Vicente Aleixandre

Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo nado en Sevilla en 1898 e finado en Madrid en 1984, foi un poeta español, pertencente á xeración do 27 e Premio Nobel de Literatura 1977.

Vicente Aleixandre
Nobel prize medal.svg
Vicentealeixandre
Vicente Aleixandre no ano 1977.
Nacemento26 de abril de 1898
 Sevilla España España
Falecemento13 de decembro de 1984
 Madrid España España
Causatuberculose
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterResidencia de Estudiantes
Ocupaciónpoeta, escritor e mestre
XénerosPoesía
PremiosPremio Nobel de Literatura, Premio Nacional de Literatura de España, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Española e Gran Cruz da Orden de Carlos lll

Traxectoria

Nado no seo dunha familia burguesa andaluza, pasa a súa infancia en Málaga e trasládase a Madrid onde estuda dereito e comercio. En 1917 coñece a Dámaso Alonso, que o inicia na poesía e o pon en contacto coa obra de Rubén Darío, Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez. Entre 1920 e 1922 foi profesor de dereito mercantil na Escola de Comercio. En 1925 diagnostícaselle unha nefrite tuberculosa e observa un longo período de descanso e illamento, que aproveitará para ler a poesía de San Xoán da Cruz, Frei Luis de León e Luis de Góngora. En 1926 publica os seus primeiros poemas na Revista de Occidente. Nos anos trinta o poeta coñece a Andrés Acero e ambos os dous comezan unha intensa relación amorosa que será interrompida polo exilio a México de Andrés após a Guerra Civil. En palabras de Molina Foix, “Vicente Aleixandre era moi pudoroso da súa condición homosexual polo dano que puidese facer á súa familia, sobre todo á súa irmá, pero a min díxome que cando morrese, non lle importaría que se soubese toda a verdade; na realidade consideraba que non era ningunha deshonra”. A pesar da súa ideoloxía de esquerdas trala guerra civil española permanece en España, aínda que por un tempo non se lle permite publicar.

Obra poética

No seu primeiro libro, Ámbito (1928), predomina o verso asonantado e a estética da poesía pura ao estilo de Juan Ramón Jiménez. Nos seus seguintes libros, inspirado polos precursores do surrealismo, en especial Arthur Rimbaud e Lautréamont adopta o poema en prosa (Pasión de la tierra, 1935) e o verso libre (Espadas como labios, 1932; La destrucción o el amor, 1933; Sombra del paraíso, 1944), cunha estética irracionalista e na expresión achégase á escrita automática.

Trala guerra achégase á poesía social, cun estilo máis sinxelo, dúas son as obras máis importantes deste período Historia del corazón (1954) e En un vasto dominio (1962).

Na poesía dos últimos anos volve ao irracionalismo xuvenil, aínda que máis depurado e sereno.

14 de decembro

O 14 de decembro é o 348º día do ano do calendario gregoriano e o 349º nos anos bisestos. Quedan 17 días para finalizar o ano.

26 de abril

O 26 de abril é o 116º día do ano do calendario gregoriano (117º nos anos bisestos). Quedan 249 días para finalizar o ano.

2 de xaneiro

O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 363 días para finalizar o ano, 364 nos anos bisestos.

Antón Lamazares

Antón Lamazares Silva, nado en Maceira (Lalín) o 2 de xaneiro de 1954, é un pintor galego da xeración dos '80. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Carlos Bousoño

Carlos Bousoño Prieto, nado en Boal, Principado de Asturias, o 9 de maio de 1923 e finado en Madrid o 24 de outubro de 2015, foi un poeta e crítico literario español.

Dámaso Alonso

Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol, e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.

Fernando Arrabal

Fernado Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.

Litoral (Málaga)

Litoral é unha revista cultural fundada en Málaga en 1926 por Emilio Prados e Manuel Altolaguirre.

Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.

Mensajes de poesía

Mensajes de poesía foi unha publicación mensual que apareceu en Vigo entre setembro de 1948 e xaneiro de 1952. Fundada, dirixida, redactada, editada e distribuída por Eduardo Moreiras, non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos.

