Verbum - Casa das palabras

O Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo da cidade de Vigo, dedicado aos ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado coma un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poidan participar dun modo activo nos elementos expositivos. Un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía etc.

Verbum - Casa das palabras
Verbum - Casa das palabras
Verbum - Casa das Palabras.
Coordenadas42°12′46″N 08°46′25″O / 42.21278, -8.77361
Sitio WebVerbum.Vigo.org

O museo

Verbum é un vocábulo latino que significa palabra, porque a palabra é a orixe do contido do proxecto e o latín é a lingua que deu orixe ás linguas románicas, entre as cales está a lingua galega. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos de Verbum desenvólvense en catro disciplinas xerais: linguas, ciencias, literatura e tecnoloxía.

O museo está situado a carón da praia de Samil, fronte á ría de Vigo, nunha das principais zonas de ocio da cidade olívica, que dispón dun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, instalacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros. A superficie total construída é de máis de 5.000 m², localizados nunha parcela de máis de 13.000 m².

O edificio foi deseñado polo arquitecto galego César Portela, e está estruturado en catro andares (souto, baixo, andar superior e cuberta) unificadas por unha caixa de luz que as atravesa e as relaciona, e na que se estruturan as comunicacións verticais (escaleiras e elevadores).

O proxecto en síntese é un conxunto de caixas, que como ocorre coas caixas chinesas, se conteñen unhas ás outras e se mezclan entre si, xerando espazos e situacións interrelacionadas. O conxunto parece sosterse no baleiro, en tanto que cada caixa se deseña convenientemente: rásgase, agrétase, manipúlase, para permitir a entrada da luz, que ao seu paso vai creando ámbitos claros ou escuros, recintos bañados por luces cambiantes a medida que transcorre o día, polos que transitan os visitantes á vez que descobren o rico, o complexo, o insólito, que pode chegar a ser o mundo da palabra.

Á expresividade do espazo e das formas súmanse a expresividade da escultura e a pintura. No xardín da entrada principal encóntrase a escultura en bronce de Sergio Portela O susurro. Á entrada do auditorio está A censura, unha talla de Manuel Coia: un personaxe cortándolle a lingua a outro como mostra da censura da liberdade de expresión. Por último, presidindo o grande espazo central, un fresco de José María Báez titulado As palabras.

Contido do museo

O deseño expositivo de Verbum organízase en 29 cubos de madeira interactivos -correspondentes ás letras do alfabeto- nos que se desenvolven diferentes temáticas das que trata o museo, sempre arredor da comunicación humana. Pódense diferenciar as catro grandes áreas antes mencionadas, que serven para marcar os itinerarios dos diferentes percorridos a realizar.

  • Linguaxe e comunicación: Nesta zona amósase o uso da palabra na comunicación, tanto de forma oral como escrita. É a forma básica de comunicación, a máis sinxela e a máis empregada (linguaxe verbal); e non sempre son necesarias as palabras para facerse entender, basta cun xesto, unha sinal, unha imaxe, para transmitir todo aquilo que se quere expresar (linguaxe non verbal).
  • Literatura: A través de diferentes cubos pódense percorrer diferentes xéneros e formas de facer desta disciplina que converte as palabras en arte.
  • Ciencias: A ciencia tamén está presente no museo, dado que está intimamente ligada ao fenómeno da comunicación. Amósase o funcionamento da boca e as cordas vocais, como vai o son polo aire ou o que se escoita no baleiro.
  • Tecnoloxía: Son moitos os avances que contribuíron a mellorar os sistemas de comunicación: as tecnoloxías da información e a comunicación, xa desde a invención de telégrafo ou o teléfono até internet.

Servizos adicionais

Amais dos elementos expositivos, o inmoble conta con servizos adicionais como cafetería - restaurante, unha sala de exposicións temporais, un salón de actos e unha aula para seminarios con capacidade para cincuenta persoas sentadas.

O salón de actos, con capacidade para duascentas persoas sentadas, está dotado de megafonía, canón de vídeo, pantalla de proxección e equipos de tradución simultánea. No mesmo realízanse todo tipo de actividades complementarias, tanto propias de Verbum como externas.

No vestíbulo hai un punto de información dixital no que se poden consultar páxinas web con información.

BD Banda

BD Banda é un colectivo galego que ten por obxecto a promoción e difusión da banda deseñada na Galiza. O colectivo formouse en torno ao ano 2001 ao redor da revista homónima.

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Casa das Palabras

A Casa das Palabras é un recinto situado na zona de Adormideras, na Coruña, que durante a Guerra Civil foi un cemiterio musulmán e que foi rehabilitado para ser un punto de encontro entre culturas.

Está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade da Torre de Hércules.

César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Daniel Landesa

Daniel Landesa é un escritor galego.

Manuel Coia

Manuel Coia Franco, nado no Hio (Cangas) en 1940 e falecido en Vigo o 5 de xuño de 2017, foi un escultor galego.

Museos de Galicia

Esta é unha lista de museos de Galicia.

Praia de Samil

A praia de Samil é un areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Navia, que conta cunha lonxitude aproximada tres quilómetros. Limita coa Praia de Tombo do Gato (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur.

O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome das Queimadas. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares, recibe o nome da Foz, A Fox ou Cabo da Vella.

Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafetarías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe etc.

Na praia de Samil celébrase anualmente o Festival Aéreo de Vigo.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.