Viacrucis

A palabra Viacrucis, significa "camiño da cruz" e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesucristo desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.

O Casal, Estacas, Cuntis Via Crucis 01-02
Primeiras estacións do Viacrucis do Casal, Estacas, Cuntis

Características

Etapas

As etapas do viacrucis denomínanse estacións e tradicionalmente cóntanse 14, que son as seguintes:

  • Primeira Estación: Xesús é condenado a morte
  • Segunda Estación: Xesús é cargado coa cruz.
  • Terceira Estación: Xesús cae por primeira vez
  • Cuarta Estación: Xesús atopa a súa Nai María
  • Quinta Estación: Simón o Cirineo axuda a Xesús a levar a cruz
  • Sexta Estación: A Verónica limpa o rostro de Xesús
  • Sétima Estación: Xesús cae por segunda vez
  • Oitava Estación: Xesús consola ás mulleres de Xerusalén
  • Novena Estación: Xesús cae por terceira vez
  • Décima Estación: Xesús é desposuído das súas vestiduras
  • Undécima Estación: Xesús é cravado na cruz
  • Duodécima Estación: Xesús morre na cruz
  • Décimo terceira Estación: Xesús é descendido da cruz e posto en brazos de María
  • Décimo cuarta Estación: Xesús é sepultado

Imaxes

As seguintes imaxes pertencen ó Viacrucis do Monte de Santa Trega, na Guarda.

Guarda Viacrucis 01-02a

Primeira estación

Guarda Viacrucis 01-04

Terceira estación

Guarda Viacrucis 01-07

Sexta estación

Guarda Viacrucis 01-12a

Undécima estación

Realización e actualización

StationXII
Exemplo de representación de estación (XII), dentro dunha igrexa

É normal facer un percorrido grupal que pode ser dentro do templo ou polas rúas, deténdose en cada estación e facendo unha oración en cada unha, unha lectura dalgunha pasaxe do evanxeo, ou tamén un canto. É unha práctica que fundamentalmente se realiza o Venres Santo. Tamén é costume esta práctica nos venres de coresma

Recentemente, e baixo o auspicio do Papa Xoán Paulo II, creouse un novo Viacrucis, con 15 estacións, baseadas todas en momentos do Novo Testamento, xa que o anterior recollía moitas pasaxes dos Evanxeos apócrifos. Este novo Viacrucis comeza coa oración de Xesús no horto de Getsemaní e finaliza coa Resurrección de Cristo.

Tamén se chama Viacrucis ao conxunto de 14 cruces, case sempre acompañadas de cadros, que adoitan estar en todos os templos católicos, e que representan as 14 estacións arriba citadas. É costume que un sacerdote franciscano as bendiga, por ser a Orde Franciscana a encargada de custodiar a Terra Santa. A Igrexa ensina que o rezo do Viacrucis ante estas estacións está enriquecido cunha Indulxencia plenaria.

Por extensión, esta expresión úsase adoito para expresar todo tipo de dificultades que se presentan na vida cando se queren alcanzar certos obxectivos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Guarda

A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 10.133 habitantes (4.937 homes e 5.196 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.

A esmorga

A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e mailo teatro e traducido a varias linguas.

Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense ou boirés.

Coliseo de Roma

O Coliseo, orixinariamente coñecido como Anfiteatro Flavio, ou simplemente como Amphitheatrum, é un anfiteatro da Roma antiga, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Podía acoller 50.000 espectadores, sendo usado, principalmente, para espectáculos de loitas de gladiadores.

O edificio forma unha elipse de 527 m de perímetro, con eixes que miden 188 m x 156 m. A "arena" interna mide 86 m por 54 m, cunha superficie de 3.357 m². A altura actual acada 48,5 m, mais en orixe chegaba a 52 m.

O Coliseo foi construído sobre o terreo que ocupaba o enorme pazo de Nerón, a Domus Aurea, que estaba precisamente situado na depresión de Velia, entre o Caelius, o monte Oppius e o Palatino, cerca do barrio de Subura, e xusto sobre o lago do pazo, que foi desecado, e dunha "arena" de madeira para gladiadores, que foi destruída. Está no cruzamento da Vía Triunfal e a Vía Sacra.

