Vicente López Portaña

Vicente López Portaña (en catalán Vicent López i Portaña), nado en Valencia o 19 de setembro de 1772 e falecido en Madrid o 22 de xullo de 1850, foi un pintor español, un dos últimos representantes do neoclasicismo, xa que significou o final da época barroca en España e o comezo dunha nova era.

Formado na tradición do barroco eclesiástico, a súa técnica era precisa e moi virtuosa, ligando un rigoroso debuxo á calidade material colorista e típica da escola española. Porén, a dicir dos seus críticos, as súas obras carecen dunha penetración psicolóxica e de graza compositiva.

Foi pintor de cámara de tres reis da da monarquía española: Carlos IV, Fernando VII e Isabel II. Na capital do Reino converteuse no pintor de moda entre a aristocracia e a alta burguesía madrileña.

Así mesmo foi autor de numerosos retratos de mandos militares franceses que ocuparan España durante a Guerra da Independencia.

Vicente López Portaña
Vicente López Portaña (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando)
Autorretrato de Vicente López Portaña.
Nacemento19 de setembro de 1772
 Valencia
Falecemento22 de xullo de 1850
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor
FillosBernardo López y Piquer e Luis López y Piquer

Traxectoria

Iniciou os seus estudos pictóricos á idade de trece anos, na Real Academia de Bellas Artes de San Carlos de Valencia, onde foi discípulo do monxe franciscano Antonio de Villanueva. En 1789 foi premiado cunha bolsa de estudos en Madrid pola súa obra El rey Ezequías haciendo ostentación de sus riquezas.

En 1780 obtén o primeiro premio no concurso da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando coa súa obra Los Reyes Católicos recibiendo una embajada del Rey de Fez.

Tras permanecer en Madrid trece anos, onde recibiría a influencia de pintores como Francisco Bayeu, Mariano Salvador Maella e Anton Raphael Mengs, regresa a Valencia en 1792, onde pintou a Fernando VII con el hábito de la Orden de Carlos III e numerosos retratos dos xefes militares franceses que ocupaban España durante a Guerra da Independencia. De carácter obediente e acomodaticio, durante a época da invasión francesa en Valencia colaborou co xeneral Louis Gabriel Suchet.

En 1793 foi nomeado académico de mérito de San Carlos, e en 1801 director da Academia, cando se retirou José Camarón Boronat.

En 1795 casou con María Piquer, coa que tivo dous fillos, Bernardo e Luís López Piquer, que tamén foron pintores, e seguidores do estilo do seu pai, pero que non alcanzaron a súa fama.

Pintor de cámara

Vicente López Portaña - el pintor Francisco de Goya
Retrato de Goya.
Museo do Prado.

Cando o rei Carlos IV visitou a cidade do Turia en 1802, nomeouno pintor de de cámara honorario, ao tempo que lle fixo algunhas encargas que executou a plena satisfacción do monarca con éxito.

Xa era un pintor moi coñecido e considerado, e o sentido realista que demostrara nos seus retratos fixeron que, en 1814, acabada a guerra da Independencia, López fora perdoado do seu afrancesamento por Fernando VII, que o chamou á Corte e o nomeou pintor de cámara oficial.

Pouco despois (1815) sucedeu a Francisco de Goya como primeiro pintor de cámara. Fernando VII tamén o designou profesor de pintura da súa segunda esposa, María Isabel de Portugal e, despois, da súa terceira esposa, María Amalia de Saxonia.

De novo en Madrid converteuse no pintor de moda entre a aristocracia e a alta burguesía madrileña. Alí, entre outros pintou o retrato do III conde de Lerena, Pedro López de Lerena Sobarzo, e o do compositor Félix Máximo López, ambos contra 1820.

En 1826 realizou a súa obra máis coñecida, o Retrato del pintor Francisco de Goya e en 1831 fixo o retrato de Fernando VII con el hábito de la Orden del Toisón de Oro.

Vivente López faleceu en Madrid o 22 de xullo de 1850, cando era primeiro pintor de cámara de Isabel II.

Legado

Vicente López figura nos billetes de 25 pesetas de 1931 da Segunda República Española.

Distintas obras súas, incluíndo un autorretrato, ilustraron unha serie de selos de correos españois en 1973.

