Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Vida Gallega
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación1909
Circulación
ISSN9958-9028
Redacción de Vida Gallega 1909
Redacción de Vida Gallega en 1909. José Gil Gil, Juan Tato Lens, Jaime Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.

Características

Porta da reitoral de Barcia de Mera 1921
Fotografía da reitoral de Barcia de Mera, publicada en Vida Gallega en 1921.

Apareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía.[1] Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Sudamérica). Entre os seus colaboradores estiveron Eduardo Padín cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e Manuel Lustres Rivas.

Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquiriu a revista. Nesta etapa editáronse 77 números e estivo dirixida por Fabriciano Fernández Serra. A fins de 1956 a sede trasladouse á cidade de Lugo.

Notas

  1. Ribao Fernández, Roberto (2007) A fotografía na revista Vida Gallega: un silandeiro universo de sentido USC.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Costumismo

O costumismo é o termo co que se alude a un tipo de creación literaria desenvolta na España do século XIX, sobre todo entre 1830 e 1850, e máis especificamente ao chamado o “artigo de costumes”, texto breve que tiña por obxecto o retrato filosófico, festivo ou satírico dos costumes populares do seu tempo, nunha peculiar fusión entre o ensaio e o conto caracterizada por unha mínima acción, pola escaseza do diálogo e polo seu descritivismo. Porén, o costumismo esténdese a todas as artes, podendo falar de pintura, relatos ou novelas costumistas, sendo o folclore a miúdo unha forma de costumismo.

O costumismo ten unha consideración transversal ao longo da historia da arte, malia que a tendencia é a falar de costumismo especialmente relacionado cos autores a partir do século XIX. Entre estes autores están Larra ou Mesonero, que foron os que consolidaron o xénero nas revistas do seu tempo. Este tipo de artigos irán evolucionando desde a pintura de ambientes e espazos (escenas) até tipos representativos do grupo social ao que pertencen.

Diario de Galicia (Compostela)

Diario de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1908 e 1930.

Herminia Fariña

Herminia Fariña Cobián, nada en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1904 e finada en Simes (Meaño) o 16 de outubro de 1967, foi unha poeta e dramaturga galega.

Jaime Solá

Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Gómez Posada-Curros

José Gómez Posada-Curros, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1996, foi un xornalista e escritor galego.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

Luís Casado

Luís Casado Fernández, coñecido co nome artístico Ksado, nado en Ávila en 1887 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1972, foi un fotógrafo galego.

Manuel Colmeiro Guimarás

Manuel Colmeiro Guimarás, nado en Chapa (Silleda) o 7 de agosto de 1901 e finado en Salvaterra de Miño o 1 de outubro de 1999, foi un pintor galego.

Nicolás García Pereira

Nicolás García Pereira (ou García Pereyra), nado en Ferrol en 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1934, foi un escritor, xornalista e político galego.

Pablo Pérez Costanti

Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Victoriano Taibo

Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego, discípulo literario de Ramón Cabanillas, galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.

Vida Gallega (A Habana)

Vida Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1938 e 1954.

Xosé Gil Gil

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.

Xoán Xesús González

Xoán Xesús González Fernández, tamén referido como Xohán Xesús González, nado en Sebil, parroquia de Cequeril (Cuntis), o 9 de novembro de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego.

Álvaro das Casas

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.