Verza

Este artigo trata sobra a hortaliza, para a alga véxase verza de mar.
Verza
Verzas ou coias galegas

Verzas ou coias galegas
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. oleracea
Nome binomial
'Brassica oleracea var. acephala'
L.,
Sp. Pl., vol. 2, p. 667.

1753 [1]

A verza, tamén coñecida coma col galega, coia galega ou verza galega, é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas da Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal. Tamén é popular en Asturias, Cantabria e o País Vasco e Navarra, así como no norte de Castela e León (Burgos, Palencia, León).

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Tamén se lle chama verza á folla das coias en xeral.

Etimoloxía

O termo galego verza vén do nome latino brassica (o xénero). Os termos col, coia, coube e coella veñen do latín caulis (caule, talo).[1] En portugués, esta planta denomínase couve-galega.

Cultivo

Esta variedade é cultivada principalmente en Europa e América. Aínda que sexa moi utilizada na cociña do Brasil, prefire climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos con drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman tubérculos como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a mosca da col (Delia radicum), aínda que as larvas da bolboreta da col tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.

Verzas
Verzas nunha leira.

Ademais do seu uso na alimentación humana, as follas empréganse adoito para a ceba do gando, especialmente porcino.

Pragas e enfermidades

  • Helicoverpa armigera Cadela da verdura, eiruga da coia[2].
  • Pulgóns.
  • Vermes cinsentos
  • Gurgullo das coles.
  • Hernia da col[2].
  • Brevicoryne brassicae pulgón da verza[3].
  • Pieris brassicae bolboreta da col, bolboreta da verza.
  • Pieris rapae bolboreta pequena da col.

Historia

Até o final da Idade Media, a verza constituía a verdura máis utilizada en Europa. Na Grecia xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no século IV a.C.. Estas, xa referidas polos antigos romanos como couve sabeliana, son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do caule e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.

Uso culinario

Lacinato Kale and Collard Greens
Verzas preparadas para a venda.

As follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de amendoíns torrados, améndoas torradas con mollo de soia e pemento vermello.

O caldo verde portugués e galego teñen como principais ingredientes a pataca e a verza. No noroeste da Alemaña, nas cidades de Bremen e Oldenburg, desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e schnaps. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."

Tronchuda
Couve portuguesa, do grupo tronchuda

Son vexetais ricos en ferro, vitamina C e calcio. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos vexetarianos.

Literatura

A escola Kailyard, na literatura escocesa, que incluíu autores como J. M. Barrie (autor do Peter Pan), caracterizábase por temas relacionados coa vida rural tradicional escocesa. Kailyard significa "campo de verzas".

Notas

  1. "col" en rae.es.
  2. 2,0 2,1 Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  3. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991

Véxase tamén

Outros artigos

As verzas na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada das verzas na cultura popular galega, recollida de textos etnográficos, dicionarios e enciclopedias.

Para cura-la tose das vacas, dáselles unto de porco envolto nunha folla de verza e crese que cura decontado.

Para as frieiras e as queimaduras da xente utilizábanse couselos fritidos en aceite, envoltos logo nunha folla de verza que se mete na borralla para que quente, e despois, ben quentes, póñense sobre as frieiras.

Aníbal Otero recolle a crenza de que se se refregan as espullas cunha verza encontrada de fertuna no camiño, curan axiña. Cómpre, logo, botar con ela nun lugar onde nunca máis se pase.

Bolboreta da col

A bolboreta da col ou bolboreta da verza (Pieris brassicae) é unha especie de bolboreta da familia Pieridae. É un parente próximo da especie Pieris rapae.

Este lepidóptero é común en Europa, Norte de África e Asia incluíndo os Himalaias.

Cocido

Un cocido é unha preparación gastronómica feita nunha ola con auga, na que se cocen conxuntamente carnes (de porco, tenreira, polo ou cordeiro), embutidos, verduras (como coles, verzas, nabizas, grelos ou repolo), patacas, legumes (garavanzos, fabas) e outros elementos que ás veces son engadidos no momento de servir.

Debido ás súas numerosas variantes territoriais, o nome adoita ir acompañado do xentilicio relativo á súa orixe xeográfica (madrileño, maragato, lebaniego, galego etc.)

Cocido montañés

O cocido montañés é un prato gastronómico típico de Cantabria que, a diferenza doutros tipos de cocidos típicos de España como o madrileño, o maragato ou o lebaniego, non leva garavanzos como elemento principal. É un guiso de interior que ten como compoñentes esenciais a faba e a verza, ademais do compango composto de chourizo, costela, morcilla e touciño procedentes do matacíu del chon.É un prato forte, con grande achega calórica, polo que normalmente consómese como prato único, ou degustando a verdura primeiro e a carne despois.

