Vicerreinado de Nova España

O Vicerreinado de Nova España[2] foi unha entidade territorial integrante do Imperio español, establecida pola Coroa durante a etapa do seu dominio no Novo Mundo, entre os séculos XVI e XIX. Foi creada tras a conquista dos pobos indíxenas establecidos na zona meridional de América do Norte.

A conquista iniciouse en 1519 e propiamente non concluíu até moito despois, xa que o territorio da Nova España seguiu crecendo cara ao norte, a costa dos territorios dos pobos indíxenas do deserto, algúns dos cales nunca foron sometidos polos españois. A conquista da Nova España tivo un dos seus momentos máis importantes coa derrota de México-Tenochtitlan por parte das tropas de Hernán Cortés en 1521.

O Vicerreinado de Nova España foi creado oficialmente o 8 de marzo de 1535. O seu primeiro vicerrei foi Antonio de Mendoza y Pacheco, e a capital do vicerreinado foi a Ciudad de México establecida sobre a antiga Tenochtitlán.

Este Vicerreinado chegou a abarcar os territorios de España en Norteamérica, Centroamérica, Asia e Oceanía. A organización do territorio fíxose a partir das encomendas, que eran outorgadas preferentemente a aqueles conquistadores que participaron na conquista de México, e por iso os encomendeiros tiñan o poder absoluto e encargábanse de organizar o traballo dos seus habitantes nas súas respectivas demarcacións. Os recursos minerais achados baixo o solo da Nova España, con importantes centros mineiros como Guanajuato, San Luis Potosí e Hidalgo, constituíron unha da máis grandes fontes de riqueza para a coroa, utilizadas en Europa para financiar gastos de Estado, custos de guerras ou para cuñar moeda circulante. O vicerreinado tamén foi un dos principais puntos de occidentalización en América.

As principais actividades económicas do vicerreinado foron a minaría, a agricultura (millo, cacao e outros produtos orixinarios da antiga Mesoamérica), a gandaría (introducida polos europeos, que levaron a maior parte dos animais que se criaban) e o comercio (limitado unicamente ás posesións españolas, acto de mercantilismo). Outro elemento importante no desenvolvemento da Nova España foi o papel xogado pola Igrexa católica, que logrou un gran poder ao adquirir grandes propiedades e monopolizar a educación, os servizos de saúde e outras áreas da administración pública. O seu principal instrumento para vixiar a observancia da fe era a Inquisición española (oficialmente, o Tribunal do Santo Oficio da Inquisición), instituída en 1571.

Carlos III de España introduciu reformas na organización do vicerreinado en 1786, coñecidas como reformas borbónicas na Nova España, nas que creaba as intendencias, que permitiron limitar, en certa forma, as atribucións do vicerrei.

Desde principios do século XIX o vicerreinado caeu en crise, agravada pola Guerra da Independencia española, e a súa consecuencia directa no vicerreinado, a crise política de 1808, que acabou co goberno de José de Iturrigaray e máis adiante deu pé á Conxura de Valladolid e á conspiración de Querétaro. Esta última foi o antecedente directo da guerra de independencia mexicana, a que, ao concluír en 1821, desintegrou o vicerreinado e deu paso ao Imperio Mexicano, no que finalmente se coroaría Agustín de Iturbide.

O medio físico era variado, composto pola combinación de climas temperados (centro de México), áridos (norte) e fríos (serras Madre Oriental e Occidental).

