Vicepresidencia da Xunta de Galicia

A vicepresidencia da Xunta é un antigo cargo político dentro do organigrama da Xunta e que a miúdo serviu como coordinación do traballo doutras consellerías. Ao longo da historia da Xunta de Galicia houbo gobernos que contaron cun vicepresidente, con dous vicepresidentes ou con ningún.

O vicepresidente é tamén o encargado de substituír o presidente nas súas funcións en caso de falecemento, dimisión ou viaxe ao estranxeiro, e ata a elección dun novo presidente, de ser o caso. De non existir vicepresidente, esas funcións recaen na persoa que ocupe o cargo de conselleira de Presidencia.

A vicepresidencia pode rer funcións políticas claramente definidas ou actuar como consellería sen carteira, na asistencia do cargo do presidente.

Historia

O primeiro vicepresidente da Xunta foi Xosé Manuel Romay Beccaría, que aínda que se ocupou das tarefas relacionadas coas relacións coa administración estatal e coa Xustiza non tivo esa denominación. A partir de 1983 créanse dúas vicepresidencias, unha de perfil político, encabezada por Xosé Luís Barreiro Rivas e outra de perfil económico, encabezada por Carlos Mella, que á súa vez detentaban o cargo de conselleiros de áreas específicas. Este modelo mantívose durante uns poucos meses, ata que Mella dimite debido ás súas friccións con Barreiro, e este último queda como único vicepresidente coordinando a área política.

Logo da dimisión de Barreiro Rivas en 1986 pasa a ocupar o cargo de vicepresidente da Xunta Mariano Rajoy, pero sen levar aparellada a xestión dunha consellería. Logo da moción de censura presentada en 1987 por Fernando González Laxe (PSdeG), a vicepresidencia volve ser de novo de Barreiro Rivas, pero ten que dimitir como consecuencia dun proceso xudicial. Nin Barreiro nin o seu substituto Xavier Suárez-Vence xestionaron ademais outras consellerías.

Logo da vitoria de Manuel Fraga en 1989 desapareceu a figura do vicepresidente ata que foi recuperada quince anos máis tarde, en 2004 baixo a figura dunha dobre vicepresidencia, a de Alberto Núñez Feijóo como vicepresidente primeiro e a de Xosé Manuel Barreiro como vicepresidente segundo. Estas vicepresidencias presentáronse como unha preparación para a sucesión política de Fraga e non tiñan competencias específicas, fóra das que cada un deles, como conselleiros, xa tiña.

Tras a formación do goberno de coalición entre socialistas e nacionalistas en 2005, Anxo Quintana asumiu a vicepresidencia única, que levaba aparelladas as competencias de relacións institucionais e de Igualdade e Benestar. O vicepresidente encargábase ademais da coordinación da actividade das consellerías gobernadas polos nacionalistas.

Vicepresidentes

Vicepresidente(s) Mandato Presidente Consellerías asignadas
Xosé Manuel Romay Beccaría 1982-1983 Xerardo Fernández Albor
Xosé Luís Barreiro Rivas
Carlos Mella
1983-1984 Xerardo Fernández Albor C. de Presidencia
C. de Economía
Xosé Luís Barreiro Rivas 1984-1986 Xerardo Fernández Albor C. de Presidencia
Mariano Rajoy 1986-1987 Xerardo Fernández Albor
Xosé Luís Barreiro Rivas 1987-1988 Fernando González Laxe
Xavier Suárez-Vence 1988-1990 Fernando González Laxe
Alberto Núñez Feijóo
Xosé Manuel Barreiro
2004-2005 Manuel Fraga C. de P. Territorial, Obras P. e Vivenda
Consellería de Medio Ambiente
Anxo Quintana 2005-2009 Emilio Pérez Touriño C. para a Igualdade e o Benestar
Alfonso Rueda 2012- actualidade Alberto Núñez Feijóo C. de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
A galiña azul (escolas)

A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.

A rede de escolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.

É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.

O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as escolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.

Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.

Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.

Ana Luísa Bouza

Ana Luísa Bouza Santiago, nada na Coruña en 1960, é unha política galega.

Anxo Quintana

Anxo Manuel Quintana González, nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959, é un político galego. Foi o Voceiro Nacional do BNG desde 2003 ata 2009 e vicepresidente da Xunta de Galicia desde 2005 ata 2009.

Historia do topónimo Galiza e Galicia

A historia dos topónimos Galicia e Galiza, empregados para se referir á Comunidade Autónoma de Galicia e constituída como nación dentro do estado Español, continúa a suscitar unha gran controversia, tanto etimolóxica coma socialmente. Galicia é o topónimo que posúe a oficialidade, e é o empregado en documentos oficiais da Xunta de Galicia e o Goberno de España. Porén, tanto Galicia como Galiza son empregados habitualmente na escrita e na fala.

Segundo o historiador Ramón Villares e o filólogo Henrique Monteagudo, ambos membros do Consello da Cultura Galega, os dous topónimos son correctos dende o punto de vista filolóxico, sendo a elección de optar pola forma Galicia unha decisión política e institucional.

Manuel Crespo Alfaya

Manuel Crespo Alfaya foi un político galego.

Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.