Viño de Galicia

O viño de Galicia inclúe o viño que se elabora nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo. Dentro de Galicia distínguense cinco denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras.[1] En anos recentes, o país viu rexurdir a súa industria vinícola guiada polo aplauso internacional da rexión das Rías Baixas e dos seus viños albariño.[2]

Galician vineyard with wide vine spacing
Viñas galegas

Clima e xeografía

Situada ao longo da costa Atlántica, Galicia ten un clima moi húmido cunha pluviosidade media de máis de 1.300 mm ao ano. As máis de 2.000 horas de insolación que recibe a rexión axuda á alta humidade da zona. A cadea montañosa serra dos Ancares forma o límite con Castela e León ao leste e o río Miño forma parte da fronteira con Portugal ao sur. A proximidade da rexión con Portugal e o seu illamento co resto de España marcou a influencia no estilo de viños de Galicia, sendo moitos deles máis próximos aos viños portugueses que ao resto de viños españois.[2]

Historia

Viñedossil
Viñedos na Ribeira Sacra, Ourense

No século XIV, Galicia exportaba as súas vides a outros viñedos europeos. No século XIX, toda a rexión sufriu unha economía deprimida e moitos viñedos abandonáronse polo despoboamento ao emigrar os traballadores. Os traballadores da vendima galega foron en parte os que contribuíron co seu labor a desenvolver os viñedos en bancais da rexión do viño do Porto do Douro. Cando España entrou a formar parte da Unión Europea en 1986, comezaron a chegar fondos a Galicia que axudaron ao rexurdimento da industria vitivinícola.[2]

Denominacións

Vinos DO de Galicia
Denominacións de orixe de Galicia

Ribeiro

Artigo principal: Denominación de Orixe Ribeiro.

A denominación de orixe Ribeiro sitúase ao longo do río Miño e os seus afluentes. Por Orde do 2 de febreiro de 1976 aprobouse o regulamento da denominación de orixe Ribeiro e o seu consello regulador. Nos séculos XVI e XVII, o viño de Ribeiro a miúdo exportábase a Inglaterra e Italia, mais sufriu os mesmos danos cás Rías Baixas durante a praga de filoxera. Porén, os cultivadores foron máis rápidos á hora de quitar os híbridos de baixa calidade plantados e recuperar as nativas tarrantés e lado. Estas variedades producen viños brancos frescos e aromáticos. A produción de tinto da zona céntrase na garnacha tintoreira que produce viños de cor escura pero corpo lixeiro.[3]

O ribeiro é un viño con carácter menos aristocrático có albariño, e combina mellor coa cociña galega máis popular; adóitase tomar en cuncas de louza branca ou barro. É un viño novo, lixeiro, con aromas afroitados e florais; un viño que agrada ao padal e aos sentidos, e que se consome case sen decatarse, coma se de auga se tratase.

Valdeorras

Artigo principal: Denominación de Orixe Valdeorras.

Foi recoñecida como denominación de orixe en 1977. Esta denominación de orixe é a que está máis ao leste das de Galicia, e está dominada pola tinta garnacha tintoreira e a branca palomino. Antes da epidemia de filoxera do século XIX, a vide godello local estaba moi plantada e só recentemente comezou a regresar á rexión. A uva mencía está tamén gañando terreo debido ao carácter afroitado e doado de beber dos tintos que produce.[3]

Rías Baixas

Artigo principal: Denominación de Orixe Rías Baixas.

A rexión das Rías Baixas é a máis coñecida de Galicia e produce algúns dos viños brancos secos españois máis buscados, baseados na uva albariño. Aínda que o viño elaborábase xa antes nesta rexión, non se exportou a outras rexións de Europa até o século XVI e mantívose nun ritmo continuo ata que a praga de filoxera esnaquizou os viñedos da rexión. A comezos do século XX moitos dos viñedos da rexión replantáronse con vides híbridas e algunhas das plantacións da uva xerezana palomino que non era tan produtiva no clima máis frío das Rías Baixas. Nos anos 1970, os cultivadores volveron replantar variedades nativas como o albariño. Ao longo da rexión están permitidas doce variedades, incluíndo as uvas tintas mencía e espadeiro, pero albariño é responsable do 90% da produción rexional.[3] Obtivo o recoñecemento como denominación de orixe en 1988.