Vicerreinado de Nova España
Virreinato de Nueva España
1535–1821

Bandeira de {{{nome_curto}}}

Bandeira

Localización de {{{nome_curto}}}
Máxima extensión do Vicerreinato de Nova España, coa incorporación da Luisiana (1764 - 1803). En verde claro o territorio non controlado de forma efectiva, pero reclamado como parte do vicerreinado.
Capital Coat of arms of New Spain's Capital.svg Ciudad de México
Lingua Castelán
Relixión Católica
Goberno n/d
Rei
 • 1516 - 1556 Carlos I
 • 1808 - 1833 [1] Fernando VII (de jure) [1]
Vicerrei
 • 15351550 Antonio de Mendoza y Pacheco
 • 18161821 Juan Ruiz de Apodaca
Historia
 • Conquista de México
 • Creación do vicerreinado por Real cédula 1535
 • Tratado de Adams-Onís 22 de febreiro de 1819
 • Abolición do vicerreinado polo Trienio liberal 31 de maio de 1820
 • Tratados de Córdoba da Provincia da Nova España 24 de agosto de 1821
 • Independencia de Centroamérica 15 de setembro de 1821
 • Consumación da independencia de México 27 de setembro de 1821
Superficie
 • 1790 7,000,000 km²
Poboación
 • 1790 est. 6,000,000 
     Densidade 0,9/km²
Moeda Real español
Precedido por
Sucedido por
CodexMendoza01.jpg Imperio azteca
Blank.png Señorío de Tlaxcala
Blank.png Señorío de Tututepec
Emblema de Cuzcatlan.svg Señorío de Cuzcatlán
Glifo Michhuahcān.png Imperio purépecha
Cacicazgos mayas - es.svg Cacicazgos maias en Yucatán
Zapotecos.png Reino de Zaachila
Long red right-pointing triangle.svg Reino de Tondo
Blank.png Indios Pueblo
Luisiana (Nova Francia) Flag of France.svg
Territorio de Oregón Flag of the United States (1820–1822).svg
Floridas Blank.png
Primeiro Imperio Mexicano Flag of the Three Guarantees.svg
Capitanía Xeneral de Cuba Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg
Capitanía Xeneral de Porto Rico Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg
Capitanía Xeneral de Santo Domingo Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg
Capitanía Xeneral das Filipinas Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg

Dous territorios diferenciados no vicerreinado

Mapa del Virreinato de la Nueva España (1819)
Nova España despois do Tratado de Adams-Onís de 1819 (non incluídos os territorios insulares do Océano Pacífico).

Capitanía Xeneral de Guatemala

Artigo principal: Capitanía Xeneral de Guatemala.

A Capitanía Xeneral de Guatemala, denominación administrativa do Reino de Guatemala, foi a segunda en importancia do vicerreinado e foi fundada por orde de Carlos I en 1536. Contra 1609, a Real Audiencia dictaminou que o vicerrei de Nova España non debería ser, en ningún caso, o gobernador de Guatemala. Isto supuxo un grande avance na autonomía da rexión. A primeira capital do reino foi Gracias a Dios, en Honduras, pero en 1549 foi trasladada ao que hoxe é Antigua Guatemala. En 1773 unha serie de terremotos provocaron o cambio da capital, polo que o novo emprazamento destinado para albergar a sede da Capitanía foi Nueva Guatemala de la Asunción. A promulgación da Constitución de Cádiz abre na Capitanía unha nova etapa de liberalismo, coa que se logrou aínda máis liberdade e independencia do resto de España.

En 1821 proclámase a independencia, e dous anos máis tarde as cinco provincias —Provincia de Ciudad Real de Chiapas, Provincia de Guatemala, Provincia de San Salvador, Provincia de Comayagua e Provincia de Nicaragua y Costa Rica— eríxense nas Provincias Unidas de Centroamérica, tras a caída de Agustín I como emperador de México. Porén, Chiapas incorpórase á nacente República mexicana, mentres que as outras provincias formaron os actuais países de Guatemala, Belize, El Salvador, Honduras, Nicaragua e Costa Rica.

Capitanía Xeneral do Iucatán

Colonisation 1800
Artigo principal: Capitanía Xeneral do Iucatán.

A Capitanía Xeneral do Iucatán foi unha gobernación e capitanía xeneral (zona administrativa) pertencente a Castela creada en 1565 e que estaba baixo a dependencia directa do rei para asuntos militares e de goberno.

Porén, ao non contar cunha Real audiencia, debía acudir á Real audiencia de México, no Vicerreinado de Nova España para solucionar os asuntos xurídicos. O vicerrei da Nova España tamén podía nomear gobernadores interinos na provincia do Iucatán, mentres que o rei non nomeaba ao seu.

A "Provincia e Capitanía Xeneral do Iucatán" abarcaba os actuais territorios mexicanos de Estadi de Campeche, Quintana Roo, Tabasco, Iucatán, á vez que, nominalmente, lle correspondían os territorios do norte do Petén e o actual Belize.

