Vertebrados

Os vertebrados (Vertebrata) ("os que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Inclúe case 62 000 especies actuais[1] e moitas máis fósiles.

Aínda que procedentes do medio dulciacuícola, os vertebrados conseguiron evolucionar no mar e pasar, posteriormente, ao medio terrestre, onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.

O termo Vertebrata, usado en sentido amplo, é sinónimo de Craniata, e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; pero de usarmos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluírse dito grupo. Porén, hai evidencias de que os mixíns deben seren incluídos.[2]

Vertebrados
(Vertebrata)

Rango fósil: cámbrico - actualidade
Tigre (Panthera tigris)

Tigre (Panthera tigris)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Verterbrata
Cuvier, 1812
Clases e Clados
  • Véxase o texto

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe o cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral).

Segundo os autores o subfilo comprende entre 50 000 e case 62 000 especies actuais (a maioría, peixes).[1][3]

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola. O tronco a súa vez está subdivido en tórax e abdome. Do tronco proxéctanse as extremidades, que son impares nas lampreas e pares no resto dos vertebrados. Presentan notocordio durante o desenvolvemento embrionario, que se transforma en columna vertebral en estado adulto. A cabeza está ben diferenciada, e nela agrúpanse a maioría dos órganos sensoriais e nerviosos; a estrutura cranial dos vertebrados, que fosiliza con facilidade, foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o seu desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas nos demais vertebrados.

Anatomía

Sistema circulatorio

Nos vertebrados o sistema circulatorio é pechado, transportándose osíxeno e nutrientes aos distintos tecidos e células (presentan glóbulos vermellos que transportan o osíxeno mediante a hemoglobina). Consta de sistema sanguíneo e sistema linfático. Está dotado dun corazón dividido en cámaras, arterias, arteriolas, veas, vénulas e capilares. Nos peixes hai un circuíto sistémico e outro branquial. En moitos vertebrados terrestres o sistema sanguíneo é dobre (circulación maior ou xeral, e circulación menor ou pulmonar), é dicir non se mesturan a sangue arterial e venosa. O corazón dos peixes presenta dúas cámaras, unha aurícula un ventrículo (dous aurículas e un ventrículo nos anfibios e réptiles. Nas aves e mamíferos é tetracameral (dous aurículas e dous ventrículos), e cunha serie de válvulas cardíacas. Nos Vertebrados existe ademais un sistema linfático, encargado de recoller o líquido intersticial.

Sistema respiratorio

O sistema respiratorio dos vertebrados é branquial nos animais acuáticos (ciclóstomos, peixes e larvas de anfibios), e pulmonar nos terrestres e en parte dos acuáticos. As branquias son un órgano ou apéndice filiforme (en forma de láminas vascularizadas), externa o interna segundo se dispoña no corpo. Teñen unha función respiratoria, e están especializadas para o intercambio gasoso no medio acuático. Todas as branquias presentan en común unha ampla superficie de contacto có medio, e nelas a irrigación sanguínea encontrase moito máis desenvolvida que noutras partes do corpo. Nas aves, o aparato respiratorio é sumamente eficaz; proporciona o osíxeno necesario para xerar a enerxía que o corpo demanda polo esforzo desenvolvido durante o voo. Consta dun sistema de bronquios que están conectados uns sacos aéreos; os pulmóns están divididos en alvéolos e lobulillos.

Sistema nervioso

O sistema nervioso dos Vertebrados comprende o sistema nervioso central, que a súa vez consta de encéfalo e medula espiñal; e o sistema nervioso periférico, que consta de numerosos ganglios e nervios (raquídeos o espiñais); existe ademais un sistema nervioso autónomo que inerva as vísceras (sistema nervioso simpático e parasimpático). Os órganos sensitivos, así como as funcións motoras, son moi perfeccionados e desenvolvidos. Os nervios raquídeos ramifícanse a diferentes niveis da medula, e inervan os distintos músculos, glándulas e órganos. No caso dos tetrápodos, aparecen dous engrosamentos na medula, as intumescencias cervicais e lumbar, como consecuencia do desenvolvemento das patas. Os sentidos inclúen: ollos, dispostos en cámara de visión lateral, salvo nalgunhas aves e mamíferos primates, que é binocular; tangorreceptores, que inclúen os órganos táctiles dos mamíferos e a liña lateral (captadoras de ondas de presión) dos ciclóstomos, outros peixes e algúns anfibios acuáticos; órganos auditivos, nos tetrápodos consta de oído interno e oído medio, fiestras oval e redonda, membrana timpánica e ósos, os cales transmiten a vibración do tímpano á cóclea ou caracol. O oído medio comunica coa farinxe a través da trompa de Eustaquio; os mamíferos dispoñen ademais dun oído externo. Nos peixes só hai oído interno.