Financiouse co diñeiro conseguido na campaña vitoriosa de Tito en Xudea, e sobre todo procedente do saqueo do Templo de Xerusalén, no ano 70 d.C.

Unha enorme estatua de Nerón, o Coloso de Nerón, que foi desprazada a raíz da construción do Templo de Venus e de Roma, atopábase erguida á beira do Anfiteatro Flavio; de aí saíu o seu nome de Coliseo: Colosseum, durante a Idade Media, debido aos restos que perduraban do Coloso de Nerón. O Coliseo, pois, foi chamado así despois da Antigüidade e nunca na época imperial romana.

Cruz monumental

Unha cruz monumental é unha cruz cristiá, normalmente de pedra, illada ou que forma parte dun calvario ou dun viacrucis. Desenvolvidas dende o século XI co abrollar da arte románica, as cruces monumentais acadan ou seu apoxeo no século XVI agás no caso dos cruceiros (chamados noutras linguas "cruces de encrucilladas": croix de chemins en francés ou wayside crosses en inglés) que acadan o seu apoxeo nos século XVIII e especialmente os calvarios e cruceiros máis elaborados (calvaires en francés) no XIX. Particularmente neste período, estas estruturas convértense en lugares de reunión para pregar nas festas relixiosas (coma o Corpus Christi, o mes de María ou o Venres Santo) ou para pedir a graza de Deus contra males de todo tipo (guerras, epidemias, incendios, secas…) En Galicia e Norte de Portugal son moi abondosas (entre 10.000 e 12.000 só en Galicia e uns 9.000 na Bretaña) e normalmente se erguían en encrucilladas e lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, de aí a existencia de cruces semellantes noutras zonas da Europa atlántica con semellantes ritos ancestrais.

Estacas, Cuntis

San Fiz de Estacas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cuntis. Segundo o IGE en 2011 tiña 352 habitantes (191 mulleres e 161 homes), 154 menos ca en 1986. Limita cos concellos de Caldas de Reis e Valga.

Estación

Estación pode referirse a:

Estación do ano.

Unha estación de transporte:

Estación ferroviaria, instalación á que chegan e saen trens.

Estación de autobús, instalación á que chegan e saen autobuses.

Estación de servizo, un punto de venda de combustibles e lubricantes.

Estación espacial, construción para facer actividades no espazo exterior.

Estación meteorolóxica, instalación destinada a medir e rexistrar variables meteorolóxicas.

Estación de esquí, área preparada para o deporte da neve.

Estación de radio.

Estación base de telefonía móbil.

Estación do Viacrucis, cada unha das catorce paradas nas que se divide o Viacrucis.

Estación de penitencia, procesión que realizan as confrarías penitenciais visitando algún templo onde renden culto ó Santísimo Sacramento.

Estación de traballo, en informática, microordenador de altas prestacións destinado ó traballo técnico ou científico.

Gerardo Diego

Gerardo Diego, nado en Santander o 3 de outubro de 1896 e finado en Madrid o 8 de xullo de 1987, foi un escritor español, membro da xeración do 27.

Monte da Picaraña

O Monte da Picaraña é unha montaña situada entre os concellos de Ponteareas e Mondariz, na comarca do Condado, de 387 m de altitude. Posúe dous cumios, un deles coroado cunha cruz monumental. O monte ten sona polos grandes penedos de granito nos seus bicos. Conta cunha área de lecer con grellas, albergue, capela, viacrucis e os restos dun antigo castelo.

Mosteiro dos Picos

O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da vila de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios do concello de Mondoñedo.

Pietà

A Pietà, ou Virxe de Piedade, é un tema artístico da iconografía cristiá que representa á Virxe María en Mater Dolorosa , nai que chora o seu fillo que ten sobre os seus xeonllos, neste caso Cristo baixado morto da cruz antes da súa posta na tumba, acontecemento antes da súa Resurrección, precedendo a Ascensión. A escena da Deposición de Cristo trata de xeito máis amplo de todos personaxes que estaban ao pé da cruz por demais do Cristo e da súa Nai.