Esta Capitanía Xeneral foi creada a partir das conquistas capitaneadas por Francisco de Montejo o Adelantado que, xunto co seu fillo e o seu sobriño, homónimos, dominaron os grupos maias que habitaban a península do Iucatán á súa chegada nos albores dp século XVI. Estes grupos, que presentaron aguerrida defensa do seu territorio, eran os descendentes dos que integraron a coalición de estados que se formara e disolvida tempo antes da chegada dos españois, e que se denominara Liga de Mayapán. A conquista do Iucatán foi a máis tardía das que finalmente integraron o vicerreinado da Nova España, dado que os últimos redutos maias non foron dominados integramente até o ano de 1697 —é dicir, máis de século e medio despois da conquista de México—, coa conquista de Tayasal.[3]

Historia

A conquista de México

Véxase tamén: Conquista do Imperio Azteca.
Retrato de Hernán Cortés
Nacido contra 1485 en Medellín, Extremadura, Hernán Cortés chegou a México como aventureiro dirixindo a expedición enviada por Velázquez, seu cuñado. Considerado polos aztecas como o seu deus Quetzalcóatl, o conquistador foi sancionado por Pánfilo de Narváez, a quen derrotou en Veracruz. Fundador do Vicerreinato de Nova España, tivo un fillo coa Malinche (Malintzin), a súa intérprete indíxena, Martín Cortés, quen anos máis tarde levantaríase contra a Coroa. Morreu o 2 de decembro de 1547, na pobreza, despois de ser acusado de conspiración contra o rei.

Tras a conquista do reino nazarí de Granada en 1492, Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, unidos en matrimonio, financiaron a expedición de Cristóbal Colón, quen descubriu América o 12 de outubro.

Os españois continuaron explorando o Novo Mundo e, en 1517, Francisco Hernández de Córdoba chegou á costa do Iucatán. Despois de dous enfrontamentos cos maias, Hernández de Córdoba foi ferido e morreu ao seu regreso a Cuba.

En 1518 Juan de Grijalva chegou a Campeche e Tabasco. Neste último lugar entrevistouse co cacique ou gobernador maia Tabscoob e escoitou falar acerca dunha cidade poderosa, capital do imperio máis grande de Mesoamérica, a Gran Tenochtitlán, culminando a súa viaxe en Veracruz.

Batalla de Centla
Mural que representa a Batalla de Centla, Tabasco, en 1519.

En 1519, e designado por Diego Velázquez de Cuéllar, gobernador de Cuba (chamada daquela Fernandina, en honor ao rei de Aragón), Hernán Cortés levantou áncora cun pequeno exército e chegou aos territorios que se descubriran en febreiro.

En marzo arribou a Tabasco, onde derrotou aos indíxenas na Batalla de Centla, fundando a vila de Santa María de la Victoria que sería a primeira poboación española na Nova España. Foi alí onde o agasallaron a Malintzin, que sería a súa gran tradutora e peza clave na conquista.

Continuou a súa viaxe e fundou a Villa Rica de la Veracruz en territorio azteca, primeira vila europea institucionalizada no Novo Mundo. O 8 de novembro, Cortés chegou a México-Tenochtitlán.[4]

Cortés Ruta Cuba-Tenochtitlan
Campaña de Cortés, desde Veracruz até México-Tenochtitlán (1519-1521).

Varias premonicións en anos anteriores fixeron crer a Moctezuma Xocoyotzin, soberano azteca ou tlatoani, que a fin do seu imperio estaba cerca. Unha antiga profecía rezaba que Quetzalcóatl, fundador do imperio, volvería baixo a aparencia dun home branco e barbado. Por iso, ao ver a Cortés, creu que a profecía se cumpría e hospedouno no seu palacio, construído por Axayácatl. Os españois decidiron aproveitar a situación para obter riquezas e influencia dentro da corte azteca. Varios sectores da sociedade non se conformaron e decidiron facer ver a Moctezuma o seu erro, pero o tlatoani negouse a aceptar a súa culpa.

