Viaduto de Pontevedra (Redondela)

O viaduto de Pontevedra é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Madrid. Foi inaugurado no ano 1884 polo enxeñeiro e arquitecto Mariano Carderera Ponzán (1846-1916), oito anos despois da inauguración do viaduto de Madrid. Até comezos do século XXI estivo en funcionamento, soportando a pasaxe de convois da liña Vigo-A Coruña. Deixou de usarse coa inauguración do eixe atlántico de alta velocidade.

No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto [1].

Coordenadas: 42°17′03″N 8°36′31″O / 42.28417, -8.60861

Viaduto de Pontevedra
Viaduto de Pontevedra, Redondela
Localización
RíoVal de Redondela (río Alvedosa)
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra, Galicia
Características
Construción1884
Lonxitude250 m
Ancho3 m
MaterialFerro

Notas

  1. "Viadutos de Redondela, Ben de Interese Cultural". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 02 de febreiro de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Viaduto de Madrid (Redondela)

O Viaduto Pedro Floriani ou Viaduto de Madrid é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Pontevedra. Foi inaugurado o 30 de xullo do ano 1876 e estivo activo durante máis dun século na ruta ferroviaria Vigo-Ourense. Un dos seus contratistas suicidouse tirándose dende o alto da ponte por mor dos impagos da administración. No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto. No ano 2012 realizáronse labores de rehabilitación da estrutura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.