Obras

Vicente López Portaña - Portrait of the Marquis of Labrador, Spanish Ambassador to the Congress of Vienna of 1815 - Google Art Project
O Marqués do Labrador.
  • El pintor Francisco de Goya y Lucientes, 1826.
  • Doña María Cristina de Borbón, reina de España, 1830.
  • El infante Antonio Pascual de Borbón, ca. 1815-1816.
  • María Josefa Amalia de Sajonia, reina de España, ca. 1828.
  • María Antonia de Borbón, princesa de Asturias, ca. 1815-1816.
  • María Isabel de Braganza, reina de España, ca. 1816.
  • Retrato del teniente coronel Juan de ­Zengotita Bengoa, 1842.
  • La señora de Carballo, niña, ca. 1838-1840.
  • La Huida a Egipto, ca. 1794-1796.
  • Fray Tomás Gasco, ca. 1800.
  • Carlos IV y su familia homenajeados por la Universidad de Valencia, 1802.
  • El obispo Pedro González Vallejo, ?
  • Antonio Ugarte y su esposa, María Antonia Larrazábal, 1833.
  • Doña Salvadora Torra, viuda de Camarón, ?
  • José Gutiérrez de los Ríos, 1849.
  • Retrato de la señora Delicado de Imaz, ca. 1836.
  • El sueño de san José, ca. 1791-1792.
  • La liberación de san Pedro, ca. 1791-1792.
  • María Pilar de La Cerda y Marín de Resende, duquesa de Nájera, ca. 1795.
  • La miniaturista Teresa Nicolau Parody, ca. 1832-1835.
  • Francisco Tadeo Calomarde, ca. 1831-1832.
  • Alegoría de la institución de la orden de Carlos III, 1827-1828.
  • Alegoría de la donación del Casino a la reina Isabel de Braganza por el Ayuntamiento de Madrid, 1818.
  • El arzobispo Juan José Bonel y Orbe, ?
  • Retrato de Alejandro Mon, 1850.
  • Ignacio Gutiérrez Solana, veedor de las reales caballerizas, ca. 1823.
  • Félix Antonio Máximo López, primer organista de la real capilla, 1820.
  • Don Pedro Alcántara de Toledo y Salm Salm, XIII duque del Infantado, 1827.
  • Luis Veldrof, aposentador mayor y conserje del Real Palacio, ca. 1823-1825.
  • Henry O'Shea, ?
  • El infante Carlos María Isidro, ca. 1823.
  • Adoración de la Sagrada Forma, ca. 1791-1792.
  • Pedro Caro Sureda, marqués de la Romana (copia), ?
  • Retrato de caballero, ca. 1816-1818.
  • Fernando VII, con uniforme de capitán general, ca. 1814-1815.
  • María Francisca de la Gándara y Cardona, condesa viuda de Calderón, 1846.
  • Fernando VII, con uniforme de capitán general, 1814.
  • María Cristina de Borbón, con el hábito del Carmen, ?
  • El Buen Pastor, ca. 1800.
  • Isabel II niña, en pie, ca. 1835-1836.
  • El sueño de san José, 1805.
  • Alegoría de las Ciencias, ca. 1794-1795.
  • Bautismo de san Hermenegildo por san Leonardo, ca. 1816.
  • Fernando VII, con uniforme de capitán general, ca. 1816-1818.
  • María Isabel de Braganza, reina de España, ca. 1816-1818.
  • San Frutos, ca. 1805.
  • La beata Josefa María de santa Inés de Beniganim, ca. 1805.
  • Imagen de la Virgen de la Fuencisla en su altar, ca. 1815-1816.
  • Santa con angelitos en un paisaje, ?
  • Aparición del Niño Jesús a san Antonio de Padua, ca. 1816-1818.
  • Jesús con la cruz a cuestas, camino del Calvario, ca. 1842-1846.
  • Retrato de D. Matías Sorzano Nájera, 1840.
  • Dos rodelas de escudos coronadas, con genios y famas, ?
  • Fernando VII con el hábito de la orden del Toisón de Oro, ca. 1829-1830.
  • Isabel de Mayrand y el conde de Salmony, junto a su castillo, ca. 1791-1792.
  • Encuentro del rey Etelredo y Etelgiva, ca. 1791-1792.
  • San Francisco y santa Clara adorando la Santa Faz de Alicante, ca. 1800-1805.
  • La basílica de San Francisco el Grande de Madrid, ?
  • Amorcillo jugando con un perro, ca. 1805-1810.
  • Amorcillo cabalgando sobre un perro, ca. 1805-1810.
  • San Francisco Javier bautizando indios, (copia) ?.
  • Orla decorativa con la aparición de la Virgen a san Simón Stock y varios santos carmelitas, ca. 1816.
  • Virgen de la Merced, entronizada sobre nubes, ca. 1794-1797.
  • Predicación de san Juan Bautista, ca. 1832-1835.
  • Pedro Cano, canónigo de la catedral de Valencia, 1843.
  • Ciro el Grande ante los cadáveres de Abradato y Pantea, ca. 1826.
  • El milagro, 1833.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Díez García, José Luis (1994): Vicente López Portaña (1772–1850). Su vida, su arte, su obra. (Pinturas, Dibujos y Estampas). Tesis doctoral. Universidad Complutense de Madrid. Cutso 1993-94.
  • Luis Morales y Marín, José Luis (1980): Vicente López. Zaragoza: Guara. ISBN 84-85303-44-X.