En xuño de 1520, un puñado de homes españois detiveron a Moctezuma e proclamaron a conquista, pero o pobo amotinouse. Cortés ordenou a Moctezuma que saíra a calmar aos seus súbditos que, en lugar de obedecer ao seu monarca, comezaron a apedrar. O emperador morreu poucos días despois. Cuitláhuac, irmán de Moctezuma e señor de Iztapalapa foi elixido tlatoani de Tenochtitlan e, en resposta á Matanza do Templo Maior,[5] decidiu lanzar ao pobo contra os españois o 30 de xuño. As estratexias indíxenas coa axuda dos tlatelolcas lograron botar da cidade aos conquistadores, que nesa acción perderon cerca de mil soldados e varios caudais de diñeiro e ouro. Dise que Cortés chorou derrotado ao pé dun ahuehuete, polo que se coñece este feito como Noite Triste.[6]

Durante o seu traxecto ao Gran Tenochtitlán, Cortés lograra as alianzas de pobos subxugados polos aztecas, como Tlaxcala e Chalco. Véndose derrotado, reuniu as súas forzas coas dos seus aliados e, en xaneiro de 1521, despois de máis de seis meses da súa derrota, Cortés comezou a marcha cara á cidade que o viu vencido na Noite Triste. Os aztecas estaban agora gobernados por Cuauhtémoc, pois Cuitláhuac falecera en novembro, vítima de varíola, enfermidade traída polos españois e para a cal non estaban preparados os nativos. En marzo, Cortés comezou o sitio da cidade, á que lle cortou a auga e os recursos básicos de sanidade, comunicación e comercio. A pesar das súas alianzas con Tetzcuco e Tlacopan, a cidade tivo que renderse o 13 de agosto, marcando así o inicio do dominio español.

Cuauhtémoc, líder azteca, intentou escapar en balsa polo lago de Texcoco, pero foi arrestado. Encarcerado en Coyoacán, queimáronlle os pés para que confesara a situación do seu tesouro. Como non confesou, levárono a unha expedición en Centroamérica, en 1525. As sospeitas de conspiración fixeron que o condenaran a morte, que foi executada na forca o 28 de febreiro de 1525.[7]

A fundación

Coronado-Remington

Tras as accións militares, sometida mediante as armas, a capital mexica e, en marcha ocupación do resto do Altiplano Central mexicano, Hernán Cortés ordenou a demolición de México-Tenochtitlán e a edificación nos seus restos da nova capital, dispoñendo que o alarife Alonso de Estrada deseñara un trazado ao estilo castelán. Os españois fixeron da cidade de México a capital dunha entidade que denominaron Nova España, que comprendía dentro dela a todos os señoríos aliados ou sometidos polas tropas de Cortés.

A primeira sociedade novohispana constituíuse en torno ao círculo superior de capitáns da expedición, con Hernán Cortés como capitán xeneral dos territorios recentemente conquistados, que organizaron máis expedicións para controlar territorios. O sistema económico occidental foi implantándose gradualmente, incluíndo prácticas agrícolas, comerciais e financeiras, aínda que moitas estruturas indíxenas continuaron practicamente intactas, como a mobilidade das mercadorías, as estruturas de tributación e algúns poderes locais.[8]

Os indíxenas, maioritarios sempre na sociedade, tras ser sometidos pola vía militar ou recoñecido o vasalaxe español, foron reunidos en vilas ou repúblicas de indios, que foron constituídas xa fora por facelos á usanza occidental en poboacións importantes e deixando aos mesmos gobernadores, o por congregacións, constituídas polas poboacións de varias vilas dispersas nunha soa, ou ben como traballadores nas primeiras encomendas e obrajes. Un punto esencial é que, a partir deste proceso, viviuse un colapso demográfico das sociedades indíxenas, morrendo centos deles a causa da explotación e as epidemias, que alcanzou un punto crítico á metade do século XVI.

As congregacións tiveron entre os seus fins a evanxelización dos indíxenas, un proceso que foi primordial na política española do século XVI e realizado polas principais ordes relixiosas.[9]

Os misioneiros católicos

Padre Misionero Francisco Eusebio Kino
O Padre xesuíta Eusebio Francisco Kino.