De edición modesta e coidada, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Aleixandre, impulsor da revista, Luis Cernuda, Blas de Otero, Rafael Alberti ou Juan Ramón Jiménez, e os autores galegos Álvaro Cunqueiro, Luz Pozo Garza, Luis Pimentel, e de xeito ocasional, Ricardo Carballo Calero, Ánxel Fole ou Celso Emilio Ferreiro. A revista publicou catro monográficos, dedicados a Rafael Morales, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.

Miguel Hernández

Miguel Hernández Gilabert, nado en Orihuela, provincia de Alacant, o 30 de outubro de 1910 e finado en Alacant o 28 de marzo de 1942, foi un poeta e dramaturgo de especial relevancia na literatura castelá do século XX. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na xeración do 36, Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por Dámaso Alonso como «xenial epígono da xeración do 27».

Premio Nobel de Literatura

O Premio Nobel de Literatura é un dos 5 premios especificamente sinalados no testamento do escandinavo Alfred Nobel. Segundo as súas palabras, o premio debe entregarse cada ano "a quen produza no campo da literatura a obra máis salientábel, na dirección correcta". A institución encargada de seleccionar ó gañador é a Academia Sueca (en sueco, Svenska Akademien).

Once dos galardoados co premio no século XX foron escritores en lingua castelá —entre eles un galego— e un en lingua portuguesa: os españois José Echegaray (1904), Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956), Vicente Aleixandre (1977), e o galego Camilo José Cela (1989); os chilenos Gabriela Mistral (1945) e Pablo Neruda (1971); o guatemalteco Miguel Ángel Asturias (1967); o colombiano Gabriel García Márquez (1982), o mexicano Octavio Paz (1990) e o peruano Mario Vargas Llosa (2010); en lingua portuguesa o portugués José Saramago (1998).

Premio da Crítica de poesía castelá

O Premio da Crítica Española foi creado no ano 1956 e concédese ós mellores libros de narrativa e poesía publicados en España ó longo do ano anterior nas catro linguas do Estado (castelán, catalán, éuscaro e galego). O xurado está formado normalmente por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios. É un galardón sen dotación económica.

Rafael Alberti

Rafael Alberti Merello, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 16 de decembro de 1902 e finado o 28 de outubro de 1999, foi un poeta español, parte da xeración do 27. En 1983 recibiu o Premio Cervantes.

Tomás Barros

Tomás Barros Pardo, nado en Toledo o 3 de febreiro de 1922 e finado na Coruña o 3 de setembro de 1986, foi un pintor e escritor galego.

Pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático, e membro correspondente da Real Academia Galega, Tomás Barros é un dos intelectuais galegos máis prolíficos do extrañamento interior, grupo de intelectuais antifranquistas que non optaron polo exilio pero cos que compartiron inquedanzas e colaboracións, tal como sucedeu no caso de Barros con Luis Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou seu primo Isaac Díaz Pardo.

Tradición

Tradición é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc. O cambio social altera o conxunto de elementos que forman parte da tradición.

Tamén se emprega a locución tradición popular para aludir aos valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística característicos dunha comunidade, en especial a aqueles que se transmiten por vía oral. O tradicional coincide así, en gran medida, coa cultura e o folclore ou a sabedoría popular, como nos refraneiros.

Xeración do 27

A denominada Xeración do 27 foi unha constelación de autores que xurdiu no panorama cultural español ao redor do ano 1927, en que se conmemorou o tricentenario da morte do poeta barroco Luís de Góngora. Estes autores aproveitaron esta data para reivindicar a poesía que este autor compuxo na última época da súa vida (Culteranismo), desprestixiada pola crítica decimonónica. Tanto escritores como profesores e intelectuais celebraron en homenaxe a Góngora unha serie de actos (conferencias etc.) no Ateneo de Sevilla nese ano que se veu a considerar o acta fundacional do grupo.

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.