Verea

Verea é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.059 habitantes (1.387 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vereense».

Coordenadas: 42°5′56.6″N 07°57′03.8″O / 42.099056, -7.951056

Verea
Bandeira de Verea
---
Escudo de Verea
Fonte no Alto do Vieiro, Verea
Fonte no Alto do Vieiro.
Situacion Verea
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación933 hab. (2018)
Área94,2 km²
Densidade9,9 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Antonio Pérez Valado (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Verea
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,03%
Na rede
http://www.concellodeverea.com/

Demografía

Censo Total 1059 (2014)
Menores de 15 anos 41 (3.87%)
Entre 15 e 64 anos 492 (46.46%)
Maiores de 65 anos 526 (49.67%)
Evolución da poboación de Verea   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.677 3.632 3.641 3.171 1.398 1.269 1.222 1.150 1.112 1.059 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten unha superficie de 94,6 km², e abrangue 11 parroquias e 40 entidades de poboación. A súa capital é Carballo. Está situado a 32 km da capital, Ourense, á que se chega pola estrada OU-540.

O territorio, eminentemente rural, está atravesado por unha falla en diagonal do noroeste ao sueste, ao leste do río Grande. O extremo sueste da falla divide as vertentes do río Limia e do río Arnoia. Os seus principais cursos fluviais son o Grande, o Cexo e o Orille, afluentes do Arnoia. Neles practícase a pesca da troita.

Os cumios máis elevados son o monte Penagache e o monte Lobaqueiros. Entre eles hai un abrupto canón.

Historia

Na serra do Leboreiro, na fronteira con Portugal, consérvanse restos megalíticos, destacando unha necrópole de mámoas con cámara funeraria. Nas ladeiras do monte Penagache estanse a realizar unha serie de escavacións arqueolóxicas na procura de restos anteriores á romanización.

A etimoloxía do topónimo Verea indica que é un lugar de paso. O concello estaba atravesado por unha antiga vía romana de carácter secundario, que saía de Aquis Querquennis cara ao norte, entrando polo alto do Vieiro. Porén, para outros autores o topónimo procede de Venoriu, relacionado coas minas. Outros restos romanos atópanse nun campamento romano coñecido como A Cividá.

Preto do campamento atópase a ermida de San Trocado. Segundo a lenda, recollida por Ambrosio de Morales na súa obra Viaxe Santo, uns portugueses que roubaran as reliquias de Celanova quedaron paralizados no lugar onde hoxe se levanta a ermida por mor dun milagre de Rosendo de Celanova. Esta ermida, durante moito tempo esquecida, encóntrase hoxe en vías de restauración.

Por riba da vía romana, pasa o camiño portugués da ruta Xacobea que vai por Celanova. A comezos do século XII o abade de Celanova e o prior dos Templarios de Veiga proxectaron a construción conxunta dun hospital para peregrinos.

Durante a Idade Media, debido aos continuos conflitos entre a Coroa de Portugal e a Coroa de Castela, o lugar tivo o carácter de marca.

Patrimonio

Na igrexa de Albos destacan tres cruces antigas. Unha delas, de finais do século XII ou principios do XIII, é de cobre esmaltado cun Cristo en maxestade. As outras dúas son procesionais, unha delas chapada en cobre, flordelisada e cun Cristo de tres cravos, datada na segunda metade do século XIV.

A igrexa de San Pedro de Orille consta de tres corpos, cunha fachada principal moi sinxela. No primeiro, o único elemento ornamental é a arquitrabe da porta, lisa e decorada con motivos xeométricos. O segundo corpo, separado do primeiro por un friso liso, é elíptico nos seus extremos, sobre os que se erguen uns pináculos puntiagudos. Posúe un nicho con figura sobre o rosetón. No interior as bóvedas son de canón, e no altar maior hai un retablo barroco decorado.

A ermida da Ascensión ten un atrio con cuberta a catro augas, no que destaca o seu campanario, rematado con dous pináculos nos extremos e unha cruz sobre base curva na parte central. O campo que rodea a ermida está adornado cunha obra do pintor ourensán Virxilio. O primeiro xoves de xuño ten lugar a festa en honra desta Virxe, sendo trasladada en procesión dende a igrexa de Gontán até a capela, poxando os fieis por levala a ombros en cumprimento dunha promesa por algún favor concedido.

O cruceiro do Vieiro posúe un Cristo cunha expresión de dor de gran patetismo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Verea.
Exterior igrexa de Santiago de Verea

Exterior da igrexa de Santiago.

Interior igrexa de Santiago de Verea

Interior da igrexa de Santiago.

38754140 Muíño Verea

Muíño en Verea.

44923764 Nigueiroa

Lugar de Nigueiroá.

Presa verea

Presa en Verea.

Casa concello Verea, Ourense 02

Casa do concello.

Placa altimétrica, casa concello, Verea, Ourense 04

Placa altimétrica.

Lugares de Verea

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verea vexa: Lugares de Verea.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Verea". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Albos, Verea

San Mamede de Albos é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 28 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.

Bangueses, Verea

San Miguel de Bangueses é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 156 habitantes, deles 76 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón unha diminución de 42 habitantes en relación ao ano 2000.

Cexo, Verea

Santo Adrao de Cexo é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 155 habitantes, deles 65 eran homes e 89 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Domés, Verea

San Martiño de Domés é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 78 habitantes (38 homes e 40 mulleres), 24 menos ca en 2000.

Gontán, Verea

Santo André de Gontán é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 36 habitantes, deles 16 eran homes e 20 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Ourille, Verea

San Pedro de Ourille é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 164 habitantes, deles 79 eran homes e 85 eran mulleres, o que supón unha diminución de 38 habitantes en relación ao ano 2000.

Pitelos, Verea

Santa María de Pitelos é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 42 habitantes, deles 20 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Portela, Verea

Santa Baia de Portela é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 42 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de 26 habitantes en relación ao ano 2000.

Ramón Verea

Ramón Silvestre Verea García, nado en Curantes (A Estrada) o 11 de decembro de 1833 e finado en Buenos Aires o 6 de febreiro de 1899, foi un xornalista, escritor e inventor galego. Ideou a primeira calculadora mecánica capaz de realizar multiplicacións directamente.

Sanguñedo, Verea

San Salvador de Sanguñedo é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 159 habitantes, deles 80 eran homes e 79 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Santa María de Cexo, Verea

Santa María de Cexo é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 50 eran homes e 42 eran mulleres, o que supón unha diminución de 30 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra da Moura

A Serra da Moura ou Serra de Silvaescura, está situada entre os concellos de Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova e Verea. Ten unha orientación NO-SL, da aba oeste nacen pequenos afluentes ao río Deva e na leste ao río Tuño, polo norte está conectada á Serra da Pena e polo sur á Serra de Laboreiro e á extensión desta, a Serra da Edra.

A máxima altitude é o Coto da Moura con 950m entre Quintela de Leirado e Ramirás, aínda que tamén destacan outros cumios como O Castelo(819m), a Pena das Verrugas(883m) ou O Cimón(801m).

A vexetación de matogueira xunto coas amplas pasteiras fan que esta zona se aproveite para a cría de gando vacún e equino. Na cima tamén se sitúan dúas antenas de telecomunicacións.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Verea, Verea

Santiago de Verea é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 250 habitantes, deles 124 eran homes e 126 eran mulleres, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.