No século XVI, os españois ao mando de Hernán Cortés conquistaron aos mexicas e fixéronse coas súas propiedades. O labor misioneiro da Igrexa Católica iniciouse coa chegada das ordes mendicantes: franciscanos, dominicanos e agostiños, que evanxelizaron partindo do Altiplano Central cara a fóra, ás localidades máis poboadas, e creando novas onde eran dispersas. No transcurso da segunda década deste século, Cristóbal de Olid, Pedro de Alvarado e Nuño Beltrán de Guzmán apoderáronse de gran parte do territorio mexicano, salvo o norte do país, onde as tribos chichimecas perduraron até principios do século XVII, cando fueron case exterminadas. Nese mesmo século, o labor dos freires chegados á Nova España permitiu estender os núcleos poboacionais a Nuevo León, onde se fundaron Cerralvo, Cadereyta e Sabinas Hidalgo.[10]

Neste mesmo período, o labor dos franciscanos fixo posíbel a fundación de Paso del Norte, en 1682. Carlos de Sigüenza y Góngora, intelectual e xeógrafo mexicano, dedicuse a cartografar nas Nuevas Filipinas (Texas) e no porto de Panzacola (hoxe Pensacola), onde se edificou o forte de San Carlos para defender a localidade de ataques piratas.[11]

A Compañía de Xesús substituíu paulatinamente o labor dos franciscanos, pero ampliouna no aspecto cultural e educativo. Eusebio Francisco Kino, nacido en Trento, berce do concilio da Contrarreforma, que adoptara o seu segundo nome en honor a Francisco de Asís, a quen admiraba, chegou á Nova España en 1682 e dedicouse a difundir o Cristianismo. Kino fundou misións en Sonora e Arizona, e a maior delas, Magdalena de Kino, no norte do territorio sonorense, leva o nome da súa nai. Morreu en 1711.

Ademais de misioneiro, Kino foi tamén explorador, cartógrafo, xeógrafo e astrónomo. O seu traballo de fundación e coñecemento xeográfico quedou resumido na obra do tamén xesuíta Francisco Javier Alegre, Los apostólicos afanes, dedicada ao papa Bieito XIV, e que foi publicada en Roma en 1749.[12]

O labor de Kino inspirou a outros xesuítas para continuar a obra de fundación, xa entrado o século XVIII, coa fundación de San Antonio de Béjar e a baía do Espíritu Santo, ambas en Texas. Pero en 1767, Carlos III expulsou aos xesuítas dos seus dominios por atentaren contra as doutrinas da Igrexa e do rei, e as súas antigas misións pasaron a seren administradas polos dominicos, que as estenderon até Paraguai e Ecuador.

Junípero Serra, natural das illas Baleares, fundou en Alta California as misións de San Diego de Alcalá, San Carlos Borromeo de Carmelo, San Gabriel Arcángel, San Luis Obispo de Tolosa, San Francisco de Asís e San Juan Capistrano, entre outras.

O italiano Peri recibiu mandato de Pío VI para evanxelizar as terras de Chihuahua, onde fundou en 1798 a misión de San Luis Rey.

O labor de evanxelización e poboamento non se detivo até 1830, cando o Vicerreinado xa non existía e moitos dos países que o integraran xa lograran a súa independencia.[13]

Notas

  1. 1,0 1,1 En maio de 1808 producíronse as denominadas «Abdicacións de Baiona», proceso polo cual Carlos IV e Fernando VII cederon os seus dereitos ao Trono en favor de Napoleón Bonaparte quen, á súa vez, cedeullos ao seu irmán José. Nin o Consello de Castela nin as autoridades das posesións de ultramar recoñeceron como o seu soberano a José, declarando a Fernando como único rei lexítimo. A guerra contra as tropas francesas na Península e a falta dunha autoridade clara provocaron un baleiro que levaría ás posesións americanas cara á súa independencia.
  2. Ver entrada de «Portocarrero Lasso de Vega, Melchor». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1679. ISBN 9788482893600.
  3. Molina Solís, Juan Francisco (1896): Historia del Descubrimiento y Conquista de Yucatán. Mérida, Yucatán.
  4. "Exploradores y viajeros por España y el nuevo mundo". CervantesVirtual.com. Consultado o 18-03-2008.
  5. Esta matanza ocorreu poucos días despois do motín que depuxo a Moctezuma. Cortés debeu saír da metrópole, dado que un emisario de Velázquez, Pánfilo de Narváez, esperábao na costa veracruzana para combater con el pola súa desobediencia ao gobernador de Cuba. Alvarado aproveitou a ausencia do seu superior para ordenar o avance das súas tropas sobre una festa indíxena realizada no Templo Maior, morrendo no acto máis de cincocentas persoas, contando mulleres e nenos.
  6. "La conquista de la Nueva España." (en español). ArteHistoria.com. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 27-03-2008. Consultado o 17-03-2013.
  7. Ángel María Garibay. "La muerte de Cuauhtémoc" (en español). Arquivado dende o orixinal (HTML) o 21-08-2008. Consultado o 5-08-2008.
  8. LOCKHART, James (1999). Los nahuas después de la Conquista. Fondo de Cultura Económica.
  9. HASSIG, Ross (1985). Comercio, tributo y transportes. La economía política del Valle de México en el siglo XVI. Alianza Editorial Mexicana.
  10. Estudiantes de la Pontificia Universidad Católica de Chile (3 de abril de 2007). "El virreinato de Nueva España". Consultado o 01-09-2013.
  11. Ricard, Robert (1949). La Conquista Espiritual de México. Ciudad de México (Fondo de Cultura Económica).
  12. "Vida y obra del padre Eusebio Francisco Kino." (HTML) (en español). Consultado o 01-09-2013.
  13. Universidad de La Rioja. "Evangelización en la Nueva España" (HTML) (en español). Consultado o 17-03-2008.

