Viaduto do Ulla

O nome de viaduto do Ulla pódese referir a varias estruturas de Galicia sobre o río Ulla:

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Ponte de Gundián

A ponte de Gundián, tamén coñecida como viaduto de Gundián, é unha ponte que salva o paso do río Ulla, na antiga liña ferroviaria entre Ourense e Santiago de Compostela.

Situado á altura do lugar de Gundián, na parroquia da Ponte Ulla (Vedra), na parte coruñesa, e a parroquia de San Miguel de Castro (A Estrada), na banda pontevedresa.

Álzase sobre dous afloramentos de rochas cuarcíticas, nunha paraxe de gran beleza.

Viaduto do Eixo

O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o cuso do río Ulla.

É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia.É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.

Viaduto do Ulla (AP-53)

O viaduto do Ulla, tamén coñecido como viaduto de Reguenga, é unha infraestrutura construída para salvar o paso do río Ulla, situada na autoestrada AP-53 (sector dependente do ministerio de Fomento da Autoestrada Central Galega) entre os concellos de Vedra (A Coruña) e Silleda (Pontevedra).

Viaduto do Ulla (AP-9)

O viaduto do Ulla é unha estrutura da autoestrada do Atlántico (AP-9) construída para salvar o paso sobre o río Ulla, entre as parroquias de Herbón (Padrón, na provincia da Coruña) e Pontecesures (no concello homónimo, da provincia de Pontevedra). Entrou en servizo o 11 de novembro de 1991, cando se inaugurou o tramo Padrón - Caldas de Reis.

Viaduto do Ulla (eixe atlántico de alta velocidade)

O viaduto do Ulla é unha infraestrutura que une as provincias da Coruña e Pontevedra e que constitúe a actuación de maior importancia do eixe atlántico de alta velocidade ferroviaria, que destaca pola súa complexidade técnica e pola súa singularidade. Cos seus 240 m de lonxitude máxima entre piares, constitúe un récord mundial de luz (anchura entre piares) neste tipo de pontes (tipoloxía taboleiro mixto formigón-aceiro).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.