Verducido, A Lama

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 216 habitantes (106 mulleres e 110 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 215 habitantes.

Limita ao leste coa freguesía de Abelenda (Avión), ao sur coa de Barcia de Mera (Covelo), ao oeste coa de Fornelos de Montes e ao norte coa de Antas.

Coordenadas: 42°21′15.69″N 8°25′1.52″O / 42.3543583, -8.4170889

Verducido
Verducido
Igrexa parroquial.
ConcelloA Lama
Poboación216 hab. (2013)
Entidades de poboación11

Historia

San Martiño de Verducido aparece citada con 63 parroquianos nas Relaciones de vecindario mandadas por los corregidores, gobernadores, alcaldes y otras justicias, a petición de S.M., para el mejor repartimiento de los moriscos de Granada (decembro de 1570 - xullo de 1571). No Catastro de Ensenada aparece como pertencente ao señorío da Casa de Soutomaior, anexa á xurisdición de Soutomaior e suxeita á xustiza que o citado duque nomeaba.

Despois dun longo proceso iniciado en 1739 na Laxe, en 1785 o bispo da diocese de Tui Domingo Fernández Angulo creou as parroquias de San Bartolomeu de Xesta, Santa María das Estacas e San Xosé da Laxe, separándoas da matriz de Verducido.

Patrimonio

O actual templo parroquial que data do século XVIII, substituíu un outro edificio anterior do que, posibelmente, fican como únicas pegadas dúas imaxes de granito policromado, representando unha a San Bieito e a outra a unha Virxe co Menino no Colo. Esta segunda imaxe, actualmente na sancristía e coñecida como "Santa da Fonte ou das Augas", é probabelmente unha virxe tardo-gótica na que xa agroman algunhas influencias da arte flamenga. A imaxe presenta a Virxe coroada, ergueita, ofrecéndolle ao meniño Xesús, sentado no seu colo, unha pequena esfera coa man dereita (un símbolo da divindade, unha alegoría do mundo ou, sinxelamente, un froito). Destaca o longuísimo cabelo da Virxe caendo polos ombreiros e baixando case ata os cóbados. Este longo cabelo atópase, fora da Galiza, no treito final do século XV e no primeiro terzo do século XVI, naquelas obras de influencia flamenga, especialmente na pintura e nas tallas dos retablos. Posteriormente esta imaxe da Virxe, co cabelo tan longo, será habitual nas representacións de pintores españois da primeira metade do século XVII (Zurbarán, Murillo e discípulos). As súas formas son arcaizantes, resolvéndose en base a figuras xeométricas e a repetición mecánica e, as veces, pouco afortunada de clichés (as ondas dos bordos dos grosos panos e os tubos de órgano que deseñan os pregues da roupa). As figuras, frontais e ríxidas, incapaces de romper o bloco no que foron esculpidas aplastanse dentro del, sen crear apenas espazo, xerando esa inorganicidade do meniño, que mais que sentarse semella que quere pular dos brazos da nai. Atopámonos, quizais, perante unha escultura gótica, indubidablemente tardía, na que xa agroman con forza influxos flamengos.

No arco triunfal do templo parroquial podemos ler a seguinte inscrición: "ESTA OBRA HIZIERON LOS VEZINOS COMO PATROS IN SOLIDUN POR DERECHO LOCAL SIENDO ABAB D.FR.GARIDO HIJO DE VEZINO. AÑO DE 1776". Hai unha segunda inscrición na varanda da fermosa torre do campanario de difícil lectura, mas da que parece poder extraese a data de 1790 como a de finalización da torre.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Verducido, A Lama.
Ponte Anceu sobre o río Parada en Verducido, A Lama

Ponte Anceu sobre o río Parada.

Lugares e parroquias

Parroquias da Lama

Véxase tamén

Outros artigos

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".

O Eido de Baixo, Verducido, A Lama

O Eido de Baixo é un lugar da parroquia de Verducido, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2016 tiña 23 habitantes (12 homes e 11 mulleres).

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.