Os chans de viñedo da rexión baséanse no granito e idealmente están situados no clima marítimo húmido. Malia a reputación de altas colleitas doutras partes de Galicia, Rías Baixas mantén a produción das súas plantacións de albariño baixas, para producir un viño fragante e afroitado. Os viños teñen a miúdo un mínimo de contido de alcol de 12% e de cando en cando prodúcense nun estilo distinto ao seco.[3]

O albariño úsase especialmente para acompañar o marisco. A denominación de orixe Rías Baixas tamén engloba dentro do seu territorio cinco subzonas: Terra do Condado, O Rosal), Salnés, Soutomaior e a setentrional Ribeira do Ulla).

Monterrei

Artigo principal: Denominación de Orixe Monterrei.

A denominación de orixe Monterrei atópase no límite meridional de Galicia na fronteira con Portugal. Constituíuse en 1996. A industria do viño alí está dominada actualmente pola produción de viño en masa.[4]

Ribeira Sacra

Artigo principal: Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra obtivo o recoñecemento como denominación de orixe en 1996 e é a única rexión vinícola de Galicia dominada pola produción de viño tinto. A maior parte do viño producido alí faise con uva mencía cunha produción limitada de viño branco feita con godello e albariño.[5]

É un viño de marcado corpo e carácter, propio das Ribeiras do Sil e do Miño, zona coñecida como Ribeira Sacra. Os viñedos sitúanse nas escarpadas ladeiras dos canóns. É moi apreciado o Amandi, orixinario da parroquia de Santa María de Amandi (Sober), do que circula a lenda de que era apreciado polos césares e exportado a Roma para o seu consumo.

Indicacións xeográficas: os "Viños da Terra"

Ademais das cinco denominacións de orixe recoñecidas en Galicia, a comunidade conta con tres indicacións xeográficas, o que lles outorga para a promoción turística a denominación Viño da Terra, que son: Betanzos, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria.[6]

Viticultura e viños

A rexión de Galicia demostrou un grande éxito na vendima de uvas e regularmente produce algunhas das maiores colleitas en Europa cunha media de 100 hectolitros por hectárea. A maioría dos viñedos da rexión atópanse na parte sur, nas provincias de Ourense e Pontevedra, aínda que hai algunhas significativas plantacións en Lugo, ao leste. As rexións máis próximas ao río Miño a miúdo producen viños de mestura de albariño, loureira e caíño branco. Máis cara ao interior, os viños brancos son unha mestura de tarrantés e treixadura. Tamén hai viños brancos dominados pola uva godello. Os lixeiros viños tintos están producidos principalmente con uva mencía.[2]

Uvas

A correspondencia das producións[7] e diferentes castes de uva coas producións protexidas oficialmente en Galicia son as seguintes (cando se dá unha referencia é porque a outra non contempla a variedade vinífera para o seu uso na produción; é dicir, as que non teñen nota é porque están corroboradas en tódalas fontes):

Abreviacións:

Notas

  1. "Produtos de calidade: Viños". Consellaría de Medio Rural, Xunta de Galicia. Consultado o 8 de setembro de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" 3.ª edición pg 295-296 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" 3.ª edición pg 575 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
  4. J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" 3.ª edición pg 451 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
  5. J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" 3.ª edición pg 723 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
  6. Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "Viños da Terra". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2017.
  7. Datos de 2015 de: "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
    Datos do Ribeiro 2016: Datos da vendima de 2016 da DO Ribeiro en ribeiro.es (en castelán)
    Datos do Ribeiro 2017: Datos da DO Ribeiro en ribeiro.wine (en galego)
  8. Denominacións normalizadas segundo o Dicionario de alimentación e restauración ou polo nome do artigo na Galipedia
  9. Funcións e composición do CR da DO Ribeira Sacra
  10. Salvo especificación, segundo consta nos artigos de cadansúa denominación
  11. "Historia da DO Monterrei". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017.
  12. 12,0 12,1 Nesta mesma páxina
  13. No artigo da denominación, discutido.
  14. No artigo da denominación: Consello Regulador
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 "Web da D. O. Monterrei". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  16. Web da D. O. Ribeiro
  17. ou moza fresca (mozafresca), segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Valdeorras
  18. ou verdello, segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Monterrei
  19. ou loureiro branco, segundo a web da Consellería de Medio Rural para os Viños da Terra Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  20. Web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Ribeiro
  21. Web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Monterrei
  22. ou palomino fino
  23. ou xerez, segundo a web da Consellería de Medio Rural para os Viños da Terra Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  24. 24,0 24,1 24,2 Web da D. O. Ribeira Sacra
  25. ou garnacha, segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Ribeiro
  26. ou garnacha tintureira, segundo a web da Consellería de Medio Rural para os Viños da Terra Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  27. ou alicante, segundo a web da Consellería de Medio Rural para os Viños da Terra Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  28. ou loureiro tinto, segundo a web da Consellería de Medio Rural para os Viños da Terra Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  29. ou María Ardoña ou Bastardo, segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Valdeorras
  30. Web da D. O. Valdeorras
  31. ou mouratón, segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Ribeira Sacra
  32. Web da D. O. Rías Baixas
  33. ou araúxa, segundo a web da Consellería de Medio Rural para a D. O. Monterrei

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Capítulo Serenísimo do Albariño

O Capítulo Serenísimo do Albariño é unha asociación de Cambados dedicada a promover e difundir a cultura do viño albariño.

Son os encargados de fallar o mellor caldo na festa do albariño nas categorías de ouro, prata e bronce, escollido por un xurado profesional. Así mesmo, a asociación ten a encomenda de dar o pregón da festa.

Xerarquicamente conta con un Gran Mestre, un Chanceler, un Copeiro Maior e damas e cabaleiros. En caso de ausencia do Gran Mestre será o Copeiro maior quen exerza coma tal. Dous pregoeiros destacados ó longo da historia son José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro.

A primeira acta dun premio data do ano 1969, todas as elaboradas desde entón recóllense nun volume editado por Bibliófilos Gallegos, unha obra que contén unha recompilación histórica con cita expresa a todos os viños e adegas premiados desde os anos 60 ata a actualidade. Nese mesmo ano, Manuel Fraga Iribarne foi nomeado Gran Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño.

Inviste ós seus novos membros mediante a imposición da tradicional capa azul.

Denominación de Orixe Valdeorras

A Denominación de Orixe Valdeorras está situada no nordeste da provincia de Ourense, pertencendo a unha das cinco Denominacións de Orixe de viño de Galicia. Abarca as superficies vitícolas dos municipios de A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín e Vilamartín de Valdeorras.

Feira do Viño do Rosal

A Feira do Viño do Rosal é unha gran festa de interese turístico no municipio de O Rosal, pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal.

Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc. A esta celebración achéganse cada ano os amantes dos viños que hai nas Rías Baixas. Está situada na Praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas.

Feira do viño de Chantada

A Feira do viño de Chantada é unha feira vinícola que se celebra en Chantada, a data de celebración variaba entre os meses de febreiro e abril, pero nos últimos anos estabilizouse no segundo fin de semana de marzo

. É a primeira que abre este tipo de eventos e unha das que atrae mas público de todas as que celebran na denominación de orixe Ribeira Sacra.

Nas carpas laterais tamén se pode degustar o viño, con racións de polbo, churrasco e carne ao caldeiro.

Feira do viño de Ribadavia

Na capital do Ribeiro (Ribadavia) hai máis de cincuenta anos[cando?] que se celebra a Feira do Viño, que foi declarada de Interese Turístico Nacional, e é a feira vitivinícola máis antiga de Galicia.