O nome de montañés provén de La Montaña, un dos nomes que recibiu historicamente o territorio da actual comunidade autónoma de Cantabria.

Cada primeiro domingo de setembro celébrase unha festa do cocido montañés en Ucieda, no concello de Ruente.

Col

A col ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella.

Dicotiledóneas

Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas.

As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.

As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados deste).

Leituga de mar

A leituga de mar (Ulva lactuca), é unha alga verde incluída entre as verzas de mar, xebras ou ulvas, que medra na zona intermareal da meirande parte dos océanos do mundo. As súas longas follas danlle un aspecto semellante á leituga. Taméns se coñece cos nomes galegos de lavacán, verdello, verza de mar, xebra, ceba, aínda que moitos destes nomes son compartidos con outras algas, inclusos de xéneros distintos.

É unha alga comestible, que contén vitamina C e vitamina A. En cosmética utilízase na elaboración de produtos polas súas propiedades hidratantes e diversas poboacións costeiras, coma a galega, danlle uso agrícola coma fertilizante.

Levante Unión Deportiva

O Levante Unión Deportiva, S.A.D., tamén chamado Llevant Unió Esportiva en valenciano, é un club de fútbol de España, decano da cidade de Valencia. Foi fundado en 1909 o Gimnástico e o FC Levante e, tras a súa fusión en 1939, pasou a denominarse Levante Unión Deportiva. Actualmente compite na Liga Santander.

Lombarda

A lombarda ou col lombarda (Brassica oleracea var. capitata f. rubra) é unha coia semellante a un repolo roibo de follas rubias violáceo característico. Esta cor débese á presenza dun pigmento chamado antocianina. A forza desta cor pode depender en gran medida da acidez (pH) do solo, as follas medran máis arroibadas en solo de medio acedo, mentres que nos alcalinos son máis azuis.

O Ladredo, Vilaquinte, Carballedo

O Ladredo é un lugar da parroquia de Vilaquinte, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. No INE en 2016 non figura este lugar, si aparece no Nomenclator de Galicia.

O burro na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do burro na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Ulva (xénero)

Ulva é un xénero que acolle diferentes algas coñecidas coma ulvas, verzas de mar ou xebras; son oucas verdes comestíbeis que se atopan amplamente distribuídas ao longo das costas dos océanos do mundo.

A especie típica dentro do xénero Ulva é a leituga de mar (Ulva lactuca), que provén da palabra lactuca do latín "leitga". O xénero tamén inclúe as especies previamente clasificadas baixo o xénero Enteromorpha, a cuxos antigos membros se lles coñece baixo o nome común de nori verde. As lamelas individuais das verzas de mar poden medrar até máis de 40 cm de tamaño, mais isto só ocorre cando as plantas medran en áreas protexidas.

Unión Deportiva Almería

A Unión Deportiva Almería é un club de fútbol español da cidade de Almería. Foi fundado en 1989 baixo a denominación de Almería Club de Fútbol, adoptando a denominación actual en 2001. Actualmente compite na Segunda División, logo de descender na tempada 2014-15.

O equipo viviu os seus anos máis exitosos no século XXI, ascendendo a Primeira División na tempada 2006-07, e permanecendo 4 tempadas na mesma, ademais de chegar a unhas semifinais da Copa do Rei en 2011.

Vilachá, Pereira, O Pino

Vilachá é unha aldea de parroquia de Pereira, no concello do Pino, a menos de 300 metros da estrada nacional N-634 Lugo-Santiago de Compostela e mais do Camiño de Santiago, a uns sete quilómetros do aeroporto internacional de Lavacolla.

Trátase dunha zona rural de pouca pendente, numerosos regatos e unha vexetación conformada principalmente por eucaliptos, piñeiros e, aínda que en menor medida, carballos. Ao igual que no resto de parroquias do concello do Pino, son frecuentes en Vilachá os agros de millo e verza.

Vitamina C

A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes. Úsase tamén na síntese dalgunhas moléculas que serven como hormonas ou neurotransmisores.

Todos os efectos da vitamina C son importantes para doentes con deficiencias. Non existe hipervitaminose de vitamina C a través dos alimentos, pero se se toma sinteticamente e en exceso pode ser daniño. Ten os seguintes efectos no organismo en doses moderadas:

Favorece a formación dos dentes e ósos;

Axuda a resistir ás doenzas.

Prevén gripes, fraqueza muscular e infeccións. Axuda sen dúbida en doentes xa con escorbuto.

Axuda o sistema inmunolóxico e a respiración celular, estimula as glándulas suprarrenais e protexe os vasos sanguíneos.A carencia desta vitamina provoca a avitaminose designada escorbuto.

Xabarín Club

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994. O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. Actualmente, é transmitido desde o 2 de febreiro de 2009 pola tvG2.

A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.

Xaneiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.