Véxase tamén

Bibliografía

  • CASASOLA, Gustavo (1976). Editorial Trillas, ed. Seis siglos de historia gráfica de México, tomo 1. Ciudad de México. ISBN 968-7013-01-0.
  • DE VALLE ARIZPE, Artemio (1997). De la Nueva España (Editorial Lectorum ed.). Guadalajara (Jalisco). ISBN 970-732-155-5.
  • ESQUIVEL MILÁN, Gloria; Enrique Figueroa Alfonso (1996). Historia de México (Editorial Harla ed.). Oxford.
  • FUENTES MARES, José (1984). Editorial Océano, ed. Historia Ilustrada de México, de Hernán Cortés a Miguel de la Madrid. Tomo II. Ciudad de México. ISBN 970-613-092-6.
  • GONZÁLEZ OBREGÓN, Luis (2005). Botas & Alonso Editores, ed. Croniquillas de la Nueva España. Toluca, Estado de México.
  • HUMBOLDT, VON, Alexander (1807). Ensayo político sobre el reino de Nueva España. Madrid, España. ISBN 970-07-4758-1.
  • KRAUZE, Enrique (1994). Siglo de caudillos, biografía política de México —1810-1910—. Puebla de Zaragoza: Editorial Tusquets. ISBN 970-699-048-8.
  • MAQUIVAR, María del Consuelo (1998). De lo permitido a lo prohibido, iconografía de la Santísima Trinidad en la Nueva España. Monterrey: Editorial Porrúa.
  • MORENO, Salvador; Alma E. Silva (1997). Historia de México, tercer curso. Ciudad de México: Ediciones Epsa. ISBN 968-417-230-3.
  • ROSAS, Alejandro (2006). Mitos de la historia mexicana. De Hidalgo a Zedillo. Ciudad de México: Editorial Planeta. ISBN 970-37-0555-3.
  • ROSELLÓ SOBERÓN, Estela (2004). Así en la tierra como en el cielo: manifestaciones cotidianas de la culpa y el perdón en la Nueva España de los siglos XVI y XVII. Colegio de México. ISBN 968-12-1255-X.
  • TREVIÑO, Héctor Jaime (1997). Historia de México, tercer curso. Monterrey: Editorial Castillo. ISBN 970-20-0019-X.
  • VASCONCELOS, José. Breve Historia de México. Guadalajara: Editorial Trillas. ISBN 968-24-4924-3.
  • VIGIL, José María (1981). México a través de los siglos, tomo X. Ciudad de México: Editorial Cumbre.
  • VILLALPANDO, José Manuel (2003). El virrey, memorias de la virreina de Gálvez donde relata cómo Carlos III impidió la independencia de Nueva España. Morelia: Editorial Planeta. ISBN 970-690-363-1.

