Victoriano Taibo

Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego, discípulo literario de Ramón Cabanillas,[2][3][4][5][6] galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.[7]

Victoriano Taibo
Victoriano Taibo, 1919
Retrato en Vida Gallega
Nome completoVictoriano Taibo García
Nacemento22 de abril de 1885
 Santiago de Compostela
Falecemento13 de marzo de 1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólica
Ocupaciónescritor
CónxuxeCarmen Rebollar Martínez [1]
FillosFrancisco Vicente (Fuco) 1930
e Gloria 1931
XénerosPoesía, narrativa, ensaio
InfluenciasRamón Cabanillas
Gonzalo López Abente
EstudosMaxisterio
Profesiónmestre nacional
OrganizaciónIrmandades da Fala
Real Academia Galega
Premiosfillo adoptivo
Lembranza da tecedeira, Victoriano Taibo, firma 15-9-1947

Traxectoria

Fillo de Francisco Taibo Filgueira e Josefa García Lameiro, Victoriano foi o quinto de cinco irmáns. Estudou Maxisterio en Compostela onde foi redactor de Miña Terra e contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Nese tempo tivo sobre el unha grande influencia Luís Porteiro Garea.

Exerceu de mestre de escola, polo que residiu en diferentes puntos de Galiza: Ortigueira, Oza (A Coruña), Sigrás, Cerdido, As Fiestras (Xinzo de Limia), Morgadáns (onde estaría máis de dezaseis anos) e Lavadores. Asinou o manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo de 1918.

Colaborou en O Gaiteiro de Lugo, A Nosa Terra, Céltiga, O Tio Marcos d'a Portela, Nós, Ilustración Gallega, Rexurdimento, Vida Gallega, Labor Gallega, A Fouce, Airiños, Alborada, La Noche, Lar, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Ronsel, ABC, Sonata Gallega e outras publicacións.[8]

Mantivo relación epistolar con Manuel Antonio.[9] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930.[10]

Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia de 1936. Son coñecidas algunhas das súas actuacións en mitins na compaña de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade e Antón Alonso Ríos.[11]

Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado co exilio en Villalar de los Comuneros, Valladolid, como consecuencia do seu galeguismo.[11] Despois de catro anos (1938-1942) retornou a Morgadáns. A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946, lendo, o 15 de outubro de 1948, o discurso panexírico "Rosalía de Castro, precursora da fala", respondido por Otero Pedrayo.[12] En 1950 instalouse en Vigo, onde viviu ata o seu pasamento. Xubilouse como mestre en 1954.

Escribiu máis do que publicou. A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.

Vida persoal

Da vella roseira de Victoriano Taibo, 1925

O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu
nin é merecente dela.

Casou o 12 de setembro de 1929, na Ponte de Mera, con Carmen Rebollar Martínez, irmá de Alfredo Rebollar Martínez, coa que tivo dous fillos, Francisco Vicente (Fuco), nado en 1930, e Gloria, nada en 1931.

Recoñecemento

Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo.

En 2018 o concello de Gondomar nomeouno fillo adoptivo.[7]

Obra

Poesía

  • Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago).[13]
  • Da vella roseira, cántigas orixinás (Santiago de Compostela, 1925), adicado a Cabanillas.
  • Abicedo. Cabrinfollas (2008), Follas Novas. Edición de Armando Requeixo.
  • Lembranza da Tecedeira, 2013, ed. facsimilar comentada (1947). IEM.[14]

Narrativa

Ensaio

  • Rosalía de Castro, precursora da fala, 1972 (1948), RAG.[18]

Teatro

Galería de imaxes

Victoriano, relativamente novo.
Victoriano, relativamente novo. 
Dedicatoria manuscrita a Ramón Peña, director de Céltiga, nun exemplar de Abrente. Couzadoiro, 1925.
Dedicatoria manuscrita a Ramón Peña, director de Céltiga, nun exemplar de Abrente. Couzadoiro, 1925. 
Instituto Histórico do Minho, 1930.
Instituto Histórico do Minho, 1930. 
Victoriano e Carmen co seu neno Fuco, na Ponte de Mera.
Victoriano e Carmen co seu neno Fuco, na Ponte de Mera
Nomeamento como membro da RAG. 1946.
Nomeamento como membro da RAG. 1946. 