Sistema dixestivo

O aparato dixestivo dos vertebrados evolucionou a partir das primeiras formas que se alimentaban mediante sistemas de filtración, ata os vertebrados macrofáxicos, o que ocasionou unha serie de adaptacións dos diferentes elementos que interviñan: dentais, mastigadores, musculares, e incluso das propias cavidades internas, tales como os compoñentes enzimáticos necesarios para realizar a dixestión.
O aparato dixestivo dos vetebrados consiste en boca (ou cavidade oral), farinxe, esófago, estómago, intestino e ano. Estes órganos están asociados a outras formacións glandulares anexas, tales como as salivares, fígado e páncreas. Nos tetrápodos, a cavidade bucal é de complexidade crecente; nela desenvólvense un conxunto de estruturas auxiliares, tales como labios, lingua, padal e dentes.
O estómago está tipicamente dividido en tres rexións; no caso dos ruminantes (pola súa adaptación a dietas herbívoras) presentan un estómago de catro cavidades). Nas aves distínguese un proventrículo e unha moega trituradora; e no esófago un divertículo denominado popularmente papo.
O intestino está composto dunha porción estreita (o intestino delgado), e outra máis curta e ancha (o intestino groso). No primeiro vértense a bile do fígado e o zume pancreático, que realizan unha función proteolítica (hidrólise das proteínas), e se absorben os nutrientes a través dos microvilli. No intestino groso se absorbe a auga e se forman os refugos ou feces.

Inicialmente, os vertebrados primitivos alimentábanse mediante sistemas de filtración, que pronto foron substituídos por outros máis evolucionados. O resultado foi unha redución do tamaño da farinxe e do número de fendeduras branquiais. Excepto nos ágnatos, que son os vertebrados máis primitivos, os dous primeiros arcos branquiais do resto dos vertebrados evolucionaron ata transformarse nas mandíbulas, que se especializaron na "captura" do alimento.

Sistema excretor

O sistema excretor dos vertebrados está formado polo aparato renal e as glándulas sudoríparas. Está moi perfeccionado en comparación co dos cordados inferiores. Mediante estruturas especializadas conséguese filtrar os líquidos internos á marxe do medio externo, á vez que mantén en equilibrio o nivel de todos eles dentro do corpo.

Sistema endócrino

O sistema endócrino dos vertebrados está moi perfeccionado; mediante as hormonas rexe múltiples funcións do organismo. Está controlado polo hipotálamo e a hipófise que, mediante a elaboración de mensaxes bioquímicas, exercen a súa acción sobre as gónadas, páncreas, glándulas suprarrenais etc.

Reprodución

A reprodución dos vertebrados es sexual salvo excepcións (exemplo de algúns peixes con casos de hermafroditismo), habitualmente mediante sexos separados, con fecundación interna o externa, e tanto vivíparos como ovíparos. Os mamíferos presentan a maior complexidade, nos cales o embrión se desenvolve no interior da nai recibindo o alimento a través da placenta. Despois de nacidas as crías a administración do alimento efectúase mediante o leite segregada polas glándulas mamarias.

Historia evolutiva

Os vertebrados orixináronse durante a explosión cámbrica, a principios deopaleozoico, xunto con outros moitos grupos de animais. O vertebrado máis antigo que se coñece é Myllokunmingia, cunha antigüidade de 525 millóns de anos.[4] Semellábase aos mixíns actuais, carecendo de mandíbulas (ágnato) e tanto o seu cranio como o seu esqueleto eran cartilaxinosos. Outro vertebrado ancestral é Haikouichthys ercaicunensis. Ambos os dous proceden de Chengjiang (China).