Pontedeume

Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,3 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km).

A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa o Camiño de Santiago, o Camiño Inglés.

Santuario de Nosa Señora do Esplendor

O Santuario de Nosa Señora do Esplendor (en italiano: Santuario della Madonna dello Splendore) é unha igrexa que se atopa en Giulianova, comuna de Italia localizada na provincia de Teramo.Situada na Diocese de Teramo-Atri, atópase a catro quilómetros do centro da cidade, na Strada Statale 16.

Santuario de Nosa Señora dos Milagres

O Santuario de Nosa Señora dos Milagres e un templo relixioso situado no Monte Medo, en Baños de Molgas. Foi construído entre 1731 e 1768.

O proxecto de edificar a Vía Sacra para completar o Santuario existente só se realizou parcialmente coa construción de seis capelas. Inicialmente estaba prevista a construción de catorce capelas, tendo como modelo o Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Porén, as más condicións económicas do santuario non permitiron concluír o complexo. As estacións foron edificadas entre 1825 e 1857 baixo a administración de José Benito Conde, segundo o deseño do escultor Antonio Gómez e realizadas polo mestre Jacinto Fraga.

Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Talavera de la Reina

Talavera de la Reina é unha cidade do interior de España, a segunda de Castela-A Mancha en poboación, por detrás de Albacete. Está situada no noroeste da provincia de Toledo, provincia da que é a cidade máis poboada. É a capital, económica e de servizos, dunha ampla comarca que abarca o occidente de Toledo, o sur de Ávila e o nordeste de Estremadura.

Venres Santo

O Venres Santo é un das principais celebracións litúrxicas do cristianismo. Este día conmemórase a morte de Xesús de Nazaret, crucificado no século I. A Semana Santa chega a un dos seus días máis transcendentais, no que son numerosas as manifestacións tradicionais de devoción popular ao longo de todo o mundo.

Verónica

A Verónica, segundo a tradición cristiá, foi a muller que, durante o Viacrucis, tendeu a Cristo un veo, lenzo ou pano (o pano da Verónica, lenzo da Verónica ou veo da Verónica) para que enxugara a suor e o sangue. Na tea quedaron milagrosamente impresas as faccións do Redentor (o Santo Rostro ou a Santa Face).

Adóitase renderlle culto pola súa vinculación coa figura de Cristo, e é moi común a súa representación pictórica ou escultórica portando o pano. En ocasións, o personaxe da Verónica identifícase co da Hemorroísa.

O pano da Verónica sería unha das reliquias que se consideran vera icon; ou sexa, verdadeiras imaxes de Cristo, como o Mandylion de Edesa, a Saba Santa de Turín ou o Santo Sudario de Oviedo.

En catro lugares distintos consérvanse reliquias coñecidas como o pano da Verónica:

Basílica de San Pedro (Roma, Italia)

Catedral de Nosa Señora da Asunción (Xaén, España)

Basílica do Sacré Cœur (París, Francia)

Mosteiro da Santa Face (Alacant, España).O paradoxo da multiplicidade de panos resolvíase co recurso á posibilidade de que a Verónica dobrara o pano dúas veces antes de que o sangue de Xesús se secara, co que serían catro as imaxes obtidas. Porén a palabra grega tetradiplon ("dobrado catro veces") resérvase para a denominación do Mandylion de Edesa. Sinalouse a coincidencia de que nas lendas máis antigas, a Verónica apareza citada como unha princesa de Edesa.A etimoloxía do nome Verónica foi interpretada popularmente como proveniente do latín vera icon, 'imaxe verdadeira', pero é máis probábel que proceda do grego Βερενίκη (Berenice), forma dialectal macedonia de Φερενίκη (Ferenice), "portadora da vitoria".

Vía Dolorosa

A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma. Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.