A feira ten lugar no recinto da Alameda, situado en fronte ó Castelo de Ribadavia.

Festa do albariño

A Festa do albariño é unha festa vinícola que se celebra en Cambados o primeiro domingo do mes de agosto. E a máis antiga do seu tipo en Galicia, e a segunda de España. Está declarada de Interese Turístico Nacional, e congrega arredor de 150.000 persoas, o que fai desta cita unha das máis importantes do calendario festivo galego.

Festa do viño da Ulla

A festa do viño da Ulla é unha festa gastronómica que se celebra todos os anos o segundo domingo de abril na vila de San Miguel de Sarandón, no concello coruñés de Vedra.

A festa leva organizándose ininterrompidamente dende o ano 1980 e é levada a cabo por unha comisión sen ánimo de lucro, formada polos veciños.

Festa do viño do Condado

A Festa do viño do Condado é unha feira gastronómica celebrada no Castelo, en Salvaterra de Miño o último domingo de agosto de cada ano co obxectivo de exaltar os viños do Condado (D.O. Rías Baixas) e Monção-Melgaço (D.O. Vinhos Verdes)

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Historia do viño

A historia do viño entrelazouse coa historia doutras actividades humanas como poida ser a agricultura, a gastronomía, as actividades lúdicas das civilizacións, así como do devir do home mesmo. O viño é unha bebida alcohólica fermentada procedente do zume da uva (Vitis vinifera) que contén alcol etílico e que en cantidades moderadas provócanos a expresión sincera de sentimentos, mentres que en grandes cantidades trátase dun narcótico. A natureza humana estivo, desde os seus comezos, sedenta de viño e isto provocou que sexa unha mercancía de valor en diferentes culturas. Existen evidencias arqueolóxicas nas que se indica que as producións de viño máis antigas proveñen dunha extensa área que abarca Xeorxia (véxase: Viño de Xeorxia) e Irán (Montes Zagros), datando estes comezos no período que vai desde o 6000 ao 5000 a. C. Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto ao redor do terceiro milenio a. C.A vide foise estendendo grazas ás súas características adaptativas desde a especie eurasiática (vitis vinifera L. subsp. sylvestris), requiriu poucos cambios xenéticos para adaptarse ao cultivo das diferentes zonas, posúe uns baixos requirimentos de auga e minerais, crece en terras onde outros froiteiros non crecerían, grazas á súa capacidade rexenerativa permite unha recolección intensiva. Esta adaptabilidade foi unha das claves da súa expansión ao longo de Europa, así como na maioría dos climas tépedos da terra. Un dos maiores cambios que sufriu a vide foi cando, na antigüidade, converteuse por selección artificial dunha variedade "salvaxe" (de sexualidade dioica na súa maioría) a unha "domesticada" (hermafrodita), descoñecesen hoxe en día as razóns deste cambio. Pronto se puido comprobar que o viño era a suma dun conxunto de factores ambientais: clima, latitude, altura, horas de luz etc.Moitas das grandes culturas do Mediterráneo así como Oriente Próximo reclaman inventar eles mesmos o proceso de vinificación atribuíndo o seu descubrimento a un heroe local ou a unha divindade agraria. Pero o caso é que o comercio e a expansión dalgunhas culturas e imperios fixo que o viño e o seu cultivo se fora estendendo por diversas rexións da Terra, adoptando novos sabores e aromas. O viño (do mesmo xeito que outros alimentos básicos) aparece na cultura cargado de simbolismo. O viño aparece na Biblia (Libro do Xénese) tras o Diluvio universal replantado por Noé (do que a tradición xudeu-cristiá aclama como inventor do viño), aínda que pode establecerse un paralelismo con Noé no personaxe do poema de Gilgamesh (narración de orixe sumerio) denominado Utnapishtim que igualmente planta viñas tras un diluvio. Nas diversas culturas da Terra existen outras bebidas fermentadas similares, como pode ser a hidromel e a sidra dos pobos do Norte de Europa, os kumis da Asia Central, os mesmos romanos fermentaron figos e dátiles para facer bebidas alcohólicas. A capacidade adaptativa da uva a diferentes climas e chans, o seu alto rendemento, é a única froita que retén na súa interior cantidades dun infrecuente ácido denominado tartárico que favorece a acción dos lévedos. Pódese dicir que hoxe en día a uva é a froita máis colleitada a nivel mundial, sendo o 70% da mesma dedicado á produción de viño.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Viño branco