Os primeiros peixes con mandíbulas (gnatóstomos) apareceron no ordovícico, facéndose abundantes durante o Devoniano (que, por iso, se denomina ás veces como a "idade dos peixees"); durante este período desapareceron moitos dos ágnatos ancestrais e apareceron os laberintodontos, formas de transición entre peixes e anfibios.

Os primeiros réptiles fixeron a súa aparición no seguinte período, o carbonífero. Os réptiles anápsidos e sinápsidos abundaron durante o Permiano, no treito final do paleozoico, mentres que os diápsidos foron os vertebrados dominantes durante o mesozoico. Os dinosauros orixinaron as aves no xurásico.

A extinción dos dinosauros ao final do cretáceo propiciou a expansión dos mamíferos, que se orixinaran había xa moito tempo a partir de réptiles sinápsidos, pero que permaneceran nun segundo plano durante o mesozoico.

Clasificación

Clasificación linneana tradicional

Os vertebrados viñéronse clasificando durante décadas en dez clases viventes, agrupadas do seguinte xeito:[5]

Subfilo Vertebrata

Taxonomía

Clasificación baseada en Janvier (1981, 1997), Shu et al. (2003), e Benton (Palaeo. Fishes).

Filoxenia (Clasificación cladística)

Importantes estudos baseados en métodos cladísticos, sobre todo a partir da década de 1980, produciron unha revolución na clasificación dos vertebrados. O debate segue aberto e a clasificación que segue non debe considerarse definitiva; segundo Hickman[5], as relacións filoxenéticas entre os grupos actuais son:

Chordata

Urochordata


____

Cephalochordata


Vertebrata


Myxini


______

Cephalaspidomorphi


Gnathostomata

Chondrichthyes


Teleostomi

Actinopterygii (peixes óseos con aletas con raios)


__________

Sarcopterygii (peixes óseos con aletas lobuladas)


Tetrapoda

Amphibia


Amniota
Synapsida

Mammalia


Sauropsida
Anapsida

Testudines (tartarugas)



Diapsida

Lepidosauria (lagartos, serpentes)


Archosauria {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }} {{Expansion depth limit exceeded| {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black;" valign=top {{Expansion depth limit exceeded}}
{{Expansion depth limit exceeded}}- {{Expansion depth limit exceeded}} style="border-left:1px solid black; border-bottom:1px solid black;" valign=bottom align=center {{Expansion depth limit exceeded}} {{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}} {{Expansion depth limit exceeded}}{{Expansion depth limit exceeded}} rowspan=2 {{Expansion depth limit exceeded}} {{{Expansion depth limit exceeded}}} {{Expansion depth limit exceeded}}- }}
{{Expansion depth limit exceeded|{{{Expansion depth limit exceeded}}}|
}}

{{{Expansion depth limit exceeded}}}
















Nótese que diversos taxons da clasificación linneana tradicional son parafiléticos: Agnatha (Myxini + Cephalaspidomorphi), Osteichthyes (Actinopterygii + Sarcopterygii), Reptilia (Testudines + Lepidosauria + Crocodilia), e que as aves son un clado máis dentro dos "réptiles"; de termos en conta as formas fósiles, grupos como os anfibios aparecen tamén como parafiléticos. Os "réptiles", en sentido cladista, inclúen as aves e non inclúen, en cambio, aos "réptiles" que conduciron aos mamíferos (sinápsidos).

Notas

  1. 1,0 1,1 Chapman, A. D., 2009. Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618
  2. Kuraku; et al. (December 1999). "Monophyly of Lampreys and Hagfishes Supported by Nuclear DNA–Coded Genes". Journal of Molecular Evolution. doi:10.1007/PL00006595.
  3. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005) Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  4. Shu; et al. (1999). "Lower Cambrian vertebrates from south China". Nature 40: 42–46. doi:10.1038/46965.
  5. 5,0 5,1 Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hickman, C. P.; Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3

Outros artigos

Ligazóns externas

Abdome

O abdome é a rexión inferior ou posterior do corpo humano ou animal, e acolle os órganos dos aparatos dixestivo, excretor e reprodutor.