Ligazóns externas

19 de setembro

O 19 de setembro é o 262º día do ano do calendario gregoriano e o 263º nos anos bisestos. Quedan 103 días para finalizar o ano.

Antonio Pascual de Borbón

Antonio Pascual de Borbón e Saxonia nado en Caserta, Reino de Nápoles, o 31 de decembro de 1755 e finado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid), o 20 de abril de 1817), foi un infante de España, fillo de Carlos III e a súa esposa María Amalia de Saxonia, e irmán menor, por tanto, de Carlos IV de España e Fernando I de Borbón rei das Dúas Sicilias (e despois Fernando IV, rei de Nápoles).

Carlos María Isidro de Borbón

Carlos María Isidro Benito de Borbón, Infante de España, nado en Madrid o 29 de marzo de 1788 e finado en Trieste o 10 de marzo de 1855, foi o segundo fillo do rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma, e irmán de Fernando VII. Tamén foi coñecido como Don Carlos. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.

Evaristo Pérez de Castro Colomera

Evaristo Pérez de Castro Colomera, nado en Valladolid en 1778 e falecido en Madrid o 28 de novembro de 1849, foi un político español, secretario de Estado (1820-1821) e presidente do Consello de Ministros (1838-1840), Gran Cruz da Orde de Carlos III.

Lista de personalidades en selos de España

Esta é unha lista de persoas que apareceron nos selos de correos de España desde 1850 até outubro de 2010, sendo un total de arredor 510 personalidades, reais e imaxinarias.

Inclúese na lista o ano no que apareceron por primeira vez.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.

Museo do Prado

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario.

Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.

Vicente López

O nome de Vicente López pode referirse a:

Vicente López Portaña, pintor español (1772-1850);

Vicente López Enguídanos, gravador español (1774-c. 1799);

Vicente López y Planes, músico e político arxentino, autor do himno nacional arxentino e segundo presidente da nación (1785-1856);

Vicente Fidel López, historiador arxentino, fillo do anterior (1815-1903);

Lucio Vicente López, escritor e político arxentino, fillo do anterior (1848-1894);

Vicente López Puigcerver, militar e político español (1844-1911);

Vicente López Veiga, editor galego, fundador da revista Galicia (1847-1928);

Vicente López Tovar, político e militar español (1909-1998);

Vicente López Copete, verdugo español (n. 1914);

Vicente López Mosquera, avogado e político galego (f. 1919);

Vicente López Rosat, médico e político español (1925-2003);

Vicente López Barberá, futbolista e adestradador español (1936-2017);

Vicente López Carril, ciclista galego (1942-1980);

Vicente López Novo, Rufino, guerrilleiro antifranquista galego (f. 1948);Amais, como topónimo, dá nome a dous lugares:

Vicente López, localidade de Buenos Aires;

Partido de Vicente López, na provincia de Buenos Aires.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.