francés: Baie de Baffin) é un mar entre os océanos Atlántico e Ártico. Mide uns 1130 km cruzando de norte a sur. Non é navegable a maior parte do ano por mor da presenza de innumerable cantidade de icebergs.

CITES

O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes. A adhesión de España ao Convenio CITES efectuouse mediante o Instrumento de ratificación de 16 de maio de 1986.

Hoxe en día, o CITES ofrece diversos graos de protección a máis de 33.000 especies de animais e plantas.

Caza furtiva

O furtivismo, ou caza furtiva, é a caza ou a pesca ilegal, en vedado.

Pode ser ilegal debido:

A caza ou a pesca fóra da tempada legalmente estabelecida.

O furtivo non posúe unha licenza.

O adminículo usado é unha arma ilegal para o animal.

O animal ou a planta está nun área de restrición.

O dereito a cazar ese animal é reclamado por alguén.

Os medios usados son ilegais (por exemplo trampas, reflectores para aparvar ou paralizar veados ou lebres ou explosivos para matar peixes).

O animal está protexido por leis, ou foi listado como especie en vías de extinción ou ameazada (exemplo Especies ameazadas, Acta de Especies Ameazadas, en inglés nos Estados Unidos)

O animal ou a planta foron marcados por un investigadorEstímase que o tráfico de vida silvestre ilegal é polo menos de 10 mil millóns de dólares.

Nótese que só se pode dicir que hai caza furtiva sobre a fauna silvestre. A morte e aprehensión de animais domésticos é furto ou roubo ("abigeato"), non caza furtiva.

O furtivismo vexetal, ou "talla furtiva" tamén crece. Un exemplo prominente é a remoción de ginseng no Parque Nacional das Grandes Montañas Humeantes. Estímase que as plantas secas de ginseng roubado se localizan no "mercado negro" a polo menos entre 450 e 500 dólares o gramo.

Illa Baker

A illa Baker é unha illa coralina estadounidense no Océano Pacífico, no grupo de Illas Fénix. É responsabilidade dos Estados Unidos e, aínda que despoblada, os Gardacostas dos Estados Unidos (United States Coast Guard) visitan a illa anualmente.

Illa Kangaroo

Kangaroo Island (Illa Canguro) é a terceira illa máis grande de Australia logo de Tasmania e da Illa de Melville. Está a 112 km ao suroeste de Adelaida na entrada do Golfo de San Vicente. No seu punto máis próximo ao continente, está a 13 km do Cabo Jervis, na punta da Península Fleurieu no estado de Australia Meridional. A illa ten 150 km de longo e entre 900 m e 57 km de ancho, a súa superficie cobre 4.405 km² A súa costa ten 540 km de longo e a maior altitude é de 307 m. Está separada da Peninsula Yorke ao noroeste polo Estreito de Investigator e de Cabo Jervis ao nordés polo Paso Backstairs.

Illa de Navassa

Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos EUA. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.

Illa de Providencia

A Illa de Providencia é unha illa do mar Caribe de 17 km² que pertence ao Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e é territorio do municipio de Providencia dentro do departamento.

Pertence a Colombia, e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7 km de longo e 4 km de ancho. Localízase a 90 km ao norte da illa de San Andrés. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do turismo e en particular do turismo ecolóxico puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o mergullo como o esnórquel son moi practicados debido aos arrecifes de coral, a riqueza de fauna e flora mariña e as augas transparentes.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Lago Baikal

O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimolóxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza") é un lago localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongola é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado». Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdendo actualmente debido á contaminación.

Marisma

En xeografía, unha marisma é un ecosistema húmido con plantas herbáceas que medran na auga. Unha marisma é diferente dunha zona húmida, que está dominada por árbores no canto de herbáceas. A auga dunha marisma pode ser só de mar, aínda que normalmente é unha mestura de auga mariña e doce, denominada salobre. As marismas adoitan estar asociadas a estuarios, e baséanse comunmente en chans con fondos areosos.As marismas son moi importantes para a vida silvestre sendo un dos hábitats preferidos para criar unha gran variedade de vida; dende pequenas algas planctónicas, até unha abundante cantidade de flora e fauna, fundamentalmente aves.

Marta

A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.

Nothotsuga

Nothotsuga é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae, está estreitamente relacionado cos xéneros Keteleeria e Tsuga. Distínguese de Tsuga polos seus conos máis grandes e erectos con brácteas externas e como (Keteleeria) conos femininos en umbelas, e de Keteleeria polas súas follas máis curtas e conos máis pequenos. Nothotsuga ten unicamente unha especie, Nothotsuga longibracteata, que se atopa no sueste da China, no sur de Fujian, norte de Guangdong, nordés de Guangxi, nordés de Guizhou e sueste de Hunan.

É unha árbore perenne que acada os 30 m de altura. As follas son semellantes a agullas de 1.2–4 cm de lonxitude e 1–2 mm de largo, moi semellante a Tsuga. Os conos son moi semellantes aos de Keteleeria porén máis pequenos 2.5–5 cm de lonxitude, erectos e madurecen aos 6-8 meses logo da polinización.