Actinopterixios

Os actinopterixios (Actinopterygii) son unha clase de peixes óseos (Osteichthyes).

Constitúen o grupo dominante entre os vertebrados, con máis de 27 000 especies actuais que desenvolveron estratexias adaptativas que lles permitiron colonizar toda clase de ambientes acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas.

Os peixes máis coñecidos pertencen a este grupo: troitas, salmóns, sardiñas, percas, arenques, atúns, linguados, carpas, anguías etc.

Aparato circulatorio

O aparello circulatorio é a estrutura anatómica que comprende conxuntamente tanto ó sistema cardiovascular que conduce e fai circular o sangue (torrente sanguíneo), como ó sistema linfático que conduce a linfa.

Cerebro

O cerebro (do latín cerebrum, coa súa raíz indoeuropea «ker» 'cabeza, no alto da cabeza' e «brum» 'levar'; tendo o significado arcaico de 'o que se leva na cabeza') é o centro de supervisión, de centralización e de cefalización do sistema nervioso, o de maior complexidade do reino animal.O cerebro encóntrase situado na cabeza, protexido polo cranio. Polo xeral, preto dos principais órganos dos sentidos como a visión, a audición, o equilibrio, o gusto e o olfacto. Corresponde, por tanto, á parte antesuperior do encéfalo dos humanos e outros vertebrados e se subdivide en cerebro anterior, cerebro medio e cerebro posterior. Noutros animais, como os invertebrados bilaterais, enténdese por cerebro unha serie de ganglios arredor do esófago na parte anterior do corpo, comprendidos polo protocerebro, deutocerebro e tritocerebro nos artrópodos; ganglios cerebral, pleural e pedial nos moluscos gasterópodos; e masas supraesofágica e subesofágica en moluscos cefalópodos. Tamén posúen cerebros moi arcaicos ou simples bilaterais, os platihelmintos, os nematodos e os hemicordados. Porén, hai bilaterais que mostran moi poucos aspectos distintivos de cefalización como os bivalvos ou os briozoos. Nalgunhas especies de invertebrados non existe un cerebro por carecer completamente de sistema nervioso, como nos poríferos, nos placozoos ou nos mesozoos. Outros posúen un sistema nervioso, pero carecen de trazos definidos de centralización ou cefalización ao mostrar simetrías non bilaterais como os cnidarios, os ctenóforos ou os equinodermos.

Desde un punto de vista evolutivo e biolóxico, a función do cerebro como órgano, é exercer un control centralizado sobre os demais órganos do corpo. O cerebro actúa sobre o resto do organismo pola xeración de patróns de actividade muscular ou pola produción e secreción de substancias químicas chamadas hormonas. Este control centralizado permite respostas rápidas e coordinadas ante os cambios que se presentan no ambiente. Algúns tipos básicos de resposta tales como os reflexos poden estar mediados pola medula espiñal ou os ganglios periféricos, pero un sofisticado control intencional da conduta sobre a base da información sensorial complexa require a capacidade de integrar a información dun cerebro centralizado. Controla e coordina o comportamento, a homeostase (funcións corporais coma o latexo do corazón, a presión do sangue, o balance de fluídos e a temperatura do corpo) e as funcións mentais (a emoción, a memoria, a aprendizaxe etc.).

O cerebro dos vertebrados é o órgano máis complexo do corpo. Nun humano típico, a córtex cerebral (a parte máis grande) estímase que contén entre 15 e 33 mil millóns de neuronas, transmitindo as súas mensaxes a outras neuronas mediante a sinapse. Estas neuronas comunícanse con outras a través de fibras largas de protoplasma chamadas axóns, as cales levan trens de impulsos eléctricos denominados potenciais de acción a partes distantes do cerebro ou do corpo, tendo como branco receptores específicos.

Desde unha perspectiva filosófica, o que fai ao cerebro especial en comparación cos outros órganos, é que forma a estrutura física que xera a mente. Como Hipócrates argumentaba: «Os homes deberían saber que do cerebro e nada máis que do cerebro veñen as alegrías, o placer, a risa, o ocio, as penas, a dor, o abatemento e as lamentacións». Porén, do corazón figurado e das súas emocións proceden certas sensacións concretas como o gozo, o amor e o contentamento.

