Vermudo III

Vermudo III foi rei da Galicia altomedieval[a] e do Reino de León[b] entre os anos 1028 e 1037.

Vermudo III
Rei de Galicia
Rei de León
Bermudo III de León (Ayuntamiento de León)
Retrato imaxinario do rei Bermudo III.

Reinado1028 - 1037
Nacemento1017
Falecemento4 de setembro de 1037
Batalla de Tamarón
SepulturaPanteón de Reis de San Isidoro de León
  • Mosteiro de Santa María la Real de Nájera
PredecesorAfonso V o Nobre
SucesorFernando I de León
DescendenciaAfonso (1030-1030)
ProxenitoresAfonso V o Nobre

Vermudo III's signature

Traxectoria

Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.

Herdou o goberno de Galicia (León), con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[1], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.

Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).

Notas

  1. Segundo a historiografía galega.
  2. segundo a historiografía tradicional castelá.
Vermudo III
Ordóñez
Nacemento: 1017 Falecemento: 4 de setembro 1037
Títulos Reais
Precedido por
Afonso V
Rei de Galicia
1027–1037
Sucedido  por
Sancha I
Títulos Honoríficos
Precedido por
Nova titulación
Emperador de Galicia
1028–1037
Sucedido  por
Descoñecido

Notas

  1. Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].
4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Afonso I de Portugal

Afonso I de Portugal ou Afonso Henriques, alcumado O Conquistador, O Fundador ou O Grande, e chamado polos árabes Ibn-Arrik (fillo de Henrique) ou El-Bortukali (o Portugués), nado en Guimarães, Viseu ou Coimbra contra 1109, e finado en Coimbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.

Era fillo de Henrique de Borgoña e de Teresa de Portugal, señores do Condado Portucalense, condado dependente do Reino de León e Galicia.Despois da morte do seu pai, Afonso tomou unha posición política oposta á da nai, partidaria de permanecer no reino de León, que se aliara co nobre galego Fernando Pérez de Traba. Pretendendo asegurar o dominio do condado armouse cabaleiro en Tui e, tras vencer á súa nai na batalla de San Mamede en 1128, asumiu o pleno goberno do condado, concentrando entón os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.En 1139, despois da vitoria na batalla de Ourique contra un continxente mouro, Afonso Henriques proclamouse rei de Portugal co apoio das súas tropas. A independencia de Portugal foi recoñecida polo seu curmán Afonso VII de León e Castela en 1143, no tratado de Zamora, debido ao desexo deste en tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar de reis como vasalos. En 1179, o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñeceuno como rex (rei).Co apoio de cruzados do norte de Europa conquistou Lisboa en 1147. Pacificado o país, proseguiu as conquistas aos mouros, empurrando a fronteira para o sur, desde Leiria até o Alentejo, máis que duplicando o territorio que herdara.

Afonso V o Nobre

Afonso V o Nobre, Rex Gallitianus (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León (nado no 994 ou 995 e falecido en Viseu en 1028), foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.

Convento de San Xoán de Poio

San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural

Década de 1030

A década de 1030 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1030 e remata o 31 de decembro de 1039.

Elvira Méndez (finada en 1022)

Elvira Méndez de Melanda, finada o 2 de decembro de 1022, foi raíña consorte do rei Afonso V o Nobre.

Fernando I de León

Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.

Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, Vermudo III, contra o que se levantou en armas e que faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.

Os primeiros dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.

Levou a cabo unha enerxética actividade de Reconquista, tomando as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064). Amais, someteu varios dos reinos de taifas ao pago de parias ao reino leonés. Ao morrer dividiu os seus reinos entre os seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, o favorito, correspondeulle o Reino de León e mailo título imperial, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; e García recibiu o Reino de Galiza mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.

García III de Navarra

García Sanches III, tamén denominado García I de Pamplona, nado en 1020 e finado en Atapuerca, Burgos, o 15 de setembro de 1054, apelidado "o de Nájera", foi rei de Navarra.

Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Panteón de reis de Santo Isidoro de León

O panteón dos reis de León, que se atopa ós pés da basílica de Santo Isidoro de León, é o lugar no que durante a Idade Media recibiron sepultura a maioría dos reis e raíñas do reino de León.

É un espazo rectangular con pórtico, de arredor de oito metros de lado, con dous robustas columnas sobre as que se apoian sete arcos que dividen o espazo en tres naves. O ciclo pictórico que adorna os seus muros está considerado unha das obras cume do Románico español.

Reino de Castela

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdiu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasalo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.

Sancha I de Galicia

Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.

Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.

Sancho III o Maior

Sancho III Garcés, coñecido como Sancho III o Maior, nado cara ao 990 ou 992 e finado o 18 de outubro de 1035, foi rei de Navarra entre o ano 1000 ou 1004 e 1035. Tamén foi conde de Aragón e de Castela como Sancho I entre 1029 e 1035.

Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia

Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia é unha novela gráfica de Alberto Varela Ferreiro publicada por Edicións Xerais no ano 2018. A historia está ambientada nas invasións dos viquingos en Galicia durante o século XI e conta a historia de Ulv Galiciefarer ou "Ulf o galego", un jarl dinamarqués, xefe viquingo famoso polos seus ataques, saqueos e pillaxe en Galicia durante o reinado de Vermudo III e Fernando I de León.

Ulv Galiciefarer

Ulv Galiciefarer ou Ulf o galego, tamén coñecido como Galicieulv -o lobo de Galicia- ou Jarl Galizur-Ulfric, nado c. 1010, foi un jarl dinamarqués, un xefe viquingo famoso polos seus ataques, saqueos e pillaxe en Galicia durante o século XI, quizais en 1028 ou 1048, durante o reinado de Vermudo III e Fernando I de León. Segundo Saxo Grammaticus e a saga Knýtlinga, Galicieulv foi o avó de Boedil Thurgotsdatter, a muller de Erik I de Dinamarca.

Vistruario

Vistruario (fl. 1016-1037) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. O 29 de outubro de 1024 foille doada a illa Oneste, posiblemente o lugar no que se localizaban as Torres de Oeste, polo rei Afonso V o Nobre, coa finalidade de que servise para a defensa das "terras do apóstolo". Deostado na Historia Compostelá, por consideralo de "depravados costumes", foi encarcerado por Afonso V o Nobre, non se sabe se por rebelarse contra Vermudo III, fillo de Afonso, ou contra o propio Afonso. Morreu na prisión.

Reis suevos
Reis visigodos
Señores territoriais
Reis desde Oviedo
Reis desde León
Reis de Galicia e León

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.