O viño branco é un tipo de viño elaborado a partir do mosto da uva, preferentemente branca, que se separa do bagazo ou bagaño para que non desprenda as substancias colorantes. Os viños brancos son famosos en Galicia sobre todo nas denominacións de orixe do Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Algunhas castes de uva como o albariño son as máis tradicionais na produción do viño branco.

Ten unha especial relevancia culinaria para engadir á cocción de carnes, peixes ou mariscos como os mexillóns. Recoméndase para acompañar nas comidas sobre todo peixes e mariscos cos que se toma normalmente fresco. Son normalmente viños novos, é dicir, viños que se consomen no mesmo ano en que foron producidos e que non se deixan envellecer.

tipo uva[8] D. O.
Monterrei
D. O.
Rías Baixas
D. O.
Ribeira Sacra
[9]
D. O.
Ribeiro
D. O.
Valdeorras
I. X. P.
Barbanza e Iria
I. X. P.
Betanzos
I. X. P.
Val do Miño-Ourense
webs C. R.
C. M. R.
C. R.
C. M. R.
C. R.
C. M. R.
C. R.
C. M. R.
C. R.
C. M. R.
C. M. R. C. M. R. C. M. R.
creación[10] 1994[11]-1996[12] 1988 1996 1932[13]-1956[14]-1976[12] 1977 2007 2001 2001
superficie ha (ano) 463 (2015) 4027 (2015) 1242-1258 (2015) 2646 (2015)
2500 (2017)
1165 (2015)
colleiteiros en ad[egas] e p[ersoas] (ano) 24 ad., 384 p. (2015) 179 ad., 6031 p. (2015) 89-95 ad., 2674 p. (2015) 107 ad., 1725 p. (2015)
115 ad., 5500 p. (2017)
46 ad., 1470 p. (2015)
recolección en millóns kg (ano) 2.8 (2015) 24.1 (2015) 4.6 (2015) 11.6 (2016) 6.3 (2015)
produción en millóns L (ano) 1.9 (2015) 19.3 (2015) 2.9 (2015) 3.3 (2015)
B albariño A[15] R A R U R
B albilla ou albillo A
B branca de Monterrei A[15]
B caíño branco (ás veces sen acento) A[15] R R[16] U
B donabranca, normalmente separado:dona branca R A R[17]
B godello R[18] A A R R U R R
B lado R
B loureira (branca) ou marqués A[15] R A R U[19] R
B macabeo A[20]
B tarrantés (normalmente ES torrontés) A A R U R
B treixadura R R A R U R
B xerez (normalmente ES palomino) A[21] A A[22] A A[23]
T brancellao A R R R U R R
T caíño sen especificar (ás veces sen acento) R
T caíño bravo (ás veces sen acento) R
T caíño longo (ás veces sen acento) R
T caíño tinto (ás veces sen acento) U[15] R R[24] R U
T espadeiro R U
T ferrón R
T garnacha tinta (normalmente ES garnacha tintorera) A A[25] R A[26] A[27]
T gran negro ou grao negro A A
T loureira tinta R U[28]
T mencía R A R R R U R R
T merenzao R R R[29] R
T mouratón A[30] R
T negreda A[31]
T pedral A[32]
T sousón U[15] R R[24] R R U R
T tempranillo A[33] R[24] A A
Viños por países
África
América
Asia
Europa
Oceanía

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.