Notas

  1. Mouriño, M.: Álbum das Irmandades da Fala
  2. Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 119. ISBN 84-7680-429-6.
  3. Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 262.
  4. Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1995.
  5. Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 471. ISBN 84-7680-288-9.
  6. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  7. 7,0 7,1 "Victoriano Taibo es de Gondomar". Faro de Vigo (en castelán). 9/2/2019.
  8. Mouriño, M.: "As outras publicacións"
  9. 9,0 9,1 Vilavedra (1995) Diccionario da Literatura Galega I.
  10. Elección como socio correspondente do IHM.
  11. 11,0 11,1 11,2 Alonso, José Luís: "Datos para unha biografía" Revista de Estudos Miñoráns, 2008.
  12. Membros da Academia. Real Academia Galega
  13. Imaxe da portada, de Cebreiro, da 1ª ed. de Abrente.
  14. Imaxe da portada de Lembranza da Tecedeira
  15. Da agra aberta. Prólogo da primeira edición.
  16. "Contos pequenos verá la luz tras más de sesenta años inédita" Faro de Vigo, 23/10/2016.
  17. O IEM presenta hoxe os "Contos pequenos"… Faro de Vigo, 31/10/2016.
  18. Rosalía de Castro, precursora da fala

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

13 de marzo

O 13 de marzo é o 72º día do ano do calendario gregoriano e o 73º nos anos bisestos. Quedan 293 días para finalizar o ano.

20 de novembro

O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.

22 de abril

O 22 de abril é o 112º día do ano do calendario gregoriano (113º nos anos bisestos). Quedan 253 días para finalizar o ano.

Abrente

O abrente é o amencer, a primeira luz do día. Amais pode referirse a:

Abrente, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Navia de Suarna;

Abrente, versos galegos, libro de poesía de Victoriano Taibo (El Eco de Santiago, 1922);

Abrente, grupo alpinista creado en Ferrol en 1935;

Abrente. Boletín de la Anunciada, publicación da Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga de Santiago de Compostela, publicado entre 1928 e 1941;

Abrente, publicación da Casa de Galicia de Buenos Aires creada en 1940;

Abrente, publicación da Casa Galicia de Valladolid creada en 1957;

Abrente, publicación da Real Academia Galega de Belas Artes creada en 1969;

Abrente, publicación de Primeira Linha creada en 1996;

Carlos Negro

Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.

Carlos Solla Varela

Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.

Carmen Caramés

María Carmen Caramés Gorgal, nada en Santa Comba en 1966, é unha escritora galega.

Eco de Galicia

Eco de Galicia foi un semanario ilustrado bilingüe publicado na Habana entre 1917 e xuño de 1936.

Goretti Fariña

María Goretti Fariña Caamaño, nada en Baión (Vilanova de Arousa) en 1965, é unha bióloga e escritora galega.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Instituto de Estudos Miñoranos

O Instituto de Estudios Miñoráns ou Instituto de Estudos Miñoranos, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Lara Rozados

Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista e escritora galega.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

María Concepción Álvarez Lebredo

María Concepción Álvarez Lebredo, nada en Vigo en 1970, é unha escritora galega.

Premio de poesía Victoriano Taibo

O Premio de poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns foi creado en 2008 polo Instituto de Estudos Miñoranos co patrocinio principal da Entidade local menor de Morgadáns. Tiñan por obxecto renderlle unha homenaxe ao escritor Victoriano Taibo.

Xosé Iglesias Lamela

Xosé Iglesias Lamela, nado en Cee, é un poeta galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.