Vicente Arias de la Maza

Vicente Arias de la Maza, nado en Santiago de Compostela o 6 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 5 de marzo de 1963, foi un avogado galego.

Vicente Arias de la Maza
Nacemento6 de xaneiro de 1873
 Santiago de Compostela
Falecemento5 de marzo de 1963
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
FillosCarmela Arias e Joaquín Arias Díaz de Rábago

Traxectoria

Fillo de José Arias Armesto e María Teresa de la Maza Agar e curmán de Pedro Barrié de la Maza. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 foi nomeado secretario da Xunta de Obras do Porto da Coruña, posto no que permaneceu até 1928. Nese ano trasladouse a Cataluña como secretario da Xunta de Obras do Porto de Barcelona. Ao estalar a sublevación do 18 de xullo de 1936 quedou atrapado en Cataluña. Mantivo o seu posto de secretario durante os anos da guerra, e realizou actividades de espionaxe para o bando franquista. Dous dos seus fillos, José María e Vicente, alistados no exército de Franco, morreron na guerra, polo que a súa nai recibiu as correspondentes “Medallas de Sufrimiento por la Patria”. Vicente Arias tamén recibiu recoñecemento polo seu labor na quinta columna de Barcelona. Ao rematar a guerra continuou no mesmo posto dous anos até que se xubilou anticipadamente e retornou á Coruña a finais de 1941.

O Colexio de Vilatuxe (Lalín) leva o seu nome[1].

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con Carmela Díaz de Rábago Aguiar o 16 de xullo de 1911, e foi pai de Joaquín e Carmela Arias Díaz de Rábago.

Notas

  1. CEIP Vicente Arias de la Maza

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Galería de imaxes de Lalín

Galería de imaxes do concello de Lalín na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Vilatuxe, Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 719 habitantes (376 mulleres e 343 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Joaquín Arias Díaz de Rábago

Joaquín Arias Díaz de Rábago, nado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916 e falecido na Coruña o 29 de maio de 2007, foi un rexistrador da propiedade e empresario galego.

Pedro Barrié de la Maza

Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido na mesma cidade o 14 de marzo de 1971, foi un empresario galego.

Vilatuxe, Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.