É unha árbore moi rara, en perifo de extinción na vida silvestre por mor da desforestación, aínda que agora se atopa protexida. Descubriuse en 1932, e foi tratada ao principio coma Tsuga longibracteata, sendo clasificada no seu propio xénero en 1989.

Parque Zoolóxico de Praga

O Parque zoolóxico de Praga ou Zoologická zahrada Praha, é un zoolóxico localizado na cidade de Praga, capital da República Checa. Foi inaugurado en 1931 co obxectivo de "avanzar no estudo da zooloxía, a protección da vida silvestre, e educar o público" no distrito de Troja, no norte de Praga. O zoolóxico ocupa 45 hectáreas e conta cuns 4.400 animais que representan 670 especies de todo o mundo. O Xardín Zoológico de Praga contribuíu de maneira significativa a salvar o cabalo de Przewalski. Durante moitos anos foi o maior criador da especie no mundo. En 2007 a revista Forbes Traveler colocou o zoológico de Praga entre os mellores zoolóxicos do mundo.

Quetzal

Os quetzais (Pharomachrus) son un xénero de aves da familia dos trogónidos (Trogonidae). Teñen unha dieta variada, que inclúe moitos froitos (sobre todo das árbores lauráceas) e tamén insectos e ras. O seu hábitat é a selva montañosa, en espazos húmidos. Xeralmente poñen dous ovos (cor azul pálida) por niñada no buraco dunha árbore.Até anos recentes, creuse que o quetzal non podía procrear nin vivir moito tempo en cativerio, polo que é un símbolo tradicional da liberdade. Porén, no 2004 anunciouse que uns quetzais tiveron crías nun aviario privado de Ixtapaluca (Estado de México), administrado pola Fundación Vida Silvestre Dr. Estudillo López.O quetzal é a ave nacional de Guatemala e esta ave xoga un papel importante na mitoloxía prehispánica e moderna da rexión. Os reis e sumos sacerdotes anciáns levaban tocados de plumas de quetzal.

Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb

O Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb é unha reserva de natureza no distrito de Stann Creek, en Belize. Foi estabelecido para protexer os bosques, a fauna e a conca fluvial de 400 quilómetros cadrados nas pendentes orientais dos montes Maia.

A reserva foi estabelecida no ano 1986 como a primeira área natural para a protección do xaguar (Panthera onca). É considerado como un dos principais lugares de conservación do xaguar en todo o mundo.O nome 'Cockscomb' deriva da aparencia da cadea de montañas Cockscomb, que semellan a crista dun galo, a cal se atopa na franxa norte da reserva e é facilmente visible dende a chaira costeira do mar Caribe. A área foi habitada polos maias dende hai 10 000 anos. Porén, a primeira exploración moderna rexistrada na conca non se produciu até 1888.

Toni Llobet

Toni Llobet i François, nado en Barcelona en 1975, é un artista catalán, ilustrador de varios libros de aves e de vida silvestre. Formouse nas artes plásticas na Escola l'Arc e, a partir de mediados dos anos 1980 comezou a formarme como naturalista nos campamentos de natureza do Parc Natural dels Aiguamolls de l'Empordà (Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà).Entre as súas obras destacan as láminas de varios volumes da serie Handbook of the Mammals of the World (Manual dos mamíferos do mundo), Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo), o Atles dels Ocells Nidificants de Catalunya (1999-2002) (Atlas das aves nidificantes de Cataluña 1999-2002), e os, de momento, 11 volumes de Guías de flora y fauna de espazos naturais de Cataluña. todos eles publicados pola editorial catalá Lynx Edicions.

África

África ( pronunciación ) é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia. A súa área é de 30.249.096 km², incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20% da superficie da Terra. Con 1 200 millóns de persoas no ano 2016, representa o 16% da poboación mundial. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste co océano Atlántico, ao sur coa conxunción dos océanos Atlántico e Índico e ao leste co mar Vermello e o océano Índico. O continente inclúe a illa de Madagascar e varios arquipélagos. Conta con 54 estados soberanos plenamente recoñecidos, nove territorios e dous estados independentes de facto non recoñecidos ou con recoñecemento limitado. A maioría do continente e dos seus países atópanse no hemisferio norte, mais cunha parte substancial no hemisferio sur.A poboación media de África é a máis nova de entre tódolos continentes; cunha media de idade no 2012 de 19,7 anos, mentres que no resto do mundo a media era de 30,4. Alxeria é o país africano máis grande en superficie, e Nixeria o que conta coa maior poboación. África, particularmente a zona central leste, está considerada a orixe da humanidade e da árbore Hominidae (homínidos) segundo unha das hipóteses científicas da evolución humana (a da "arca de Noé"), pola descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A. afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200.000 anos. África é atravesada polo ecuador e conta con numerosas áreas climáticas, sendo o único continente en ter climas temperados nas súas zonas norte e ur.Africa alberga unha gran diversidade étnica, cultural e lingüística. A finais do século XIX, os países europeos colonizaron case toda África; a maioría dos actuais estados de África xurdiron dun proceso de descolonización durante o século XX. As nacións africanas cooperan a través da Unión Africana, cuxa sede está en Adís Abeba.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.