Durante as primeiras etapas da psicoloxía, creuse que a mente debía separarse do cerebro. Pero posteriormente os científicos realizaron experimentos que chegaron a determinar que a mente era un compoñente no funcionamento cerebral pola expresión de certos comportamentos baseados no seu ambiente externo e o desenvolvemento do seu organismo. Os mecanismos polos cales a actividade cerebral dá lugar á conciencia e ao pensamento son moi díficiles de comprender: a pesar dos múltiples e rápidos avances científicos, segue habendo moitos misterios acerca de cómo funciona o cerebro. Na actualidade, as operacións das células cerebrais individuais son comprendidas con máis detalle, pero a forma en que cooperan entre os conxuntos de millóns foi moi difícil de descifrar. Así mesmo, os enfoques máis prometedores tratan ao cerebro coma unha «computadora biolóxica», totalmente diferente do mecanismo das computadoras electrónicas, pero similar no sentido que adquiren a información do mundo circundante, almacenándoa e procesándoa de múltiples formas.

Así a todo, pese a ser un dos órganos máis estudados, desenvolvéronse unha serie de conceptos erróneos que chegaron a ser asimilados pola sociedade como correctos, como é o caso da lenda que di que os humanos só utilizamos un 10 % do cerebro.

Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Ensembl genome database project

Ensembl genome database project (Proxecto de base de datos de xenomas Ensembl) é un proxecto científico conxunto entre o Instituto Europeo de Bioinformática e o Wellcome Trust Sanger Institute, que foi lanzado en 1999 en resposta á inminente terminación do Proxecto Xenoma Humano. Ensembl pretende proporcionar un recurso centralizado para xenetistas, biólogos moleculares e outros investigadores que estudan os xenomas da especie humana e doutros vertebrados e organismos modelo. Ensembl é un dos varios buscadores xenómicos ben coñecidos para a obtención de información xenómica.

Bases de datos e buscadores similares encóntranse no NCBI e na Universidade de California, Santa Cruz (UCSC).

Gnatóstomos

Os gnatóstomos (Gnathostomi) ou gnatostomados (Gnathostomata) é o gupo dos vertebrados con mandíbulas.

O termo, do latín científico, está formado polos elementos gantho- (do grego γνάθος gnáthos, "mandíbula") e -stomata (plural de -stoma, do grego στόμα stóma, "boca"), é dicir, "os que teñen a boca con mandíbulas".

Trátase dun amplo e heteroxéneo grupo que abarca os peixes propiamente ditos, os réptiles, os anfibios, as aves e os mamíferos, comprendendo aproximadamente 60 000 especies, que representan o 99 % de todos os vertebrados vivos.

O grupo foi considerado tradicionalmente como unha superclase, dividida en tres clases de organismos que deominamos xenericamente peixes:

os condrictios (Chondrichthyes) ou peixes cartilaxinosos,

os placodermos (Placodermi), un extinto clado de peixes acoirazados, e

os teleóstomos (Teleostomi) ou peixes óseos (ademais das coñecidas clases dos anfibios, réptiles, aves e mamíferos).Algúns sistemas de clasificación usaron o termo anfirrinos (Amphirhina).

É un clado irmán dos craniados sen mandíbula, os ágnatos (Agnatha).

Novos achados fósiles suxiren que os telodontes (Thelodonti) son os parentes máis achegados aos gnatostomados.Os gnatostomados apareceron no perídodo ordovícico (hai case uns 500 millóns de anos) e fixéronse comúns no Devoniano (hai uns 440 millóns de anos).

Invertebrado

Un invertebrado é un animal desprovisto de columna vertebral. Pode ser unicelular ou pluricelular. Este termo non ten valor taxonómico, sendo definido por oposición ó vertebrados, que si o ten. Os artrópodos constitúen o meirande grupo de invertebrados por número de especies.

Man

A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados.

Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.

Tal como nos restantes órganos pares, as mans son simétricas.

Mandíbula

A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. É un óso da faciana que permite a mastigación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación temporomandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara adiante e atrás.

Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen.

Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como maxilar inferior. No home coñécese popularmente como queixo ou queixada.

Nariz

O nariz ( pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio. De conformación moi diversa pódese indicar que consta basicamente de dúas bolsas ou cavidades, unha no caso dos ciclóstomos, situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por cavidade, no caso dos peixes e un nos outros vertebrados.En todos os vertebrados, agás os ciclóstomos e os peixes non crosopterixios, as cavidades nasais comunícanse a través do teito da boca coa farinxe e formas as coanas, o que permite que, ademais de cumprir a función olfactiva, sirvan como vías respiratorias. No interior destas bolsas hai células olfactivas. Nas aves, o nariz está moi pouco desenvolvido. Nos mamíferos está ben desenvolvido, agás nos mariños e nos primates superiores, e, como nos crocodilos, existe un conduto nasofarínxeo que leva o aire por riba do padal secundario até a farinxe.Nos seres humanos, o nariz está situado centralmente na cara; na maioría dos outros mamíferos atópase na parte superior do fociño. A forma do nariz humano está determinada polo óso etmoide e polo tabique nasal.

Ombreiro

O ombreiro ou ombro é a articulación complexa entre o brazo (ou membro superior) e a cintura escapular, ou sexa, a estrutura do tórax dos vertebrados constituída pola clavícula e pola escápula.

Porén, o ombro está formado por catro articulacións separadas e por un complexo de músculos.

Peixes

Os peixes (Pisces) son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase ictioloxía. O grupo dos peixes é un taxon parafilético, é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os tetrápodos) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns. Inclúense nesta definición os mixíns, a lamprea, os condrictios (ou peixes cartilaxinosos) e os osteíctios (ou peixes óseos), así coma diversos grupos relacionados extintos. A maioría dos peixes son ectotérmicos, é dicir, dependen de fontes externas para obter calor, o que provoca que a temperatura do seu corpo varíe segundo a temperatura do ambiente. Algúns dos grandes peixes coma o tiburón branco e o atún teñen unha temperatura máis alta de seu. Como é propio dos primeiros vertebrados, son acuáticos e, a diferenza do que observamos nos tetrápodos, a respiración prodúcese por branquias situadas nas fendeduras da farinxe. A locomoción baséase nunha forma hidrodinámica, con movementos laterais do corpo auxiliados por extremidades que son aletas.

Os peixes son abundantes en tódalas masas de auga da Terra e poden ser atopados en case tódolos ambientes acuáticos, dende as correntes de alta montaña ata as zonas máis profundidades dos océanos. É un grupo moi heteroxéneo con preto de 32.000 especies, máis ca ningún outro grupo de vertebrados.

Perciformes

Os Perciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande de vertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.

Pé (anatomía)

En anatomía, o pé é unha estrutura biolóxica utilizada para a locomoción que se atopa en moitos animais. As súas características varían dun animal a outro.

Nos animais vertebrados, o pé é unha das estruturas máis complexas do corpo, con numerosos ósos, músculos e outros tecidos conectivos.

Sangue

O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e osíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo- ou hemato-, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.

Nos vertebrados, o sangue está composto por células sanguíneas suspendidas no plasma sanguíneo. O plasma, que constitúe o 55% do fluído sanguíneo, é principalmente auga (92% do seu volume), e contén proteínas dispersas, glicosa, ións minerais, hormonas, dióxido de carbono (e outros produtos residuais), e nel flotan as propias células sanguíneas. A albumina é a principal proteína do plasma, que funciona regulando a presión osmótica coloidal do sangue; o plasma tamén contén os anticorpos. As células sanguíneas constitúen o 45% volume do sangue son de tres tipos: na súa maioría son glóbulos vermellos (tamén chamados eritrocitos ou hemacias), que transportan o oxíxeno, as outras son glóbulos brancos (leucocitos), que interveñen na defensa inmunitaria, e as plaquetas (ou trombocitos), que interveñen na coagulación do sangue. Os glóbulos vermellos conteñen a proteína hemoglobina, que contén ferro, e á que se une (reversiblemente) o oxíxeno que o sangue transporta, o que incrementa a capacidade de disolver oxíxeno do sangue. Ao contrario, o dióxido de carbono transpórtase extracelularmente na súa gran maioría disolvido libre no plasma en forma do ión bicarbonato.