Ligazóns externas

Abrazo de Acatempan

O Abrazo de Acatempan é un suceso da Historia de México ocorrido o 10 de febreiro de 1821, no que participaron Agustín de Iturbide, comandante en xefe do exército do Vicerreinado de Nova España, (gobernado entón por Juan Ruiz de Apodaca) e Vicente Guerreiro, xefe das forzas que pelexaban pola Independencia de México. Este abrazo marcou a reconciliación entre as forzas do vicerrei (integradas mayoritariamente por crioulos) e o exército insurxente.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Compostela, Nayarit

Villa de Santiago de Galicia de Compostela de Indias ou simplemente Compostela (nome oficial), é unha cidade do concello de Compostela, en México, situado no estado de Nayarit.

Foi fundada polo explorador español Cristóbal de Oñate o 25 de xullo de 1540. Esta cidade foi a primeira capital do antigo reino de Nova Galicia no vicerreinado de Nova España que despois pasou para a cidade de Guadalaxara.

Conquista do Imperio Azteca

A Conquista do Imperio Azteca fai referencia o conxunto de campañas militares españolas acontecidas a partir de 1517 cuxo obxectivo era a dominación dos territorios controlados polo Imperio Azteca e dos demais pobos mesoamericanos relacionados con eles; que desembocaría no Vicerreinado de Nova España.

Coyoacán

Coyoacán é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase no centro xeográfico deste. O seu territorio abrangue máis de 54 quilómetros cadrados, e está localizado sobre a chaira do val de México. A parte máis alta corresponde ó cerro Zacatépetl, no suroeste da delegación, onde tamén se atopa a zona de Los Pedregales. Todo o territorio coyoacanense está urbanizado. Dentro del atópanse importantes zonas verdes como a Cidade Universitaria e os viveiros de Coyoacán.

Na época precolombiana, unha parte do territorio coyoacanense estaba baixo o lago de Texcoco e Xochimilco. Durante o Preclásico Medio desenvolvéronse na zona algunhas aldeas agrícolas, entre as que destaca Copilco polos testemuños dos costumes funerarios da época.

No momento da chegada dos españois, Coyoacán formaba parte da esfera de influencia de Tenochtitlán. Despois da Conquista, estableceuse alí o primeiro concello e sede do goberno do Vicerreinado de Nova España.

Guadalaxara, México

Guadalaxara, ou Guadalajara, é unha importante cidade de México, a segunda do país, capital do estado de Xalisco, no centro-leste do altiplano (a 1.589 m de altitude), e a uns 500 km ao leste do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.460.148 persoas (2015).

Guam

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán, Territory of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Imperio Español

Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española (comunmente simplificado como Monarquía hispánica, Monarquía de España ou Monarquía española) ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía o longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século xvi, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.

Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados a finais do século xviii, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos xvi e xvii creou unha estrutura propia, aínda así non se chamou imperio colonial ata o ano 1768, sendo no século xix cando adquire estrutura puramente colonial.

Non existe unha postura unánime entre os historiadores sobre os territorios concretos de España porque, en ocasións, resulta difícil delimitar se determinado lugar era parte de España ou formaba parte das posesións do rei de España, ou se o territorio era unha posesión efectiva ou xurídica, en épocas que abarcan séculos, incorporados de forma distinta, herdados ou conquistados, e nas que non estaban igualmente definidas a diferenza entre as posesións do rei e as da nación, como tampouco o estaba a facenda ou a herdanza nin o dereito internacional. Así, tradicionalmente considéranse os Países Baixos como parte do mesmo (tese maioritaria en España e os Países Baixos entre outros); pero existen autores como Henry Kamen que proclaman que eses territorios nunca se integraron no Imperio español, senón nas posesións persoais dos Austrias. Malia todo, o que a Monarquía Hispánica fora unha monarquía autoritaria, case absolutista, fai que a tese máis lóxica sexa a de que todas as posesións do rei eran posesións da nación. De feito non se pode falar dunha separación do escudo nacional e o escudo real ata ben entrado o século xix, o cal pon de manifesto que o rei de España era practicamente o mesmo que o estado, atendendo ás delimitacións do réxime polisinodial polo que se rexía o Imperio español.

O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorría no Imperio Romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Os españois comezaran as súas exploracións polo occidente, co descubrimento das Indias Occidentais por Cristovo Colón, en 1492 e iniciaran inmediatamente a colonización forzada do continente americano. A mediados do século xvi, España controlaba case toda a zona costeira das Américas, desde Alasca á Patagonia, no occidente, e desde o actual estado estadounidense de Xeorxia, toda a América Central e o Caribe ata a Arxentina, con excepción do Brasil, que Portugal conseguira manter grazas á mediación do Papa (ver Tratado de Tordesillas).

Intendente

O Intendente é un funcionario, de orixe francés, introducido en España e na América hispana polos Borbóns, que exerce as súas competencias sobre un determinado territorio. Na actualidade, esta figura segue existindo, con atribucións diferentes, en varios países do Cono Sur, como Arxentina, Chile, Paraguai, ou Uruguai. En Brasil, o cargo de intendente existiu ata 1930, sendo entón substituído polo prefeito.

Tanto o exercicio das funcións de intendente como o territorio xurisdiccional onde estas se exercen, adoita denominarse Intendencia.

Isabel Zendal

Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar.

Mariano Guadalupe Vallejo

Mariano Guadalupe Vallejo Lugo, nado en Monterey o 4 de xullo de 1807, e finado en Sonoma o 18 de xaneiro de 1890, foi un político, militar e terratenente californiano. Naceu cando California era parte integrante do Vicerreinado de Nova España, chegou ó rango de comandante do exército mexicano e foi o baluarte da independencia de California respecto de México e da posterior anexión desta ós Estados Unidos de América.

México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).

Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Nova Galicia

Nova Galicia pode referirse a:

Xeografía e historia

Reino de Nova Galicia, ou Novo Reino de Galicia, un dos dous únicos reinos autónomos dentro do Vicerreinado de Nova España;

Provincia de Nova Galicia, unha división do Reino de Nova Galicia que, na primeira organización da Nova España, compendía os territorios de Nayarit e Xalisco.

Nova Galicia, antigo nome dado polos conquistadores españois á illa suramericana que actualmente se coñce como Illa Grande de Chiloé, en Chile;

Nova Galicia, tamén coñecida como Galicia occidental, antigo estado da monarquía dos Habsburgo que comprendía gran parte do territorio do occidente de Polonia, que se integrou no Reino de Galicia e Lodomeria en 1795, despois da terceira repartición de Polonia.Prensa

Nova Galicia, semanario galego editado en Buenos Aires entre 1901 e 1951;

Nova Galiza, publicación galeguista en galego que se editou en Barcelona durante a Guerra Civil española, promovida por Castelao e Ramón Suárez Picallo;

Nova Galicia, revista editada en París polo PCE en 1966.

O Salvador

O Salvador (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numeros pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía Xeral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial, seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país. Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro. O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización. Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Reino de Nova Galicia

O Reino de Nova Galicia, estaba formado por tres provincias maiores que abranguían a Provincia de Nova Galicia (Nayarit e Xalisco), a Provincia dos Zacatecas (Aguascalientes e Zacatecas) e a Provincia de Colima (Colima). O Reino de Nova Galicia era un dos dous únicos reinos autónomos dentro do Vicerreinado de Nova España. A conquista do territorio foi consumada por Nuño Beltrán de Guzmán. A primeira capital foi Tepic, trasladada en 1540 a Compostela, onde se estableceu un bispado sufragáneo do arcebispado. En 1560, a capital volveuse trasladar, esta vez a Guadalaxara. En 1786 as divisións políticas da Nova España foron establecidas en intendencias, por tanto, as Provincias de Nova Galicia e Colima pasaron a ser a Intendencia de Guadalaxara e a Provincia dos Zacatecas pasou a ser a Intendencia de Zacatecas.

Álvar Núñez Cabeza de Vaca

Álvar Núñez Cabeza de Vaca, nado en Xerez da Fronteira entre 1488 e 1490 e finado en Sevilla entre 1557 e 1558, foi un descubridor e conquistador español.

Explorou a costa sur de Norteamérica desde a actual Florida pasando por Alabama, Mississippi e Luisiana, e explorou Texas, Novo México, Arizona e no norte de México ata chegar ao Golfo de California, territorios que pasaron a anexionarse a Imperio Español dentro do Vicerreinado de Nova España. O rei Carlos I de España outorgoulle o título de adiantado e o nomeou capitán xeneral e gobernador do Río da Prata, Paranáguazu e os seus anexos. Foi o primeiro europeo que describiu as cataratas do Iguazú e que explorou o curso do río Paraguai.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.