Cando o sangue chega aos pulmóns prodúcese un intercambio de gases entre o sangue e o aire alveolar no que, por difusión, se expulsa dióxido de carbono e se capta oxíxeno. Desde modo o sangue queda oxixenado e diríxese desde os pulmóns ao lado esquerdo do corazón. Despois sae do corazón pola aorta e o sangue oxixenado distribúese por medio de arterias e capilares por todo o corpo, onde as células consumirán o oxíxeno e cederán dióxido de carbono, de maneira que regresa ao corazón desoxixenado por veas e cargado de dióxido de carbono, desde onde é enviado aos pulmóns.

O sangue dos vertebrados é vermello brillante cando a súa hemoglobina está oxixenada e vermello escuro cando está desoxixenada. Algúns animais invertebrados teñen outras proteínas respiratorias distintas da hemoglobina, que transportan o oxíxeno e lle dan ao seu sangue outra cor. Os insectos e algúns moluscos teñen un fluído chamado hemolinfa en lugar de sangue; a hemolifa non está contida dentro dun sistema circulatorio pechado. Na maioría dos insectos este "sangue" non transporta oxíxeno.

Os vertebrados con mandíbula teñen un sistema inmunitario adaptativo, baseado principalmente nas células brancas do sangue. Os glóbulos brancos interveñen na loita inmunitaria contra as infeccións e parasitos. As plaquetas son importantes para a coagulación do sangue. Os artrópodos, na súa hemolinfa teñen hemocitos como parte do seu sistema inmunitario.

Sistema inmunitario

O sistema inmunitario é o conxunto de mecanismos que no interior dun organismo teñen a finalidade de protexelo das doenzas, identificando e eliminando os axentes patóxenos. Debe detectar unha gran variedade de axentes, desde virus ata vermes parasitos, e precisa distinguilos das súas propias células e tecidos para ser eficaz, ademais os patóxenos adáptanse e evolucionan para infectaren con éxito o organismo hóspede.

Para sobrevivir, diversos organismos desenvolveron mecanismos para recoñecer e neutralizar patóxenos. Mesmo os organismos unicelulares simples, como poden ser as bacterias, posúen un sistema de enzimas para protexerse das infeccións virais. Outros mecanismos inmunitarios básicos desenvolvéronse nas antigas células eucariotas permanecendo nos seus modernos descendentes, como plantas, peixes, réptiles e insectos. Entre eses mecanismos están os péptidos coñecidos como defensinas, a fagocitose e o sistema do complemento. Mecanismos máis sofisticados desenvolvéronse máis recentemente coa evolución dos vertebrados. Os sistemas inmunitarios dos vertebrados consisten en A varios tipos de proteínas, células, órganos e tecidos que interactúan nunha rede elaborada e dinámica. Como parte desta resposta máis complexa, os sistema dos vertebrados adáptanse para recoñeceren os patóxenos concretos con maior eficacia. O proceso de adaptación crea memorias inmunolóxicas e permite unha mellor protección en futuros encontros con eses patóxenos. Este proceso de adquirir inmunidade é a base da vacinación.

Tetrápodos

Os tetrápodos (Tetrapoda) (do grego τετραπόδηs tetrӑpódēs, latinizado tetrapoda, "de catro pés, o de catro patas") é unha superclase de animais vertebrados con catro extremidades empregadas no desprazamento ou a manipulación. Dado que os anfibios, réptiles, mamíferos e aves son tetrápodos, (incluíndo a píntegas ápodas e serpentes, por cuestións taxonómicas), o termo é especialmente útil para describir os membros máis primitivos do grupo, que irradiaron dende os sarcopterixios (peixes de "aletas lobuladas") aos primeiros anfibios do período devoniano.

Traquea (vertebrados)

Nos vertebrados tetrápodos a traquea (do grego tracheia artería 'áspero tubo, canle') é o tubo cartilaxinoso e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a larinxe ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. Atópase anterior ao esófago e está reforzada rixidamente por 16 a 20 aneis cartilaxinosos en forma de C e tapizada por epitelio ciliado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.